domingo, 20 de marzo de 2011

Resolución

Despois de que o mundo contemplase, con atónita e pasmosa insistencia, como o libio de labia trasnoitada masacraba con misís a un pobo armado con balas de razóns; tomouse a decisión de intervir.
Por moi xustas que sexan as razóns que levan a esas decisións, sempre sinto un calafrío que me percorre a espiñela de xeito paralizante. E teño o convencemento de que a persoa responsble de pulsar as teclas que confirman a orde de ataque tamén sinte a mesma sensación. Aínda que ela teña o respaldo dunha Resolución de nacións unidas.

Foto: Consola de mando. Cueiros para Gadafi

32 comentarios:

  1. É sempre de análise difícil... e quem sofre ambos sabemos quem sempre é...!

    ResponderEliminar
  2. Pues no sé que pensará el que "tenga la responsabilidad de apretar el botón", como dices... La intervención es necesaria para evitar más muertos civiles, pero el precio será alto... Lo que me mosquea es que se haya intervenido tarde y que prime el petróleo por encima del bienestar de la población, eso es lo que me da miedo, que se esgrima la ayuda a un Pueblo cuando, quizá, las intenciones son otras bien distintas...
    ¿tú que opinas, Chousa?

    ResponderEliminar
  3. Sinto o mesmo calafrío que sintes ti neste asunto. A doble moral de occidente cos dictadores do petróleo provoca contradizoms moito complicadas para as minhas entendedeiras. Ogalhá que a persoa que controla as técolas non se pase "tickando".
    (Non paro de pensar en como lograrías facer esta foto. Arestora sigo sin sabelo. Já dirás). Saudos. Carlosm

    ResponderEliminar
  4. Hoxe non sei que dicir. Xúrocho.

    Un bicazo silencioso.

    ResponderEliminar
  5. Eu agradézoche moito o tinte de humor co que procuras sempre aderezar as cousas. Por complexo que resulte o panorama actual. Grazas por aportar ese toque

    ResponderEliminar
  6. Solo repites las frases de los imperialistas del mundo- Razones, ayudas y liberaciones a base de misiles que semientan muerte. Misiles y carnicería solo donde decide el capitalismo que mata niños cada día en Irak, Afganistan, Pakistán. Los mismos que elaboran golpes de estado como en Argentina , Chile etc., que matan periodistas. Tribunales de la Haya dirigidos por Países como EE. UU que no los reconocen. Por que en Libia si y en otros lugares no. Patético Zapatero como Aznar de ardor guerrero con millones de parados gastando millones de euros a ver si así nos olvidamos de la crisis y del debate de las centrales nucleares. Igual en cada misil ves un pene invasor. Dedícate a esas gracias.

    ResponderEliminar
  7. Sentimos calafrío, si.
    Polo momento, anuncio do alto aos ataques.
    Agardamos esperanzados unha solución pacífica, pero tamén latexan a dúbida e desconfianza.

    ResponderEliminar
  8. mfc: Certamente adoitan ser sempre os mesmos os que sufren as consecuencias. Por iso os calafríos. Por iso a sensación de dúbida...

    Ginebra: Altísimo prezo. Nada do que vexo na parrilla informativa calma o estertor da desolación que nos amosan. Seguro que ás veces hai que escoller entre o malo ou o peor...

    Carlosm: Ogallá sexa así, amigo. Que as técolas impriman sempre a mellor das solucións para o peor dos problemas. E non te fagas preguntas que non che podo respostar. Xa sabes aquelo de descubrir a información, pero nunca a fonte...

    Blogboreta: Hai días nos que as palabras, incluso a quen as domina ben, non lle flúen. Con todo, incluso así logra comunicar. Ti tamén o consigues...

    Trasno: Pois se eres capaz de interpretar o meu sentido do humor en ocasións coma esta, case diría que mereces un agasallo importante e de renome. Imos ver se somos capaces de sair fortes desta liorta...

    Harmonía: Dudas e latexos camiñan xuntos neste mar de olas complexas e singladuras cheas de misterios para os mariñeiros de a pe. Sigamos pensando que, so algunhas veces, unha lampreada a tempo aforra moitas calamidades...

    E para quenes non coñecen o meu idioma, non sei como carallo se atreven a falar dos meus valos nin da calidade das miñas pedras. Xa o dixo un castelán, fidalgo de rocín flaco e galgo corredor: ladran, logo cabalgamos...

    ResponderEliminar
  9. Da moita magoa que non saibamos arranxar estas cousas dun xeito mais pacífico.
    ( como está o mundo!)

    ResponderEliminar
  10. Sempre, sempre desconfío dos anónimos, e moito mais se tinguen as verbas de consellos valeiros de contido pero cheos de rabia non contra o miolo da cuestión, senón contra o que non pensa o seu modo. As guerras comezan así, con anónimos esparcindo merda as acochadas.

    Un biquiño a cara descuberta. ( e cú) ;) :*

    ResponderEliminar
  11. E terrible non saber se facemos ben ou mal, cando hai razóns para pensar as dúas cousas.
    É en momentos coma estes nos que sinto a felicidade de ser ninguén de ningures.

    ResponderEliminar
  12. Eu opino que non existen guerras boas e guerras malas.
    Non estou a favor nin encontra da intervención; penso que hai tempo, que os aliados terían que haber feito algo, o que? pois non o sei... pero eu non teño a responsabilidade de sabelo.
    É unha contradición que ao que lle estivemos vendendo as armas agora lle digamos que non mate con elas, para que llas vendiamos? ou é que os países occidentais pensaban que o Gadafi non as ía utilizar se tiña ocasión?
    Primeiro recollemos os cartos das armas, despois os libios poñen os mortos e despois presentámonos como redentores, por se queda algún libio con vida, e ao final, quen sacou GANANCIA de todo isto?.

    Bicos

    ResponderEliminar
  13. Xa estamos nela de novo..incorrexibles todos os dun lado e os do outro, no medio pobre xente que so sufre.Os intereses económicos terminan por xustificar calquera tipo de salvaxada.
    Biquiños !!!

    ResponderEliminar
  14. Apretar un botón sempre é unha decisión difícil. Aínda así, a violencia non se combate con violencia, pois en lugar de freala, xenera máis. E neste caso, o petróleo ten demasiado poder... E a venta de armas...

    Biquiños pacíficos.

    ResponderEliminar
  15. Que decisions tan complicadas teñen que tomar algunas personas. Eu estou moi contentiña sendo caixeira de supermercado coma a da foto.
    Bicos tecleados

    ResponderEliminar
  16. Susana Moo: Hai que afacerse a convivir con esta xente tan belixerante, Susana. Xa que eles lle poñen tanto énfase á guerra, comprenderás que outros procuremos deitar a balanza cara o outro lado :-). É necesario!

    Blogboreta: Non che negarei que me gusten os bicos. Mellor se son coa cara descuberta (non sexa o diaño!); pero xa me contarás como se fai para contorsionarse tanto como dis ti!

    Maria Jesús: Expresaches tan ben o que eu sinto, que me dan ganas de volver copialo nesta resposta. Eu tamén estou ledo de picar pedras na canteira por non ter que tomar unha decisión que -por acción ou omisión- habíame doer.

    Dilaida: Outro matiz perfectamente exteriorizado. A pedagoxía coa que dis o que todos pensamos arrasa pola claridade. Poderoso cabaleiro é don petróleo. Neste mercado o que hoxe se vende, mañán incáutase. E todo coa mesma "lei" na man...

    Bolboreteira: Sin pretender frivolizar con algo tan serio, esto parece a seguinte edición dun realiti dos habituais. A guerra no salón da casa en hora de máxima audiencia. E Por riba sendo co-productores por mor dos nosos impostos...

    Concha: Boeno, eu apreto o botón da "funda" todos os días pola mañán antes de empezar a picar pedras e fágoo de xeito inconscente.
    Que serios nos poñemos tod@s. Esto pásame por falar da actualidade!

    A.C.: Todos tomamos decisións complicadas AC. Eu hoxe, sin ir máis lonxe, tiven que decidir se lle poñía un mango de carballo ou de pino americano á maceta de picar pedra granítica!

    ResponderEliminar
  17. Pois o mundo para moitas risas non está, a verdade. Creo. Aínda que todo semelle caír lonxe, está máis cerca do que parece.

    Menos mal que quedas ti para sacarlle ferro á cousa e apretar o botón da funda case de xeito inconsciente!

    ResponderEliminar
  18. Somos agresivos... é a nosa natureza.

    Non sei por qué agora lémbrome de Moonwatcher, fémur en man, e o seu clan pelexando pola auga nos albores da humanidade...

    ResponderEliminar
  19. Tremendos momentos y tremendas decisiones. Hoy solo siento escalofríos

    ResponderEliminar
  20. Por moita declaración da ONU, e por moito que algúns apelen ao paralelismo coa guerra civil española, isto fede.
    E eu non desaparecín, blogger pechoume o blog sen previo aviso, así que tiven que reabrir noutro enderezo. Tería a bondade de actualizar o enderezo na súa lista de blogues? Moi amable, pois.

    ResponderEliminar
  21. A sinrazón das guerras
    sempre da calafríos,
    parece que non se pode
    vivir sen elas.

    Apertas de primavera.

    ResponderEliminar
  22. Eu tamén sento calafríos cando se fala de guerra, e os perxudicados son sempre os mesmos. Non sei eu se a decisión está ben tomada ou non; espero que os motivos superen en creces esta invasión horrorosa.
    Un bico de paz.

    ResponderEliminar
  23. estou de acordo contigo, de seguro tamén el, eles, tiveron ese calafrío... espero que ese calafrío tamén sexa o que os manteña a raia de agora en diante.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  24. "E teño o convencemento de que a persoa responsble de pulsar as teclas que confirman a orde de ataque tamén sinte a mesma sensación".
    pois non sei eu o que sinten algunhas persoas, traspasados certos umbrais...

    permitiches o anónimo que che dí que fales do que sabes mnellor (e compara misís con pollas voadoras)
    vaia, que estás tolerante.
    Así me gusta!
    Aplaudoche a decisión de non cribar o comentario.

    Bicos sin censura (polo menos miña)

    ResponderEliminar
  25. A pasar por caixa...
    Pip..

    Paréceme que Gadafi non ha de ter problemas co precio dos cueiros... Ten cash abondo... polo que se ve...
    De ónde o sacou... cómo o amasou...

    Voume. Eu tamén sofro de calafríos...

    Bico frío. E que estes temas sácanme as gañas de bicar en condicións...

    ResponderEliminar
  26. Concha Lopez: Eu non saco ferro: labro pedras. Os canteiros vimos a este mundo para tronzar as cousas duras, así que estamos preparados!

    Manolo Blog: Boeno...o da agresividade...uns máis ca outras eh; que pola Chousa tentamos sempre non arrincar o fémur a ninguén (alomenos nunca antes de comerlle a freba!) :-)

    Milu: A historia da humanidade está chea de decisións non tomadas...; o que pasa é que hoxe narran todo en vivo. Tentemos saber apagar o televexo.

    Kaplan: Xa comentei que a decisión de Blogger con nós (cos resistentes) é unha carallada suprema. Pregúntome se estaríamos dispostos a pagar por manternos un servizo de calidade. (Eu no o teño claro eh)

    Marisa: Poda que para poder asinar armisticios (mira que palabra!) se necesite previamente belixerar. Pode soar así de duro; pero...a cousa tira por ese lado.

    Mariola: Quédome cos "bicos de paz". E se queres, incluso podo quedarme cos "de guerra" con tal de que sexan bicos. Seguramente os bicos tamén producirían calafríos...pero moito mellores!

    Aldabra: Nunca aprenderemos, serea. E cando teñamos aprendido será o momento de ter que sair de escea. Este teatro está montado con este argumentario e...éche o que hai!

    Zeltia: Os anónimos sempre teñen algo que dicir neste entroido permanente. Ultimamente teño poucas críticas, así que algunha tamén fai falta para estercar a terra. Que non todo van ser flores!

    Pitima: Uiiii, ultimamente estasme negando moitos bicos (bicos de cu, bicos fríos...) Imos ver como retomamos os posteos para que a cousa sexa gradual, que senón...jajajaja

    ResponderEliminar
  27. En política as cousas cambian dun día para outro unha barbaridade. Gadaffi é un noxendo dictador desde sempre pero aínda onte, como quen dice, era amigo de tódolas potencias europeas, incluida España, vendíanselle armas, ríanselle os chistes e si facía algunha falcatruada mirábase para outro lado.
    Habería que ver si a comunidade internacional actuaría igoal si en Libia non houbera petróleo. Penso que non.

    ResponderEliminar
  28. Cando veía como Gadafi e os seus acólitos avanzaban e masacraban ao pobo pensaba: ninguén vai facer nada? Pero tamén penso o mesmo con Palestina, Sudán, Congo, Zimbabwe, Costa de Marfil, Iemen................... Ninguén vai facer nada? E hai máis solucións que as armas (entre outras, deixar de venderllas). Cheira que fede!

    ResponderEliminar
  29. Me pasa como a ti, aunque todo esté muy respaldado, hay algo que me susurra que algo no está bien.

    Y no es que me preocupe Gadafi, faltaría más, lo que me preocupa es que no me creo que las armas "inteligentes"? realmente discriminen la población civil de la militar. Pero vamos a ver, somos tontos o qué, o a un militar no le corre sangre por las venas?
    Me asquean todos!

    biquiños y te deseo un buen finde

    ResponderEliminar
  30. Ningunha resolución pode avalar a morte. Vivimos tempos escuros en que o petróleo tingue todo.

    ResponderEliminar
  31. Por iso non van os seus fillos á guerra, polo calafrío que senten.

    ResponderEliminar
  32. Estamos nas mesmas. Mágoa de cueiros.
    Saúdos

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: