Non resulta doado entender como se permite a destrucción do noso patrimonio cultural por un reiterado pecado de omisión.
Son conscente da necesidade de saber conxugar propiedade privada con interés común; pero para iso cobran quenes rexen e gobernan, carallo!
E chegados a certas tesituras somente quedan duas alternativas: ou facer que trunfe a razón ou continuar sendo un trapalleiro permanente.
Son conscente da necesidade de saber conxugar propiedade privada con interés común; pero para iso cobran quenes rexen e gobernan, carallo!
E chegados a certas tesituras somente quedan duas alternativas: ou facer que trunfe a razón ou continuar sendo un trapalleiro permanente.
Foto: Castelo de Pambre morrendo sen asistencia
Xa que hai quen me di que falo moito de todo e pouco de min, nesta ocasión vou engadir un matiz sobre as miñas habilidades nun arroute de xenerosidade (!). Resulta que na peza escolleita para este asunto (que tamén é a primeira inserción musical na Chousa) hai un instrumento que teño o gusto e pracer de tocar eu. Atrevedesvos a aventurar cal é?
ResponderEliminarCuantos edificios bellos y majestuosos, con tanta historia se mueren de soledad y malostratos como tantas personas...
ResponderEliminarNo me atrevo a decir qué tocas tu (y no va con segundas, ja ja)
Bfletes privados!
Eu digo o acordeón!!!Hehehe.....ao mellor estou pecando de inxenua....e estás a falar doutro instrumentohehehehe....
ResponderEliminarO dos monumentos é unha mágoa....unha desgraza máis neste mundo no qu habitamos...
Bicossss
O patrimonio e a cultura aos políticos non lles interesa, isto é un mal que levamos arrastrando hai moitos anos, gastan os cartos en facer mausoleos para eles, e o que importa de verdade deixan que sexa invadido polas silvas.
ResponderEliminarQue é a gaita ou a bateria?
Bicos
pois eu non sei o que tocas... (podo imaxinalo jijiji), o que sei é que molaaaaaaa a canción, encantoume.
ResponderEliminarPor outra banda da mágoa o que contas do castelo de Pambre, o peor é que acontece a cotío.
Unha vez estiven no balneario e aínda que non nos deu tempo a achegarnos ó castelo, impresiona a vista, repito, unha mágoa.
Biquiños!
Calquer patrimonio destruído é unha perda da identidade propia irrecuperable, o riesgo de perder trozos é que un día podes non saber quen eres.
ResponderEliminarTocas as castañuelas, está clarísimo.
Un bico
Pd: ponlle ti o de juapo onde queiras, pero xa sabes, de escoller, escolle sempre a mellor opción.:)
Unha pena que deixen perder tanta e tanta riqueza patrimonial, simplemente non debe de interesar moito.0s nosos estupendos políticos só se moven por puro interese..asi que...
ResponderEliminarTocas a gaita....a gaita do fol enténdese.
Gustoume moito a canción.
Creo que, ademais, concretamente ese castelo ten ou tiña ata hai pouco un can gardián que atacaba a todo aquel que ousaba asomarse.
ResponderEliminarLin un blog dunha moza que o sufriu en propia perna. ¡Menos mal que o conta!, porque ía acompañada, claro.
¿Non se podería facer por parte do goberno, o que conseguiron (que non é moito) co Pazo de Meirás?, polo menos poderiamos visitalo antes de que o levasen os anos, o tempo, o descoido do propietario e a desidia.
A saber, Chousiño, a saber o que tocas ti, aparte do que che apeteza, poidas e/ou deixen.
bicos
O patrimonio, como tantas outras cousas da nosa cultura, parece que non importa moito, sáelles moi caro mantelos e non interesa, máis vale guardar eses cartos para encher calquel bolso. Unha mágoa.
ResponderEliminarE tocar... pois non sei se será a gaita, pero me da que nos vas a sorprender con algo...
Eu alegrome moito de que reivindiquedes tamen dende os blogs este asunto. Alguns xa levamos anos denunciando esta desfeita total.
ResponderEliminarDe feito o anterior governo da Xunta multara ao propietario obrigándoo a abrir un día á semán ó público. Pero polo visto sigue todo en auga de bacallau.
E o instrumento que tocas eu teñoo clariño, xa que penso que te coñezo; así que vou calar e non dar pistas.
Un saludo fraterno dende Palas de Rei, a terra do Castelo de Pambre.
Anxo
O Acordeón... seguro. ¿Ou será a gaita? Home, a verdade é que entras no perfil dos gaiteiros... jaja.
ResponderEliminarXa dirás..
Alédome de escoitar música neste blog... enriquéceo máis se cabe...
Unha mágoa o patrimonio a se perder por desidia e falla de agarimo por parte dos que evidentemente fan de menos o noso...
O palabro de verificación é reseco, boeno, reseca Galicia non está, máis ben está chea de humidades e musgos...
Carai vaia popurrí de música puxeches...
Un bico folk (vai tí a saber cómo é iso)
Anda que teño unha fama de moito carallo...
ResponderEliminarE despois decides que o verderolo son eu!!!.
Pois nada, nada...continuade imaxinando. Alguns/has xa atinaron eh.
A gaita pégache: tan enxebre ti. O acordeón tamén, entre morriñento e ledo.
ResponderEliminarEn calquer caso, xa que tocas, toca ben e non fagas trapalladas.
Pambre é unha das vergoñas máis patentes que temos perto de nos. Ti és un diplomático e das moito xabón dicindo as cousas; pero o estado dese monumento é unha auténtica vergonha para calquera que "mande algo" neste pais. Non se pode permitir que o patrimonio vaia ó caralho así como así e seguir chupando do bote mentras. E nesta bronca meto á Xunta, á Deputación de Lugo (e quítolle o de excelentísima, que me doen os collóns de decir eso), ó concello de Palas, á Comarca (que cona é iso?) da Ulloa e ata o Orfeón Donostiarra. Todos, todos, todos son uns TRAPALLEIROS no poder. Proba evidente: a foto que amosas (e a realidade dos que a conhecemos).
ResponderEliminarAla, xa quedei ben.
E do istrumento que tocas non digho nada que tamén tenho información privilexiada (xa tocabas mais do que tocas, que hai tempo que non che se ve de músico...)
Carlosm
Esta canción que puxeches veu que nin pintada para bautizar a quen manda. Sexa quen sexa. Todos son uns trapalleiros cando chegan ó poder. E teñen mañas de trileros e róubannos as carteiras e...
ResponderEliminarnon quero enfadarme que estamos en fin de semana.
O do instrumento que tocas, a saber. Pero vou apuntarme ós que din que tocas o acordeón. Sácanos de dudas axiña, que estamos en ascuas
Bicos
Volvín para escoitar a música outra vez (que putadiña o da cuña publicitaria...)
ResponderEliminarO Tango (é ¿non?)do trapalleiro está moi ben.. jaja
O acordeón, sí... debe ser.. Pégache...
Bravo pola música..
que nos fai máxicos..
Biiicoooosssss...
Agora van dar axuadas para arranxar as casas que sen ven no Camiño, será para que os de fóra non se asusten, porque en Galicia, por moito que nos pese a algúns, a rehabilitación de edificios non vai con nós. É mellor deixarlos virse abaixo ou ter a casa sen recebar nin pintar durante décadas. Somos uns profesionais do feismo arquitectónico.
ResponderEliminarP.D. Que tocarás???
A ver, tentemos aventurar... O piano? Seguro que fallo pero hai que arriscar para que o tema sexa máis interesante :p
ResponderEliminarE bueno, xa pasando ó tema do abandono do noso patrimonio.. Póñome de mala hostia unha media dunha vez á semana cando descubro que están esmorecendo de asco moitos anacos da nosa historia, mámoas, castros, castelos, etc... En fin, impotencia....
Unha aperta!
Quero mudar de opinioooon! a gaita pégache máis (non sei porque!)
ResponderEliminar:P
toques ou non a gaita, encántame como soa nesta canción!
ora ora
ResponderEliminarque é isso!!?
por acaso
conheces
um lugar
miudinho
chamado
... por tu gal?! :)
~
Visto e lido todo isto ti debes ser o home orquestra. Tocas todo, carallo!!!.
ResponderEliminarE mentres ti tocas arreo xa están a subir o IVE.
Adiviñas para que???. Pois para botarlle man ao castelo..... a man ao pescozo.
Saudos.
Non sei cal será
ResponderEliminarese instrumento,
pero estou segura
que sexa o que
sexa saberás tocalo
moi ben.
Moi lograda a canción
do trapalleiro.
Estou contigo.
Que voten man
do noso patrimonio
cultural.
Un saúdo e unha aperta.
Quédacheme á man o castelo de Pambre, e tamén, coma a todos, a desfeita que fan (nunca mellor dito) con el.
ResponderEliminarEu non podo escoitar a canción así que non sei que tocas... serán as castañuelas? (jijijijiji).
Bicos grhandes!
O patrimonio non os trae sen dormir, que non reporta cartos.
ResponderEliminarCanto o instrumento, va a ser que non me atrevo.
Xa nos diras
Teño visitado ese castelo e está fechado a cal e canto, mais dentro del ladra un can que semelha ser grandeiro.
ResponderEliminarTamén lin pola interrede que hai un movemento para a recuperación dele.
Espero que entre todos acadedes o éxito que pretendedes.
Parabéns polo blogo
Zé Castro
homeeee, vaia regalo en primicia para os lectores/as do teu blog: escoitarte tocar!
ResponderEliminaren canto a adiviñar, non che ten misterio ningún: tí es un encantador, así que ten que ser un instrumento de vento, que non ten que ser a flauta precisamente!
:D
e, poñéndonos serios, non pinta ben a cousa do castelo!, non estou moi informada, pero botei unha ollada pola rede, e xa vexo que en Antas andades, xunto con outros concellos, na luita para a recuperación para o pobo como verdadeiros irmandiños!
Ti es un diplomático, Chousa, e recoñezo que fan falla negociadores ás veces; pero neste caso nin propiedade privada nin ostias; se o teñen así como o teñen hai que expropialo e listo.
ResponderEliminarUn de Palas
É unha mágoa e unha vergonza que deixen morrer así ese monumento.
ResponderEliminarO instrumento supoño eu que será a gaita: mírote con forza para encher dous ou tres foles polo menos.
Vexo que hai alguén que apunta a idea da expropiación do castelo. Por aí deben ir os plans de futuro, ou compra negociada ou expropiación despois dun expediente de interese público, e para iso compriría buscarlle un uso tamén de interese público. o que non se debe facer é quedarse pasmados vendo como as hedras se apoderan de todo e o dono segue a non facer nada, nin a deixar visitalo.
ResponderEliminarRespecto do instrumento musical e non vou apuntalo, mais sei que fuches alumnos de Manolo Varela, así que non quedan máis que dúas opcións: Manolo Varela toca a gaita e o acordeón con moita mestría ámbolos dous.
Saúdos.
ahhhhhhhhh! nom tenho som cá!!!!! nom posso ouvir!
ResponderEliminarbeijos
Cando lle outorgamos poder á clase política optamos xa polo trapalleirismo... Porque non somos capaces de facerlles entender que están onde están porque nós confiamos neles, pero a confianza hai que gañala día a día. Hai demasiado tempo que o goberno deixou de ser do pobo.
ResponderEliminarO Castelo de Pambre cómpre poñelo a disposición de todas/os(e, de paso, salvalo). Non foi o máis importante castelo medieval, mais si é hoxe, segundo o que eu lin, o máis antigo ao librar da revolta irmandiña.
ResponderEliminarAntes permitíanche velo, agora non; cada vez está máis estragado... Paréceme que se debe dar un paso adiante, "tomalo". Iso si, esas cousas hainas que facer rápido e ben, non ser bárbaros... e cómpre presionar a máis de un (donos e políticos representantes nosos).
No tocante ao valor dos políticos actuais, a min dáme que son (amólame abondo recoñecelo) ao estilo de todos nós, dos que os votamos; do contrario, estarían outras/os. Claro, iso non os exime de responsabilidade nin de chamarlles trapalleiros: presentáronse e cobran para facelo ben. Ademais, se se lles fai demasiado dura esa vida, sempre teñen a porta aberta para marchar para a súa casiña, non é?
ResponderEliminarOgallá vexamos axiña o Castelo de Pambre con outro brío en mans públicas, para goce e deleite de todos e cada un dos cidadáns. Meréceo e merecémolo.
ResponderEliminarEse día prometo (incluso pode haber quen o tome como unha ameaza) facer soar a miña gaita de granadillo, feita no Obradoiro da familia Seivane.
Eso sí; se despois do recital chove; que ninguén me reña.
Apertísimas. Tanto para quenes atinaron como para os que non. E como veño xeneroso hoxe, incluso hai apertas tamén para quenes pensaban que ía sair cunha argallada calquera. É o que ten criar mala fama...
(Quero engadir tamén, que mentras o Castelo siga sendo privado, non vou deixar de tocar a gaita de cando en vez. Sobre todo para que non se escaralle a palleta e me perda sonoridade o ronco, afinación o punteiro e axilidade os meus dedos)
Gaiteiro!! jajaja
ResponderEliminarXa dicía eu que o perfil o tiñas.. jaja
Pero me pegaba máis o acordeón... xavestí...
Pero no fondo xa intuías que algo de gaita tiña que haber, non si? jajaja
ResponderEliminar