luns, 12 de abril de 2010

Efémera

En ocasións as palabras non flúen coa necesaria dicción que a mente desexaría.
Por momentos, canta máis precisión é requerida, menos aflora o verbo fluido e ben conxugado.
E acontece diante das situacións menos complexas que podemos manexar ou de simples intres cargados de lapsus imaxinativos, que impiden reaccionar como desexaríamos.
Pasa diante da beleza que nos cautiva ou perante a sorpresa que algunhas situacións nos deparan.
Cando camiñaba por diante daquela ponte, vina alí. Altiva e fráxil. Impetuosa e tímida. Mimetizadamente visible. Esporadicamente reiterativa. Vigorosa e lene. Nada puiden decirlle. So fun quén de captala coa cámara para que nunca máis fose efémera. Sen mediar palabra, intermediando miles de miradas a través do obxectivo. Agora penso; que pensaría de min?

Foto: Esporas perante a ponte. Sin palabras

37 comentarios:

  1. Ai....eu de pequena, era moi cafre, teño soprado tantas desas.....bufffff....Efímera será na forma, pero os seus átomos perduran no tempo e no espazo.....senón pregúntalle aos alérxicos!!!

    (permíteme un pouco de humor irreverente nese post tan poético, para poder levar mellor un luns pola mañá)

    BICOSSSS

    ResponderEliminar
  2. Mire que hai moitas veces que non é o que parece.
    Antes de chegar aí, foi unha flor amarela, moi fermosa, que floreceu dunha planta con moitos poderes curativos,e cun nome moi orixinal en galego "mexacán" ou "leituga".
    Eu lembro que cando era nena, a miña avoa ía aos lameiros a "capar as leitugas" para darllas aos porcos. Eu, agora, tómoa en infusións para eliminar líquidos, din que é moi boa para os riles.
    Aínda que parece "efémera" simplemente ten esa constitución para poder voar mellor e chegar a máis lugares, por iso, eu lle dicía antes, que non é o que parece.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Admíroche pola sinxeleza coa que es capaz de pasar dunha imaxe que parece tomada ao azar para transmitir calquera tema de actualidade ou que che preocupe e non podo por menos de aplaudirche por iso.
    Que vai pensar? pois que es grande e bo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. E ainda que as palabras fluisen, que fosen ben conxugadas, poden non ser ben interpretadas; enton son mellor os silencios?. Os silencios tamén se interpretan. A comunicación exacta e algo imposible. E ogallá ocorrise só diante das sorpresas, ou nos momentos en que a beleza nos cautiva.
    Gústame como falas do dente de león as cousas que tí fuches quén de ver nesa flor que, perdida xa a cor, acabado o seu ciclo quédalle o máis importante: expandir polo ar a súa semente, que viaxará ata km. levada polo ar.
    Máis víchela altiva na súa fraxilidade, vigorosa na sua levedade; pero creo que o que te cautivou dela foi sentila tan... efémera.
    E con esa pregunta coa que rematas a reflexión deste post... quén sabe que podería pensar! supoñendo que as floriñas pensen, igual non sabería valorar a túa capacidade para sentir as emocións que ela che provocou...

    floriñas e persoas, pedras ou formigas, sempre estamos illados dentro de nós.

    ResponderEliminar
  5. Hola "Chousa da Alcandra" !
    No se si lo he entendido bien , pero no veo ninguna imagen !!
    Saludos des de Catalunya .
    Anna

    ResponderEliminar
  6. So un pequeno sopro
    e todo desaparece.

    Ela pensaría,a túa
    ollada sobre mín,
    fascíname,aínda
    que sexa efémera,
    quedarei contigo.

    Unha aperta por sempre.

    ResponderEliminar
  7. Que tamén nós somos coma ela e acabaremos quedando só nas fotos.

    ResponderEliminar
  8. Hola "Chousa"!
    Ya veo la imagen! Y es preciosa , ademas ahora ya entiendo tus palabras ,también preciosas !--------
    Ahora ya se porque no la podía ver , te cuento por si me puedes ayudar ,tenia el bloc abierto con "mozilla firefox" y no la podía ver, y ahora la he abierto con "google chrome", y con este si que lo veo . Hoy el la primera vez que no veo la imagen de un bloc que no sea mio , pero des hace tiempo , cuando hice mi bloc , sin saber que hacia , me puse a mi misma como seguidora de mi bloc ,y como aun no sabia como borrarme , con el botón de la derecha del ratón encima de mi foto , la de seguidores , cliqué y me apareció , entre otras , bloquear imagen etc... , y cliqué , y a partir de este momento me desaparecieron fotos , y ademas ahora esto de hoy , y no se como se arregla .En fin , que si tu o alguna otra persona sabe que tengo que hacer para arreglarlo , "porfa" , ya me lo contareis .
    Un abrazo .
    Anna
    (No se si me he explicado bien !!)

    ResponderEliminar
  9. E sabe que ao mimetizarse coa paisaxe só vai ser invisíbel para algúns, para aqueles que ela non desexa que a descubran. Sabe que non é efémera, sabe que permanecerá no teu recordo, no recordo de todos os que souberon ver máis acó. "Só fun quen de captala coa cámara"; só?? Marabillosamente magnificada diante da ponte que os humanos nos empeñamos en engrandecer, só por unha cuestión de utilidade. Maldita utilidade!!! Cando aprenderemos ver que a beleza non ten que ver coa utilidade senón cos sentimentos máis fondos?
    Se queres saber o que pensou, búscaa e pregúntallo. Xa aprendemos co Principiño que as flores tamén precisan de parolar.

    ResponderEliminar
  10. Coma tantas cousas, o concepto de efémero é en si mesmo efémero, pola pouca obxectividade que encerra, xa que o que para ti se despregaba ante os ollos como efémero, ten a súa xusta duración no seu contexto propio. Fixáchete só nun momento dun proceso moito maior, que continúa aínda cando as sementes marchan levadas polo ar á procura de novos e fértis solos que colonizar. Capturaches un momento puntual, coma un único punto nunha liña, que se volve infinita para o outro lado. Pero que beleza! Que ben fixeches en sacar a cámara para inmortalizar á fráxil flor. E que exercicios lingüísticos co gallo da súa contemplación non dá para facer a túa foto!

    ResponderEliminar
  11. Qué vai pensar, home de deus, que te deixases de tanta leria co obxectivo e soprases para facer as veces de fío conductor para poder se reproducir, que a coitada está que estoupa coas ganas.

    ResponderEliminar
  12. Entón qué... ¿sopraches ou non? jajaja. A min todas me din o mesmo, xa o sabes... jajaja Levántanse altivas para tentar, provocar... porque o seu desexo é aquel, por riba de todo... queren... voar!!

    Quedouche ben contra esa ponte difuminada no fondo... Bonita foto. Vaste perfeccinando, se cabe! jaja

    Se o verbo non flúe deixao estar, que nas augas estancadas nace a vida, e o tempo xa desvelará, coa precisión requerida, todo aquelo que tiña que ser dito, que tiña que saberse, que tiña que ser.

    Be water, my friend.. jajaja

    Bico esporádico.

    ResponderEliminar
  13. Disque chegou a primavera...

    Sopra... ¡e pide un desexo!

    (Precisamente ando eu cunha foto parecida a esa a voltas estes días)

    Bico!

    ResponderEliminar
  14. Captaches a beleza na sinxeleza. A fráxil flor quedaría abraiada!!
    Esa ponte, a pesar de estar difuminada, sóame tanto...

    ResponderEliminar
  15. ¿qué pensaría de ti?
    agradeceríache, sen ningunha dúbida, o xesto de que a volveses inmortal.

    ¡vaia pedazo de foto, chousa!

    noraboa.

    e dunha beleza que fala por si sola.

    biquiños.

    ResponderEliminar
  16. É certo que, cando as palabras non saen, o mellor é ficar caladiños; pero os que somos baduadores non temos xeito de acadar ese estadío de repouso da lingua. Por iso vos digo o que vos digo. E aínda digo máis: que efectivamente daban ganas de soplarlle para colaborar na polinización; pero o único que fixen foron dúas cousas:
    1. Rabuñarme nas silvas buscando o ángulo axeitado (esto de andar de cu é o que ten...)
    2. Deixar moi en segundo plano unha ponte moi fermosa tamén (que hai a quen lle soa incluso difuminada).

    Conclusión: que teñades tino cando facedes fotos e non deixarvos levar unicamente polo que hai diante; que se andades para atrás pasa o que pasa, carallo!.
    Non digades que non vos advertín.

    ResponderEliminar
  17. Eooo !
    Hola Chousa da Alcandra !!
    Ya he hecho lo que me has explicado y me ha ido bieeeeeen !!!!muchísimas gracias , te lo agradezco un montón !!! muaaa

    ResponderEliminar
  18. Pensaría que tés a sensibilidade suficiente como para reparar nela e inmortalizala nesta fermosa foto.
    Bicos

    ResponderEliminar
  19. Hola "Chousa" !!
    Muchas gracias por explicarme como solucionar el problema , ya lo he hecho , y me ha ido muy bien , ahora ya veo todas las imágenes , muchas gracias , no sabes como te lo agradezco !!
    Un abrazo .
    Anna

    ResponderEliminar
  20. As máis das veces, sobre todo cando é improcedente, as palabras flúen de máis. Pero este non é o caso. E para non che fluíren, aínda se che ocorreron ben adxectivos para cualificar esta efémera nube de algodón. Ou así lle chamaba eu de pequena.
    E, para que lle ías falar? Ante certas cousas, as palabras sobran.

    ResponderEliminar
  21. JAJAJAJAJA! Coma o burro coa cenoira!!! Moito enxeño, si señor!
    Mirarei sempre ao segundo plano... por se acaso.

    ResponderEliminar
  22. Sera efímero esa flor do primeiro plano, já que a ponte durara algo mais.
    Boa image.Apertas
    Carlosm

    ResponderEliminar
  23. No fijarse sólo en lo que hay delante de uno es válido para fotos y para cualquier aspecto de la vida. Muchas veces lo interesante es, precisamente, lo que no se tiene delante...
    La flor esperaba a quien sabía verla o notó su presencia... Bicos

    ResponderEliminar
  24. O efémero tamén por selo pode resultar máxico, non si?
    Que fermoso o texto... Encantoume.
    Saúdos multiplicados por espellos, seguindo co xogo de miradas.

    ResponderEliminar
  25. Boas... de novo!

    Penso que nada é efímero mentres permaneza na nosa retina e co paso do tempo na nosa memoria. Douche as grazas nesta ocasión por plasmar tal beleza ca túa cámara e compartila con nós aliñándoa por riba con tan belas verbas.

    Un saudo Chousa,

    ResponderEliminar
  26. Has conseguido inmortalizarla tal cual es, o era....

    No sé qué más decir, creo que tengo uno de esos lapsus de los que hablas, me estoy quedando corta de vocabulario.

    un biquiño, Chousa

    ResponderEliminar
  27. Belleza en tus palabras y tu imagen... Un placer haberme pasado por tu espacio.

    Saludos y un abrazo enorme.

    ResponderEliminar
  28. E eu que non sei se te refires ao mexacán coa ponte detrás ( fermosa foto ) ou a unha muller que non osas mostrar aquí.

    ResponderEliminar
  29. Todo é, efectivamente, efémero. Mesmo os nosos blogues, hoxe vivos e dinámicos (máis ou menos, é verdade), pero algún día cadáveres no ciberespazo. Que será deles? Pensouno algunha vez?

    ResponderEliminar
  30. nada pensaria )

    ( sen ti ria - sen t ir,






    ~

    ResponderEliminar
  31. mmmm esto pasame por tardar en cumprir os encargos e nestas duas ultimas entradas esvaeceronseme duas ideas feitas ficheiro .jpg ...

    nada... terei que por a traballar de novo a miña neurona :) ou... ainda se me ocorre que...
    e
    non lle sopraches?
    a semente esparcirase suavemente
    levada polo ar
    ate chegar a un novo rincon
    onde florecerá de novo
    amosandose en todo o seu
    maximo esplendor...

    ufff e como se me vai a min hoxe a cabeciña....

    Biquiños a moreas :)

    ResponderEliminar
  32. Chousa, es único! O que veño de rir co teu comentario ao meu prato roto!

    ResponderEliminar
  33. Decidín non soplarlle. Pensei que esa era tarefa do vento e, cando marchei, alí quedaba; comandando no comarón á beiriña do regato.

    ResponderEliminar
  34. miráchela tanto a través do obxetivo que quedou prendida de tanta atención,a túa delicadeza silenciosa deixouna cun "sopro" de tranquilidade...
    bico.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: