Lucir con arte os encantos en todo intre e lugar é un don innato que somente algúns seres virtuosos posúen. Amosar enerxía na mirada, garbo na pose e dilixencia no ánimo constituen virtudes sumamente aprezadas dende tempos inmemoriais.
E se a tanto galón estilista lle engadimos a talentosa aptitude de ser lizgairo, xa temos medio galiñeiro atento a cada escaravelladura nosa.
Claro que tanto carisma ten que ir acompañado dun atinado dominio da lingua; noutro caso mellor quedar co pico pechadiño ou ficar quedo no poleiro.
Nesta sociedade voraz, non convén amosar nadiña as debilidades e sí enfatizar as fortalezas; para que as ameazas sexan fagocitadas polas oportunidades.
E se a tanto galón estilista lle engadimos a talentosa aptitude de ser lizgairo, xa temos medio galiñeiro atento a cada escaravelladura nosa.
Claro que tanto carisma ten que ir acompañado dun atinado dominio da lingua; noutro caso mellor quedar co pico pechadiño ou ficar quedo no poleiro.
Nesta sociedade voraz, non convén amosar nadiña as debilidades e sí enfatizar as fortalezas; para que as ameazas sexan fagocitadas polas oportunidades.
Foto: Galo kiriko de Antas en pose de Capón de Vilalba.
Pois mira, serei moi inxenua, pero amosar debilidades e ocultar as fortalezas ás veces o que fai é dar a visión exacta do que é cadaquén. E iso tamén marca terreo, pois quen sabe cal é o seu terreo, acaba por ser respectada por elo, se necesidade de erguer a crista. O que se chama "autoridade", que non "poder" de bandeiras, lábaros ou insignias. Ou cores de galo galeiro.
ResponderEliminarSon pacífica por natureza, pero se teño que galear, tamén o sei facer,aínda que nelo perda graza e donosura. Sei pola pouca experiencia que teño que os galos que máis loitan polas plumas, sen loitar ao mesmo tempo polas cores da plumas mesmas, acaban esquecidos. As oportunidades hai que aproveitalas, pero sen facer delas santo e seña, posto que no intento pódense peder as raíces e, á larga, iso é un risco demasiado alto.
O galo galeiro manda no poleiro, mentres non veña outro máis galeiro ca el, que leve as galiñas ao máis alto do poleiro. E de galos estou ata o nariz. Son bonitos... mentres non empecen a caírlle as plumas de cores. Logo son galos, simplememnte, que xa non poden nin galear.
Vale. Gústame o que escribiches e a foto, pero seica son moi visceral. Tal vez iso me custe o creto. A estas alturas da vida, xa non me importa moito.
PARABÉNS POLO QUE ESCRIBES! E POLO FERMOSO GALO QUE AMOSAS NA FOTO. EN SERIO. Desculpa polo ímpeto...
Grazas.
Galo, galo, de capón nen a pose (como se nota que vostede é home)
ResponderEliminarAsinas as túas fotos?
ResponderEliminarBoa planta amosa
ResponderEliminaro galo, non me
extraña que teña
todo o galiñeiro
alborotado e con eses
acerados espolóns,
no poleiro
non haberá quen
lle tusa.
Supoño que o seu kikirikí
estará en consonancia
non vaia a ser que teña que quedar co peteiro pechado.
Encantoume esta entrada.
Biquiños
si, si... retranca e don de verbas é o que lhe sobra ó Galo de Antas...iso está claro!!!
ResponderEliminarO do dominio da lingua...rapás, xa sabes que ajora cun 33% chega de sobra...hehehee!!!!! De todos modos e sen chegar a comentar o tema que abordas....direi que tes máis razón que o galo de Portugal dando o tempo.
Tés tanta razón Nena do paraugas, que non vou darche nin un picotazo. O que acontece é que eu hoxe viña con ánimo autoprotector e quixen agocharme detrás do galiño este. Que se te ven débil todos son a esmagarte...
ResponderEliminarE sí que asino as miñas fotos. Seica se ve máis nesta?
Xa vai sendo hora de que se me note Mariajesusparadela, que lle aseguro a vostede que nos meus comezos -e por aquí queda quen pode dar testemuña- ben que confundían a quen suscribe cunha muller. E tiña que ser polo cacarexar, xa que as plumas e a crista non se me viron aínda...
Sempre tenta manter a compostura Marisa. E tamén sabe amosar debilidades cando se tercia (non sexa o diaño que o tachen de insensible!). Normalmente tamén vai cantando as horas con xeito, aínda que ás veces lle saia algún "gallo"!.
Non me decatara do 33% Vintxuca. Así o galo kiriko xa terá que se esforzar menos, xa que se comenta que non dan atopado mestres que impartan clases es escaravellar en inglés. Daranlles recreo mentras non atopan un?
deixaseme abraiada coas tuas teorías, Chousa, a verdade e que eu teño sorte e a lingua a domino moi ben ¿non che parece?
ResponderEliminarbiquiños,
Ai, non. Mira, eses galos repoludos, para papalos e mais nada. Estou a favor das debilidades: un lizairo ten que ter o aquel de recoñecer as súas debilidades e rir delas a cachón, nada de fagocitalas.
ResponderEliminarA ese da foto esplumabao eu e facíalle un caldo con verzas que chupabades os dedos -os dedos dos pes-.
(Sempre que se fala dun capón de Vilalba vénme á cabeza o noso ex-presidente Manuel Fraga, a vos non vos pasa?)
Ese galo non fai máis que aparentar, non é máis que un acomplexado, coitadiño pensa que é o rei do mundo porque non ten competencia, pero espera que as galiñas se rebelen...
ResponderEliminarBicos
Vexo que dis que tes problemas coa 18, iso é porque non te fixaches ben, elimina as que non poden ser, xa verás como ves que é o "a"
ResponderEliminarPolo que che leo dominas ás mil marabillas Aldabra. Por iso xa tés un don enriba da crista. Os outros imos consideralos como supostos e así xa tés o póker de ases necesario.
ResponderEliminarPobre galo kiriko; que so pensas en facer unha boa ansulia con él Susana Moo. No fondo tenche pouca carne nos zancos e debaixo da plumaxe altiva non hai apenas carne na que botar o dente. Faime caso. Por certo, as dedas dos pés...chúpanse? (Agora case podes asociar Vilalba con Rouco Varela, que está máis no candeleiro)
Pura apariencia Dilaida. Todo é unha apoloxía da disuasión, igual que cando tiñamos a "guerra fría": eu aparento que teño máis misís e máis potentes ca os teus, aínda que en realidade so teño un tirapedras cunha goma a piques de estalar...
Eu sempre mostrome como soy, unha debilidad? Non sei, mais son prudente,quizas por eso non sabes dos meus juguetecitos,jajajaja
ResponderEliminarBicos
dominar a técnica de lucir con arte en todo intre e lugar os encantos que un/unha posue,
ResponderEliminarnon che sei eu se me parece un don ou un peso.
que os outros xulguen como virtudes apreciadas ter enerxía, garbo e ánimo dilixente(sempre), non nos debería facer querer ser os seus obxectos deseados... pero claro, se un é lizgairo (primeira vez que oio a palabra), pois imaxino que entrará nese xogo con gusto,
e dominará a lingua e a arte de estar calado, cando faga falla,
semellar forte e agochar as debilidades, convertirase nunha maneira de vivir,
eu non sei se paga a pena.
para min non pagaría.
peero pode que sea, porque non son quen de saber que raio quere dicir
que as ameazas sean fagotizadas polas oportunidades
debe ser dificil darlle a volta para que unha ameaza se convirta nunha oportunidade...
xa sei que o mundo e deses,
pero a mín case que me deixen nesta esquiniña.
como lle fas eses "efectos especiais"´ás fotos?. xa llos vin a algunhas outras, danlle un aire moi propio
Desde logo, o tal galo dá para ben retrancas. Coma tódolos. O día qe nos falte a retranca, a ver quen pon chispa no país. Porque disque en Andalucía teñen moita graza, pero agudezas comas que veño de ler... Así dá gusto. Rin un tantiño!
ResponderEliminarO de asinar as fotos está ben, tal como andamos agora co conto da SGAE. Aquí mudariamolo G por X? Si, "Generales" os menos posibles.
Recordoume o poema aquel de Rosalía, Un repoludo gaiteiro, ainda que sexa galo en vez de gaiteiro hehehehe
ResponderEliminarComo boa mitómana namoro cada día de milleiros de galos de boca caladiña, galos aos que admirar nos seus filmes (ricardo darín), galos aos que ler os seus poemas (Manuel Rivas), galos aos que ir cantar (Lluis Llach), galos de todo tipo e condición cunha única ansia, non chegar a coñecelos coa boca aberta non vaia ser que me desencante ;)
[Claro que hai galos que gañan un montonazo ao abrir o buche, neste caso, non sei porque, deixan de parecer nos galos para parecernos aguia reais. Isto empeza a parecer un parque natural, glups)
O día que se xuzgue a xente polo que son, polo seu valor human, e non polo que aparentan, outro galo cantaría.
ResponderEliminarHai moito hipócrita nesate galiñeiro...
¿É un kiko? Kiriko chamádeslle vós.. Ai, eses son tan paveros!! jajaja, pero sonche pequeñiños, e na foto parece jrande jrande, se cadra faría falla algo para comparar...
ResponderEliminarE mira, aí tamén está o quid da cuestión, penso eu, que sempre haberá quen sexa máis ou menos ca ti, e que para ter unha boa valoración cómpre ter con qué comparar, e que ó final o talento está en arrimarse ós que non lucen tanto coma tí e así ser o gañador das oportunidades porque os que che rodean sentiranse sen dúbida fagocitados polas ameazas.. jajaja, qué ben che quedou esa parte..
É doado non perder a porte e o garbo cando es o único no galiñeiro... jaja
Vocabulario:
Lizgairo: astuto, fino, listo...
Vale.
Parece que o estilo de vida este estresante que levamos ten moito que ver con iso de amosar fortalezas, estilismos, cuidar a imaxe, competir e gañar...
Tamén hai quen é capaz de pasar máis desapercibido e ser feliz con calma e sosiego, sen competir senón compartir... Sin compararse, senón aprendendo e unindo criterios...
Boeenooo, son os menos, xa o sei.
Bico con garbo, pero sin capar...
Escribiches como home e con dominio de lingua, sen dúbida. Levaches un rapapolvo e espertaches o meu sorriso.
ResponderEliminarFermoso e fachendoso galo, pero déixao no galiñeiro.
A min gústame ver ou atopar as debilidades dos demais. Iso fai a xente mais humana.
OU como diría a vella, "pra que che pesen máis os billetes ca as penas". Non é cousa de lle pedir á vella unha fagocitación, non nos pasemos...
ResponderEliminarFai un sol que racha a palla !!
Gustoume a entrada, todo un exemplo do que é necesario para destacar, para conquistar , para ser admirado..pero a min gustame ver todo das persoas, as fotalezas as debilidades, as virtudes e os defectos.
ResponderEliminarBesiños!
Vaia co galo de Antas, que maneira ten de plantarse no galiñeiro.
ResponderEliminarO que me preocupa é iso "dun atinado dominio da lingua". ¿So atinado? É que penso que hay galiñas que son moi esixentes...
Biquiños
Bueno, Chousa, no te falta razón, pero es triste. Cada cual debe mostrarse como es, con más o menos gracia, garbo, belleza o similar... La pena es que la sociedad nos exija tanto y que seamos tan imbéciles de caer en la trampa, no crees????
ResponderEliminarMenos complejos= más calidad de vida y a quien no le guste: que puje!!!! (expresión de mi tierra esa de que puje, quiere decir que empuje o que le den por ahí mismamente....)
Si Ana, si. Todos temos moi clariño como hai que ser: auténtic@s. Pero nihil obstat para que -ás veces- haxa que agochar debilidades como simple mecanismo de autodefensa. Sin máis pretensións que o mero intento de supervivencia. Ou non?
ResponderEliminarO rio está cheo de troitas con fame Zeltia; e cando hai poucas miñocas, non queda máis remedio que empregar todo tipo de artimañas para subsistir. Tentar convertir as ameazas en oportunidades é necesario para que non te arrastre a corriente ás veces neste río revolto no que sempre gañan algúns pescadores.
Non hai maior ledicia que saber que as miñas "reflexións" dun intre provocan risa ou simple sonrisa A nena do paraugas. E si, sin retranca a cousa perde moito ritmo.
(como cache a alguén da SGAE cunha foto miña...cómolle o fígado!!!)
Case configuras un zoolóxico na Chousa Xenevra. E mira que me gusgan a min os bichiños; así que para a próxima non te cortes.
Abráiasme coas lembranzas que dis que provocou esta entrada miña. Sei que non estou á altura (igual que o galo kiko da foto).
Saiuche un comentario moi atinado Carlos Sousa; pero non me negarás que polo camiño que imos parece que a cousa toma outra senda.
Finalmente os valores "interiores" sempre son os que contan; pero no trapicheo cotiá...case que non ou?
Sí que viría ben pasar desapercibidos Pitima; pero cando soa o tinoninoní, non queda máis remedio que arricarlle son ás cordas vogais e sacar sonidos que dean respostas e aporten solucións; senón...
Hai días de excesos de compostura e despois dan ganas de esparramarse así, baduando para soltar lastre.
O galo kiriko (tamén lle dicimos kikiriquí) púxoseme tan chulandaina pq pasei a carón de dúas pitas que tiña ó lado del, que despois de facerlle un par de fotos díxenlle: se as galaras e te deixaras de tanto "chocotocóooo"... (xastamos!)
É unha permanente búsqueda Fonsilleda. So cando agroma a confianza no eido persoal, imos deixando entrever a nosa realidade; pero este meu post está máis trasladado ó mundo laboral; que foi quen me "inspirou" a reflexión. Cotidianidade estresante, na que sobreactuamos a cotío. Penso eu.
Algo deso hai tamén Setesoles. Algo que ten que ver co exceso de necesidades que nos criamos para despois murchar con sudores para lograr acadalas.
ResponderEliminarSi, Bolboreteira tamén levas razón, como xa dixen antes. Reitero que esta entrada foi pensada dende o eido laboral. Cecais non puxen énfase nese matiz. Quixen resaltalo con ese DAFO final un chisco agochado.
Sempre moito máis que atinado Carmen. Nese senso hai que estar moito por riba do solo atino. Pero esas "esixencias" da gustiño (nunca mellor dito!) cumplilas; e quen non sabe aprende que da xenio jajaja
Que le den a quien no le guste Ginebra. Ciertamente.
Tal como comentaba más arriba, mi reflexión venía dada por un día loco en lo laboral. No más endiablado que otros, pero la percepción de velocidad no es la misma todos los días, con lo cual...ese lunes la vorágine del día me pilló a contrapié y salió como salió.
Otro día hablaremos de gallos, gallitos y otras gallináceas; que parece que, ni siquiera en ese ámbito, todo es cuestión de huevos...
Por certo, Zeltia, o efecto especial que ten esta foto, e que efectivamente lle apliquei a algunha outra publicada, non é outro que un simple filtro que resalta os bordes (esta vez fíxeno para realzar máis as palabras que acompañan a imaxe no senso de "aparentar").
Si cadra e o pai dos kikiños que tiña o outro día o meu curman na sua casa, ddos que un de istos díassubireie unas fotos, gustame o teu blog, descubrino ollando polo de Aldabra, una aperta, seguirei ollandote
ResponderEliminarNo me importa mostrar mis debilidades, ello no me hace menos fuerte, antes al contrario, me hace más humana.
ResponderEliminarChousa, puedes decirme el significado de "lizgairo" y de "escaravelladura".
Graciñas.
un bico
Eu, por regra xeral, aborrezo aos galiños (aos metafóricos, os de verdade gústanme moito).....eu penso que non está demais amosar debilidades...
ResponderEliminarOnte pola noite pasei por aquí pero estaba demasiado cansada......O caso é que estiven toda a noite soñando co carallo do galo que tes aí.....
Non me negaras que a veces ae que poñerse un pouco "gallito" e que se non pisante e nin che piden disculpas.
ResponderEliminarEspero que non sexas ti un dos que ten que poñerse en esta postura en Antas pa reclamarlle a fenosa,compañeiro.
Saúdos
Pois si, a verdade e que case sempre conven ser discretos coas debilidades, ainda que por outra banda un debe ser comedido coas suas fortalezas. Penso que a balanza deberia estar equilibrada da man da "prudencia" e vixiada pola "honestidade".
ResponderEliminarBiquiños
mira o brabido que ben che soubo coller a intención do post...
ResponderEliminar(¿e será porque és home, brabido? jajaja)
porque as mulleres caimos case todas no impulso de ir cortarlle a crista ó galo kiriko,
e nesa subida de bilirrubina, pasóusenos por alto, á maioría, o compoñente de protesta que leva a túa entrada, por esa loita inhumana á que se nos obriga no ambiente laboral en según que ámbitos...
-por certo, fixádevos que só hai dous homes comentando - (ata o que eu podo ver, no momento en que escribo, que paso lista, paideleo :D)
bueno, chousa,
perdoa por non entenderche a metáfora do galo, e facelo só despois das explicacións que vas dando.
pero tí poida que xa teñas notado esa tendencia miña a ver onde non hai,
-lembra que eu era unha dos comentaristas que, ó principio, te confundía con unha muller-
pois moita forza para seguir co teu escaravello garboso!
e as desplumar canto galo fachendoso se che poña por diante!
Pois que sexas moi benvida pola Chousa Chus! (case facemos unha fonética reiterativa jajaja). E poda que o galo de Antas sexa pai de varias niñadas de pitiños; que o vin eu moi conquistador coas galiñas do seu harem...
ResponderEliminarSi si, Fabrisa, na teoría queda de p.m. Incluso eu tamén o digo;pero despois antes de sair á rua pintamos os beizos, colocamos o peitoril á altura axeitada, maquillamos o cabrón do graniño que saiu no nariz...
Mira que provocarche soños o galo kirico de Antas Hadex jajaja. Espero que non fosen pesadelos; aínda que cun galo con espolóns de por medio...non sei eu se o soño sería moi reparador. Se che parece que vas volver soñar avísame que poño algunha foto dun añiño...
A Fenosa e a Gas Natural Brabido!. Aquí hai que poñerse farruco para que non che pisen a crista; que senón...
Por esa escopeta ían os meus tiros con esta entrada de capón con plumas de pescador.
Os aditivos de prudencia e honestidade non deben faltar xamáis Merce. Sempre hai que compensar os platos da balanza para que non se incline en demasía cara un lado. Enmenca aceptada pois!
En elo andamos Zeltia. Alédame que te lembres de cando me considerabas muller. Dirías que sigo tendo o meu lado femenino tan desenvolvido agora, despois de cento e pico posteos?
na sociedade sí. Certo que é mellor esconder as debilidades, mais na vida só amosar fortaleza acaba por facernos crer que estamos feitos de materiais irrompibles. E entón é cando veñen as hostias.
ResponderEliminarSaúdos
Es una pena, pero la verdad es que en esta vida hay que ponerse gallito de vez en cuando, de lo contrario todo el mundo te toma por el pito de un sereno.
ResponderEliminarMuy bonito tu gallo en pose de capón.
Biquiños, Chousa.
Hai moito galo por ahí adiante.....
ResponderEliminarAs hostias veñen sempre Galleguiña; así que mellor ter sempre o cu ben colocado (digo no cu por non decir noutro lado).
ResponderEliminarCertamente Irene; ou te pós ou te poñen; que a cousa anda revirada.
Algún que outro hai Artabria; pero unha boa parte deles estanche encerrados no galiñeiro.
pido vuestro Apoyo para Pepe El Ferreiro, al máter del Museo Etnográfico de Grandas de Salime y al que los políticos destituyeron por resultar un personaje incómodo.En el día de hoy a sido humillado de la manera mas vil, entrad en
ResponderEliminarhttp://www.facebook.com/group.php?gid=279148793240
y vosotros mismos sereis testigos de la desfachatez de estos politicos
Sí que tes un lado feminino marcado Chousa, na intelixencia emocional que lle chaman, na sensibilidade, na intuición. Xa sabes, como canta Shakira:...las mujeres somos las de la intuición...
ResponderEliminarPois esa cousa, ti roubáchenola... seica.. jaja
Es listo como unha muller das listas.. Lizgairo... jajaja
Tes razón Chousa, e no meu traballo tamén se comproba, que coas novatas, nas que ven inseguras e verdes incan o dente e chegan ó óso, pero se te ven ben plantada, segura, xa te tratan doutra maneira e o pensan dúas veces antes de atacar.
Pero tamén é verdade que non todos veñen con malas intencións, e verte sempre tan segura, sen debilidad, faite tamén máis inaccesible, quítate humanidade, que tamén din por aí, e teñen razón.
Outra vez, a xusta medida, voar entre as pólas axustando ven a traxectoria e dándolle ben ó cú... digooo.. á cola-timón... jaja
E os kikos sí que fan voos curtos, e saltan fóra do galiñeiro (os que tiñamos na casa de nena facíano..)
¿É este galo desa raza ou non?. E que canto máis o miro máis me parece un galo normal... dos grandes (sen ánimo de ofender eh.. jaja)
... puxen "incar o dente"
ResponderEliminarpois leer "meter o dente", por exemplo... jaja (en castelán é con H, HINCAR)... aisss
Perdón polo erro
(qué humana son!!jaja)
E un bico imperfecto, que son os mellores...
O galo é recastado. Fillo de pai kiriko e nai de palleiro. Xa sei que eres boa observadora; e confírmalo en cada actuación Pitima.
ResponderEliminarAtopar ese equilibrio voador entre as pólas movendo axeitadamente o cu, estoooo a cola-timón, pois é todo un arte que non se aprende nun plis-plas. Por iso, ás veces, hai que poñerse chulandainas para que non che asoballen o galiñeiro. Despois, a cotío, cada quen vai movendo as aliñas como mellor se lle axeita. Á que si?
Acepto os bicos imperfectos.
pois mira, á túa pregunta...
ResponderEliminarnon
como di pitima: intuitivo, sensible, si.
en canto á intelixencia emocional pareces tela, pero é moito supoñer a través duns posts, (e ogallá fose ésa unha cualidade feminina)
iso sí:
es intelixente e listiño coma un allo!
pero... moi feminino xa non te vexo,
que queres que che diga! :P
Totalmente de acordo: salvo na blogosfera, facer visibles as debilidades é anunciar a derrota; e o débil, en xeral, non sobrevive, salvo na blogosfera.
ResponderEliminarPero, home, ese DAFO para algo que che ha de valer. Seguro que xa estás a maquinar no teu Plano Estrátexico. Sorte con el.
ResponderEliminarese DAFO é o mesmo que a FODA?
ResponderEliminar(Fortalezas, Oportunidades, Debilidades e Amenazas.)
¡Canto che me gustan a min os galos ! ;-))) jaja
ResponderEliminarMoi chulo o da foto, como debe ser !;-)
E moitas grazas de novo por botarme unha man aquel día. Déboche unha !
Unha aperta ben grande. Saúdos aos teus.
Que lle imos facer Zeltia!. Non se pode manter a feminidade durante tanto tempo. Pero direi que se antes me sentaba ben que me confundiran cunha muller, pois tamén debo engadir que a reafirmación do macho tamén mola jajaja. E si, o DAFO é a FODA, basicamente debido á teima dos anglosaxóns de poñer todo do revés.
ResponderEliminarTalmente Kaplan. Se che ven os talóns de Aquiles lánzache o dardo envenenado á primeira de cambio; e despois non sempre hai antídotos á man para curarse; así que é mellor amosar fortaleza en plan disuasorio...
Non sempre se preparan planos estratéxicos Esporádica; tal vez esporadicamente...
Case é unha redundancia o de que é moi chulo o galo da foto Cuspedepita; ten en conta que é de Antas...jajajaja.
(Ogallá que en todos os "males" que che xurdan teña eu tan doado poder botarche unha man. Conta con elo en todo caso. :-) )
Coa "planta" só non se vive... habería que oílo cacarexar, pero entón quizáis todo o feitizo desapareza ;)
ResponderEliminarUn biko antes de que cante o galo (kikiri-Kiiii)