Perdemos tanto tempo en elexir a partitura, que case sempre chegamos tarde ó concerto.
E co vestido outro tanto. Tal vez resulte demasiado chamativo o vermello, pero e que o gris é tan pouco rechamante... E a ver agora que sombra de ollos resultará axeitada. Polos cravos de Cristo!, que aínda non barnicei os beizos!.
Importa moito sentirnos ben enfundados na textura téxtil, para esconder con sutil elegancia aquelas fases da partitura que, por outra banda, estamos desexando amosar noutros intres. A sinfonía da seducción está cargada de instrumentos. O complicado é lograr despois que todos soen afinadiños, no compás axeitado e coa vivacidade necesaria. E como corolario, que os demáis saiban que carallo estás tocando...
Como contrapunto, a natureza; que sin tantas lerias acada cumios molto vivaces sen despeinarse. Será unicamente porque ela o vale?
E co vestido outro tanto. Tal vez resulte demasiado chamativo o vermello, pero e que o gris é tan pouco rechamante... E a ver agora que sombra de ollos resultará axeitada. Polos cravos de Cristo!, que aínda non barnicei os beizos!.
Importa moito sentirnos ben enfundados na textura téxtil, para esconder con sutil elegancia aquelas fases da partitura que, por outra banda, estamos desexando amosar noutros intres. A sinfonía da seducción está cargada de instrumentos. O complicado é lograr despois que todos soen afinadiños, no compás axeitado e coa vivacidade necesaria. E como corolario, que os demáis saiban que carallo estás tocando...
Como contrapunto, a natureza; que sin tantas lerias acada cumios molto vivaces sen despeinarse. Será unicamente porque ela o vale?
Foto: Sinfonía de pedras en hórreo maior para carballo e musgo verde
hummmm...pois eu sonche como as pedras esas túas da foto.....En realidade son unha godalla, non me miro aos espellos nin perdo o tempo con barnices nin empastes.....hehehe....porque yo lo valgo así!!!!
ResponderEliminarA Natureza vale e fala por si soa. E hai moita diferenza de vela transparente a cando se amosa encorsetada, tentando reflictir unha fermosura que ten, pero que non xurde con espontaneidade, vaia saber vostede por qué!
ResponderEliminarHai algunhas persoas que saben cando me amoso espontaneamente e cando agocho debaixo da maquillaxe o que penso. Pero son moi poucas. O malo é cando escribo. Aí píllame todocristo!
Quedouche moi ben a reflexión, meu. En serio!
Chegamos o concerto coa partitura que non é, logo de tanto buscar e, aínda pra máis, desafinamos...
ResponderEliminarBicos acompasados.
cada un ten os seus trucos, a natureza incluída... ;b
ResponderEliminarEsa sinfonía de pedras en hórreo maior para carballo e musgo verde es toda una melodía, me ha gustado. Siempre tratamos de envolver lo mejor posible lo que somos cuando del cortejo o del gustar al otro se trata, es algo natural, no sé si acertado o no, pero sí frecuente... no sé si ella o él lo vale, pero bueno, hagámosolo del mejor modo posible, ya que lo hacemos, ¿no?
ResponderEliminarBesos desapacilbes y lluviosos.
A armonía da natureza: estou con vostede.
ResponderEliminarE nós tivemos a sorte de nacer nesta terra que nos adobía os ollos cos sus verdes, que verniza os nosos beizos coas súas augas e que enfeita os nosos cabelos con este sol esquivo, que tingue pero non queima.
ResponderEliminarMais no canto de gozalo como fai o hórreo, teimamos en aderezarnos de falsas vestimentas alleas anunciadas nalgunha sorte de revistas colocadas para o efecto na sala de espera das perruquerías.
A Natureza produz grandes obras de arte.
ResponderEliminarBeijos e bom fim-de-semana.
Que imaxe tan bonita!!
ResponderEliminarHola Chousa da Alcandra !!
ResponderEliminarEsta imagen del horreo es preciosa , ya me gustaria a mi hacerle unas fotos !!
Muchas gracias por visitarme y por tus amables comentarios .Saludos des de Catalunya . Anna
Claro que ela o vale, a natureza non entende de bernices, ela preséntase tal cual como é, a ela sempre lle soan afiadiños os seus compases.
ResponderEliminarFermosa foto.
Bicos
Todo o que luce naturalmente é moi fermoso. Hai exemplos nas fotos que tes colocadas a marxe dereita. Pero non me negarás que ás veces unha mao de pintura (ainda que sea un pougo engaño) non nos fai lucir máis bonitos. Biquiños
ResponderEliminarQue non se despeina? Ja!
ResponderEliminarNa leiriña da aldea cando chega a primaveira, ¡aquelo é un despeluxe!
Pelín pretencioso o título da fermosa foto, sonoro tamén, eso si.
A sabia natureza
ResponderEliminaramósase tal cual,
non precisa de ningún
retinte de photo shop
porque resplandece
con luz propia.
Unha boa aperta.
Digas o que digas sempre parece que do digas bem. E falando tamben engaiolas con moito jeito e alarde de recursos. Ti acabas metido en politica seguriño. Espero que non te escarelhen ali.
ResponderEliminarSaudos.
Carlosm
Neste momento estou escandalizada ¿un crego dicindo tales cousas e facendo uso da música para vestir e espir santos?
ResponderEliminarE todo para xustificar ao final unha natureza que todo o vále.
Bicos.
van xurdindo...
ResponderEliminar;)
A beleza e coma a música, se entra polo teu oido sen facer estridencias, logo e beleza en estado puro, igual pasa co que os teus ollos ven.
Biquiños
P.D. Espero que continue esa sinfonia de pedras ;)
Doce e melodiosa harmonía a túa:) sona moi ben!! Encántame a imaxe, e gústame certo regusto natural, aínda que un pouco de cores de máis poden mellorar o asunto as veces:) un biquiñooooo!! E moitas grazas pola visita:)))
ResponderEliminarQué guapa!
ResponderEliminarB.D.C.Ch.
Beso,...forte.
pois mira que cunha foto dun hórreo se che de por pensar nas melodías de seducción xa é difícil.
ResponderEliminara foto é fermosa.
biquiños,
bueno, bueeeeno
ResponderEliminarela váleo,
ti válelo
eu tamén o vallo
e todos nós o valemos!
(hoxe non puiden eu con tanta metáfora. busqueille tantos significados que terminei por non saber qué raio quererías dicir con tanta sinfonía!)
cómo cambia a foto ó ampliala!, ese horreo [de ricos] protagonista encadrado entre os carballos tén moita competencia en ese entorno.
(entro na foto,
e ese chan verde e mullido
faime soñar
que son unha adolescente
[que soña]
estomballada na herba)
Con tanto lea de exposicións teño atrasada a lectura e visita aos meus amigos. Agora espero porme ao día aos poucos. Pasei un bo intre lendo os teus últimos comentarios.
ResponderEliminarVálía, cachón, loro, semente, xanelas, tallada, emoción... Pasei un bo intre de amena lectura na que se aprende moito
Saudos
A.Cris
Mágnifico o título da foto. Velaquí deixo unha ovación. Por que vostede a vale. Sen, dúbida.
ResponderEliminarPoucas veces, moi poucas intentei adornar a cara, mais pra min non e doado, din que a miña e un libro aberto, sera por iso que sempre que poido acabo reculando, diante do vello horreo desnudo, ya non lle quedan case nin pedras, nin taboas, pero conserva a sua vella porta, a cada vez que vou a casa dos meus sogros algo me chama , iso que me leva ben 20 minutos chegar onde el, peroe superior a min, creo que pouco a pouco vou fotografiando o seu deterioro, non sei por que pero teño que volver unha e outra vez,
ResponderEliminarSi a esa sinfonía de pedras en hórreo maior poslle un acompañamento de trinos de paporrubio xa sería a ostia,meu!!
ResponderEliminarPor certo, este fin de semana o Rio Sil vai ir xogar co Antas,non creo que poida acompañar o equipo pero que non me entere que tratades mal os chavales, eh!
Apertas.
Non hai nada máis fermoso que a naturalidade, canto menos artificialidade mellor.
ResponderEliminarBicos Chousa, como sempre un pracer lerte.
acordar e
ResponderEliminarr)ir,
,assim
tronco-a-musgo
sinfonica mente :)
~
Non...non e non....Todo concerto ten como contrapartida un desconcerto. O limpo, o sucio, o sinxelo -complicado.....O branco non e negro....a NAturaleza non é tan simple, e a xente resulta ser moito mais complicada, so temos que botar unha ollada no espello cara a nos, cando poidamos, e xa veredes....
ResponderEliminarVaya post para o día da muller traballadora!! :)
ResponderEliminarA natureza non o e todo, amigo Chousa.
Te noto algo quemado con el arreglo femenino y me causa gracia tu fina ironía al relatarlo.
Yo no me quedo ni con el blanco ni con el negro, hay muchos grises y matices para escoger.
Me gusta ver en los demás y en mi misma un aspecto cuidado. Para ello coordinar los colores, dar brillo a los labios, una rayita en los ojos y unas gotitas de buen perfume son para mí como las llaves de casa, no puedo salir sin ellas.
Eso no significa largas horas ante el espejo, sería complicado entrando a trabajar a las ocho, pero diez minutos no alteran mi vida y mejoran mi aspecto y me beneficio yo y los que me ven.
Seguro que tú te afeitas ¿o no? pois máis do mesmo.
un bico
Enhorabuena por el blog en general y por las fotografias en particular. Se nota tu sensibilidad y el amor por tu tierra. Ojalá existiese mucha gente que defienda de esta forma tan elegante y con tan fina ironía su lengua y su cultura.
ResponderEliminarSiento no poder escribir en gallego, pero amo Galicia por ser la tierra de mis ancestros. Un abrazo fraterno desde Madrid.
Hugo
Quedouche redonda a explicación e a metáfora acerca da harmonía da natureza. Pero ás veces non vén mal porlle couto, senón fíxate que sería desa cabana tan fermosa se non lle limparan por baixo as malas herbas, hedras e silvas...
ResponderEliminarIgual pasa con nós, sobre todo co paso dos anos: hai que cortar o cabelo, poñer roupas que vaian con un e que disimulen os defectos, e efeitarse un pouquiño, sen sobresaltos.
Como ben dis, o importante é saber sempre a partitura que estamos a interpretar, pero as versións poden ser moitas.
Menos mal logo que aproveitei as vacacións para mercar vestiditos, que se non non quedo divina de la muerte... :D
ResponderEliminarPor certo, que a natureza luce, si, ata que o home se encarga de modificala. Tal vez por iso esté ultimamente tan enoxada.
Ese horreo éche ben fermoso e se cadra non é producto da natureza, o mesmo pasa co valado de pedra. Xa non así os carballos que o enmarcan,estes si son productos da natureza. Entre os tres fan unha boa composición.
ResponderEliminarO mellor diso se trata, unha pouca de beleza natural e uns arranxiños, igual a perfección.
Unha aperta, sinxela é natural galega.
O natural sempre é o máis elegante, non o dubides. E se non sabes estar e ser, de pouco vale que te vistas de seda...
ResponderEliminarE nos ollos moita luz, nada de sombras... jaja
E nos beizos mordisquitos e língua para dar brillo...
A seducción ten moito que ver con iso de suxerir sen mostrar.
Ás veces a suxerencia é tan sutil que case é mentira por tanto que esconde, e logo chegan os desenganos, pero.... No amor e na guerra...
Bico natural (e mira qué bonito)
Son fermosas ata as pedras, e incluso elas maquíllanse co verde do musgo e colócanse coa cara bonita cara o lado da corredoira.
ResponderEliminarÉ presumido o carballo, que balancea as súas pólas cando pasas por baixo. Altivo o hórreo. Fermoso o conxunto...
Por elo, nin de coña se me ocurre, criticar calquer tentativa por mellorar a propia imaxe. Sentirse ben é o paso previo para que te vexan ben; polo tanto...maquillémonos!.
Pero non esquezamos nunca tampouco que tamén compre maquillarse por dentro!
Bicos e apertas.
Eso che ía a dicir, está moi ben coidar o continente pero sen olvidarse nunca do contido... o musgo adorna, sí, pero a pedra segue a ser pedra (e non estou a usar o uso pexorativo da verba ¡jjajaja!).
ResponderEliminarUnha aperta!