domingo, 9 de agosto de 2009

Escenarios

Á praia ou á montaña. Estereotipos de elección que evocan ben diferentes momentos á hora de encher os espazos mentais de quen toma a decisión de ir na procura do sol e da previsible masificación en contraposición de darlle máis relevancia á paisaxe, ó encontro coa natureza e con un mesmo. Fuxindo das avalanchas de xentes armadas con toallas e sombrillas en ristre, que se espetan a carón das nosas calugas deitadas e dos corpos engrasados de aceite protector.
Pero os escenarios mudan en función de variables tan pouco susceptibles de control como é a meteoroloxía. Neses casos unicamente se fai precisa unha pequena dose de adaptación.

Foto: Descoñecida adaptándose ao escenario deste verán. Praia de Louro (Muros)

29 comentarios:

  1. Mentras media España anda sudando, nos aqui estamos de vicio, aínda que sen proba a praia case a mediados de agosto.

    ResponderEliminar
  2. Galiza is diferent, qué carallo!.
    Por iso...vivimos como galegos. Blanquiños que da xenio e excelentes manexadores de paraugas jajajaja.

    (Por certo, se a descoñecida paseadora de Louro na última semana de xullo ve esta imaxe, que me escriba. Absterse mentireiras, que teño unha foto con obxectivo de longo alcance e véxolle a cor dos ollos)

    ResponderEliminar
  3. Meu caro, como tens razão: gentes armadas de sombreiros e besuntadas de aceite solar ...arrepiam-me!


    Apertas.

    ResponderEliminar
  4. odio las aglomeraciones, si crees que hay gente en las playas no te imaginas en el interior, sin ir mas lejos la cantidad de ellos que se unen para ver el circo de paca y tola, me puse de tan mal humor que prometí no volver, primero por el cercado, no me lo imaginaba así y segundo ¿que tiene de fantastico ver comer a tres osos bajo la mirada de cientos de personas? pues eso un circo, y es para mi la naturaleza es otra cosa.

    ResponderEliminar
  5. ai as férias!
    Sim, claro que há inveja aqui! E não sei se só falo das vossas férias...desculpem o mau jeito, mas gosto des-con-certada-mente de amarelo.

    Pois, estão todos por aí, eu também vou estando por dentro de mim, presente e ausente, quando repito interminável os gestos prescritos e proscritos de todos os dias, irreconheço lugares e pensamentos de sempre, as mulheres que anseiam à porta das lojas por um cavalo branco mesmo que não branco, azul, mesmo sem cavaleiro...

    A vida a entristecer um pouco mais ao cair da noite, já quase a desejar os rumores das praias apinhadas, suspender luas no ranho dos meninos, sentar-me entre as famílias que sussurram entre si, que gritam silêncios de cimento, se pudesse matava-te, se não tivesse medo que alguém reparasse, torcia-te o pescoço aqui mesmo e ia para casa a correr,andar nu , dançar, sim, já quase a desejar ser eles quando me olham com olhos de animal espantado, pontes fora, ruas dentro, virar ali, a mesma porta, os mesmos traços,a mesma perna para fora do carro desembrulhado doutros carros agoniadamente iguais...

    Porque ando a frequentar funerais nestes dias de verão e pergunto ansiosamente a toda a gente como se chora, se ainda se chora? ainda se pára nestes dias gerais das férias para ficar muitas horas no silêncio? como podem os cadáveres caber no verão quando o vento mal se pres -sente e no entanto é capaz de furar os olhos e atravessar a língua? Mesmo as palavras estão agora relaxadas, pouco o reboliço, o fogo arde amarelo, papel, palavras contorcidas, pois que seja verão...



    olha, apeteceu-me deixar te este texto, escrito em 2006 , férias e coisas assim,


    beijo



    ~

    ResponderEliminar
  6. Aquí decir que chove no é decir que vai mal tempo, simplemente que chove... Unha merda!!!

    ResponderEliminar
  7. Viña decirche que eu son a que pasea pola praia deserta e mollada, pero como seica tes a imaxe dos seus ollos, direi que podería ser eu. Doadamente.

    (Tamen veño dicirche que xa dei o salto. Agora teño un blog. Non tan ben tecido coma o teu, pero xa o teño).

    Un bico
    Ana Conde

    ResponderEliminar
  8. O escenario de Muros, con chuvia o sen ela, é sempre fermoso ;-) ;-)

    Unha aperta (que non depende da meteoroloxía) ;-)

    Antón dende o outro lado do mundo.

    ResponderEliminar
  9. Aínda que o meu amor pola praia é máximo gústame a sensación de estar "soa" en contacto directo coa natureza para sentirme máis viva, máis eu.
    Gustoume este texto.
    Bicos esvaradizos.

    ResponderEliminar
  10. Pues qué rico es quien sabe disfrutar de cada momento, adaptarse al día o la noche, de la soledad o las muchedumbres, del invierno o el verano, y hacer de ello un momento especial.

    Bfletes pausados.

    ResponderEliminar
  11. Pois eu hoje estive na praia com os meus filhos e o céu estava azul. Calor, mas vento.
    Um beijo.

    ResponderEliminar
  12. Pero que fermosa luce a nosa costa malia a escuridade...

    ResponderEliminar
  13. Particularmente prefiro a montaña. Gústame moitísimo a costa , pero sen xente....polo tanto nós imos á praia en inverno, que é cando máis me gusta pasear por alí....

    En canto ao clima, deixade estar.....que ben vivimos aquí!!! Cando eu traballaba en hostelaría, dicíanme os turistas: cómo llueve, qué frío, qué verano más malo.... Si pero que paisaxe temos gracias a iso!!!

    p.d. Por outra banda, os meus canciños, sobre todo o grande, están máis que encantados con este tempo.....

    ResponderEliminar
  14. Muchísimas gracias por la visita a mi blog. Justo soy de La Laguna. Oivá, galego...que no me entero de nada, ajjajajaj.

    ResponderEliminar
  15. Oivá, e en Antas tamen tedes congresos de yoga!!!Manda caralho con vos.

    A estampa que puxeches case merece unha postal. Quedouche bonita
    Carlosm

    ResponderEliminar
  16. Velai a mostra de que os galegos (supoño que a/o da foto o era) nos adaptamos a calquer cambio imprevisto. E se iso implica usar unha sombrilla para tornar a auga pois úsase.
    Por certo, que se necesita para asistir ao festival de ioga como parte activa???. E non me digas que as mesmas gañas e forza que ten o can do anterior post porque logo eu xa non dou a talla.
    Logo, espero ansioso o teu post sobre o tema.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  17. O importante estará seica en atopar o punto: a praia máis alonxada sempre é mais complicada de atopar que un bo monte onde pasar o dia pateando e sen aglomeracións, pero tambén paga a pena, clarisimamente!

    ResponderEliminar
  18. Una estampa que refiere de una forma muy visual la soledad. Cubiertos con el paraguas de la preocupación caminamos hacia un punto desconocido que solo nos permite saber lo que hemos andado. La mujer que camina en tu foto lleva paso decidido. Es así como hemos de enfocar nuestro camino.
    Te felicito por tu blog. A pesar de no entender el gallego logras que vuelva, una y otra vez, a visitarte; lo cual es prueba inequívoca de que logras comunicar.

    Un saludo desde La Rioja
    Marga

    ResponderEliminar
  19. Eterno dilema. Calquera dos dous paraxes na nosa terra sonche ben fermosos, o malo é que as praias están masificadas, sobre todo no sur. As de Vigo, esas xa non hai por donde collelas, a millor hora para ir é a partires das 9 da noite, cando empeza a marchar a tropa toda.

    A min a praia encántame, pero tamén logo me aburro. Este ano só disfruten un día dela. Xa ves.

    E por certo, xa disfruten do fin de semana en Viana do Bolo, coñecín ó teu amigo Xulio (Sempre en Galicia) e vin encantado, xa vos contaren e mostrarenvos fotos, que teño dabondo.

    Por iso digo que as paisaxes interiores tamén son fermosas.

    Veña, decídete a ir alá. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  20. ¡que lugar tan fermoso, Louro!
    é unha maravilla... o monte, o faro... estiven alí con Congo, fai algún tempo.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  21. Adaptarse... facémolo a diario, moitas veces no día;
    tan a modiño que nin o percibimos. Hay quen lle da un sentido negativo,
    coma se fose sinónimo de conformismo, ou algo así.

    E non: é amoldarse un mesmo ó entorno e a esas variables impredecibles das que que un non ten control, para conseguir ser o mais feliz posible...

    unha foto moi relaxante, moi do noso mar, do noso clima, da nosa cor.

    ResponderEliminar
  22. Captar intres así e detelos para sempre é un privilexio. Gracias por compartilo con nos Chousa. E se aparece a muller do paraugas pois darlle tamen as gracias a ela.
    Hai que aprender a adaptarse a todo. Que remedio nos queda!

    Un biquiño

    ResponderEliminar
  23. Pois parece ser que muda o escenario para a luz e a calor do sol e ... para as mulleres con pouca roupa.

    ResponderEliminar
  24. Que fermosa postal! A min gústame a praia deserta, onde o único que se escoita é o murmurio do mar.
    Preciosa Galicia, con sol ou sin el!!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  25. Por iso o mellor é ir no verán a Galiza, tes praia, tes paisaxe e se lluve moito, sempre podes ir a unha tasquita a comer como os angeles.

    ResponderEliminar
  26. A estampa é bonita, ainda que aquel día chuviñento e previsto de praia pura e dura, no meu entorno non había máis que caras longas.
    Todo é cuestión de contextos.

    ---
    Ademáis de darvos as gracias polos comentarios tan axeitadamente atinados a todas e a todos, quería tamén dar a benvida a este agrome de novos blogs que van xurdindo polo blogomillo. Semella que o verán está a ser prolífico nese senso. Longa vida para eles. E tamén para os demais!!!

    ResponderEliminar
  27. Eu estaba convencia de ter comentado este post...pero vése que non.

    De todos os xeitos mándoche un bico fresquiño.

    ResponderEliminar
  28. Igual o papou un troll o teu comentario. Pero por se as moscas fixeches ben volver enviar os bicos!

    ResponderEliminar
  29. Este blog es genial. Pena que no entienda ni jota de los contenidos escritos. Y esta foto es de cuadro.
    Piensa en escribirlo en español, estoy segura de que lograrías más éxito.
    Un saludo

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: