venres, 22 de maio de 2009

Peidiño

Acicalámonos para que nos vexan ben e, dese xeito, amosar máis seguridade; co cal verannos mellor. Un círculo vicioso que día a día tentamos manter enfundando aquela camisa que nos engaiola moito e mergullándonos no perfume que namora as propias pituitarias.
É así como saimos da casa pisando forte, coa cabeza erguida e a vista ó frente. Gastando axiña a camisa bonita e facéndonos resistentes a esa colonia que xa non somos capaces de ulir.
Pero ainda coa gravata centrada e os zapatos relucintes, seguimos a ser sabedores sempre que, de cando en vez, non hai como botar un peidiño para liberar tensións e deixarnos o corpo -por un segundo- sumamente relaxado.
E que, de tanto falar, acabamos todos padecendo aerofaxias que compre liberar. Ou non?

Foto: Canalizacións residuais non radiactivas [creo].( Antas de Ulla)

33 comentarios:

  1. Os peidos son como os arrotos, bótalos de cando en vez e quedas na gloria. E faino todo o mundo, porque no fondo non somos tan distintos.

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo! por moi engaravatado que se ande o que nos sobra por dentro ten que saír por algures e... a todos nos sae polos mesmos sitios. Está claro que no que se refire as necesidades "imperiosas" todos temos as mesmas, outra cousa son logo os modales pero iso... é outra historia.

    Unha dixestiva lectura! ;)
    Cousiñas de Ro

    ResponderEliminar
  3. Lo que tengo claro es que lo que huele mal, por mucho perfume que le eches, lo único que haces es acentuarlo. Mejor sería limpiar, sanear y depurar lo que provoca el mal olor y salir a la calle frescos, sin tener que disimular. Y por supuesto, no usar corsés, ni dentro ni fuera, qué circule el aire, que si no, se estanca y eso... como el agua encerrada, acaba oliendo mal ;)

    bfletes relajados.

    ResponderEliminar
  4. As veces no e de tanto falar o padecer aerofaxia, se non de tanto escoitar en non dar dixerido... ¿ou non?.

    Nada peor que non dar sacado os gases que produce una mala dixestión de ideas na cachula.

    Apertas... que ulen a recién afeitado (para que non se diga).

    (Non sei cantos anos ha de facer que non me poño una gavata jejejeje, supoño que da miña epoca de "musico" de orquesta jejejeje).

    ResponderEliminar
  5. Ándasme orgánico tí tamén...jajaja.
    Home, pois fai falla botar os malos gases para fora, claro que sí. Os propios dun mesmo nunca ulen tan mal.. ¿non é?
    A mín prodúceme unha grande inseguridade pensar que vou ulirlle mal a alguén, por iso tento tamén acicalarme convenientemente, lavar, desodorizar, un chicle se teño a gorxa fastidiada... Non soporto os malos olores.
    Pero ando orgánicamente alterada, xa sabes..
    Mellor fora que dentro, en todo caso.
    Un bico de amorodo.

    ResponderEliminar
  6. mas claro que sim!

    raio de sociedade repressiva!!

    viva a liberdade ( pelo menos

    ESSA

    que ainda é possível :)



    beijo




    ~

    ResponderEliminar
  7. Muy bonitas las tapas del alcantarillado de Ulla, al menos en la foto, otra cosa es los efluvios que puedan emanar, aunque a todo se acostumbra uno, y todo es relativo, no sé, dicen que, a nadie le huelen mal sus pedos, ni sus hijos les parecen feos.
    Y este escatológico poema lo dedico, con todo mi cariño, a los galleguiños:
    Teño un chaleco de merda
    forrado de cagallóns
    e pra maior fantasía
    de peidos son os botóns.
    Biquiños perfumados, Chousa, pero de Chanel nº 5.

    ResponderEliminar
  8. ja,ja,ja!!! al grano chousa ;)

    saudiños!!

    ResponderEliminar
  9. Nunca vin que se lle poidera tirar melhor sentido a tapa dunha alcantarilla. Chapeau, Monsieur Chousa

    ResponderEliminar
  10. Tes razón, hai que afloxar e relaxarse, que o corpo non pòde ir sempre coa gravata das normas sociais postas!
    eu miro para a alcantarilla co seu buratiño, pero como estou vendo Lost, de seguido, non me sae da cabeza "a escotilla", che.
    imaxino que os do mundo cultural e literario que nin saberán que é Lost, non poderán ver a relación. Mais, agora que me veu a serie a cabeza... quen pillara hoxe noite de sábado a Sawyer, uff
    bueno, compostura, isto non é serio.

    ResponderEliminar
  11. Aledame ben que saques este tema, oh. Pois é bensabido por todos que hai formas e formas de botar os aires residuais. Con musica ou se ela, o conto é que sempre fai falla aliviar cando o tubo reborda.
    Pero a forma é moi importante posto que en función de como sexa así serán os danos colaterais. E dicir, non é tanto a cantidade como a calidade o que importa. Expliqueime con claridade???. Ufffff, coido que non.
    En fin.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  12. Os ventos propios arrecenden ;-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  13. Está un gomero a Nueva York y, cuando se le acaban los cigarros, va al
    estanco de la esquina. Sin saber inglés, describe lo que quiere con señas y
    trata de pronunciar " Marlboro".
    Cuando la dependienta se agacha a buscar los cigarros bajo el mostrador,
    va y se le escapa un pedo. Como si nada se levanta, le da el paquete y le
    dice: -"two fifty".
    El gomero indignado le contesta... ¡¡"tu fifty, gedionda. La del peo fifty túúú...!!

    ResponderEliminar
  14. Fíxome rir a gusto o teu post e mais os comentarios dos teus visitantes.
    Pero o certo é que queda un ben agusto e liberado cando por fin e xa só, pode botar un peido como dios manda, e logo dase conta de que non estaba tan só como pensaba, e pónsenos esa cara de curcunstancias que xa todos coñecemos, jajaja.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  15. Andas escatolóxico??? He he he.....a min gústame moito a naturalidade dos nenos neste tipo de temas...é unha pena que despois a perdamos (en parte)

    Bicosssss

    P.D. Regaláronnos o disco de Pepe Vaamonde Fabuloso!!

    ResponderEliminar
  16. É que ás veces temos tendencia a gardar e gardar, para vernos ben inflados... :D

    ResponderEliminar
  17. ben pensei que era una metáfora e que en realidade estaba falando de Antas... xD

    ResponderEliminar
  18. O Chousa cando non fala en metá-fora, fala en metá-dentro. Da gusto vir por aqui que sempre se ve todo ben aireadiño.
    E xa vexo que ata as arquetas de Antas teñen cu. Madia levan despois a acusarte de poñelos por todos lados.
    Bicos perfumadinhos

    ResponderEliminar
  19. Muy bonito.
    Y de todos es bien sabido
    que alguna vez nos hemos peído.

    (en gallego suena mas bonitiño pero no deja de ser un pedo)

    saludos

    ResponderEliminar
  20. Je,je, vaia tema. Que é o que nunca se soltou un peido diante da xente?

    Teño un amigo que cando bota un, adoita dicir "Prefiro perder un amigo que reventar unha tripa". Ó final, nin reventa a tripa nin perde o amigo, pero escapar hai que escapar, que hai cheiros e "cheiros".

    Saúdos aireados

    ResponderEliminar
  21. si, e as estrelas de Hollywood tamén van ao cuarto de baño ;)


    Saúdos.

    ResponderEliminar
  22. chinchi, que nom tem ainda escrúpulos sociais, bota cada um que ruido nom faram mas olor... a esses nom há colonia que lhe sirva!
    beijos

    ResponderEliminar
  23. Teño que desmentir esa teoría. Servidor fala apenas e produce máis (peidiños) dos razoablemente soportabeis.

    Eso sí: relaxar, relaxan, podo confirmalo ;)

    Saúdos

    ResponderEliminar
  24. Se no fondo, somos todos iguales ;)

    ResponderEliminar
  25. o que está claro é que ser humano é iso, é mistura, vergoña, incoherencia, é apariencia...e debilidade.

    Que viva a debilidade Chousa!!

    ResponderEliminar
  26. Dizia minha avó quando via alguém muito aperaltado, e importante.
    "Tanta importância, tanta importância, e quando chega a hora de cagar, é igual a toda a gente".
    Um abraço

    ResponderEliminar
  27. Amigo Chousa, ese furado-cu na tapa do alcantarillado é un enorme peido lingüístico do que ousou rotulalo co nome de ayuntamiento no canto de poñer concello. Este país latexa en galego malia que algúns non queiran compendelo. E así cheira.
    Apertas acicaladas.

    ResponderEliminar
  28. víches ó busto?, foi ó unico que lle cheirou o que de verdade apesta

    ResponderEliminar
  29. Vou ter que "defender" enconadamente as tapas do alcantarillado de Antas nas que pon "Ayuntamiento" en troques do que sería correcto -Concello-, como ben sinala o sempre atento amigo Busto.
    Pero resulta que, como tamén se decatarían algúns, levan gravado o escudo da provincia de Lugo; o cal non deixa de ter o seu mérito xa que cando se fixeron o único escudo que campeaba en case todas partes era o da "galiña" co xugo e as flechas...
    Efectivamente estas "tapas" rondan os 50 anos (dinme as miñas fontes, ainda que tentarei datalas mellor); tempos aqueles nos que a lingua galega non se empregaba -nin tan siquera- para as alcantarillas!.

    E agora o reto: a ver cantos Concellos -sobre todo os pequenos- contan con tapas "personalizadas" como estas. Rétovos a que as amosedes nas vosas bitácoras!!

    (A ver se enchemos o blogomillo de tapas de alcantarilla jajaja)

    ResponderEliminar
  30. Eu sei do chiste do neno que di:- Mamá, mamá; os peidos pesan ?. E a nai responde:- Non. Ao que o neno contesta:- Entón caguei por min.

    A ver se topo unha tapa de alcantarilla vilaguindastreira.

    ResponderEliminar
  31. Vouche regalar un peidiño mental que ainda despois de moitos anos recorod:

    Contan dun sabio que un dia
    tan misero e pobre estaba
    que tan so se alimentaba
    das follas que collia
    Habera alguen, para si decia
    mais pobre e misera ca mi?
    E ao darse a volta atopou
    que outro pobre ia collendo
    as follas que él arroxou.

    ResponderEliminar
  32. Airiños que por algún sitio teneñ que saír,eso sí en Antas as tapas son fermosas e de ferro que agora xa non se fan así...
    sen bico esta vez.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: