luns, 23 de agosto de 2010

Buratos

En fotografía sempre se ten moi en conta a distancia focal, os encadres, a apertura do diafragma...
Pois nunha boa parte das cuestións vitais que nos rodean tamén resultaría moi axeitado ter en conta este tipo de parámetros para ser conscentes de que, según o ángulo de enfoque, lograremos percibir con máis ou menos intensidade o mal e o ben que nos salpica e aloumiña a cotío.
Alonxando ou achegándonos iremos percibindo con máis nitidez as lampreadas e as marabillas, as ledicias e os pesares, os praceres e as rabias. Iso sí, sempre tendo en conta que na realidade tamén miramos a través de buratos! . E non é cuestión de volverse unha topia; senón de manexar axeitadamente a telemetría.

Foto: Burato desencadrado. Vista parcial.

30 comentarios:

  1. Supongo que es así, que según enfoquemos veremos la realidad de una forma u otra. El caso es que unas veces manejamos nosotros la cámara, otras son los demás quienes la manejan y en enfoque cambia...
    Acertar con el manejo de las cosas es importante e incluso se nos admite fallar, siempre que el error sea asumido...
    Besos, Chousa.
    p.d. has hecho bien en ponernos una canción, estos chicos son cañeros!

    ResponderEliminar
  2. Tendo eu algo de astigmatismo non me é doado enfocar ben... así que sempre me achego de máis, levo lampreadas, pero tamén os aloumiños saben mellor de perto ca de lonxe.

    Dos buratos que fala Ruxe-Ruxe, os peores son os da alma.

    e, ainda que non vexo moi ben, xuraría que iso non é Antas!

    ResponderEliminar
  3. Buf dito asi parece mui faciliño pero eu viña sen libreto de instruccións e non sei onde teño o obturador hahahaha.
    A foto moi bonita, si. Onde a enfocaches?

    ResponderEliminar
  4. Fixeche un estupendo encadre
    pero é ben certo que nunca
    miramos todo por ese burato
    telemétrico.

    Biquiños achegados.

    ResponderEliminar
  5. Gústame a foto, gústame que se vexa o burato.

    ResponderEliminar
  6. Volvinme tola e non conseguín atopar "topia" e, a pesares dos meus lentes, penso que non miro a través de buratos. Polo menos de cotío.
    De tódolos xeitos, ti sabes moito mais ca min de fotografía.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  7. Os buratos axúdannos a mirar ben, a enfocar... E ademáis, vivimos ahí, nos buratos.
    Boeno, tí xa sabes a teima que teño eu cos buratos.. jaja. Son do máis fotoxénico.
    Ademáis temos medo a diluirnos no infinito, necesitamos buratos onde resguardarnos, onde parapetarnos. Túneles por onde é fácil camiñar cara a luz...

    Dende o canal do parto ata o burato onde nos enterran.... Haiche moitos e moi importantes buratos. O noso planeta Terra é tamén un burato gravitario no Universo. Hainos más grandes, pero poucos tan acolledores...

    Un bico che mando por este burato da pantalla.. jaja

    ResponderEliminar
  8. Gústoume o que din Ruxe ruxe "Fagamos camiños facendo memoria".
    E sobre o tema do enfoque, a camara, o ángulo, os parámetros mellor deixámolo ata setembro non vaia ser...
    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Trátase de aprender a mirar para ver mellor. E supoño que saber de fotografía axuda na teoría. Na práctica axudan máis os golpes.

    Bicos enfocados

    ResponderEliminar
  10. Fonsilleda: Referíame á toupa (animal insectívoro semellante ó rato, con fuciño alongado que escaralla os xardíns fozando!!!). Foi unha licencia gramatical que me permitín, xa que por estes lares chamámoslle desa guisa.
    En todo caso mólame facerte traballar a esgalla jajaja

    Dilaida: E que os de Ruxe son uns filósofos.
    E vale, deixámolo para setembro logo, pero non te despistes que a folla do calendario está a volta de almanaque!

    Pitima: Sei o da túa teima cos buratos. De feito, cando escribín o post pensei en qué dirías ti.
    Pois xa ves que o burato da imaxe tamén tirou polos meus ollos aquel día. (E xa teñen tirado polos meus ollos outros buratiños tamén jajaja)

    X: E que hai buratos que están feitos para ser admirados, mirados e...; ou non? ;-)

    Marisa: E que non sempre temos o angular axeitado para encadrar a imaxe e conxugala coa nitidez necesaria. En todo caso, fotos hai que facelas!

    Trasno: Enfoqueina na praia de Antas; non se nota ou qué?.
    (Se non traías instruccións, calquera te manexa a ti!!)

    Zeltia: Pois xa lle dixen ó Trasno que era de Antas. O que pasa é que entre o burato e Antas interpoñíanse as vacacións :-)

    Ginebra: Sempre se ten que admitir poder fallar (incluso variando a fonética jaja). O día que tal cousa se proscriba...qué será de nós??
    Alédame que che guste a caña de Ruxe.

    ResponderEliminar
  11. Alís: Xa sabes que a distancia que vai dende a teoría ata a realidade é similar á que vai dende freir un ovo a salpicarse co aceite. Non ten moito que ver, pero pode servir; á que si? ;-)

    ResponderEliminar
  12. Non lle deas tanta reviravolta que para achegarse ao BURATO non fai falla telemetría ningunha.

    ResponderEliminar
  13. Ai, Chousa: se aplicásemos o da telemetría á vida diaria que outro galo nos cantaba!

    ResponderEliminar
  14. Marabilloso encuadre. Eses teus ollos xeniais...

    ResponderEliminar
  15. Ás veces é mellor desenfocar, desencadrar ou pechar o diafragma, porque se ve cada cousa que mete medo!

    O que si, segundo o enfoque, a percepción e interpretación son diferentes, pero para manexar axeitadamente a telemetría cómpre ter moi bo pulso e moita escola!

    Bicos con enfoque (co axeitado).

    ResponderEliminar
  16. Puufffff querido amigo meu, o meu maior pesadelo chamase "hiperfocal"...

    Manexar ben a telemetria no momento axeitado non che e doado, pero bueno, faise o que se pode. Normalmente eu trato de levar sempre ben axustado o parámetro do meu mellor sorriso, (as veces costa axustalo ben, non te creas...) :)

    Biquiños :)

    ResponderEliminar
  17. como aquelo que di "todo depende do cristal a través do cal se mira" ¿ non? e cada un de nós tén o seu cristaliño subxetivo e único, ás veces incluso máis de un, pero a realidade é a realidade, pódese ser máis ou menos optimista, máis ou menos pesimista, pero as cousas son como son, o caso é tomalas con humor

    ResponderEliminar
  18. ¡canta razón tés!, ai que encontrar a medida xusta para non ver nin de moi cerca nin de moi lonxe... non é doado pero pódese facer; a proba, as imaxes que ti captas a cotío.

    bicos,

    ResponderEliminar
  19. Por certo, Susana Moo acertou de pleno co comentario. A verdade é que o burato se atopa ben ata indo ás agachadas, sen tan sequera precisar luz... E diría máis, canta máis escuridade, máis pronto se atopa.

    Moi aguda, Susana. Abofé que si. Tomo nota.

    Biquiños... ás apalpadelas (son que mellor saben),

    ResponderEliminar
  20. Véxote tan comedido, profundo e filosófico nos razonamentos que paréceme que andas tramando algo. Xa se verá.
    A foto de Antas non e, pero o sitio e ben bonito.
    Bicos

    ResponderEliminar
  21. Susana Moo: Levas razón; pero non me negarás que -unha vez atopado o BURATO- é importante achegarse e alonxarse con vehemente reiteración...

    Kaplan: Perto da miña casa leva unha temporadiña que canta sempre o mesmo galo. E o moi cabrón faino tamén os sábados e domingosssss!!!. Viríame ben poñer distancia entre o seu galiñeiro e mais a miña casa!.

    Mariajesusparadela: Marabillosos son os teus, que me miran así de ben!.

    Nena do Paraugas: Claro que ás veces convén desenfocar algo para ver con máis nitidez jajaja.
    E na oscuridade todos parece un burato jajaja.

    Merce: Con ese recurso que dis estou seguro de que non hai "motivo" que che se poida resistir. A sonrisa (dende a miña óptica, con máis énfase a sonrisa femenina)é unha das armas máis demoledoras da "cámara"...

    Mer: Pois levas razón; o caso é ter o cristaliño axeitado sempre. Que se poña algo oscuriño cando hai exceso de luz e que busque luminosidade cando escasea. Difícil si, imposible non. :-)

    Aldabra: As imaxes está ceibas polo ar. Algunhas pílloas, pero quedan moitísimas "circulando" aínda.
    (Ti tamén tés fotos caralludas. Non fai moito vin unha nun blog amigo que me gustou moito ;-)))

    A.C.: Pero logo ti non sabes que eu, fora da canteira, son un filósofo?.
    (Confeso que ás veces, entre martillazo e martillazo, tamén filosofo; pero para dentro ;-))

    ResponderEliminar
  22. Gústame a foto. Gústame axexar polos buratos, sobre todo, coa cámara. Ben pola música dos Ruxe Ruxe!
    Unha aperta dezá.

    ResponderEliminar
  23. Oes, hoxe non dou atopado o burato, debe ser que teño un problema de desenfoque na visión. O luns paso pola óptica sen falta!

    ResponderEliminar
  24. Sóame moito esas vistas da image. Ou será que tenho información privilegiada? hahaha.
    Saúdos filósofo. Carlosm

    ResponderEliminar
  25. Harmonía: A min tamén me "tiran" moito os buratos. E penso que a todos nos ten provocado a idea de poder axexar certos acontecementos por algún buratiño...

    Raposo: Ten que ser moi perigoso para un raposo non dar atopado o burato...Boeno...agora que o penso, non so para un raposo!!! ;-)

    Carlosm: O coñecemento previo das informacións mediatiza moito as interpretacións, Carliños jajaja.

    ResponderEliminar
  26. Ollar a través dun burato (axexar,espiar, observar, contemplar...) é sempre un privilexio. Facúltanos para ver sen ser vistos, para captar sen miramentos, para gozar de paisaxes espléndidas sen sufrir os rigores do ventimperio, para ollar o mundo sen pecar de indiscrecións. Son moitas as vantaxes. "Dádeme o burato axeitado e contemplarei o mundo" parafraseando a Arquímedes.
    Apertas desde este burato cibernético.

    ResponderEliminar
  27. Busto Agolada: Tal cal, meu amigo. Este polo que nos comunicamos, non deixa de ser outro burato (magnífica ferramenta, oes!).
    E claro que se move o mundo coa palanca ben acoplada no burato axeitado...
    Apertas!

    ---

    Vaise agosto, e a min non me pediu permiso. Na Chousa síntense as duras temperaturas deste verán seco e intenso, pero o verdor cinguido dos carballos e castiñeiros albíscase a chegada dos gromos novos que farán un outono pródigo en froitos e vitalidade.
    Imos cara setembro, festas en Antas!

    ResponderEliminar
  28. Muy sabio eso que dices, hay muchos ángulos para ver las cosas, y muchos ojos para mirarlas, a veces lo vemos todo negro, todo nos parece mal, el mundo entero, pero esto tampoco es real, hay bellos colores por todas partes.
    Moitos biquiños, Chousa.

    ResponderEliminar
  29. Irene: La teoría, también a mi -que soy de Antas!!!- me resulta más facil jajaja.

    ResponderEliminar
  30. Dicen que venimos al mundo por un BURATO (que hermosa palabra). Es posible que por ello nos sintamos tan atraídos por ellos. No lo crees así?
    Bonito tu espacio, Chousa da Alcandra.
    Mentxu

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: