domingo, 28 de febreiro de 2010

Cachón

As normas cívicas inducen sempre a un comportamento axeitado, calmo e medido. En espazos compartidos hai que ser coidadosos coas ideas, ordeados cos enseres e comedidos coas accións. Estes protocolos de actuación asegúrannos que ninguén fuxa ás carreiras da nosa suposta tolemia.
En determinadas circunstancias, non deixa de ser un complicado exercicio de sometemento dos impulsos propios: non mirar con alevosía e descaro, non babarse ata cos ollos, non salivar co ánimo, non deixar demasiado espazo intermandibular...
Claro que as reaccións sensoriais que se procesan no laboratorio dos nosos miolos, suscitadas polos estímulos externos, van por libre e poden provocar (e de feito provocan) respostas evidentes. Pero esas evidencias, normalmente, son patentes para nós mesmos nada mais.
Eso sí; hai ocasións nas que incluso está recomendado que as normas anteriores poden mandarse ó carallo e, sendo imperiosa a necesidade, é lícito romper o cristal da normativa, estarricar sen miramentos a mangueira da iniciativa e deixar que flúa a cachón o chorro impetuoso de... H2O

Foto: Quen non se preguntou nunca como raio non lle poñen unha caravilla.
Tan pouco se fían de nós?

33 comentarios:

  1. Eu ante determiñadas cousas sempre deixo un exaxerado espazo intermandibular, (ja, ja fíxome rir iso),
    ¿Ti crees que somos de fiar a maioría de nós? refirome ó candado da mangueira;sales moi guapiño no reflexo. Bicos

    ResponderEliminar
  2. A min xa me deu moitas veces gana de saír correndo cunha mangueira desas a rastro. Menos mal que ten caravilla. ;)

    ResponderEliminar
  3. hahahaha preguntome como sería a cousa se non houbese caravilhas...

    Deijo saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Maca: Seguramente non somos de fiar (na roca); pero eu quería pensar que si.
    Que saibas que a min tamén se me queda o espazo intermandibular case en angulo recto en determinadas ocasións... ;-)

    Sun Iou Miou: Confeso que a min tenme pasado o mesmo. Aiii se o cristal non fixese tanto estruendo ó esgazar...máis dun tiña fendido.
    Pero que incívicos somos, carallo!

    Carlosm: Pois non te preguntes esas cousas, home; que despois poste como te pos...
    Saúdos recollidos

    ResponderEliminar
  5. ¡Ai Chousiña!, fasme rir case sempre cos teus comentarios tan atinados.
    Non sei de que lugar os sacas, porque dos miolos, seguro que non
    Jajajajajaja.
    Ves?, logo do meu tristón, aínda que real, aceptado e non sempre choromiqueiro texto, o teu é toda a brisa fresca.
    Aquí si que soprou ben o aire ese con nome de muller.
    Bicos.
    ¡Que siga fluindo H2o!

    ResponderEliminar
  6. Bábome da risa, deixo caer a mandíbula dabaixo e disfruto con vostede como non imaxina.
    (Nos, no sitio de traballo, temos as mangueiras agachadas, para que non se divirtan os nenos: ´cánta maldade...pero imaxine que houbera caravillas...)

    ResponderEliminar
  7. home claro, para iso están as mangueiras, para poder estarricalas en caso de haber lume!

    e tampouco hai que esperar a que a necesidade sexa imperiosa!, ante a sospeita de lume, máis vale actuar rápido!, quén sabe, pode estar alguén a arder, e con tanta normativa, tanta normativa, chegar xa coa mangueira cando non quedan máis cas cinzas.
    hai omisións desas que están tipificadas coma delictos no código civil... non sei se o sabes!
    eu digo que hay que romper o cristal ó verse moito fume,
    porque xa o cantaba alfredo kraus na zarzuela doña francisquita :
    por el humo se sabe donde esté el fuegooooo

    vamos, a non ser que este texto vaia cun dobre sentido que eu non lle pillo! :P

    ías ben abrigadiño na foto, eh, e por pelo dabondo non pasarás frío, debes ser a envidia de todos os pelados de antas!

    ResponderEliminar
  8. Polo visto non somos quen de merecer esa confianza, por iso non poñen caravillas as mangueiras. E xa se sabe... por culpa de uns poucos pagan xustos por pecadores.

    H20 é o que nos sobra estes días ;) Bicos!

    ResponderEliminar
  9. As normas é o que teñen que ou as cumpres ou as mandas ao carallo. Moitas veces é mellor romper o cristal ao primeiro sinal, non vai ser que despois non sexamos capaces de apagar o lume.
    Bicos

    ResponderEliminar
  10. Pois coido que cando lle puxeron
    o cristal pensaron que a mangueira era algo apetitoso
    dentro dun escaparate, porque
    diante del poida que babeáramos coma os cans de Paulov.

    Sempre tan ocurrente.

    Bicos

    ResponderEliminar
  11. Por supuesto que no se fían de nosotros, y viendo lo que se ve, es normal (hay gente "pa tó"). Es más barato (para las instituciones públicas) romper el cristal en caso de incendio que dejar esa manguera sin candado.
    En cuanto a las reacciones sensoriales de las que hablas, jijiji, se me ocurre alguna en la que no sólo la evidencia es para uno mismo :)))
    Bueno, besos de lunes

    ResponderEliminar
  12. caravilla? Nada de caravillas!
    Arramblar co que esteña diante, coller a manchea a mangueira e que sala o chorro de ...H2O

    (fantástica a expresión "espazo intermandibular), me la quedo.

    ResponderEliminar
  13. Claro que non se fian de nos, e non deberia, porque está claro que as veces temos ideas de bombeiro..e sempre hai a que lle apeteza facer algunha trasnada.
    Bicos Chousa, boa entrada.

    ResponderEliminar
  14. Mira que se che poñen caravilla e encima póñenche as instruccións en francés...levas que facer. Mentras mira para fora, coma quen disimula a espera do H2O, en formas varíadas. Biquiños

    ResponderEliminar
  15. É que moitas veces faise imperioso un chorro impetuoso de H2O, a poder ben fría e a presión... E claro, sempre é máis rápido romper vidro ca andar mirando se a caravilla abre ou non. Porque digo eu, e se se atranca a tal e nos come o lume?

    ResponderEliminar
  16. Eu ás veces penso que formo parte dun elenco de actores e actrices que desenvolven un bo papel... E entón esperto da realidade e volto a vivir no soño do día a día, que non son máis que minúsculos actos agrupados nunha gran rutina.
    Bicos silenciosos para non espertar a ninguén.

    ResponderEliminar
  17. Un bó autorretrato ;) deberias enrrollar o cordon da camara na tua muñeca asi non corre perigo de ir parar ao chan cando veña o garda de seguridade por tras tua e che diga que nun centro comercial non se poden facer fotos :p

    Ao fin e o cabo igual fan ben non fiarse de nos ;)

    (Seguro que non acertei nada...)

    Biquiños :)

    ResponderEliminar
  18. ¡ E eu que pensaba que falabas do dedo de Aznar ! Jo, non pillo unha ! ;-))

    Ahhh, e anque saes guapiño no reflexo, que saiban que en persoa gañas moito! ;-)

    Cada día asomas un chisquiño máis o nariz por detrás do cristal ¿vas perdendo a vergoña ou qué? ;-)

    Grazas, eu tamén te quero !! ;-)

    Chuchosssssssssss.

    ResponderEliminar
  19. La propia racionalidad nos ha de servir para discernir entre lo que hay que acatar y lo que no.

    Vamos... digo yo... o estaríamos todos el día bebiendo Coca Cola que para eso nos tienen saturados de carteles que la recomiendan.

    un bico

    ResponderEliminar
  20. A foto é moi boa: a xulgar polo letreiro, caso de incendio romperemos o cristal e botaremos man de vde, señor Chousa.
    Case parece o 112. Saúdos

    ResponderEliminar
  21. Fonsilleda: Asegúroche que os saco da cotidianidade que me rodea. Está todo flotando no ar para que eu o capture e o deixe reflectido aqui, nesta Chousa común...
    Alédame que rías. Eu tamén me divirto moito. Por iso sigo dando caña! Graciñas por vir.

    mariajesusparadela: Vaia; de xeito que eu no seu lugar de traballo non podería divertirme coas mangueiras eh?. Pois xa buscaría outros xeitos de entreterme, xa. Que lle teño eu moito perigo!!!. E sigo aledándome coa súa sonrisa tamén. Non sabe canto.

    Zeltia: Si, si; moito mellor actuar con rapidez, que despois igual non hai xeito de dominar o lume. Claro que tamén se fai necesario ser prudente; non vaia ser que saquemos a mangueira por unha muxica de nada e despois non sexamos capaces de enroscala como estaba...
    E o cristal, que xa foi atomarpolocu, a ver como o remendamos.

    Rocío: Pois non debemos ser de confianza, non. Supoño que todos temos ganas de enganchar un día a mangueira e -polo menos- mirar se bota auga de verdade ou está de adorno.
    E tés razón, que mentar a auga este inverno case é unha redundancia. No próximo verei de falar de sol.

    Dilaida: Como medida de abordaxe preventiva está moi ben; pero tamén conleva riscos. Con todo eu son da mesma opinión eh. Ademáis mólame moito esnaquizar os cristais (xa que é o que tapa a mangueira neste caso, que senón esnaquizamos o que se interpoña para frear o -presunto- avance das lapas...).

    Marisa: Uiii, se a todo o que resulta "apetitoso" lle puxeran cristais...que marabilla!!!. As glándulas salivares terían moito máis traballo, e todos teríamos órbitas oculares moito máis áxiles e desenvolvidas. Non crees? jajaja.

    Ginebra: Os candados tamén che teñen o seu puntazo eh. Claro que arrearlle un patadón ó cristal e arramblar coa mangueira...non ten prezo!
    E si, hai certas evidencias que non se poden ocultar, para regocixo (imaxino) da causante e un certo rubor (asegúrocho) do evidenciado. O que pasa é que esas cousas non hai maneira de controlalas. Cando hai poderosas razóns, van por libre...

    Susanamoo: Non me negarás que pelexar un chisco coa caravilla para lodo desenvolver con xeito a mangueira ten o seu aquel eh. Ademáis neso tamén ten que ver a intensidade posterior do chorro. Préstoche a expresión "espazo intermandibular".

    Bolboreteira: jajajaja O de idea de bombeiro neste caso ven como anel ó dedo.
    Eu asegúroche que teño firmes propósitos de romper unha chisma desas unha vez. Poda que sexa precisamente un bombeiro frustrado; pero cada vez que os miro sinto fortes tentacións de mandar ó carallo a norma.
    Espero que a multa por facelo sexa asequible.

    ResponderEliminar
  22. Maribel-bel: Precisamente en francés!. Moi axeitado...
    Pero non; neste caso o mellor da acción é o uso da forza con premeditación alevosa.
    Veña, recoñéceo; ti tamén tés pensado cerciorarte se realmente eses chismes funciona. Á que si?

    A nena do paraugas: Estou abraiado co previsoras que sodes todas diante da risco de que o lume avance tanto que non dea nin tempo de baixar as...digooo, abrir a caravilla!.
    Estou pensando que moi fría moi fría neste tempo...case que non ou?. E se leva moita presión...a ver se me vai tumbar cara o outro lado!

    SoO*: A min pásame o mesmo moits veces SoO* . A ver se vai ser que os dous formamos parte do mesmo reparto e non o sabemos?.
    Ti axúdasme, dado o caso de que o guión así o esixa, a termar da mangueira?
    E que, como dicía antes, se sae o chorro con moita presión, igula non podo eu solo con ela.

    Merce: Vexo que ti tamén andas facendo fotos por onde non debes jajaja. Xa non é a primeira vez que me chaman a atención, si señora. Pero como son tan sumamente descarado, gárdoa (a cámara) e cando o segurata marcha vólvoa sacar (a cámara tamén). Eso sí, o de enrollar o cordón na man non vai comigo. Xa sabes; mola máis deixalo pendurado...

    Cuspedepita: Boh, e que ti mírasme cos bós ollos. Que un ben sabe o que ten entre as orellas. Pero boeno, ata o de agora non pretenderon meterme nun zoolóxico; así que seguiremos pasando de puntillas polo escenario este.
    E si, vou perdendo os medos; pero e que...se os vou perder xa vai sendo hora. Non dis?

    Frabisa: Cocacola por recomendación e outras acción spor propia iniciativa; que o noso cerebro tamén nos fai publicidade de xeito sumamente incisivo, axudado de forma proactiva polos estímulos que circundan ó noso arredor.
    Xa dicía eu que o do cristal era para algo necesario...

    Kaplan: Xustamente. Non me decatara desoutra perspectiva.
    O carallo é que ó romper o cristal o Chousa difuminaríase en centos de anaquiños de vidrio e despois atoparíadesvos coa simple mangueira de bombeiro.
    Eu penso que sería bo facer un simulacro un día destes.

    ResponderEliminar
  23. Gústame como soa iso de mandar as normas ó carallo... aínda que só seña unha utopía.

    Bico!

    PD - Normal que se fíen tan pouco de nós, sinceiramente...

    ResponderEliminar
  24. Ora bem! Quantas vezes as normas merecem ser postas de lado...
    Um beijo.

    ResponderEliminar
  25. Eu tamén me apunto a iso de romper as normas, mirando, eso sí, de non mollar máis da conta, non vaiamos pór en risco o espacio intermandibular... ;))
    E canto á confianza, pois si: hai que confiar en nós. Eles, xa é outra cousa.
    Xa me decatei que deixaba o comentario do loro onde non era. As probiñas neuronas... qué lles has pedir...

    Apertas.

    ResponderEliminar
  26. Pois ao mellor vai ser que si o somos e non nos decataramos.
    Non o dubides, contarás coa miña axuda no caso de que sexa así.

    ResponderEliminar
  27. Tanto a frialdade coma a presión, dependen do momento, do tipo de leme e das causas que o provoquen, pero se vai moi fría, noi hai caso, logo quece e se a presión tumba, logo un se ergue... É cuestión de ter chispa!

    ResponderEliminar
  28. Vouche comentar, amigo Chousa, por que non llle poñen caravillas a estes trebellos. En varias clases aos meus alumnos tiven que lles explicar o significado desta palabra. Ninguén sabía o que era. Se falla tan elemental coñecemento podería inducir a non saber usar a mangueira ante unha emerxencia.
    Coma sempre sigo a admirar a túa prosa florida e ambigua, sempre revestida de fina ironía.
    Moitas apertas.

    ResponderEliminar
  29. Pobre língua, aí atrapada nese espazo intermandibular insuficiente, sen poder mostrar todas as súas aptitudes....
    E neste post se nota, se sente, que o Xastamos está presente... jaja

    Cada vez te mostras más.... Cacho mangueira...jaja
    Que flúa, que flúa a cachón, qué carallo...

    ResponderEliminar
  30. as veces faixe dificil estar controlando todo o tempo, o que se dí, cómo se dí, ante quén... e moi cansado... por eso a túa proposta está ben, chegado o caso en que esteamos a afogar nas noxas emociós.

    biquiños,

    p.d.: a mín, xustamente hoxe, faime falta moito H2O pero por razós puramente físicas... teño un resfriado do 15 e cóstame coller alento.

    ResponderEliminar
  31. A do outro lado da xanela: Pois cando decidas mandalar as nomras ó carallo, procura que non haxa ningún axente da autoridade coa porra lista para zurrarche a badana. E si, algo de desconfianza sí que a merecemos...

    Filoxera: E que eu penso que sería imposible vivir se imos ó peiño da letra da normativa. Ás veces é preciso e tamén necesario saltar ese valo.

    Setesoles: Boeno...o chorro tampouco ten que estar sempre apuntando ó "espazo intermandibular" jajaja.
    Xa sabes que para acadar eficacia (apagando o lume) hai que saber menear ben a mangueira e saber onde está a base das lapas...

    SoO*: Conto contigo no camión de bombeiro que vou encargar axiña.

    A nena do paraugas: Da gusto con esa actitude tan positiva ante un mangueirazo.
    Espero que sexa tan doado facelo como dicilo. Claro que ti, como levas o paraugas, igual pensas que él pode ser un escudo...

    Busto Agolada: Non te estrañes de que non o saiban. Hoxe xa non se usan caravillas nin tarabelas. Agora están todo che vai con contrasinal e PIN...
    Graciñas por lerme con tan bós ollos.

    Pitima: E que se non se nota nin se sinte...jajaja
    Cada vez vou perdendo máis o medo e calquera día escarallo o blog cunha foto ad hoc do autor (ou autora, que aínda hai quen non o ten claro de todo).
    Mentras tal cousa non faga, que siga fluindo a cachón, qué carallo!!

    Aldabra: Afogar nas propias emocións é un perigo constante no que andamos expostos. Pero neses casos, en troques de mangueira, o que fai falla é un bo sumidoiro!

    ResponderEliminar
  32. Coma sempre moi boas reflexións e desta vez a fotografía gustoume especialmente....así intuíndote no reflexo.

    Un bico con 'a'.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: