domingo, 5 de decembro de 2010

Truco

Cando imos conducindo amola moito que o de atrás se  achegue en demasía á nosa traseira. Non hai interés ningún en verlle a faciana polo retrovisor a quen manexa a máquina que esnifa a fumieira do noso tubo de escape.
A cousa cambia radicalmente cando somos nós os que imos detrás. Esta alteración no criterio baséase en motivacións atenuantes que xustifican o noso comportamento en cada situación: en xeneral, pola ansia que nos leva o bo control do tráfico; ou, neste caso concreto, para cerciorarnos de que realmente o taburete precisa unha man de barniz!.

Foto: E seica hai que mirar para as luces de freo. Manda truco!

35 comentarios:

  1. O decapado non precisa barniz.

    E craro, sa a traseira é morrocotuda, o normal é ter gañas de empurrar.

    Bicos presidixantes".

    pd. Isa tenda ten os prezos polas nubes.

    ResponderEliminar
  2. Jajajaja, dende logo buscando motivos eres único Chousa. Agora vai resultar que os canteiros tamen tedes interes polos talliños de madeira jajaja.
    Ten cuidado e non te achegues moito que o bus ese debe botar moita fumieira. Bicos

    ResponderEliminar
  3. ¡unha man de barniz! Eu nunca lle chamaría así: vostede é un poeta.

    ResponderEliminar
  4. Odio que me achuchen en este sentido, me fastidia que me obliguen a llevar una velocidad que no deseo.
    Eres muy observador, tienes razón, le falta una mano de barniz a ese taburete, jajaja.
    Biquiños, www.chousa.eu

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que o tallo parece que soporta ben o grande peso que leva por riba. E verniz... de seguro que a máis dun lle gustaría vernizalo e despois botarlle o dente a esas froitas que están por riba. Pero moito tino, é un autobús e hai que ser amable e deixalo pasar.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Pois ten bastante enteiro o cu ese autobús que provocará muitos acercamentos perigosos.
    A ver se cazo un día destes unha furgoneta de Vilaguindastre cunha mensaxe provocadora anque sexa lateralmente.

    ResponderEliminar
  7. E lo como fixeche Chousa para pintar o www.chousa.eu? subiches ao capó do teu coche?
    Manda truco! O que non farán estes de Antas por chamar a atención!

    ResponderEliminar
  8. Quizais se achegue máis para ver o contraste entre o novo e o vello da imaxe, aínda que polo tamaño, penso que se pode apreciar sen colocar xustamente a boca do tubo de escape.
    Hai que gardar certas distancias.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  9. Neste caso concreto ti o que querías eras cerciorarte doutra cousa, pillabán!!!

    ResponderEliminar
  10. Blogboreta: Esta era unha traseira con mirada profunda...

    A.C.: Os canteiros temos moi diversificados os nosos intereses...

    Mariajesusparadela: Non estaría vostede pensando en lixalo previamente...

    Irene: E que non hai nada como acomodar as velocidades...

    Dilaida: A estrutura (do tallo e das froitas) parece que non precisan reparación...

    Paideleo: A chapa tena ben, pero se vises como ía de esmagado o faldón da defensa...

    Susana Moo: Pinteino coa imaxinación, mentras me obrigaba a mirar para outro lado...

    Conche L.F.: Ti sí que sabes. Tamén me acheguei buscando ese contraste...

    Raposo: E cando estaba a piques de me cerciorar abriuse o puto semáforo...

    ResponderEliminar
  11. és único, desde logo... si fora eu detrás, fixaríame no diseño do bolso, no da capa que leva a rapaza... desde logo no taburete sería no último en que me fixaría, ¡como son as cousas! ¿verdade? ¡que diferentes somos os uns dos outros!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  12. Con coñas ou sin elas e ben certo que fastidia moito mais que se nos acheguen que achegarnos.
    As tuas razons para ese achegamento, con ánimo de dar unha man (non sei eu se seria barnizadora) ao cu dun autobus son moi potentes. Tas en todo, incluso en medios tan urbanitas jejeje. Apertas

    ResponderEliminar
  13. ¡vaya, no me había dado cuenta de que el taburete necesitaba, como dices, una manita de barniz!!!, mira tú!!!!
    ¡Eres de lo que no hay!.
    Besos

    ResponderEliminar
  14. Non sei se é caso para dicir manda truco ou manda chousa!

    ResponderEliminar
  15. Poderíase decir que mentras
    non se abre o semáforo
    aínda se podería aproveita-lo
    tempo.

    Eres único atopando
    motivos para os teus
    formidables textos.

    Bicos

    ResponderEliminar
  16. Aldabra: Nesas diferenzas radica, precisamente, a complementariedade...

    Trasno: Hai que adaptarse ó medio en todas as circunstancias...

    Ginebra: E quen dí unha "manita", pois xa que temos o pincel embadurnado...

    Sun Iou Miou : Se son absolutamente sincero, cando vin o taburete así, quixen dicir manda carallo...

    Marisa: Adoita pasar que cando menos présa tés, é cando abren antes os semáforos...

    ResponderEliminar
  17. A mín tampouco me gusta nada cando conduzco que me vaian comendo o traseiro. É máis, aviso co freo. Ese semáforo debeu de tardar en abrir, porque a mín só me deu tempo de mirar para a moza. Un bó observador mira todo en conxunto, con unha amplia visión como fixeches ti.
    Canto da a espera para capturar un instante e logo poñerlle forma!
    un bico.

    ResponderEliminar
  18. Sempre me sentim moi comfiado en ti cando conduces. Sei que escaneas todo coa mirada sem que nada quede ó azar. Tanto detrais como por diante. Confirmado queda. Saúdos. Carlosm

    ResponderEliminar
  19. Hola.

    Vine a visitar tu blog y agradecerte tu comentario en el mío.

    Un fuerte abrazo, cuidate mucho sí.
    Besos.

    ResponderEliminar
  20. Mejor ver la cara de esta chica que la del conductor, ¿verdad?

    jajajajajaj

    Besicos

    ResponderEliminar
  21. Cando estou na estrada, amólame que se me peguen porque teño que ir a unha velocidade a que non quero ir. Algunhas veces dame a impresión de que me van dar e arréolle o coche sen querer. E é ben certo, que cando somos nós os que imos detrás a cousa cambia e apretámoslle as clavijas a outro, ben para que lle pise, ou ben para que se aparte ou como che pasa a ti, para cerciorarnos que o taburete da imaxe necesita unha capa de barniz, jajaja
    Moitas grazas e un saúdo.

    ResponderEliminar
  22. Hai ter máis coidado onde se poñen certas publicidades, que poden ser motivo de algún que outro accidente...as distracciósn non son boas o conducir.
    :P
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  23. Si si, o que máis chama a atención cando miras á imaxe de cerca é, efectivamente, que o taburete precisa unha boa man de verniz... En que estarían pensando os de Trucco?? E vas ti e aproveitas para sumarte a publicidade, vaia truco!:-))
    Por outra parte, acercarse demasaido ao vehículo de diante, conleva o seu perigo, e máis nestes días de chuvia; dígocho eu!

    ResponderEliminar
  24. Mariola: Eu tamén aviso co freo cando se me achegan moito. Deberíamos probar coa intermitente...

    Carlosm: Confío en que sigas confiando. Xa sabes que a moderación na velocidade permite algunhas licencias...

    Natalia Astuácas: Sempre me gustou esta cortesía non escrita de visitar ó visitado. Coidareime, pola conta que me leva...

    Belén: Se se pode escoller, case quedo co pé da moza antes que coas barbas do chófer...

    Fernando Sancho: Somos todos tan semellantes que, por veces, ata parecemos da mesma especie...

    Bolboreteira: Levas razón, pero eu so lle botei unha olladiña ó taburete e despois xa voltei mirar para a moza...!

    Harmonía: Estes de Trucco limitáronse a escoller unha moza ben feita e deixaron á vista dos conductores o tallo rabuñado...

    ResponderEliminar
  25. E despois queixámonos do aumento de siniestros, claro, en vez de mirar as luces engañamos a vista en cousas máis placenteiras. Boo..

    ResponderEliminar
  26. Que cousas chegas a dicir, ti sempre a tentar atopar "cousas" que paguen a pena.
    Esa imaxe é un reclamo para todos nos?
    Apertas e bicos desde o yin e tamén don yang

    ResponderEliminar
  27. Por cousas asi saio da preguiza quente e morna destes días.

    ResponderEliminar
  28. adoita pasar iso. que as accións que nos parecen inxustificables noutros, cando nós nos vemos na situación encontramos todo tipo de excusas para facer o mesmo cheíños de razón [e incluso seguir censurando aos outros]

    no tocante ao tallo, dame a min que é escollido así adrede. unha marca adicada aos complementos... seguro que escollería "ese complemento" con algún fin... pero xa supoño que o dis para contrastar o feito de que fales do tallo e non da moza.

    divertimentos aparte, non entendo por qué está prohibido anunciarse en carteis á beira das rúas, e despois pode circular un vehículo con esa publicidade chamativa que, a la vista está desvía a atención de conductores vulnerábeis aos encantos de mozas preciosas.

    ResponderEliminar
  29. Excelentes apreciaciones. Realmente pensamos de forma distinta cuando nosotros somos los que vamos detrás. Y ciertamente, el taburete necesita una reparación.
    Ha sido un placer encontrar tu blog.Saludos de un gallego en la Comunidad Murciana

    ResponderEliminar
  30. O bosque non comprende os motores da prisa, so coñece as consecuencias:
    os ourizos
    os raposos
    os corvos
    as lagastiñas.
    Alteránse as lombrigas baixo o asfalto abrasador do inverno.

    ResponderEliminar
  31. Me parece muy inteligente colocar la imagen de la moza en ese lugar. Así los conductores que vienen detrás se sienten observados por ella y conducen respetando las reglas viales vigentes.

    un beso vigilado

    ResponderEliminar
  32. Maribel-bel: Xúroche que hai veces nas que da gusto "engañar" a vista...

    Zeltia: Non todos os conductores son así de susceptibles...

    Fernando Sancho: De prisas non entenden nin os bosques nin as Chousas. Mirei con abnegación...

    Lucrecia Borgia: Sentinme observado polas catro patas do tallo rabuñado, si...

    ---

    Deixamos as tensións das miradas, de momento, para proseguir na conducción (non temeraria) deste automóbil que moito queroseno consume. Menos mal que non precisa da acción dos controladors para transitar...

    ResponderEliminar
  33. Non vira o taburete ata que o mencionache... Só vin as luces de freno encendidas e o número de bus (jajaja).
    Lembro unha pegatina nun coche que dicía: "Si lees esto es que estás demasiado cerca". E así era.

    Bicos coa distancia reglamentaria

    ResponderEliminar
  34. AYYYYYYY que yo vivía al lado de la calle Alfredo Brañas... en esa calle una amiga tenía su familia el restaurante... y estaba la pajarería donde me regalaban de pequeña un pez por cada examen superado... donde vi un león... donde ....ayyyyyyyy mas morriña al bote ja ja

    Bicos y gracias por el recuerdo.
    Bfltes sin Trucco! ;)

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: