sábado, 26 de marzo de 2011

Asalar

Despois das friaxes da invernía, logo da reiteración nas treboadas ventosas de novembro e das neves purificadoras do nadal; asómase con timidez a primaveira.
E chega lucindo louzanía, facendo ostentación da súa picardía floral, das súas humidades latentes e do seu poderío cromáticamente engaiolador.
Preséntase amodiño, como facéndose de rogar, como asalando...

Foto: Xardín en Lalín. Tirámonos ás reboladas?

29 comentarios:

  1. Ohhh... já fugiu!!
    ... mas vai voltar!

    ResponderEliminar
  2. Síiiii, síiiii, síiiii... voltaron as gañas de follar!!!!!!!!!

    :p :p :p :P Vostedes perdoen, foi a emoción do momento.

    pd. Non atopo o que é asalar por ningures. :/

    ResponderEliminar
  3. E canda a primavera chego ata esta ventá lembrar as paisaxes coñecidas e re-coñecidas.
    Que florezan mil primaveras...

    ResponderEliminar
  4. E tan de rogar, cando xa estabamos afacéndonos a raiola do sol hoxe
    temos tempo de inverno, será
    cousa da "primavera loca".

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  5. Diz meu pai que as cousas boas todas entran moi de vagarinho, asim que a primaveira tamben entra dese jeito este ano. E já vejo que volves poeticamente engaiolador. A saber que e o que andas ti asalando. Saudos. Carlosm

    ResponderEliminar
  6. Sí,ven amodiño, facendo ostentación da súa picardía floral, como ti dis.
    E é que a primavera ven a agasallarnos, para que nos demos conta de hai que revivir,de buscar no alcacén, nos bidueiros, no río que discorre "ás agachadas", dos pastos e da nosa mirada.
    É que a Primavera rexurde cada ano para que nos demos conta de que todo cambia,se transforma, de que hay un novo rexurdir, de deixarnos levar polo polo cheiro da herba húmida, pola nosa terra chea de arcos da vella e margaridas.
    É que a Primavera eres ti e son eu, e somos todos nos, é que a Primavera ven a facernos cóxegas para que recordemos o vínculo coa vida que é o nos sustento.
    un bico engaiolado.

    ResponderEliminar
  7. Con mimo e coidado, achégase. Primeiro cunha calor pouco usual e agora coas chuvias...

    Dá gusto ver tanto verde. Que nos dure!

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  8. Estase facendo de rogar para facerse ainda máis desexada.
    Encántame a foto, que lugar máis fermoso!
    Bicos primaverais!

    ResponderEliminar
  9. Me gusta la imagen que has puesto, "huele" a verde.
    Bienvenida, primavera.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  10. Certamente que elexiches unha foto-postal ben bonita para mostrar a fermosura da primavera. Verdadeiramente dan ganas de tirarse en reboladas por ese xardin tan ben coidado. Eso si, mellor non levar roupa branca.

    ResponderEliminar
  11. Se presenta esta dama vestida de blanco y nos deja obnubilados a todos (y algo más porque a los alérgicos les deja hechos polvo:))))
    En fin, el Valle del Jerte ya ha comenzado a florecer, como esa huerta de tu foto en la que se ve un pequeño frutal.
    Besos

    ResponderEliminar
  12. Asalar (observar/asexar), un fermoso vocablo pouco utilizado.
    A imaxe deste horto-xardín é un agasallo primaveral con tanto encanto! E si que anima a tirarse ás reboladas.
    Ten razón Ginebra: o espazo encostado e irregular, recorda ás bancadas do Valle do Jerte coas cerdeiras en flor.
    En terras do Deza tiña que estar!!
    :-)

    ResponderEliminar
  13. A primavera é moi veidosa, hai que ver a diferenza que presentaba hoxe o xardín do pazo de Bendoiro respecto á imaxe luminosa que nos ofreces nesra entrada. Aínda nos queda auga e frío ata o 40 de maio. Tamén sol e calor, segundo capricho da primavera. Outra máis, para a ledicia e a esperanza.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  14. Pois a verdade é que dan ganas de tirarse ás reboladas.
    Non sei dende onde está vostede a axexar pero ten unhas vistas marabillosas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  15. Podo asegurar, e aseguro, que non pasaron máis domingos que un dende que a imaxe presidente foi tomada.
    (Para que confirmemos o xa sabido: que ten que chover sobre mollado para lograr estas marabillas).
    E seguirá chovendo (ogallá) para mollar o mollado. E cando non chova, sabede tod@s, que haberá que regalo!

    ResponderEliminar
  16. Non sei eu se non me marearía moito tirándome ás reboladas por aí abaixo, non me estraña que tiveras a ocorrencia, porque a herbiña e o terreo con esa inclinación... é o que pide!
    menos mal que Harmonía nos sacou a mín e alguén máis por aí da dubida do que era asalar... sempre se aprende algo

    Feliz primavera, Chousa, que sigas disfrutando de paisaxes tan fermosas (e compartindo)

    ResponderEliminar
  17. asalar... non coñecia eu esa palabra :)

    Pois si, eu necesito a primavera, pero o que me fai falla e que non chova o fin de semana que e cando poido sair a retratala grrrrrrrrrrrr

    De verdade que o tempo confabulase en contra miña!!!

    Bicos!!!

    ResponderEliminar
  18. ah! qué prado fermoso. Veña, imos, ás reboladas (pero hai que ter conta, que as manchas de verdín non saen na roupa)

    ResponderEliminar
  19. Linda foto, para uma linda estação que acaba de se estrear...
    Beijos.

    ResponderEliminar
  20. Galicia es un Jardin fabuloso en primavera. Se que teneis que soportar inviernos rigurosos, pero merece la pena. Cuidad ese vergel que teneis y ese patrimonio tan rico. Con tu blog tambien lo haces. Enhorabuena por ello a la autora.
    Un saludo desde Andalucía

    ResponderEliminar
  21. Ese xardin pide tirarse de reboladas ou simplemente contemplalo. Da gusto que chegue a primavera.

    ResponderEliminar
  22. Boa observación. Eres un bo asalidón...ou asalón ?.

    ResponderEliminar
  23. ...e co seu carácter máis que voluble. Pero déixea vir, que boa falta nos fai (apesar da mudanza para o horario de Vrao)

    ResponderEliminar
  24. nótase que este texto non o escribiches hoxe porque vaia tarde que levamos de choiva!

    da gustiño ver a tua chousa tan verdiña, logo dan gañas de revolcarse pola herba.

    biquiños,

    p.d.: referente ó post de Varsovia, ¿non me recoñeciche teñida de loira?... ¿a qué saín moi ben?... a foto é de fai uns dous anos pero mais ou menos consérvome igual... jejeje

    ResponderEliminar
  25. Segue chovendo ainda que xa vai cheirando de outra maneira é certo.
    ¿Lalín?, fermoso xardin e foto

    ResponderEliminar
  26. Disque chegou a primavera pero aquí é como estar en Siberia...

    Teño ganas de rebolar!!!!

    Bico!

    ResponderEliminar
  27. Pois aprendendo eu tamén nova palabra. Asalar...

    Anda tímida polo de agora... pero xa logo se nos lanza picantona del todo... xa verás ti... Xastaremos listos para facer unha carreira ás reboladas.... Qué mareeeoooo.... jaja

    Hoxe sí, veña... Bico rebozado nese verde que te quero verde.. jajaja

    ResponderEliminar
  28. encántame a primavera e os seus millóns de verdes! (heino poñer tamén no meu blog ;b)

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: