domingo, 26 de xullo de 2009

Denominacións

Unha das tarefas relevantes do proceso de márketing radica na denominación do producto. Tormentas de cerebros prominentes aguzan o seu inxenio e labran os seus pensamentos coa fin de sacar achas de inventiva para acadar un nome que defina con certo esmero, que resulte atraínte e que sexa foneticamente resolutivo.
Non sei que lostregazos tiveron os que tronaron para darlle nome a un dulce típico dun lugar de Cantabria; pero dende logo a denominación do producto logrou o obxectivo de que nas miñas alforxas viñese unha caixa deles que, por certo, ainda ninguén se atreveu a abrir...
Antes de que caduquen fareille un agasallo con eles ao cura de Antas, que ben mo merece.

Foto: Unha tenda en Liérganes (Cantabria). Que caixa trouxen?

27 comentarios:

  1. Ja ja ¿Los cojones del anticristo? ¿compraste esos?
    ¿nadie se atrevió a abrirlos? amos..., por que no estaba yo, ja ja ja, si no no queda ni uno... aunque no se, lo mismo sólo hubiera dado un mordisco, por aquello de no abusar no sea que sea verdad que de lo que se come se cría...

    Bfletes típicos ;)

    ResponderEliminar
  2. Cómo é que non os abristes??
    Eu non podería... non non.. coa curiosidade quero dicir..
    Ha de quedar contento o cura!! jajaja
    Bico sen pecado (que lle imos facer)
    Ave María Purísima...

    ResponderEliminar
  3. Corre a levarllo ao cura! Tamén podes darlle un conselliño: que na misa, en vez de dar hostias, que xa están moi vistas, lles reparta ás súas máis selectas devotas un, mellor estaría un par, do que ti lle ragalaches.
    O que vos hai que facer para vender! Eses cántabros aproveitan calquera detalliño para chuparlles os cartiños aos poucos laicos que hai.

    ResponderEliminar
  4. Estou con Cris. Aínda que de seguro que cunha boa taza de chocolate... :D

    ResponderEliminar
  5. Mentres non veñan con pelos...todo vai ben !.
    Eu sempre paraba en Requejo ( Zamora )a mercar feos pero o nome dos collóns do anticristo levan o premio.

    ResponderEliminar
  6. Jjijijijijijijij.....El macho, jijijijiji......Cantabria é unha terra fermosa......paga a pena aída polos sobaos machistas

    Antes iamos moito a Betanzos a tomar os viños. Hai un bar que se chama A taberna de Baco, levado por unha encantadora muller chamada Sara, con pinta de amable matrona. A lista de nomes dos chupitos dese bar é a máis porno que vin na miña vida.....vamos, que lo del macho es poesía....

    ResponderEliminar
  7. Podes levarlle a caixa o altar da igrexa, se non fumega, e que son falsos... jejejeje...

    Eu quédome cos produtos "Do Macho"... ¿Quen dixo Viagra?

    Apertas vacacionais.

    ResponderEliminar
  8. Ó cura non creo que lle fagan moita falta, xa bastantes collóns deses adoitan a ter...
    Pero o millor mercaches unha "corbata", o que pasa que a xente é moi maliciosa.

    ResponderEliminar
  9. Eu penso que levaches as anchoas de Santoña, porque pa chourizo, o de Antas! pa macho, o galaico! y pa cojones, los tuyos!

    ResponderEliminar
  10. Hei. Eu tamén quero. Ademais cando estiven por ahi probei todo menos os "Cojones del Anticristo".
    Vainos probando e xa nos dirás: ¿son doces?, ¿de que cor?, ¿e a textura?.
    Cousa moi importante: non vos atragantedes.

    ResponderEliminar
  11. Antes de ampliala foto e coñecendote penseí que mercaras as Pantorrillas de Reinosa ou canónigos por eso de regañarllos ao cura pero los coj...del anticristo me supera ,ben e eso como sabe????os cántabros fan milagres ca masa follada.

    ResponderEliminar
  12. Dá gusto que te fagan rir xa o primeiro día da volta das vacacións... E por iso pasei polo teu blog, que sempre é unha aposta segura. Cando che virá o xuízo, chousiña!?

    ResponderEliminar
  13. Eu, coma Cris, sen probalos tampouco pasaba, a curiosidade pode máis. Eso sí, igual non daba acabado o primeiro co ataque de risa.
    Porfa, agarda que vou contigo levarllos ao cura !! jajaja


    Chuchoosss

    ResponderEliminar
  14. A min non me enganas, seguro que tamén mercache "Orujo de Potes". Non é mellor que o de Galicia pero por probar...

    ResponderEliminar
  15. Dende logo o que non atopes ti non o atopa nin o demo. Vaia nome para un dulce.. hahaha

    Apertas
    Carlos

    ResponderEliminar
  16. Fun eu o das apertas, pero non me deu salido o nome antes

    ResponderEliminar
  17. pois eu penso que trouxeches o "sobaos pasiegos" o corbatas (de Unquera)... fermosa terra Cantabria ¿verdad?... estiven hai dous anos en Potes e subín ós Picos de Europa desde Fuente Dé a facer un percorrido ata Caverna Verónica... ¡que maravilla!...

    tamén visitén, Comillas, Santillana del mar, San Vicente de la Barquera, Cobreces (trouxen queixo e mel)...

    gustaríame volver

    biquiños,

    si me dicen o que trouxeches te conto o meu soño... je je je

    ResponderEliminar
  18. Mimadriñaquiridadelalma!!!!!! Na miña vida tal cousa escoitei. E ti ainda por riba queres levarllos ó cura. Jajajaja Manda truco contigo Chousa

    ResponderEliminar
  19. A ver!!!!!. Probáchelos ou non???. Agora xa entendo porque probar o doce é pecado, raio! (Eu xa dou por suposto que son doces). Teño gran interés en saber a textura que teñen.
    Como dixo paideleo, se supone que no tienen pelos.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  20. Y para completar el colmo ahora vendrá Chousa a decirnos que los hacen unas monjitas descalzas...jejeje

    ResponderEliminar
  21. me gustan los puentes. y al mismo tiempo me inspiran cierto temor (al menos tengo pesadillas reiteradas con puentes que se rompen cuando yo cruzo)
    ese puente romano en concreto, donde compraste las pastitas para el cura de tu pueblo, es particularmente sencillo y precioso, sobre todo por el paisaje que le rodea, y cuando pienso todas las personas que en él dejaron su huella...
    me reí mucho con la idea de regalarle las galletas al cura, la verdad es que me parto contigo, tienes buenas ocurrencias (que sepas que las pastas tampoco merece la pena que las probeis, porque no están "pa chillá" de ricas)
    yo también aluciné cuando vi por primera vez el nombre de ese producto (en potes) naturalmente me faltó tiempo para comprarmelas y probarlas, luego alguien me contó una historia del beato de liébana, pero ya no la recuerdo.
    Qué bonitas vacaciones habrás pasado, me gusta mucho asturias y cantabria, y no he estado en el país vasco ¿te lo puedes creer?
    que disfrutes mucho la semana uqe te queda de lecer.
    (sepas que me tocó lapalabra anti spam "ingrat"
    joer

    ResponderEliminar
  22. jajaja, xa os coñecía, da miña aventura cántabra o ano pasado, a verdade é que non teñen desperdicio.....

    P.D. Mércalle unhas converse a túa filla, que ben as merece. AS miñas compreinas nas rebaixas e saíron ben de precio,jejeje

    ResponderEliminar
  23. Polo que vejo non saben tan bem como o seu nome chama a atención. Adoitan pasar esas cousas. Com tudo, antes de darllos ó cura (que te vas ponher colorado), melhor que os abras cuns amigos para probalos. Ainda que eu nunca puidem com as criadilhas, pero hai que probar de tudo

    ResponderEliminar
  24. Esta todo moi ben dicido e con moito arte, pero o que non hai son "anticristos" suficientes para levarlle o cura os collóns. Ou do reves

    E se os hai deberíase acompañar testemuña gráfica do momento da entrega :)

    ResponderEliminar
  25. Teño que comunicar que os "cojones" de Cantabria xa foron degustados hoxe á noite. Saben ben. E misturados con queixo de Antas e viño da Ribeira Sacra fan un complemento excelso (sabendo tan ben ten que ser pecado, xa que todo aquelo que gusta moito; unha de dúas: ou é pecado ou engorda. Estas galletiñas penso que poden facer as duas cousas...)

    (Sintoo moito polo cura de Antas, pero se os quere probar vai ter que ir mercalos él mismo).

    ResponderEliminar
  26. pelo menos leva-lhe a caixa aínda que seja com uma duzia de ovos dentro, nom?
    beijos

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: