mércores, 15 de decembro de 2010

Cebola

Deixarse levar en demasía polas emocións adoita abocarnos a conflictos de relevancia. O corpo pide certas licencias que a mente debe regular coa sabiduría da experiencia, o tino da razón e maila mesura da oportunidade.
Xa sei que é necesario sair ó recreo; pero resulta moi convinte ter  a información precisa para que a decisión sexa sempre óptima. Porén , sen caer en tópicos, faise imprescindible considerar o tamaño antes de decir que non importa.
Así que nunca se debe dicir aquelo de "contigo pan e cebola", sin saber previamente como vai ser de grande o pan...

Foto: Terra de Antas. Fertilidade contrastada nunha cebola

30 comentarios:

  1. Xa se sabe que o pan medra en función do levedo que lle poñas. Se toca acompañalo de cebola, pois cebola, que tenche moi boa rima.


    Pero me quedo coa laranxa.

    Lila, rosa, vermello,... toca laranxa.

    ResponderEliminar
  2. Vaia cebola mais grandiosa. Calquera se pon a picala sen chorar.
    Xa que Susana escolle a laranxa, eu voume pedir a mazá hahaha, a ver quen se atreve co cebolón hahaha
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Un pouco de sombra para harmonizar luz e cor e tés un auténtico "bodegón" ao estilo Zurbarán, asinado por Chousa:))

    ResponderEliminar
  4. ...saír ó recreo sempre é unha decisión óptima.

    se tí sabes o que quixeches dicir neste post, [aparte de ensinar a túa tremenda cebola], ainda tés bo mérito

    ResponderEliminar
  5. Aí che vai un poema de Wislawa Szymborska sobre a cebola porque das tres da foto, eu elixo a cebola, por aquilo do tamaño, xa sabes "burro grande, ande ou non ande"

    A cebola é outra cousa.
    nin sequera ten entrañas.
    é cebola enteiramente,
    ao máis ceboloso grao.

    Por fóra tan ceboluda,
    ceboliña de raíz,
    pode escrutarse por dentro
    sen ningún remorso.

    En nós todo estraño,
    apenas de pel cubertos,
    e unha anatomía violenta,
    terror do medicamento,
    e na cebola, cebola
    e non intestinos tortos.

    Ispida repetidamente
    e semellante ata o fin.

    Un ser sen contradicións,
    criatura moi ben lograda.

    Nunha cebola hai outra,
    na grande unha pequena
    e así, sucesivamente,
    unha terceira, unha cuarta.

    Unha centrípeta fuga.
    Un eco cantado a un tempo.

    Á cebola enténdoa:
    o mellor ventre do mundo.

    Só se rodea de aureolas
    e para a súa propia gloria.

    Nós: graxas e nervios,
    secrecións e segredos.

    E denegóusenos
    a idiotez do perfecto.

    ResponderEliminar
  6. Tremenda cebola!! A verdade é que ten que ser un pan moi atrevido!! :-))

    ResponderEliminar
  7. Polo tamaño atreveríame, que son moi ousada e según para qué déixome convencer por iso de que cabalo grande, ande ou non ande. O problema é que non me gusta a cebola. Convertinme nunha moi boa tortilleira pola teima de demostrar que sen cebola pódese facer xugosa (sei que non existe neste sentido, pero unha tortilla zumenta paréceme rara).

    Qué manía teñen corpo e mente de propoñer cousas distintas e incluso contrarias. Haberá que deixar que ás veces mande un e ás veces a outra.

    Bicos grandes como a cebola

    ResponderEliminar
  8. Non é preciso que o pan sexa moi grande. Sabendo repartilo ben, dá para moito.

    E respecto do control, non debe ser moi sano controlar sempre certas emocións, pois a por de pechalas, acaban por roer dentro e iso aínda é peor.

    Saudiños, señor Chousa, dos do inverno.

    ResponderEliminar
  9. ...ou como vai ser de grande a cebola, que tamén importa, e esa que vde retratou no recreo do mesado entre as dúas froitas ten pinta de brava.

    ResponderEliminar
  10. pois eu vou ter que competir con Susana pola laranxa, e que non hai comparanza.

    a cebola está ben para acompañar algúns guisos porque soa como que non, repite moito.

    os refrás son moi tópicos, non hai que facerlles caso.

    tamén hai outro que di: "da mazá a cebola..." ¿non era así?

    biquiños,

    ResponderEliminar
  11. Coma sempre... todo é relativo. Mira ti que eu, cando vin a foto, ademáis de pensar que sí, que tes a pedra da cociña idéntica á miña, que xa mo dixeras tí naquel post meu da patata corazón
    http://pitima.blogspot.com/2008/02/el-corazn.html
    pensei "que froitas máis pequenas retratou este con esa ceboliña" jaja

    Polo demáis, coma sempre, quédome atrás de toda a semántica das túas palabras e imaxes. Vou atrapando algunha que outra idea, pero, carallo, qué difícil es as veces...
    As decisións hai que tomalas, e o das emocións non se pode evitar. Xa logo nos lamentaremos ou nos felicitaremos polo acontecido, pero non imos deixar de vivir con emoción. É o que temos.
    Eu voto por recreo eterno. Claro que para eso hai que saber disfrutar de todo... ¡ata na canteira!!, e na cociña... por moi negra dura e fría que estea a pedra... A min gústame a tortilla con cebola, e a ensalada tamén, e con froita.

    Bicos culinarios...
    (A ver a quén é o list@ que pon o cú aí enriba... jaja... se fixera falla, digo.., aaaah... agora xa entendo como están de moda estas novas encimeiras, moito máis cálidas e coloridas... jajaja.
    A algúns non lles cabe nas minicociñas modernas a mesa de madeira para emular a la Jessica Lange y el Nicholson...jaja)
    Xa se me foi...
    aissss...

    ResponderEliminar
  12. Xa saiu o raio do tamaño "de marras", calquer cousa é desculpa pra falaren del, non disimulemos.
    Sen tópicos, é certo que as veces vai sobrar pan pero tamén se pode tostar e comer logo ou fritir.
    O que vai contar é o tamaño da cebola. Como a da estupenda imaxe.
    Esa é dabondo pra unhas cantas comidiñas...

    ResponderEliminar
  13. Antes de compralo pan hai que catar... e se compre varias clases de pan.

    Eu non me imaxino o resto da vida comendo todolos días cun pan reseso, a verdade.

    Na miña casa haiche unha boa barra de pan, iso sí, non é por presumir, pero tamén haiche duas boas cebolas. xD

    Bicos de broa.

    ResponderEliminar
  14. Bueno, Chousa, eres muy práctico y éso es necesario para no errar... pero a veces uno debe "desmelenarse" o dejarse llevar por la pasión, ¿no crees? por éso se dice: "contigo pan y cebolla", aunque si uno es previsor debe, efectivamente, ver de qué tipo de "cebolla" se está hablando:)))
    Bicos divertidos

    ResponderEliminar
  15. Está claro que a mente e a razón ás veces non se poñen dacordo, pero eu coido que hay que darlle sempre máis relevancia ás emocións.
    Tamén está claro que todo entra polos ollos, pero tamén penso que non é imprescindible ter en conta tanto o tamaño; aínda que eu moito ía chorar con esa cebola! máis pola conta que me ten ía picala, porque a mín a cebola gústame moito, en ensaladas, en guisos, fritida, cruda... tódalas variedades, pero a laranxa é a miña froita favorita.
    un bico doce.

    ResponderEliminar
  16. Eu non lle fago
    de menos a cebola
    porque quizais sexa
    a hortaliza que máis
    se empregue en tódolas
    cociñas do mundo,
    pero un anaco de
    bola quente de Cea
    cun chourizo ben
    asadiño no medio
    iso é gloria bendita.

    Bicos

    ResponderEliminar
  17. A más capas de cebolla, más lloras al pelarla, porque lo más tierno está dentro, dentro..,

    Besicos

    ResponderEliminar
  18. Non lle me gusta a cebola. E ollo para quen a come cunha envexa inorme, pero, nada, non son quen...
    Pero din que o amor dura cinco anos, e non hai cebola que resista. Vale mais irlle metendo ó pan cousiñas consistentes coma unha carne a medio facer, gordiña, no seu punto. Ou se me apura, sen pan, un bo centolo, que non so de pan viven os homes (e as mulleres: Aido-elle á ex).
    O tamaño, qué lle vou decir eu sonlle de boa ración, pero tamén me conformo con pouco cinco veces ó día que é o que recomendan para o estómago.

    ResponderEliminar
  19. O tamaño do pan tería que ser descomunal a xulgar polas dimensións da cebola, sempre que se garden as proporcións. Pero cando se inventou o dito, creo que non estaban pensando na ubérrima terra de Antas onde todo é grande desde o Farelo ata a Alcandra.
    Unha aperta de idéntica medida á da cebola.

    ResponderEliminar
  20. Se bem entendi, há aqui um trocadilho jeitoso...
    ;-)

    ResponderEliminar
  21. Cacho cebola.
    Con esa fai falta un pan ben grande, si señor. Ou non, se che gusta moito a ceboliña igual a comes sola como se fose unha mazá verde.
    Bicos

    ResponderEliminar
  22. O de pan e cebola está ben pero, coño, haberá que acompañalo cun churrasco, unha cunca de viño, uns chupitos de licor café....

    ResponderEliminar
  23. A cebola da imaxe é moita cebola para unha ensalada sola. Podo asegurárvolo.
    E concordo con algún comentario no senso de que mellor que haxa recreo permanente; máis para elo imos ter que sobornar ó bedel para que non toque o timbre de entrada!

    ResponderEliminar
  24. Si hai que pagar a escote para sobornar ó bedel, conta coa miña aportación e avisa. Tampouco quero que remate o recreo.

    Máis bicos

    ResponderEliminar
  25. Ais que difícil... a veces... pero...
    en realidad... eu voto polo recreo eterno como di Pitima, tentando gozar de todo, sacar o mellor proveito de cada froito e botando fose o que está pocho.

    bcftes por capas, como las cebollas..

    ResponderEliminar
  26. Para esa cebolla hace falta una buena telera de pan.

    ResponderEliminar
  27. Mi ma, con semellante cebola ata se pode prescindir do pan.

    ResponderEliminar
  28. Carai! Acabo de ver a rosa que ten aí a un lado e case parece que a miña é clon dela!

    ResponderEliminar
  29. No se muy bien si atribuir a tu capacidad para ARGALLAR o a tu aguzado ingenio para elaborar estas píldoras que nos regalas. Preguntaré a mi médico de cabecera si me las puede recetar. No sea que un día cierres la farmacia y me quede sin ellas. Que una ya es adicta!
    Mis saludos.
    Rosa María (Valencia)

    ResponderEliminar
  30. As rosas acadan tal límite de perfección e beleza, que todas semellan clons. Incluso as de inverno.
    Eu non canso de admiralas!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: