Fíase fino ultimamente. Todo ten que estar perfectamente presentado e con esmero confeccionado.
Esíxese moito a todo quisque. @ camareir@ que faga o mellor café. Axiña e sen andar con landainas. @ médic@ que non se pase un pelo á hora de diagnosticar, que como se trabuque, denuncia ó canto.
E non vou relatar agora as expectativas que na intimidade facemos sobre @s amantes, que senón perdémonos na inmensidade dos desexos...
O carallo é que o que se nos devolve a tod@s son erros, malfuncionamentos do sistema, foras de servicio, dolores de cabeza inusitados...
Hai que recoñecer que, neste mundo perfecto, todo quisque mete a pata (ou o pe). Ben sei que queremos meter (ou que lle metan) outras cousas, pero para "o outro" compre intimidade.
Esíxese moito a todo quisque. @ camareir@ que faga o mellor café. Axiña e sen andar con landainas. @ médic@ que non se pase un pelo á hora de diagnosticar, que como se trabuque, denuncia ó canto.
E non vou relatar agora as expectativas que na intimidade facemos sobre @s amantes, que senón perdémonos na inmensidade dos desexos...
O carallo é que o que se nos devolve a tod@s son erros, malfuncionamentos do sistema, foras de servicio, dolores de cabeza inusitados...
Hai que recoñecer que, neste mundo perfecto, todo quisque mete a pata (ou o pe). Ben sei que queremos meter (ou que lle metan) outras cousas, pero para "o outro" compre intimidade.
lin o título:
ResponderEliminarpé
(coma sempre unha soa palabra)
e de feito inmediato vin o pé humano -ou humano parece- a carón da estatua.
(coma unha metedura de pata
como se fose un despiste do fotógrafo.)
outro acerto teu es irlle quitando miolo á foto para artellar unha reflexión.
co seu sesguiño erótico-festivo, como non!
:-)
Cantas cousas pode encerrar unha soa palabra, Zeltia. Ás veces incluso se pode resumir nun apócope e ainda así teñen contido e signficado.
ResponderEliminarA pata (ou o pé) metémolo moitas veces, pero hoxe parece como se fose pecado. E non o é, carallo!. Ou non da gusto meter? jajajaja
(Este portador de cámara de fotos -fotógrafo é moito título para min- tamén mete o pé ás veces. Outras...mete a patiña enteira!)
pois non presumes de fotógrafo,
ResponderEliminarpero aí está o cartel do magosto do concello da coruña cunha foto túa, ésa das castañas!!!!
Quen ten boca se equivoca e quen ten pé mete a zoca !.
ResponderEliminarEncántame ese chisquiño
ResponderEliminarde humor que lle puxeches
o pe.
Neste mundo que queremos
que sexa perfecto,sempre
haberá alguén que estará
metendo a man ou o pe.
Biquiños
Uns meten a pata, outros a zoca no bulleiro, algúns do PP seica meten a man (e ata o fondo), e outros non teñen nada que meter.
ResponderEliminarE asi vai xirando o mundo.
Ti tranquilo Chousa, que un pe méteo calquera. Ademais ti o levabas bem calçado, que a profilaxe é moi importante cando se mete (seja o que seja hehehe)
ResponderEliminarCarlosm
Para que está a vida, senón é para trabucarse, tanta perfección xa fede... para eso xa están as máquinas...ah non tampouco jijijij
ResponderEliminarBiquiños rapaz!!!
A foto gustoume moito, lembroume as estatuas humanas das ramblas, tan logradas elas.
Como pode o homem querer um mundo perfeito se ele Homem é cheio de vícios e erros?
ResponderEliminarAtenção que não estou a dizer que só os homens erram. Quando digo homem refiro-me à humanidade.
E quantas vezes metemos a pata na poça, uma duas e três vezes? Afinal o que é a nossa vida senão uma imensa poça onde mergulhamos cada vez mais, não já a pata mas todo o resto?
Um abraço
Fará quince ou vinte días que me fixen unha fotografía aí, nese mesmo lugar, pero moito máis prosaica, menos significativa e moito menos espectacular xa que eu quixen emular ao escritor.
ResponderEliminarHai que andar con moito coidado cos pés.
Bicos.
Errar humano é, ademáis a perfección é a corrección absoluta son do máis aburridas.
ResponderEliminarBoa refelxión!
Biquiños Chousa
E curiosamente, a xente cada dia mais, resulta sumamente intolerante, non admite erros nos demais....Se ninguen "non" se equivoca, ¿a que imos a reclamar?
ResponderEliminarTEmpos aqueles en que eu escoitaba, ...Non unico que non erra e o que non fai nada. Agora ata no traballo se te equivocas a culpa é so dun, ....¿Ou non? .
Intolerancia, injustificada.
¿E logo que fixeche?
ResponderEliminarMira mira mira, non me veñas como o que me veu esta mañán polo mostrador, que non se conformaba con que a súa tarxeta estaba perdida e había que solicitar outra. Non. Él tiña que chegar ó fondo da cuestión, ¡e depurar responsabilidades! jaja
Era o moi serio cura dunha parroquia cercana. Tívonos UNHA HORA coa súa teima, ¡coa de traballo que temos!
Dicía (ó parecer era pertinente para él que o soubéramos) que tiña dúas carreiras. Quizá teríamos que haberlle informado de que ter dous títulos universitarios non supoñen ter educación nin tampouco che fai merecedor de maiores atencións.
Aissss, perdoa, xa me estou a desafogar contigo outra vez!!
Grazas Chousa ;)
Un bico sen pes, para que non escape... jaja
é que te teño que querer Chousa porque mira que falas ben, home... penso eu que ti non és dos que metes moito a pata poruqe és un home moi ben pensado... e si non metes moito a pata nin o pé... imaxino que o "outro" tamén se che dará do mesmo modo... pero si non fora así, xa sabes, sempre podes recurrir a aquelo de:
ResponderEliminar"oes, nena, pois é a primeira vez que me pasa"
biquiños,
Non todos necesitan intimidade para esas cousas..........
ResponderEliminarArtabria: E que ás veces o morbo da ausencia de intimidade supera á necesidade imperante do necesario intimismo...Ademáis; qué carallo! a patiña métea calquera; pero como eu metín o pé nesa foto non o fai calquera...
ResponderEliminarAldabra: Xa ves, sireniña, que me deixo querer así de ben. Eso sí, ás veces esbarexo un pouquiño; pero tento disimulalo moi ben. No fondo o teatro era o meu, o que pasa é que en Antas non temos Academia e...aquí me tés.
Cando haxa que decir que é a primeira vez que me pasa, tentarei quedar coa frente á altura necesaria, para que me crean...jajaja
Pitima: Como que que fixen? E ti non o ves?. Que metín o pe onde non debía. Acabaredes por pensar que son un vendedor de zapatos!
E ti non te preocupes por desfogarte comigo despois do sermón dun cura universitario; que eu tanto podo valer para un rachado como para un enfiado.
Dende logo nese mostrador tamén tés que servir cada copa...(e xa non falemos dos tinonís, que esa é fariña doutro saco!)
Aopedofarelo: Que che vou contar que ti non saibas, compañeiro!!!.
Esixencias de perfección por parte de instancias absoluta e totalmente imperfectas, erradas e ilóxicas. E no medio do taboleiro hai que seguir xogando. (Ultimamente parece que todos andan empeñados en darlle xaque mate aos peóns. Será que non coñecen as reglas do xogo ou non teñen arrestos para "xaquear" ó rei?)
Bolboreteira: Estou tan de acordo contigo que case da noxo! jajaja. E que a perfección penso que debe cheirar e todo. O mellor de todo é o camiño cara ela, cometendo erros cada pouco; para así poder correxir e volver outra vez a empezar. O outro ata semella monótono e aburrido, si.
Como me gusta meter a pata!!!jajaja
Fonsilleda: Boh, non me fagas confesar que eu tamén me sentei na mesma postura (pisándome os pés e todo), e metendo o meu bolígrafo no libro de bronce, mentras miraba á esquerda para emular ó magnífico representado nesta estatua tan ben lograda.
ResponderEliminarPois sí, tamén hai esa foto no meu arquivo. E que...é complicado resistirse a facela, carallo!
Elvira Carvalho: Pódeche ser que, precisamente, como se sabe imperfecto, quere facer ver que pode acadar estadíos superiores.
Non che sei, cara Elvira; pero ultimamente percíbese moito esa recurrencia a esixir perfección que somente a natureza nos ofrece. E nós, de parrulos, andamos moi atinados -neso sí- en escarallar!
Maruxiña: Boeno, ainda quedan cousas que se achegan á perfección eh. Non me digas ti que o viño de Chantada non ten ese puntiño que anda arrente dela!.
Eu sinto moita admiración polos artistas que fan estatuas humanas. Imprimirlles carácter tenche moito arte. E algunhas...téñeno!
Carlosm: Chsssss, ti sempre falando do mesmo, raio!. Non ves que despois táchanme a min de verderolo?.
Pasa como en todo, que as fai a porca e páganas os ranchos. Ou era do revés?
Raposo: Sempre hai quen meta a man onde non debe tamén, certamente. A cousa parece que radica sempre en meter. Meter man, meter a gamba, meter baza, meter bulla...
Será o verbo meter o máis conxugado mentalmente no mundo?. Vai ti saber!
Marisa: Meter a man ou o pé, se se fai con xeitiño, pódeche ser sumamente gratificante (sempre que non se metan no lume, ainda que algo de caloriño sí que preste!).
Alédame que lle atopases a chispa de humor que quixen darlle.
Paideleo: O certo é que despois fixen unha foto boa do que quería; pero -mira ti por onde- a que me inspirou este post foi a da metedura de pé. Por iso que todo na vida ten aproveitamento. So é cuestión de atoparlle o momento de falar do asunto.
Zeltia: Unha única foto con resonancia non acredita a un fotógrafo.
Tampouco un bo disparo acredita a un bo tirador. Ás veces simplemente hai sorte. O azar tamén xoga neste partido.
Mentras tanto, seguirei metendo o zapatiño máis veces!
Eh..!! Eu deixara aquí un comentario......Penso que ás veces o blogger conspira contra min.....Dicía que, como din por aí arriba, errare humanum est e a min me indigna máis quen non o sabe recoñecer.....
ResponderEliminarBiocssss
Pois sabes que che digo Chousa? Que en moitas ocasions queda ben meter o pe un pouco.
ResponderEliminarBiquiños
Iso de meter a pata ou o pé pásanos a todas e a todos. O caso Chousa é buscarlle a volta para que a "metedura" non se convirta nun problema senón nun divertimento, por así decilo. Ata as cousas máis problemáticas teñen o seu lado bo, so que hai que buscalo con ¡moito! agarimo.
ResponderEliminarUnha colleita de bicos
Pero non foi premeditado?? o de pé na foto??
ResponderEliminarPois mellor, o azar xoga ó noso favor moitas veces. Co teu pé aí a foto é única, doutra maneira, aínda que ten unha perspectiva rebuscada, de seguro que coincide con outros artistas no mirar. Pero co teu pé xa é única.. jaja
Eu pensaba que ías con segundas ou terceiras, coma sempre, así que acelerei ata cuarta e paseime de largo... jajaja
Boeeenoo, pois nada, que sí, que andas con zapatos finos polas rúas e tamén para chimpar polas pedras dos ríos... Non nos enganas, non es un rapaz de aldea... ¡ti es un pijo! jaja
Canteiro... zapateiro... alfareiro... gaiteiro...
¡Aínda vas ser cura! jaja
Bicos, a granel.
Lo que parece estar claro es que además "son siempre los otros los que cometen los errores"... Nosotros Nunca. ¡como somos!!!!
ResponderEliminarUn beso desde mi Utopía.
Con risco de non dar pé con bóla ou de meter a pata aquí volvemos para confesar a miña imperfección non exenta de boa vontade. Amoldareime a vivir cheo de imperfeccións e a tolerar a imperfección dos demais, que creo que é disto último do que nos falta.
ResponderEliminarMoitos saúdos, amigo Chousa.
A mín non me gustan os bicos perfectos. Co paso do tempo, tenden a ser aburridos.
ResponderEliminarDeixádevos de parvadas, meter o pe é unha animalada, que non sei de onde baixades vos o porno. A man, a manciña sí, ¡e non toda!, con dous dediños xa hai dabondo.
ResponderEliminaré imposible non meter a zoca de cando en vez....todos temos erros, aínda que aljúns animalin@s máis a miudo que o resto....dígocho por experiencia propia... que acabo de meter a pata, non nun charquinho senón nunha lagoa enteira na que case nin fago pe (nunca melhor dito)pero a mirar para adiante e a botarlhe un pouco de papo ós asuntos.
ResponderEliminarJústame o que escribiches, unha aperta.
Un bico Chousa.
ResponderEliminarNós sempre lle botamos a culpa aos demais. De ahí que digamos "mete-la pata", cando os pobres animaliños non teñen culpa do que nós facemos. "Mete-lo pé" ou "a perna" (cando é ata o fondo) sería mais atinado.
ResponderEliminarSaudos.
Hadex: A ti pásache como a min con Blogger; que ás veces -o cabroncete- borra as miñas pegadas.
ResponderEliminarE si, errare humanum est; o cal xa me fai sentir moitísimo mellor, posto que reafírmame a na miña tremenda humanidade! jajaja.
A.C.: Pois sabes o que che digo, A.C.? que o que realmente senta ben non é meter o pé...jajaja
Concordas ou non?
Carmen: Ti falas de meter a patiña de xeito elegante. Pois sí; tamén para iso hai mestría e donaire.
Así que un día destes escribimos un libro sobre protocolo de como meter a pata...
Pitima: Moi observadora, si señor! (ademáis de memoria...reúnes ben virtudes!). Cacháchesme cos mesmos zapatos do "canchapernas" no Ulla. Boeno, con elo podes ver que son coidadosiño; e que -ainda metendo o pé- non o meto en lugares perigosos, que xa ves que me dura o calzado. ;-)
(Eso sí, pijo non eh; que os da aldea agora non levamos zocos, raio!)
Ginebra: La cuestión radica en que siempre resulta menos complicado observar la paja en el ojo ajeno...
Un placer tener utópicas por a Chousa.
Busto Agolada: Eu tamén tomei esa decisión fai unha temporada xa. Pero amólama a reiterada esixencia de perfeccións que nos chove por todos lados (e non falo de meteoroloxía), cando despois o único que nos devolven son multifallos.
Markesa Merteuil: Aiiii, pois a min os bicos...ghústanme todos. Neso non che sei discriminar.
Así e todo, non momentiño que teñas a xeito, ainda nos has describir como son os bicos perfectos. Máis que nada por aquelo de ilustrarnos, que sembre ven ben...;-)
Susana Moo: E que os dediños van sempre coa man. Despois, unha vez, alí...xa se van seleccionando as labores. Un por aquí, outro por alá e outros...
Claro que hai veces nas que as mans teñen que estar á vista e, neses casos, os pés tamén tentan entrar en escea; ainda que sexa por baixo da mesa...
Vintxuca: Pois hai que andar con tino, sobre todo cando falamos de profundidades e de "perder pé"; que neses casos periga a aportación de osíxeno e a cousa pode poñerme mustia...
Neses casos, ó contrario do que lle dicía a Susana antes, compre botar man das mans.(valendo a redundancia!)
Barreira: A cousa radica en ter a quen botarlle a culpa. Se non tés a quen...estás perdid@. Por iso sempre é bo ter un as na manga para escabullir a culpa. E que agora o confesionario xa non é o que era...
Anónimo: non adoito respostar a anónimos, pero ...carllo! un bico...é sempre un bico. Graciñas por él.
---
Continuamos a bingo!
meu queridísimo Chousa (porque é verdade que te quero moito, fasme rir), nos sabes canto me gustaría poder contarche todo o que pasou despois de que acadei o poema e chegou Congo pero non podo... a mín non me importaría pero e que como todo ocorreu nun lugar segredo de "sereas"... e resulta que ás sereas non nos está permitido contar as cousas que ocorren neses lugares... si non fora por eso, non tería problema algún... porque o que sí che podo decir é que todo foi moi fermoso... é que o olor do caramelo e moi afrodisíaco, ¿non o sabías? e non che digo nada do que pasa cando comes o flan...
ResponderEliminar¡¡bufffff!!
biquiños e boa noite de sábado.
Son plenamente conscente, queridísima serea Aldabra, que hai cousas que non se poden contar. Así que fico caladiño, pero atento ós cantos de serea que incluso dende Antas ás veces se escoitan, por se un día che da por decilo cantando... ;-)
ResponderEliminarBiquiños de caramelo...e saúdos para o envexado Congo; que seguro que ainda está relaméndose!
¿Porque decimos meter la pata, cuando en realidad metemos el pie?
ResponderEliminarNunca queremos ser culpables,ni siquiera cuando lo admitimos.
Me encanta tu sentido del humor, seguro que hay muchas cosas que sí podrían meterse, y otras no, por ejemplo, el pie o la pata, eso nunca.
ResponderEliminarUn beso, Chousa.
Como di alguén por aí, errar é de humáns, e está a orden do día. Pero hai erros e erros, non se pode errar por vagancia ou pasotismo e iso pasa a cotío. Un dos motivos da miña desaparición "momentánea" do mundo dos blogs, ven por culpa duns erros que non tiñan que existir, e así andamos de reunión en reunión, redactar cartas de noite ó chegar a casa, discute aquí e alá... Ó tratar coas administracións é o que ten, pero hai cousas que non se poden consentir.
ResponderEliminarBueno, non te mareo máis.
O importante e meter,que carallo.
ResponderEliminar