Neste intre e nesta hora, mentras medio mundo está pendente dunha esfera de coiro perseguida por vintedous machotes millonarios en Roma, outro medio mundo está pensando que carallo comerá mañán. Vivimos nun mundo cargado de decisións e cheiño de dudas.
Seguramente as duas posicións son relevantes e ambas teñen unha repercusión moi sobresaínte. Non sabería cuantificar a preponderancia económica dunha e da outra; pero seguramente andarán abondosamente descompensadas. E moi probablemente non do lado que deberían, pero quen fixo as regras da economía non se lle esixía que entendese de xustiza.
(Un ano destes hei propoñer que a final da Champions League se xogue en Antas. Cando teñamos Ave en Galiza, igual tamén podemos ter un estadio futbolero que a poida albergar...)
Seguramente as duas posicións son relevantes e ambas teñen unha repercusión moi sobresaínte. Non sabería cuantificar a preponderancia económica dunha e da outra; pero seguramente andarán abondosamente descompensadas. E moi probablemente non do lado que deberían, pero quen fixo as regras da economía non se lle esixía que entendese de xustiza.
(Un ano destes hei propoñer que a final da Champions League se xogue en Antas. Cando teñamos Ave en Galiza, igual tamén podemos ter un estadio futbolero que a poida albergar...)
Foto: Dudas existenciais (se tés cartos)
Algún xenio monetario dirache que os cartos do futbol xeran cartos.... o carallo e que os xeran pros de sempre.
ResponderEliminarBatense duramente por chegar a presidente de club de futbol sen ter nin idea de futbol.... ¿Cal será o extrano motivo?.
Cartos ou sexo... asi que ou son todos gais e montan orxias no vestiario.... ou...... cartos.
Apertas.
O carallo non e que comprar, e como buscar a maneira de non pagalo a prazos.
Cando escribo este comentario, os que non saben que comerán mañán seguen na mesma tesitura. Pero en Roma xa se sabe que millonarios acadaron a gloria futbolística. Goles anotados por un camerunés e un arxentino decantan o título a favor dun equipo catalán que seica representaba ao futbol español.
ResponderEliminarI en Antas celébrase con bombas de palenque arestora! Para que logo digan que Antas non está no mapamundi!!!
Parabéns aos afeccionados blaugranas
Levas razón,Druida. Pan e algo de circo. Todos subidos no mesmo carro de lume. Vou ver se chamo a Don Florentino para ofrecerlle a presidencia da Sociedade Deportiva Antas (co permiso de Don Brais; que seguramente lla deixa de bo grao...)
ResponderEliminarApertas
Pois debería ser unha asignatura obrigada, na que un cinco non abondara para aprobar.
ResponderEliminarEu estiven vendo como gañaba o mellor equipo do mundo mentres comia. Tan so tiña que decidir se probaba o chourizo ou si lle metia unha boa estrea a un queixo estilo ulloa. Do que non tiña dubida ningunha era saltar da silla cada vez que marcaba o barsa, ainda que fora coa boca chea de chourizo e pan de Cea.
ResponderEliminarSaudos.
pois eu andaba as voltas co inglés que me digo eu moitas veces ¿para qué demos queres saber inglés si probablemente nuncha vas ir a Inglaterra?... pero así son as cousas da vida, teimas de pequena...
ResponderEliminarrespecto ó que dís, dos que non teñen que comer, o asunto é malo de amañar porque ó que deberían e poderían facer algo non lles sae de dentro.
¡¡que inxusticia!!, como diría Calimero.
biquiños,
Gústanme moito as túas reflexións. En realidade se nos paramos a pensar o descompensada que está a sociedade, a economía, os desexos...
ResponderEliminarBicos pensativos.
Ah tampouco che gusta o futbol? pois xa somos dous bichos raros
ResponderEliminarc
Pero non é menos certo, que parte xente que non sabe o que poderá mercar mañán, onte levou unha alegría que polo menos faille ser feliz durante unhas horas (Pan para hoxe, fome para mañán). Tamén pasa que a outra mitade deles, aínda por riba nin felices poden ser, máis ben o contrario(A can flaco todo son pulgas).
ResponderEliminarAquí tamén estralaban a bombas de palenque, e máis de algún fixo das súas.
Unha aperta
vintedous machotes millonarios...
ResponderEliminarEncantame esta definición.....
Eu preferiría que en Antas montasen un cine o aire libre, adicada a "pelis para maiores". Deses que cada quen leva a súa silliña.
ResponderEliminarE a berrar goles.
Permíteme que che poña un enlace dun conto que fixen hai un tempo sobre os futboleiros sexuais:
http://certo.es/index.php?page=o_futboleiro
Pois a min, o que de verdade me daba arcadas eran eses jichos de garavata que saltaba no palco. Os xogadores non teñen culpa das inxusticias do mundo. Os outros si.
ResponderEliminarGústame o futbol pero xa non tanto ese politiqueo que o manexa.
Un bico :-)
Aínda que o futbol non me entusiasma, creo que coincido máis co expresado con Sousa: ao final, o futbol é un motivo de ledicia para moita xente. Iso non xustifica nada, pero, cando menos, ten iso de bo.
ResponderEliminarPois eu já te vin a ti rebechar algunha vez cos goles do Celta, asím que faite comprensivo cos desfrutes dos outros agora.
ResponderEliminarO nome da tenda esa tamen e bem rebuscado ho, nom sei onde raio atopas ti esas cousas.
Carlosm
o que queiras, pero visca barça!!! jejejeje
ResponderEliminarA verdade é que non entendo porqué cobran tanto unhos señores que se adican a darlle co pé a un balón.
E a celebración do triplete costoulles cara en Barcelona. Hai cousas que nunca entenderei.
ResponderEliminarDebería estar prohibido gañar tanto diñeiro sen facer nengún ben común tanxible. Divertir a xente é unha boa cousa, pero non é ético o que gañan. Non me parece ben, sobre todo cando, como ti ben dis, outros pasan fame polo mundo.
Un bico.
Unha vez máis concordo contigo.
ResponderEliminarun beijino pero dos ricos.
Es una buena reflexión, pero me temo que vas contracorriente Chousa. Acaso esres un salmón?.
ResponderEliminarFelicitaciones por tu blog
Elena
Recollo o aviso de que, certamente, os afeccionados do FC Barcelona teñen que estar ben orgullosos do acadado este ano.
ResponderEliminarSon comprensivo e non lle quito mérito polo que dixen e, sobre todo, polo que pensei a noite de gloria acadada en Roma.
Sirvan pois estas verbas para calmar os ánimos de todos e todas aqueles e aquelas polas que corre sangue blaugrana polos seus conductos arteriais!!
Parabéns e congratuleixons
hei, esa foto no es de mellid???. Para una vez que no pones una de Antas y no dices nada pillaban
ResponderEliminarÉ, é. Rúa melidense est
ResponderEliminar"Neste intre e nesta hora, mentras medio mundo está pendente dunha esfera de coiro perseguida por vintedous machotes millonarios en Roma, outro medio mundo está pensando que carallo comerá mañán. Vivimos nun mundo cargado de decisións e cheiño de dudas..." o malo é que de esas dudas dependen vidas humanas. Realmente non entendo a tan desorbitada e inhumana desigualdade que reina no mundo. Ogallá as cousas foran doutro xeito e todos puidesen disfrutar das simplezas da vida pero ao mesmo tempo todo o mundo tivese asegurado o seu pan.
ResponderEliminarUn saudiño!
Cousiñas de Ro
Tiven de súpeto unha visión;
ResponderEliminarEstabas tí de Alcalde de Antas, e tiñas un leve parecido...
non sabería decirche...
logo así, co báculo ise, como se chame, o bastón dos alcaldes; a banda coa bandeira galega cruzandoche o peito, subido nun podio, mirnado cara o lonxe, acollendo Antas baixo a túa mirada protectora
¡Vaites! mira con que nos ves agora, ata queres ter un estadioi de fútbol para xogar a champions ligue!
quetoliñomees