venres, 9 de abril de 2010

Auténtico

Resúltame complicado de entender que aqueles que non aceptan as reglas (do parchís, da petanca ou da billarda), acaben por valerse delas para tentar escarallar o tableiro, o boliche ou o palán.
Hai que aprender das vulnerabilidades do sistema, para corrixir as deficiencias e non permitir que mans luxadas e mentes retortas impoñan criterios democráticos dos que eles mesmos adolecen, pretendendo orientar a xurisprudencia cara o lado que eles queren.
Parece que todo ten que ser monocromático para ser puro; máis penso que deberíamos reflexionar un chisco a fin de concluir que nada é puro se non é auténtico.

Foto: Flor auténtica, dixitalmente orientada.

33 comentarios:

  1. En nome da "pureza" fixeronse moitas toleadas...

    Unha aperta auténtica dende lonxe.

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. preciosa esa camelia branca, coas pintigas!

    respecto á reflexión que fas desta volta,
    foi bastante decepcionante para mín darme conta de que os mesmos que pervirten o uso das leis, son os primeiros en botar mán deses principios democráticos.

    No fondo vai ca natureza humana: os mesmos argumentos que nos sirven para desculpar accións nosas; non parece que sexan argumentos de pso cando se trata de excusar ós outros.

    non sei. non estou moi lúcida arestora. hoxe tiven un día recheo de emocións coma un pavo de acción de grazas nos iunaitesteits

    ResponderEliminar
  3. Sin comentarios, pois tes razón de máis. Agás que a flor da camelia é unha beleza. Xa me gustaría ver unha así no xardín do meu Refuxio, xunto coas outras tres que xa floreceron e ás que a chuvia lle deteriorou os capullos.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Ai, DEMOCRACIA! Todo o mundo ten na boca esta palabra, saberá alguén o que significa?
    Cada un utilízaa no seu propio beneficio e todos somos os máis demócratas.
    Efectivamente non por o feito de ser moncromático vai ser puro, todo o contrario, a pureza está na variedade, non hai máis que contemplar a natureza, acaso hai algo máis puro?
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Machinho, cando vin a image da flor, veuseme a mente a figura do xuiz Garzón. Logo cando leo a entrada, aluzinei en policromos. Já parece que tenhas capacidade para sugestionar as mentes dos teus lectores.
    A respecto de B.G., semelha moita penitencia para tal pecata que se di por aqui.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  6. Estes días, vendo o que vexo na prensa, prefiro non pensar...

    Bico!

    ResponderEliminar
  7. ¿Por qué pasará esto?, ¿qué pasa con la "raza" política?, ojalá hubiera autenticidad y transparencia en todos ellos.
    Me gusta tu flor auténtica, aunque sea digitalmente orientada.
    Biquiños, Chousa, ¡auténtico!

    ResponderEliminar
  8. Grazas, Chousa: eu non o diría mellor.

    ResponderEliminar
  9. dende logo non sei como logras enfiar este tema do xuez con esa flor de camelia, pero ten razón quen di mais arriba que pode ser que nos teñas algo hinoptizados a todos chousa. d que a que a min pasoume exactamente o mismo.
    Bicos
    AC

    ResponderEliminar
  10. Pois vostede e o señor Kaplan, teñen razón.

    ResponderEliminar
  11. Puro e auténtico agora
    atópase pouco.
    Estou dacordo co que dís
    das mentes retortas que
    pretenden impoñer criterios
    monocromáticos. Deberían
    aprender da natureza,ver
    como se viste con beleza
    mesturada.

    Bicos multicolor.

    ResponderEliminar
  12. Ummm, qué buen post éste por su reflexión y por esa belleza de camelia que imagino proviene de tu jardín, Chousa.
    Pues estoy de acuerdo, nada es puro si no es auténtico y la autenticidad ni se compra ni se obtiene, sino que se es o no se es auténtico y no hay más cáscaras...
    Bueno, besos de finde, que disfrutes del sol que por fin llegó a tu Galicia también!!!!

    ResponderEliminar
  13. Queda un capullo sen abrir, será para paliar tantas protestas, folgas, desencontros para concluir que nada é puro, só auténtico. Remexendo nas túas fotos, tento aprender o momento preciso para enfocar, a paciencia supoño que será boa alíada. Un aturuxo.

    ResponderEliminar
  14. É que moito nos gusta aquelo de dar voltas arredor de...

    ResponderEliminar
  15. É complicado entender incluso quenmarca as regras, baseándose en que, e con que autoridade. poderiamos reverter a historia toda e pensar porque hai regras e quen as marca. parece que non poderiamos xogar ao parchís sen regras, pero... acaso non poderiamos chegar a acordos cada vez que foramos xogar con cada un dos compañeiors? Non sei, quizais só sexa unha utopía, un pequeno furado neste matrix qeu nos desmatricia deixándonos sen nai (ou polo menos tentando facelo coa escusa da legalidade intencionada ou da universalizada necesaria, pero xa me estou indo de tema...).

    Non son pura, iso seino, porque se algo aborrezo é o aburrimento e iso soa terríbelmente aburrido e terríbelmente relixioso (e iso non é bo nestes tempos de deturpación desa pureza que non era pura senón luxa); non sei se son auténtica, nin sequera saber se son. o que sei é oque sinto, os sentimentos que se arrebolan na miña cabeza cando leo certas novas ou cando vexo fermosas camelias (e sempre penso na deturpada Margarita Gautier, que tamén dicían que non era pura mais era a máis auténtica de toda a obra).
    Concluíndo pois, nin pura nin auténtica (tal vez), pero nunca, nunca, monocromátuca!!!

    ResponderEliminar
  16. Non te metas con a xusticia que che vai traer problemas. Ti sigue poñendo fotos boas e falando bonito que o fais moi ben.
    Era o que nos faltaba. Ter un blogueiro na cadea hahaha.

    ResponderEliminar
  17. Pues en este caso no estoy de acuerdo contigo. Yo creo que Garzón solo iba de estrella de la pasarela y quería lucirse en todo. Le encantaban los focos y lo mediático. Anda que no tenía nuestro sistema judicial bastante con lo que tiene, como para meterse a investigar historias de otros paises.
    Tiene demasiados frentes abiertos y si le van a juzgar será por haber indicios de delito. Lo único que ensombrece todo es que sea una asociación ultra la que logró llevarlo al banquillo, pero la ley es igual para todos.
    Te felicito por tu blog, que sigo aunque no escribo.
    Un saludo. M.

    ResponderEliminar
  18. Dicen que las reglas están para romperlas, que hay reglas no escritas, que las reglas están para saltárselas, que la excepción hizo la regla...
    dicen, dicen, dicen...
    Y como dijo François de la Rochefoucauld: "Establecemos reglas para los demás y excepciones para nosotros".
    ASí que no se ¿qué todo vale y nada es de un sólo color?

    Bfletes sin medida ;)

    ResponderEliminar
  19. Teño o estómago revolto desde que comezou todo este tema e, polo que levo escoitado a distintos xuices, non confío nada en que se lle fará xustiza.
    Imaxino que BG xa sabía que se poñía no punto de mira, de feito debe estar no punto de mira de tantos que non sei como chegou ata aquí.
    Pase o que pase, eu sempre sentirei admiración polo valor (ía dicir outra palabra, pero non queda nada fino) que lle botou sempre á súa profesión.

    Chuchos

    ResponderEliminar
  20. Non entendo eso da pureza e a autenticidade....
    Pero sí que sei o que é a xustiza, e non a hai, case nunca...

    ResponderEliminar
  21. Ayyyyyyyyy,Chousa, qué ingenuo eres. Todos, unos y los otros han acomodado las leyes a la sombra de su ideología o intereses. Y eso ha ocurrido por los siglos de los siglos. Y son auténticos, lo son porque en cada momento unos y los otros defienden lo que creen mejor. Claro que "lo mejor" siempre es muy relativo, depende siempre de quién lo defina así.

    un bico

    ResponderEliminar
  22. dixitalmente orientada? Qué queres dicir, que a manipulaches dixitamente?
    En tal caso recrimínote porque unha flor é unha flor, con pintiñas ou sen elas, e está para o que está, que é reproducirse, e non lle fai falla ciruxía ningunha porque é bonita como é, poida que imperfecta, pero nada é perfecto, e moito menos a xustiza.

    ResponderEliminar
  23. eu non che son moi politiqueira, chousa por eso non entendo moi ben por onde van os tiros... pásame como a Gila cando facía aquel chiste de: "¿Se va por aquí para la guerra?"

    pero da reflexión que fas saco as miñas conclusións porque aínda que seña un pouco parva sempre me gustou moito pensar.

    "quen fai a lei fai a trampa", seguro que coñeces ese dito de sobra... pois penso que está todo dito.

    nosos gobernantes non son auténticos, e se moven para o lado donde quenta máis o sol... ogallá poidéramos contar con políticos incorruptos, obxectivos, honestos.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  24. Antón: Moitas; e síguense facendo aínda...Recibidas esas apertas auténticas.

    Zeltia: Xogan coa norma cando lles convén. E por riba temos que calar.

    Nena do paraugas: Ogallá outras choivas deteriorasen as estratexias doutros capullos... ;-)

    Dilaida: Xustamente. Na variedade radica a esencia do autenticamente puro.

    Carlosm: E que por eso a puxen, raio!. Ou pensas que deixo todo ó azar? jaja

    A do outro lado da xanela: Levamos tempo con estas lerias. Pero pensar hai que pensar, senón...malo, malo.

    Irene: Empeza a cansar que pasen estas cousas. Ogallá houbese un dial para mudar de "emisora".

    ResponderEliminar
  25. Kaplan: De nada, compañeiro. Vostede tampouco é manco comunicando.

    AC: É pura autosuxestión o que sentides. Como se vai parecer unha camelia ás canas dun xuiz? jaja

    Mariajesusparadela: E dende o punto en que vostede no la confirma; xa temós máis!.

    Marisa: E que a beleza tamén radica na mestura. Se todo fose idéntico non molaría nadiña.

    Ginebra: Imaxinas ben a orixe da camelia. Auténtica coma ela sola, pura na súa diferenza coas compañeiras de xardín.

    Maribel-bel: Ti sigue remexendo. Aínda que non atopes o enfoque vexo que xa concordas comigo.

    ResponderEliminar
  26. Markesa Merteuil: Boeno, hai rotondas nas que a tod@s nos gusta dar unhas cantas voltas!

    Xenevra: Eu percíbote auténticamente pura e policromática. E xogar ó parchis sen dado tamén pode ser interesante.

    Cris: Seica hai reglas irrompibles; así que hai que pandar con elas cando amolan.

    Cuspedepita: Na Chousa xa sabes que se poden dicir palabras "pouco finas" tamén eh, así que non te me cortes :-)

    Pitima: Ti entendes de autenticidade e do que se tercie; o que pasa é que me debín explicar mal eu!

    Noa: Pois levoume menos tempo escribila que o resto da entrada toda...jajaja :-)

    Frabisa: Claro que son inxénuo, raio!. Como podo ser outra cousa chamándome Inocencio?

    Filoxera: Graciñas pola confianza. Eu tamén escribín este post un pouco "a quente" da noticia.

    Susana Moo: Orientada dixitalmente, pq os meus dedos (vese na foto) lévana cara o sol. Nunca trucaría unha flor. Admíroas moitísimo na sua autenticidade!!!

    Aldabra: Dura Lex, sed Lex. Xa que é así, haberá que roelo, pero...o corpo non ma coce ben eh!.

    ResponderEliminar
  27. Encantador blog el tuyo, un placer haberme pasado por tu espacio.

    Saludos y un abrazo

    ResponderEliminar
  28. ¡Hermosa flor! Pura y manchada al mismo tiempo... !

    ResponderEliminar
  29. Mirando esa flor (preciosa fotografía e camelia) quen é quen de falar de pureza?
    Non sei onde nos va levar todo esto.
    Bicos

    ResponderEliminar
  30. Marlu: As "manchas" tamén definen a pureza. Ou definimos previamente o que é pureza?. Graciñas por vir á Chousa.

    Fonsilleda: Eso quería transmitir. Captáchelo moito mellor que a miña cámara.
    A onde nos leva esto..., eu tampouco cho sei...

    ResponderEliminar
  31. Dame autenticidade e non pureza, sen dubidalo un so momento.

    A autenticidade e perdurable a pureza non.

    Fermosa flor, a tua mirada si que e autentica :)

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: