sábado, 1 de agosto de 2009

Anchura

Por moito que medre, a miña mente declárase incompetente para asimilar e incapaz para entender a barbarie á que nos teñen afeitos a pandilla de asesinos profesionais que se escudan tras unhas siglas que so evocan morte e que tapan a cara coa bandeira da suposta independencia de non sei quen.
Resulta imposible entender como seres humáns carecen de luz que os guíe, agás a do estourido dunha bomba que pretende esmagar (e que esmaga) o corazón doutro ser humán.
E ben sei que ó falar de humanos hai que ter anchura de miras, que todos temos as nosas carencias e cometemos os nosos erros; pero e que cando se escancia vida, o importante non son as pingueiras que se derraman no chan; senón as que quedan no vaso. E quen non sexa capaz de entender iso non pode ter cabida nesta sociedade plural, rara, complicada e cargada de dudas; pero -alomenos- cun culín de cerebralidade, cousa da que eses criminais está clariño que adolecen.

Foto: Muros. Rúas estreitas, corazóns con anchura.

28 comentarios:

  1. cando vin a noticia no diario, pensaba, pero ainda andamos así?
    lonxísimo está o tempo en que buscaba entre as herbas as razóns, tratando de darlle un sentido, pero só atopaba casquillos

    agora non atopo que nada valla unha vida, salvo a defensa da propia e iso se non queda mais remedio...

    moi triste, chousa
    e case mellor título estreito como o camiño das súas mentes, como o espazo do seu corazón.

    ResponderEliminar
  2. Como dixo non algún ministro estos días, cábenlle as bombas na cabeza porque teñen moito sitio libre.

    ResponderEliminar
  3. Dáme moita preguiza comentarche este post.. Non hai palabras que non se dixeran xa milleiros de veces. Ademáis hai consenso da maioría. Son asasinos, e para iso non hai xustificación ningunha.
    Falar de anchura ou estreiteces de mentes, ou calquera outra cousa antóxaseme de máis...
    Neste caso é tan simple que asusta.

    Bonita foto.
    Estas fotos de rúas estreitas e empedradas, antiguas, gústanme moito. Rivalizan moi de cerca cos buratos...

    (Reconozo que non compredín moi ben o que quixeches dicir coa metáfora esa da vida escanciada..., ó mellor é que teño a mente de vacacións tamén... jajaja, ou será que es un pouco revirado de máis..jajaja, que tamén pode ser..)
    Importan os vivos, e tamén os mortos...
    Bico ben escanciado... sen botar por fora..

    ResponderEliminar
  4. As pingas por fora son eles...¿non?
    Aissss...
    Debe ser.
    Pois toca limpar o chan e beber. Sempre haberá algunha pinga que non entre no vaso..
    Outro bico, agora máis espléndido por chegares a comprensión... ¿cheguei?

    ResponderEliminar
  5. E bem certo que xa estamos fartos de rejeitar, denunciar, manifestar, expresar repulsas e condenar este tipo de acçoms de asasinos etarras. Pero ainda que nos cansemos nunca estara de mais que o sigamos a façer. Hai que arrecantalos e apartalos coma pingueiras sobrantes desta sociedade que pode enliortarse en mil historias, pero que nom pode permitir que ninguem mate en nome de nada.

    (Muros góstame moito tamen. Cando queiras podes convidar o que queiras ali)

    Carlosm

    ResponderEliminar
  6. Eu sinto unha enorme indignación cada vez que isto sucede. Sinto dor polos mortos e as súas familias e sinto auténtica repugnancia polos asasinos e que os apoia. A ambigüedade da Igrexa, dunha parte da sociedade e da política vasca, non ten perdón. As guerras nunca son nin serán unha solución.

    ResponderEliminar
  7. E iso que están case que derrotados... Unha mágoa, esa praga reprodúcese a unha velocidade de espanto. Cada vez teñen menos ideáis e menos defensores, pero eles seguen a estragar vidas e a espallar o terror.
    Chegará o feliz día en que desaparezan? E de esperar que si, pero a miña parte pesimista dime que ha de tardar.

    Fermosa foto, máis propia para outro tema.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  8. O que non me acaba de caber na cachola é que en tantos anos que levan matando, con tantas mortes, tantos feridos, tantos gobernos que pasaron polo poder, con tantos medios dos que se dispón agora, non se poida rematar co pesadelo.
    Presumimos de que están debilitados, que se lles asesta golpes de gracia, pero reaparecen outra vez e levan por diante dúas vidas ou as que coincida...
    En vista da imposibilidade desta vía, a negociación era a única saída, penso eu, pero para levala a cabo tiña que ser como en Fuenteovejuna, e esquecer os intereses de partido uns e outros. Pero os nosos políticos non teñen a anchura de miras suficiente para entender iso, e teñen máis medo a que sexa o outro o que nos saque desta miseria, que a que a miseria siga indefinidamente.


    Preciosa foto. Eu sei a quen lle ha gustar especialmente ;-)

    Chuchooossss

    ResponderEliminar
  9. Zeltia: Levas razón cando dis que o título debía ser Estreitura; pero eu son teimudo (cotenudo, que decimos por aquí), e quero creer que un día non haberá xente capaz de matar por defender algo que non sexa a sua vida ou a dos seus.
    Din que é unha profesión. Poda que si.

    Logio: Resulta evidente que non poden ter moitas neuronas axeitadamente conexionadas.
    Basean a sua estratexia no medo. Non teñen argumentos nin ideario. Eso sí, teñen moita capacidade para facer dano: matar, se non hai escrúpulos, é moi sinxelo.

    Pitima: Sí que da perguiza falar deste tema; pero non podo substraerme ao efecto tan sumamente negativo que me produce pensar no terrible mal que fan. Cantas familias anegadas pola dor, cantos nenos cargadiños de medo vendo como a sua casa se desploma e o seu pai morre. E todo elo...para qué?.

    Ben sei que a metáfora era retorta de carallo (coma min jaja); pero ti pilláchela.

    Carlosm: A ti gústanche todos os sitios onde haxa bo viño e parranda; así que non veñas agora facéndolles a pelota aos de muradenses.
    Por certo, que vin unha escrita nun bar da localidade que decía algo así como " ...e todos os mariñeiros eran galegos, menos o capitán, que era de Muros!". Muros República Independente? jaja

    Hadex: Dous puntos candentes os que tocaches, o da Igrexa e maila tibieza de certa clase política vasca diante destes fenómenos do asesinato. Non sei como poden conxugar certas cousas que predican con esta defensa ou media condea que despois amosan.

    Carlos Sousa: Tamén ti tés razón correxíndome polo uso desta bonita estampa gráfica; pero quixen tentar minimizar (inxénuo que é un) o profundo calado da nefasta noticia coa marabilla que ofrece unha vila como Muros, na que tiven a sorte de estar unha vez mais esta pasada semana.

    Cuspedepita: Non nos cabe na cachola debido a que estes elementos están fora da órbita da xente "normal". Eles teñen a sua angostura mental e so ven o que queren ver. Punto pelota.

    Espero que Antón non me corrixa por solapar esta imaxe con este tema; pero e que veño rezumando Muros por cada costado. Sempre me gusta tanto...

    ResponderEliminar
  10. Somos mais pero semella que somos mais febles ca eles: nós temos corazón e eles non.

    Concordo coa idea de que a foto é moi fermosa.
    Un bico

    ResponderEliminar
  11. Si es cierto que cuando se habla de humanos hay que tener anchura de miras.. pero ¿es que hablamos de humanos? Por que yo, a estas alturas, con los ojos abiertos o cerrados, con anchura o estrechez de miras, empiezo a creer que son monstruos, engendros, y para nada humanos...
    No me quiero extender porque tanto diré que lo mismo hasta no digo nada...
    Así que mejor me callo y paseo por esa callejuela encantadora que acaba en el mar....

    Bfletes caminantes

    ResponderEliminar
  12. Home, que os asasinos estean onde teñen que estar!

    Por certo: qué fermoso lugar!!!!!

    Unha aperta, Chousa.

    Antón de MUROS ;-)

    ResponderEliminar
  13. toda a a europa está tãooooooooooooo doente

    [ tão fantasmagórica!!

    e não sabe que fazer com os seus restos

    seus fantasmas. e

    assim se fazem... monstros,




    beijo





    ~

    ResponderEliminar
  14. Imposibles de entender estes tipos que semella que viven no medioevo onde todo se amañaba a ostias.
    Eu tamen me quedo coa imaxe de Muros mirando ó mar dende esas ruas estreitiñas. Non o coñezo, pero grazas a ti xa puiden ver algo. Irei un día. Gústame a luz desa farola.
    Bicos.
    Ana

    ResponderEliminar
  15. Pensei seriamente se escribir un post ó respecto. Como xa comentei no facebook (a ver si fas un), a procura da liberdade dun pobo non é o fin, senón o medio para poder disfrutar de pequenas victorias. A victoria deles non é outra que ter unha excusa para poder matar cando se aburren. Son asasinos. Non hai máis, nin menos. O chantaxe do medo, ó que nos someten, nunca lles serviu para lograr o seu presunto obxectivo (xa digo que non é o obxectivo, senón a excusa) e seguen empecinados en usar esta ferramenta de terror, o que me da a razón.

    Son asasinos, non hai máis, nin menos.

    Pero... son asasinos fachendosos ós que lles gusta verse retratados nos distintos medios de comunicación. E... creo que con cada verba nosa ata se crecen un pouquiño máis. Encántalles ser os protagonistas de tanta ira, encántalles que nos movamos na súa contra... e iso... faime pensar en que facer: se exercer o meu dereito ó pataleo, a que saiban que non estou dacordo ou ben a morder a lingua, para que non se crezan á miña conta.

    Moito se ten escrito a partir dos estudos relativos a como inflúe publicar estas novas e... a recomendación é non darlles publicidade, porque é o que os terroristas queren, algo que reñe frontalmente co dereito á información. É tan complexo que un non sabe nin que facer.

    ResponderEliminar
  16. Esta banda son coma os gatos acurralados, que sacan os seus garfos, cerran o ollos e rabuñan o primeiro que pescan, todo aderezado con unha anchura de cerebro de querer demostrarnos que ainda están ahí con terror.
    Vaia por todas as víctimas desta panda de borregos.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  17. Buscarlle a razón a este feitos é perder o tempo. Algún día se darán de conta que están indo polo camiño equivocado. As mortes que leven aos seus pasos cando isto ocurra xa non se poderán olvidar.

    ResponderEliminar
  18. Xa, pero mentras non se dan conta (interesaralles?), siguen matando xente.
    Entendo o que se di nestes comentarios en non dar publicidade, pero calando tampouco se fai ningun ben por iso aplaudo a opción do autor e de todos aqueles que condenan e critican este tipo de accions criminales.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  19. eche moi triste, chousa, moito.

    ¡canta dor innecesaria!
    ¡pobres homiños con toda unha vida por diante que lles foi roubada!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  20. los terroristas no tienen anchura de miras, pero nuestros políticos tampoco.

    ResponderEliminar
  21. Todas as mortes devem ser impedidas, pois creio q nengumha ideia ou ideologia deve estar porriba da vida. Cada quem fará o seu passo polo mundo e deijará aquelo que tenha que deijar: Independentismo, comunismo, fascismo, etc. mas esse paso nom deve segar o passo doutros que passam coma el.
    Som uns criminais deleznavéis, mas também do outro lado - dos políticos que dirigem desde as instituçons- há falta de altura de miras, pois negam-se a negociar com ETA, e quando o fam pretendem que a negociaçom consista numha rendiçom sem condiçons co qual onde está a negociaçom???

    Devemos impedir que na nossa sociedade medre também a semente desa morte abrupta.

    ResponderEliminar
  22. Amigo Chousa, chego tarde para condenar os atentados de ETA. A min tamñen me é incomprensible que maten e que aínda perviva este problema despois de tantos anos e en plena democracia.
    Farei por te ver neste mes. Namentres, apertas.

    ResponderEliminar
  23. Había escrito un mensaje largo y profundo, con mucha reflexión,pero no salió!

    mmmggrmgrmgmrgmrgmwknvwnvwr

    Decía que ultimamente he estado pensando en estos temas mucho y que no sé qué es peor: la violencia (muchas veces con muerte) que se escuda tras razones políticas o cosas como el secuestro y los robos donde se mata a las victimas, donde las cosas siempre son claras, porque dinero es lo que quieren y no hay hipocrecias ni inventos ideológicos... pura avaricia.

    desde que secuestraron a un familiar y obviamente, apareció muerto meses después... me pregunto si existe la justicia divina o el karma, como se le quiera llamar, para esta gente desalmada de corazón podrido que parece va impune por la vida...

    ResponderEliminar
  24. se alguém pretende pedir a razom com violencia é porque nom há argumentos que sostenham a sua postura.
    beijos

    ResponderEliminar
  25. Bom vamos a ver se é desta. É que depois do pc vir da oficina, só por aqui andei umas horitas e foi-se a internet. Ou seja, primeiro tinha internet não tinha pc, e depois vice-versa. Como isto é um casal muito unido um não faz nada sem o outro e daí que eu tenha desaparecido de novo.
    Tem razão. Não se pode matar em nome da Liberdade. Que Liberdade é essa que se alimenta do sangue dos inocentes?
    Um abraço

    ResponderEliminar
  26. Avelainha: Levas razón. Ninguén pode fenecer dunha pericarditis se non ten pericardio. Con todo, agardo que se lles poida trasplantar corazóns -ainda que sexan de ferro- a eses animais para que poidan sentir o que é un latido.

    Cris: Ás veces canto máis se di é cando menos se transmite. Enténdote na reflexión que fas. A quen non dou entendido é á pandilla de camándulas asesinos que matan porque sí.

    Antón de Muros: É ben certo, e xa mo dixeron máis enriba, que a foto merecía outro tipo de entrada; pero a actualidade manda e foi así como me pillou a noticia e foi dese xeito como me saiu do corazón: mistura de ledicia por atoparme nun lugar tan xenial e tristura pola tozudez estúpida e absurda de catro malnacidos que so tentna amargarnos a convivencia en paz

    ~pi: Eu non sei se o calificativo de monstruos lles quedará pequeno. Estas alimañas non teñen cabida na sociedade actual. Como poden pretender se entendidos unha banda que lle pega un tiro a dous rapaces que so vestían o uniforme do seu traballo?. É como segarlle as pernas a un mariñeiro polo feito de selo...

    Ana Conde: Absolutamente axeitado o teu comentario. So podo unirme a él de xeito íntegro.
    Bicos tamén para ti.

    Marquesa Merteuil: Teño pensado eso mesmo que ti dis. Non hai maior desprezo que non facer aprezo; pero é que ás veces o sangue non cabe nas venas e ameaza con embolizarse nos miolos.
    Tampouco sei que é mellor: se calarlles as suas burradas ou contalas aos catro ventos. So sei que non poden continuar, carallo!!

    Barreira: Así demostran o que son. Non teñen outros argumentos máis que o gatillo das suas pistolas e os detonadores do amonal. Fíxate ti que bagaxe cultural teñen...

    Artabria: Ogallá teñas razón. Pero dame o corpo que a estes a "letra" so lles vai entrar coa dureza da Lei. Reformada, por suposto!

    Aldabra: Unha dor que inunda familias e que sega o máis prezado do ser humán: a vida. Quen carallo se vai sentar á mesa de quen iso fai?

    Raiz Verde: Debemos impedilo, claro que si. E como nós non imos facelo coas armas xa que non somos coma eles, non nos queda outra que empregar estoutras armas, as da condea máis enérxica e a petición unánime das reformas precisas para que a forza e o peso das Leis caian sobre quenes cometen os asasinatos e de quenes os apoian de palabra, de obra e de omisión.

    Busto Agolada: Non chegas tarde, Manolo. Para condenar a estes bichos nunca se chega tarde. É unha tarefa cotiá que teremos que facer até que non quede nin un so. E farémolo. E acontecerá. A forza da razón terá que imporse sobre a razón da forza!

    Caracolo: Entendo a tua comparanza, e -sen deixar de rexeitar calquera tipo de violencia- atisbo un raio de razón no que comentas.
    Sen caer na demagoxia de pensar nun mundo absolutamente carente de maldades, tampouco podemos deixar de desexalo e fixalo como obxectivo a conquerir.

    LM: Ese é o quid da cuestión. Cando non hai con que convencer...disparo na nuca do primeiro que pillan por diante.

    Elvira Carvalho: Pois a ver se logras xuntar a fame coas ganas de comer, e dese xeito poderemos seguir gozando da tua presenza na Chousa e das tuas sabias palabras no sextafeira.
    Unha aperta

    ---
    A vida continua. Cambiaremos de tercio neste agosto que non deixa moita calor na Galiza; pero que tentaremos quentar con outras artes...

    ResponderEliminar
  27. axeitado o teu comentario. So podo unirme a él de xeito

    ResponderEliminar
  28. Rúas estreitas e empedradas, como a mente dos asesinos.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: