mércores, 12 de agosto de 2009

Contexto

Ultimamente veñen esixíndose eficacia nos resultados e tamén eficiencia na execución das tarefas precisas para acadalos. (De pouco sirve facer un queixo caralludo se despois -posto no mercado- ninguén paga os custes que supuxo a sua elaboración).
Diante dese panorama configúrase a especialización e mailo coñecemento do producto como ferramentas imprescindibles para conxugar as duas cualidades anteditas.
Paralelamente a empresa actual afíxonos á idea de que as gasolineiras vendan condóns e que nos bancos expendan cristalerías. Todo elo en aras da denominada diversificación.
En base a elo que ninguén se sinta fora de contexto se un día o seu xefe lle pide que reme con garbo e donaire polo medio dos toxos. Ese día, alomenos, hai que tentar que as espiñas non che fodan o neopreno...

Foto: Toxos verdes en Frádegas (Antas de Ulla)

29 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. O primeiro, confesar o meu amor polos toxos, malia que unha vez me contaran que nalgun momento foi unha planta invasora que fodeu parte da flora autótona, téñolles cariño, e gosto moito da foto.

    O segundo... mimadriña. Que se aclaren. Agora falan tamén da empregabilidade, o conto este de reciclarnos para valer pra un roto e pra un descosido.

    Haberá que mercar o traxe de neopreno, que semella máis resistente que a roupa do choio...

    ResponderEliminar
  3. Os empresarios sempre quixeron empregado bo, barato e calado; e non che digo nada nestes tempos de crise que hai que rebaixarse máis aínda.
    Así que non sei de que te queixas: sorte é que che dean unha piragua, uns remos e un neopreno para remar nos toxos !.

    ResponderEliminar
  4. un texto moi sesudo como todos os teus e moi adecuado á imaxe... ¿qué foi primeiro, a imaxe o a foto?...

    bicos,

    p.d.: seguro que me has contestas: os toxos... que xa nos vamos coñecendo

    ;-)

    ResponderEliminar
  5. Haberá que apuntarse a un cursiño... de zurcido de neopreno...

    ResponderEliminar
  6. A saber que facía o pobre home co kayak, seguro que había un charco moi preto de alí.

    ResponderEliminar
  7. Que hai que ter moita conta cos toxos?? Se levas neopreno non vai haber moito problema. Xa que falas de condóns, coidado coas espiñas, non o fodan...

    ResponderEliminar
  8. gracias pola noticia, fíxome moita gracia, fas ben en estar caladiño, non vaia ser o demo.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  9. Xa sabes que na actualidade hai que ser "versátil e multidisciplinar". Dudo moito que ti teñas problemas á hora de remar entre os toxos se fose menester

    Unha aperta

    Ana Conde

    ResponderEliminar
  10. Es que se lleva tanto hoy eso de ser "polivalente...". Viene a ser lo mismo que antes decíamos... "chica pa tó", pero dicho en fino hasta suena bien y todo.
    Hay que ser un poco impermeable, quizá debíamos ir con esos trajes todos al curro, y que así nos resbalaran mas ciertas cosas...
    Espero que este chaval no se quede fuera de contexto y navegue mas que andar.

    bfletes sin espinas.

    ResponderEliminar
  11. Haiche ben toxeiras que navegar no mundo laboral, si. Pero se cadra habería que buscar roupa máis axeitada para atravesalas sin quedar coma un ourizo gacheiro.

    Ando algo fóra de onda estes días e non vos dou seguido o ritmo. A ver se en Setembro recupero os bos costumes.

    Chuchiños.

    ResponderEliminar
  12. ¿Paracheste a pensar, no importantisimo aforro de costes e cartos que terian as empresas como a túa ou mesmo a miña, suprimindo os mados intermedios?. A idea que che regalo, ven sendo a de colocar unha destas maquiniñas nas que unha voz de folla de lata, vaite ordenando pulsar un se queres, tal pulsar dous, que desexas non sei que tal, pulsar tres se queres que che manden a merda...etc.
    Pois cada maña teriamos que marcar o numero da maquina lista, para que nos dera as pautas do que resularia obrigado vender, colocar, ou meter como sexa ao primeiro parbo que pasa por diante de nos......Ao final do dia, o mesmo, chamamos, para que nos digan o impresetnables que somos, por no facelo ben, e non acadar s obxectivos indicados.......O mundo feliz de Huxley....¿acordaste?

    ResponderEliminar
  13. ay niñooooooooooo me asombra q te guste mi blog¡¡¡¡ y perdona mi ignorancia nosepo portugues¡¡¡
    besos

    ResponderEliminar
  14. jajaaja... véselle despistado ó homiño...eso sen dúbida e culpa das malas señalizacions...jaja.
    Isto é o que actualmente se coñece como navegar en augas picadas... ou que pican!!
    un bico!!!!

    ResponderEliminar
  15. Din que hai que ir facendo como a galinha: picoteando en todos lados para encher o bandullo. Iso con respecto ás empresas que mandan remar no medio dos toxos (ficción)
    Con respecto ao remeiro que anda polos toxos de Antas con neopreno (polo visto, realidade) so podo dicir unha cousa: que está tolo o tipo. Ou serán os xefes que mandan ir polos toxos? hahaha ja non sei moi bem.

    Carlosm

    ResponderEliminar
  16. A veces todos nos perdemos por entre los toxos, y en algunos casos casi preferimos no ser encontrados.
    Muy buena la metáfora.

    A. Garrido

    ResponderEliminar
  17. Alodia: Se amas os toxos, ademáis dun traxe de neopreno, recoméndoche que merques botas altas ;-).
    En todo caso lembrar que a beleza tamén ten espiñas; polo demais...disfrutala!

    Paideleo: Empregado barato e calado, si señor. Ese é o obxectivo. Curiosamente para "coller" o teléfono poñen máquinas faladoras en exceso. Seguramente compensan ese exceso verborreico con un custe moito máis baixo.

    Aldabra: Efectivamente, primeiro foi o monte, despois os toxos e moi posteriormente chegou a miña foto que deu lugar a este post.
    Seguirei fotografiando toxos a ver se un día atopo unha serea no medio dos alecríns...

    Doutora Seymour: Pois non se esqueza vostede de mercar un dedal axeitado, que din que o neopreno é duro de furar e seica hai que empurrarlle dura á agulla, que -ainda que sexa polo cu- tamén fura...

    Artabria: Dinme que son un perigo coa cámara; pero eu penso que ainda son máis perigoso coa tixeira. Claro que hai un "charco" ben perto: nada máis e nada menos que o Ulla nas torrentes de Mácara. Pero claro, nin todo o monte van ser toxos nin todo o rio vai ser auga...

    Carlos Sousa: Penso que os condóns non son bos amigos dos toxos, ainda que eu xa saquei neste blog un "toxo con condón"...
    En todo caso mellor non xuntar a fame coas ganas de comer!

    A.C.: Si oh, a min caro me costa remar en augas calmas, para canto mais nun mar de toxos. Ainda han pensar que son un David Cal da Ulloa.
    Aquí os toxos rózanse (quen ten fouciño e forquito), ou senón téntase rodealos. Esa é a idea de multidisciplinar que teño eu con respecto deles...

    Cris: Ti pareces o meu xefe, carallo!. Daslle reviravoltas ata que semella que acabas tendo razón. E terala?

    Cuspedepita: Vaia, non me digas que tes ganas de que chegue setembro?. Seica cateaches algunha ou?. Pois naaaada, a disfrutar do veranciño que agora parece que se achegou. E non te preocupes por setembro que está a chegar jajaja

    Aopedofarelo: Os mandos intermedios (sarxentos e algún teniente chusqueiro) son os intermediarios do mundo laboral, igual que no agrícola: os que sen mollarse botando as patacas, acaban vendéndollas ao consumidor final ó doble do prezo que nos pagan a nos...Pobriños!

    Srta Maquiavelica: A mi me gustó su blog por poco que se parezca al mio. Seguramente en la diferencia está la admiración. Usted cuenta sus andanzas y yo devaneo con mis pensamientos. Acaso no hay cierto punto de conexión?. (Por cierto, escribimos en gallego, lengua hermana del portugués). Bienvenida a los toxos!!

    Chusa: Inevitablemente cando vexo un comentario teu, de xeito inicial sempre penso que son eu. Esta fonética...
    E se non é a fonética tamén pode ser a semántica, mira ti como lle sacaches punto de intersección as augas picadas coa picadura dos toxos...

    Carlosm: Si si,pero a galiña leva no seu ADN ese afán de picoteo reiterado e polivalente. A nos (e min alomenos) non nos dotaron de tanta capacidade picoteadora.
    (A ver para cando o teu blog, machiño, que xa estou farto de verte de negro)

    A. Garrido: Certo que si; pero unha cousa é perderse mottu proprio, e outra que te ceiben no medio deles co neopreno preparada para outras augas...

    ResponderEliminar
  18. Estou abraiada con unha morea de cousas:
    - o ben que bregan os "mariñeiros" de Antas polo medio dos toxos.
    - a de actividades que tedes en Antas. Música de cámara, festivais folk, de Kundalini yoga...mimá

    ResponderEliminar
  19. Sómosche moi activos (e rebuldeiros) por estas contornas, Avelainha. Se gustas.

    ResponderEliminar
  20. pois eu sendo de Chanta, agardo que non me manden remar polo Monte Faro, non vai haber xeito de libralo neopreno jijiji

    Biquiños sen espiñas!!!

    ResponderEliminar
  21. Como quen leva un paraugas... jajaja, por se acaso. Hai que ir preparados para todo... TODO. Ou tamén ser un mestre da improvisación... jajaja
    Eu prefiro mollarme un pouco que levar lastres de máis.
    Coido que aquí ven a conto o da lei de Murphy... jajaja: se o levas non che fará falla, pero si o deixas botarálo de menos...
    Así que mellor ir lixeiros ¿non?
    Bico sen lastres, nin sequera neopreno... jajaja

    Cousas fora de lugar... e quén dí onde ten que ir cada cousa ¿eh?. Cadaquén ten o seu propio orden das cousas, e das ideas... e está moi ben así ¿non che parece?
    Iso dálle frescura a vida...

    Outro bico, que che debía do post anterior, este mixto de mar e montaña, porque nos gustan as misturas, o mellor de cada escenario, que sempre se pode adaptar ó noso... jajaja.

    ResponderEliminar
  22. A festa hoje é no Sexta. Passe por lá e junte-se a nós.
    Um abraço e fico à espera.

    ResponderEliminar
  23. Canto hai que non remo eu...
    En canto ao das gasolineiras coido que é unha boa medida que vendan condóns, que debería habelos en calquera sitio, ou non?
    P.D. Que foi do "ferve a rede"? Quedou en nada ao final?
    Bicos curiosos.

    ResponderEliminar
  24. Ás veces vén ben algunha feridiña... :)

    ResponderEliminar
  25. Maruxiña: Supoño que eres de Chantada e comeches un par de letriñas. Claro, co conto da festa do Faro desta fin de semana...a saber como andan as neuronas de espilidas!!. Contoume un paxariño que o Toñito de Poi e outra xente acabou de xeonllos de madrugada. E non precisamente por acción devota ó santuario...jajajaja

    Pitima: Si si, que viva a desorde organizada!!. Ás veces da gusto envolvericarse así; pero a lei de Murphy acaba por ter a razón, e se queres ir polos toxos case é mellor que leves un fouciño e unhas boas polainas jajaja.
    (Recollo o bico dos toxos e mailo adebedado da praia. Non vaias pensar que cho perdonaba!).

    Elvira Carvalho: Da tua festa veño. De feito escribo cunha soa man, xa que na outra sosteño a copa de cava coa que nos convidaches a todos nese teu cantinho virtual tan axeitadamente amueblado. Parabéns pola celebración.

    SoO*: Pois remar eche moi boa cousa para a musculatura torácica e de extremidades superiores sobre todo. Non deberías deixar de practicar, ainda que non teñas canoa ou nin siquera auga.
    Do Ferve....coido que este ano quedou a coita.

    Markesa Merteuil: Si, para poder queixarse algo, que senón parece que todo esbarexe como o tulipán na tostada quente do almorzo.
    Ás veces ven ben poder lamberse un chisco as feridas. Ese hai quen chas lamba...moito mellor ainda!!!

    ResponderEliminar
  26. Semella que o remeiro anda un chisco perdido, ou que o embarcadeiro está tras do cu á man dereita.
    Saudos

    ResponderEliminar
  27. Todos os de Antas sodes así de listos?. Estupenda reflexión e poderíache contar moitas cousas acerca de remar entre toxos ou outros, ata peores, matogueiras.
    Gústanme o queixo e os toxos, en realidade, gústame case todo e a diversificación per se, non sei por que non está entre os meus praceres.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  28. Barreira: Hai remeiros despistados ou mandatarios coa neurona fora de onda?. O embarcadeiro... poisssss non me lembro se quedaba polo cu ou pola cara jajaja

    ResponderEliminar
  29. Fonsilleda: En Antas o máis parvo sou eu (con diferencia). Pero tamén valoro o queixo (o fresco e mailo duro).
    Dos toxos...valoro algunhas cualidades, pero recoñezo que hai que ter tino con eles: se te despistas...espenican!
    Bicos tamén

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: