Nada que ver coa canción. Nin o gato está triste, nin é un só nin tampouco azul.
Nin siquera é azul o ceo. Disque asoma borrasca intensa. Precisamente ven do lado para o que non miran os marruxos. Será casual?
Non lles vou poñer nome, que seguro que ningún dos dous quere ser o siamés. Parece que ambos teñen o cu moi ben sentado na súa parceliña de tellado e non queren facer concentración parcelaria por un quítame alá ese sillón de coiro que xa teño rabuñado ó meu gusto.
E incluso din que están dispostos a miañar con gatos doutros tellados. Seica non aprenderon que máis vale tellado coñecido que cubertas sen retellar...(Fenosa dixit)
Nin siquera é azul o ceo. Disque asoma borrasca intensa. Precisamente ven do lado para o que non miran os marruxos. Será casual?
Non lles vou poñer nome, que seguro que ningún dos dous quere ser o siamés. Parece que ambos teñen o cu moi ben sentado na súa parceliña de tellado e non queren facer concentración parcelaria por un quítame alá ese sillón de coiro que xa teño rabuñado ó meu gusto.
E incluso din que están dispostos a miañar con gatos doutros tellados. Seica non aprenderon que máis vale tellado coñecido que cubertas sen retellar...(Fenosa dixit)
Foto: A(s) gata(s) sobre o tellado de zinc (quente)
Sempre, dende a chousa, as cousas son máis entendibles. A ironía é un punto clave no teu escrito. Gústame.Os asientos de coiro dan unha imaxe moi bonitiña. Biquiños
ResponderEliminarSonlle uns gatiños ben fermosos, pero non existe ningunha atracción entre eles.
ResponderEliminarUn deles non lle importaría casar coa súa compañeira, non é que a queira, pero hoxe por hoxe e un bo partido, e pode sacalo de "algún apuro".
O problema é que a outra parte non quere, e se ten que casar prefire a alguén de lonxe, ao mellor é para "ti na túa casa e eu na miña"
O asunto creo que non ten que ver con gatos senón con raposas...e a ver quen leva o gato á auga !.
ResponderEliminarQue non sufras danos colaterais nesta liorta!.
Hola Chousa de Alcandra ! Tienes razón , me gusta un monton esta foto , es facil de adivinar con la de gatos que tengo en mi bloc!!! ;)
ResponderEliminarUn abazo . Anna
Ah ! gracias por explicarme como asais las castañas !!!
ResponderEliminarAnna.
ben se ve que están domiciliados coa caixa, de certo que o interés, sendo quen son os da caixa non é alto, como moito, dous pisos :) penso que un deles ben podería ter vertixe, está como mirando e dicindo... caio ou non caio...?
ResponderEliminar:) grazas pola túa visita!! teño kiwis e mazás, e mira que gusto das peras, de feito, comín hai tempo xa a pera máis rica do mundo, que boa estaba!!
biquiños!! e boa semana :))
Ocorrente o de "máis vale tellado coñecido..." e o post en xeral. É que os gatos inspiran moito.
ResponderEliminarAgardo que a Caixa non lle cobre aos gatiños polo uso indebido do seu teito.
ResponderEliminarBicos Chousa
Suscribo o dito por Carmen, hehehe.....pobres inocentes!!!! (Sabes que eu toleo polos gatos???)
ResponderEliminarBicossss.
Para sacar fotos de gatos, ven para a miña casa, que ás 14 e ás 23 h, isto parece gatoworld. A esas horas ven unha muller a darlles de comer, así que imaxina a que se monta....
ResponderEliminarmoita retranca galega hai neste post.
ResponderEliminar:-)
si home sí, cada unha que se case con quen queira (ou con quen poida),
que resistirse a un matrimonio de conveñenza amañado por outros e natural... (mesmo aínda que a unha lle mole a idea) porque dous non casan se un non quere, e ata se poden preferir "fusións virtuais", (que a saber que carallo é iso), con outras de lonxe.
a foto moi curiosa, e, como sempre, tí co ollo atento. pero xa compre andar agudo para argallar todo iso co conto de ver uns gatos no tellado da caixa... por altos que estiveran
moi ocurrente.
:-)
O que deberían facer os micos para entrar con bo pe nesta nosa sociedade é baixar do tellado i entrar na entidade, pedir un crédito, mercar un coche, unha casa, etc etc. e deixarse de andar a xaneira por ahí... jijijijij
ResponderEliminarBiquiños rapaz.
Cadaquén ten que mirar polo seu... E no caso dos gatos, sonche eles moi individualistas para facer nido común... por moita química sexual que haxa, ou por moi bo tellado que teña un deles... Os matrimonios por "convivencia" como o chaman algúns políticos, á larga, non che son bos para ningún, penso eu que algo de amor ten que haber, do de verdade.. Claro que resolven o tema a curto plazo.. pois non sei.. que os gatos son todo pasión, pero prometer ata meter, e despois...
ResponderEliminarDemasiada agudeza e retranca para mín, que vivo feliz aquí no meu tellado, co sillón rabuñado á miña maneira. Teño sorte. Así que non oteo outros tellados (sempre haberá algún máis xeitoso, pero tamén os haberá menos... digo eu.)
E para non saber xa me extendín de máis...
Un bico sen uñas... (¿ou mellor con elas?.. jaja.. Xastamos!!)
Preciosa, estupenda fotografía.
ResponderEliminarNon son especialmente afeccionada aos gatos, aínda que atopo que son preciosos, lixeiros, e eses ollos...
Encantoume o de "mais vale tellado...".
Biquiños
Miau!!! Gústame esa retranca metafórica túa.
ResponderEliminarSi si, eu tampouco entendo como queren miañar con gatos doutros tellados cando non hai mellor cousa que tellado coñecido. E como ti dis deberian sabelo, que teño entendido que as cousas non lles foron do mellor nas incursións por outros teitos alleos...
ResponderEliminarMoi atinado (e moi retranqueiro) o post.
Cando vin o título do post tenho que reconhecer que me sorprendeu un chisco, pero visto o visto penso que che veu como anel ó dedo toparte cos gatinhos no telhado para arrincar esta entrada tan cargada de retranca.
ResponderEliminarE menos mal que non lhes deu por ponherse amorosos un co outro, que se así fose...quen te vería!
A ver se se ponhen un pouco dacordo os do sur cos do norte para que non se vaia todo para Madrí, que é o que nos pasa sempre.
Apertas
Carlosm
[ensaio.de.voo.em.zinco.
ResponderEliminarquente:)
miauuuuuuuuuu~
~uuuuu
vo
anduuuuuuuuuuu.u.u.u.u.u
~
Tengo dos gatas en casa, ambas las subí de la calle. Alimento con lo que puedo a unos 25 que había en los jardines y en mi portal. Ayer salí a buscarlas y extrañé a muchas de las mamis pero encontré a otros. Hace unos minutos acabo de recibir un mail diciéndome que los están envenenando y terribles imágenes han vuelto a mi recuerdo... no puedo controlar las ganas de llorar... uffff
ResponderEliminar(les tenía puesto nombre a cada uno de ellos, reconocía los maullidos... ains...)
Bfletes tristes
¿Estan esperando que abran la caixa?
ResponderEliminarO de Fenosa resulta un magnifico exemplo para estes dirixentes nosos. Deberian tomar nota. Pasou de ser a Gran Eléctrica galega a ser unha peza do puzle enerxético catalán, despois de pasar por mans madrileñas.
ResponderEliminarE que me dis dese nunca feito Gran Grupo Lácteo Galego?. Nada tampouco. Temos as características xeoagrarias mellor dotadas para telo. Temos a porcentaxe de producción mais grande do estado español e...outra vez auga!
Agora as caixas andan a xogar o escondite e Vigo non quere se Coruña manda. O final vai mandar Madrid e todos quedaremos co cu o aire unha vez mais.
A foto veuche que nin pintada, pero teñen razón por aí cando din que non son gatos, que son cousas peores.
Noraboa polo tema e polo blogue en xeneral.
Xesteira
Moi fino andas ti co ollo para "cazar" as cousas. Xa non sei se eres ti o gato e os gatos son os ratos hahaha.
ResponderEliminarDin que os gato é animal duas veces: por ser gato e porque araña.
Tamen me gustou moito o título da foto. Na distancia a que estabas non podías ti saber por listo que señas, se eran gatos ou gatas.
Bicos maullando
Oportuna foto y oportunista el fotógrafo.
ResponderEliminarPercibo que la opinión del autor del blog enfoca hacia una fusión gallega de las cajas apelando que es para ellas un mecado conocido. El símil es muy bueno, pero me temo que la pérdida de mando en ciertos cargos será un lastre para tal decisión.
Felicitaciones por el blog
Miauuuu!!
ResponderEliminarBonita foto, que estArán a mirar os lindos miquiños...
bicos gatunos!
Ser gatiña é unha fantasía recurrente, unha obsesión que espertas con esa gata no tellado de zinc quente.
ResponderEliminarMira:
http://www.susanamoo.com/2008/11/ser-una-gata/
http://www.susanamoo.com/2008/08/gatita/
Chousa..... ta claro que eses dous están esperando pola wii que rejalan na caixa por domiciliar a nómina e botar unhas pachanguinhas.....como sempre adoro o que posteas.... tardo en voltar pero sigo de cerca o que escribides todos vos....
ResponderEliminarPor certo ós michos non lhes ponhas nomes, se non queres, pero está claro que o nejrinho é jato e anda a mirarlle o cu a siamesa.
Unha aperta enorme!!!!
Non hai como non collerlle apego a nada. Así, se outro mexa no teu sillón, pois... a aventurarse na procura doutro. Que escatolóxica me estou a volver.
ResponderEliminareu son de Endesa, por eso da cercanía xeográfica.
ResponderEliminaragrandei a foto para ver os miquiños mais de cerca e pregúntome qué estarán a mirar tan atentos... para mín que che están a mirar a ti, conta a verdade, seguro que lles estaban ofrecendo unha sardiña.
miquiños (biquiños de gato)
e que farán agora que se lles fusiona a caixa? onde quedarán os seus asentos de coiro?
ResponderEliminarque se fusionen eles tamen e compartan asento. o negro ten pinta de poder coller no colo o de siam
ResponderEliminarsi foran gatiños como ben dís miañarían sin máis e despois de arrolarse ao sol chegarían a acordo pero son "raposos"e antes de aliarse correran para á meseta....
ResponderEliminarque o noso "Raposo"non se amole que ti es raposo con pel de cordeiro.
bico.
Não sei porquê não gosto de gatos. Adoro cães e já fui mordida mais que uma vez. Mas os gatos não.
ResponderEliminarUm abraço
A min paréceme que os dous gatos están feitos uns langráns de moito carallo. Coa de furados feitos polos ratos pillabáns aí abaixo e eles a facer posturiñas!
ResponderEliminarCada un mira para un lado pero os dous habitan sobre unha caixa galega premonitoria. Poida que sexan momentos de con-fusión. Eu non desepero e agardo pola fusión lóxica en tellado coñecido.
ResponderEliminarSaúdos e non desesperes.
Imos deixar, logo, que os gatos pillen ratos (pregúntome logo se as gatas pillarán ratas...), e que se deixen de fardar enriba dos tellados; que alí na cima ata eu quedaba bonito!
ResponderEliminarQue pillen ratos e ratas, que é o que se espera deles e delas. Mentras tanto nós imos seguir de leria e bailando nas festas; que subirse ós tellados a estas alturas so está ó alcance dos retelladores!
Graciñas por vir. Bicos por comentar. E apertas por comprender (Hai quen leva de todo!).
Eu ahi vexo un gato ergueito e sentado a un nivel superior que o outro, que incluso lle degola a cabeza un chisco. E noto eu, co meu sagaz ollo, que parecen estar nun acto previo a unha inminente baixada de pantalóns do siames.
ResponderEliminarA espera é tensa, pode que dé os seus froitos, pero tamén pode ser que se bote á chover e se escaralle todo o encanto (cousa probable vendo a nube ameazante que se aproxima).
Claro que, o fin da historia so o sabes ti, caralludo.
Ainda se ha de saber en que da a cousa.
ResponderEliminarMoito badúan de sillóns, de conveniencias políticas e non sei que máis landainas. O que non se lles escoita moito é falar do emprego. Mesmo semella que ese é o segundo prato...