En política é lícito levarse mal coa oposición. Incluso moi mal. De feito case sempre hai reciprocidade no sentimento, así que as liortas entre o executivo e o resto de membros do lexislativo mesmo semella que son tan naturais coma as ganas de comer (ou doutras cousas desexables!).
O que parece que rabuña nas conciencias é o enfurruñamento entre membros da mesma corda, chegando a semellar unha especie de antropofaxia noxenta as pelexas entre iguais.
O certo é que este tipo de fauna ten que alimentarse; e cando teñen fame (léase ansia de poder), tanto lles ten pita coma capón.
Eso sí, alomenos deberían ser algo máis espabilados e, antes de emitir os graznidos propios da inxesta do bolo alimenticio, cerciorarse de que o son propio da deglutición non vai ser recollido pola microfonía circundante. Que os peidos non se expelen unicamente polo remate do intestino gordo...
O que parece que rabuña nas conciencias é o enfurruñamento entre membros da mesma corda, chegando a semellar unha especie de antropofaxia noxenta as pelexas entre iguais.
O certo é que este tipo de fauna ten que alimentarse; e cando teñen fame (léase ansia de poder), tanto lles ten pita coma capón.
Eso sí, alomenos deberían ser algo máis espabilados e, antes de emitir os graznidos propios da inxesta do bolo alimenticio, cerciorarse de que o son propio da deglutición non vai ser recollido pola microfonía circundante. Que os peidos non se expelen unicamente polo remate do intestino gordo...
Foto: Cabárceno. Aguerrido paxaro grande observando a outro gallardo compañeiro.
( Calquer parecido coa ficción é pura realidade)
( Calquer parecido coa ficción é pura realidade)
Encántame a fauna do noso país...
ResponderEliminaraaaaaaaaaaain, que será de nós...
Bico!
A política agora(non sei se antes) é un patio de veciños(sen graznidos) pero con moito ruído. Cansamos de tentar entender os que non entendemos e cansamos de non entender os que entendíamos. En Xeral, cansamos de ver galopar sempre a mesma pomba. Apertiñas centrais
ResponderEliminarLevarse mal coa oposición, ás veces, é cuestión de pose. Non hai un grande conflito de intereses, só diferenza de opinións á hora de deseñar o mundo (e dixen só??). Cos do propio partido o conflito é cruento; loitas polo mesmo espazo, no mesmo tempo e, ás veces, lugar. Como solucionalo? (Feijoo ditaría un decreto de tridirixismo)
ResponderEliminarAlgunhas persoas utilizan o smedios de comunicación con grande habilidade, ata nos fan crer que son os medios os que os están manipulando ao sacalos de contexto. Seguro que son tan torpes cos micros? Eles que saben inglés seguro que entenden ON/OFF.
En fin...
eu só pasaba por aquí para dicir que, a primeira vez que vin uns voitres, foi en monfragüe. nunca antes pensara que me podían inspirar tanta tenrura.
camiños andaredes!!
Ninguén chega a unha cadeira de mando político sen dar patadas por baixo da mesa, mentres obsequia un enorme sorriso por enriba. Son as cousas desa antropofaxia noxenta. Pero ás veces, por baixo da mesa, hai algunha crianza agochada, xogando a marcianos e, velaí o que pasa!
ResponderEliminarSe houbese un pouco máis de honestidade... igual non existía a política. Ou si. Non o sei. De todas formas, de vez en cando, ben cómpre se espallen ao aire os cheiros deste personal. Aínda que teñamos que tapar o nariz... É outra maneira de desfacer falsos mitos da cultura patria. Digo eu...
Os políticos son tan cortiños de mente que aínda non se decataron de que diante dun micrófono non se debe dicir nada que non se deba oir, aínda que este teña o cable cortado.....En fin....que lles den.
ResponderEliminarPOr outra banda, cando fomos a Cabárceno,anos ha, aínda coa cámara analóxica, o presuposto da viaxe fórase en carretes e revelados, hehehhe....imaxíte. Pero esa foto túa lémbrame o fascinada que me sentín cando vin aos voitres tan de perto!!! Son alucinantes!!!! Sabes que non hai moito Dani viunos aquí cerca de Lugo???
Non podo ver a esa muller, e repugnante. Alegrome que a pillaran con micro. Mais temome, que non farán nada os do partido, os acojona demasiado.
ResponderEliminarCon un pouquiño de fe, a ver si danle xa unha patadano cu.
Bicos
Non sei que me pasa que xa vai de dúas veces que comento e perdo o comentario, debe ser cousa de meigas.
ResponderEliminarA ver se lembro algo do que puña; eu dicía que cando as liortas teñen lugar na entorna dos contrincantes son máis salvaxes porque coñécense moi ben e ata cren coñecer a profesión das nais, claro que non é o mesmo "fillo de ..." que "ser...". Hai un dito en castelán que di: "Mira, habla de las putas la polvillos"
Vai ti saber se o fan a mantenta e saben cando soltar eses "peidos", ao mellor teñen todo controlado, hai mentes tan retortas...
Aínda por riba sonche medio papoucos, da noxo ver como se destripan. Xa bastante temos coa situación que estamos a pasar, para que eles nos den esas clases de "bo comportamento".
ResponderEliminarNon os podes comparar cos buitres, este animal nunca chegaría a este grado.
ay que pe-na me da,
ResponderEliminarEsperanza pordiós,
tan gracio-sapero noeres bueeeena
ay que pe-na me da,
Esperan-zapordios
sólo sa-besbailar cha, cha, cha.
que antigua eu, bueh case coma ela!
(pois agora di que "elhijodeputa" ó que se refería non era gallardón,
se non outro hijodeputa do que agora non lembraba o seu nome).
:-)
Ah! pero os politicos pelexanse?? uy non me decatara... :p
ResponderEliminarPenso eu que todo che ten o seu intre, e se non o solta igual reventa, imaxina a desfeita!!!
Bicos
Iso que vostede dí, ten no meu "culobulario" o nome de "pedemia" e é propio de políticos de todolos bandos e de xente afeita ó poder. E, cheira.
ResponderEliminarTanto ten que se fale da alcaldesa como dos representantes do partido pola banda de Ourense.
Cheira que apesta.
Semella un conto e tristemente é a máis pura das realidades
ResponderEliminarA min o que me desespera é que non senten a máis mínima vergoña.
Bicos
Fermosos bicho e imaxe.
ResponderEliminarO que pasa é que estas aves de rapina aliméntanse moito e mal, entón o que expelen non pode ter aroma a rosas precisamente.
ResponderEliminarAplaudo de pé esta entrada de tan exquisita retranca.
Bicos perfumados
Vergonzoso..pero realmente non se espera outra cousa deles, eu polo menos, en política parece que todo vale menos ter principios.
ResponderEliminarBicos Chousa.
Magnifica foto para tu comentario !!
ResponderEliminarSaludos des de Catalunya . Anna
Cale por Deus, que dan noxo!
ResponderEliminarSerá la erótica del poder ¿no? Lo que se ve es que entran en la política como personas normales y se van transformando en verdaderos áliens.
ResponderEliminarCreo que incluso (y he visto unos cuantos de cerca) van perdiendo su vida personal y todas sus ilusiones y ambiciones se centran en su nuevo mundo y con ello arrastran sus peores instintos.
Me dan miedo y me horroriza que manejen países.
un bico
A do outro lado da xanela: Dependerá de nós. Créeme!
ResponderEliminarMaribel-bel: Un día temos que rebelarnos contra ese cansanzo xeneralizado.
xenevra: Posiblemente teñas razón. Son capaces de rizar rizos.
A nena do paraugas: Dis ben. Que peideen e despois que se vaian. Xa cansan sempre os mesmos.
Hadex: Teño que pedir perdón a eses paxaros pola comparanza. Fasme de mediadora ti?
Ana: Eu presto o meu pé para o patadón. Pós ti o ímpetu?
Dilaida: Poda que peideen según queiran; total para o que teñen que facer...
Carlos Sousa: Verdade que semella que merecemos unha clase política de máis altura, e non estes peideiros?
Zeltia: Para chamarse Esperanza ten moi pouca memoria. Que podemos esperar dela?
Merce: Estoupan cada día. Pobres dos que teñen que estar ó seu redor. Dan pena, pero viven como marqueses (á nosa conta)
mariajesusparadela: Pois parece que siguen os afeitos ó poder por ese lado. Se precisas pinzas para o nariz avisa...
Fonsilleda: Perderíana ou xa viñan sen ela de serie? (e que de serios non teñen nada)
Carmen: Boa falta fai o perfume, que con esta xente sempre fede!.
Bolboreteira: A este paso o que parece que non teñen tampouco é final!!
Anna Mora: La foto es buena, pero no pedí permiso al pobre buitre...
Kaplan: Noxo dan, pero non lle poñen remedio. Teremos que facelo nós. Non din que somos os soberáns?
Frabisa: Seguramente metamorfosean; pero polo que se ve...moi a peor.
----
Un día vin unha foto dunha manifestación en América Latina (non lembro o país), presidida por unha pancarta na que se podía ler:
"QUEREMOS QUE NOS GOBIERNEN LAS PUTAS; PUÉS ESTAMOS HARTOS DE QUE LO HAGAN SUS HIJOS".
Non precisa comentario engadido.
unha ave carroñera para un texto sobre política: a escolla non podería ser mais acertada.
ResponderEliminarpara algúns "todo vale" e NON VALE TODO, aínda que algúns non se enteraran.
biquiños aguerridos,
¿coñécelos?
jajajajajaja! como botaba de menos esta retranca túa, Chousa!!!
ResponderEliminarUnha aperta forte!
Contan que temos a clase politica que nos merecemos. Se realmente e asi, eu vou renegar de pertencer a esta sociedade. Dan noxo, cheiran e tamben dan mal ejemplo.
ResponderEliminarJá de volta por estes lares. Alegrame ver que sigues en forma.
Apertas
Carlosm
hahahahaha moi bo o de pedir que nos governen as putas.
ResponderEliminarNon o vin.
ResponderEliminarNon o escoitei.
Son feliz.... na inopia.. jaja
Boeno, mirarei de enterarme do conto, que odio ser a única que non se entera da película...
Fálame do mar mariñeiro, que de pseudopolíticas intrigas e cintas xa ando servida.. jaja
Bico sen pico.
Ai, Chousa, é que na vida non todo e muiñeiras e alalás.
ResponderEliminarEl puntito vampiro del bicho, pone, y el puntito ama de la bicha nin che conto.
Coido que na política poucos hai que non vivan da carne morta e ben peneiradinha que outros lhe van deixando... Non vaia a ser que se cansen de máis facendo algho por conta propia. (dicía alguén)
ResponderEliminarSaúdos altruistas.
será cuestión de supervivencia, sen contar coa da especie, claro. non podo dicir que me apene.
ResponderEliminarA imaxe que puxeches
ResponderEliminarvaille que nin pintada,
parecen aves de rapiña
descartizando uns a
outros.
Verdadeiramente dan noxo.
Gracias polos teus
amables comentarios.
Biquiños.
Preciosas estas últimas entradas como sempre. Tes un don especial para espresarte xa quixese eu. Agora relajate e pasa un momento para ver o raio verde.
ResponderEliminarSaúdos cordiais, A.Cris
O paxaro elixido é elegante de máis para ser comparado con segundo que humano...
ResponderEliminarcoido que a foto que mellor ilustraría o tema sería un primeiro plano dun bo anaco de prea no apoxeo do seu esplendor. E aínda así non sei, hai cousas que é case imposible ilustrar...
La política es una enfermedad perniciosa, muy contagiosa y crónica, los que se meten en ella no quieren salir ni a tiros, y si es necesario machacan a sus propios congéneres, se creen que, como en el amor, vale todo, no me gusta esta clase, la política me refiero, se libran muy poquitos, ¿cómo es posible que se cambie tanto?
ResponderEliminarMuy buena la pancarta esa de la manifestación en América Latina.
Biquiños, Chousa.
Que ben acertaches coa foto para ilustrar o teu post.
ResponderEliminarE o caso é que eu inda non hai moito tiven ilusións coa política, pero creo que a miña inxenuidade durou pouco, e co fácil que tería sido, so tiña que desfacerme dos escrúpulos, En fin como para todo, hai que valer.
Biquiños.
Por ceto mañá é a presentación da novela de Rosa Enriquez "UNICRON" en Ourense, na libraría Torga.
Aldabra: Un día que teñas tempo descríbesmos, vale? (os bicos aguerridos).
ResponderEliminarMar e Lúa: No blogomillo botábase de menos o reflexo da Lúa no Mar...
Carlosm: Algo de certo hai na aseveración compañeiro. Logo algo poderemos facer!
Pitima: Non podo falarche do mar, aínda que me guste o salitre...(Xa te enteraches da noticia, á que si?)
Susana Moo: Xa sei, tamén hai pasacorredoiras e algún que outro paso-doble. (A bicha esa, con calcetíns non pon nada!)
SoO*: Ben mirado, fan unha función ecolóxica: a carroña hai que desfacerse dela...
Noa: A min tampouco me apena; pero sinto pena por nós; por ter o que temos diante.
Marisa: Nunca serán amables abondo os meus comentarios para a tua aportación xenial. Aplaudo a túa nova bitácora!
Abueloscrisytoño: E ti dis que non sabes comunicar agasallándonos con esas imaxes?. Con graciñas non se pagan; pero aquí non teño outra moeda...
Seymour: Hai razón na aseveración; pero teño por costume poñer imaxe acompañando.Pedinlle permiso ó paxaro antes.Pode valer?
Irene: A poltrona corrompe. Había que limitar o tempo de permanencia nela; non crees?
Mencía: Non te desilusiones sen empezar. Compre savia nova nesta horta.
(Canto sinto non poder ir tampouco a Ourense. En xoves...)
E qualquer parecença com o ser humano?
ResponderEliminar:-)
A natureza animal ten estas cousas, o que é raro é que os depredadores se ataquen entre eles. Moita fame ten que haber!
ResponderEliminarPois a mín fanme gracia. Xa que non governan, alomenos que o circo continúe.
ResponderEliminarIsto xa pasou antes, a cousa é que co que cobran polo posto que tenhen, como mínimo deberían ter coidado co que larican de portas "padentro"....
ResponderEliminarBoa comparanza a do bicho ca bicha!! Un beijinho!
Teñen moitas caras agora que estan a cair as municipais,poñen a da sonrisa,e case te coñecen e todo.
ResponderEliminarEu estaba en que che mandara un coment,ten que ser a edade ou o viño.
Saúdos
Ai, ai, ai ! A miña superstar Espe nunca entendeu ben aquelo de "en boca pechada non entran moscas".
ResponderEliminarXa non me parece tan divina de la muerte !
Se fora alumna miña mandaríaa ao servicio lavar esa boquiña que dí cousas tan feas do seu compa Gallardón :-))
Chuchiños festeiros :-)
Filoxera: Mellor non buscar semellanzas, que senón ímolas atopar...
ResponderEliminarPaidovento: Fame, pura e dura, de poder. Nin menos nin máis.
Markesa Merteuil: Pallasadas sí que fan, si. Riamos pois.
Vintxuca: Están tan apoltronados, que xa nin coidado teñen.
Brabido: En período electoral mudan de pel coma as serpes.
Cuspedepita: A dona Espe espero que nunca a convidedes a comer o butelo!
Os buitres son mellores.
ResponderEliminarKim Basinguer: Seino. Pero non quería escarallar o meu blog cunha foto da bicha...
ResponderEliminarTal-cual!... uns carroñeiros.
ResponderEliminar