Dende a atalaia da imaxinación podemos adiviñar visións que nunca existiron e que nos ofrecen unha perspectiva, tan subxectiva como real, do entorno que nos acolle.
Asolagados polas nosas propias bágoas, enfermos de asistolias en corazóns concebidos para latexar indemnes día a día, ano a ano, vida a vida, perdemos minutos e horas en...simplemente respirar.
Namentras, o río flue diante dos nosos ollos cegos. E isa gota ínfima non ha volver pasar nunca máis.
Compre buscar un bo punto para deterse e observar coa vista da intelixencia en sintonía con aquela imaxinación empoleirada.
Con calma, con serenidade. Decatándonos de que non importa tanto o que miramos. O realmente relevante é o que vemos.
Asolagados polas nosas propias bágoas, enfermos de asistolias en corazóns concebidos para latexar indemnes día a día, ano a ano, vida a vida, perdemos minutos e horas en...simplemente respirar.
Namentras, o río flue diante dos nosos ollos cegos. E isa gota ínfima non ha volver pasar nunca máis.
Compre buscar un bo punto para deterse e observar coa vista da intelixencia en sintonía con aquela imaxinación empoleirada.
Con calma, con serenidade. Decatándonos de que non importa tanto o que miramos. O realmente relevante é o que vemos.
-Eu son moito de Riberas del Duero. Tampouco é que lle faga noxos a un bo Rioja, que tiven unha educación moi tolerante-
Foto: Vista privilexiada do Ulla (Antas de Ulla)
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarQué bonita foto Chousa, qué relajante además a medio sol y frente a los árboles. Pararse a observar mas allá, y también a escuchar, que estoy segura de que esos árboles de enfrente del banco también tienen mucho que contar!
ResponderEliminarYo ahora observaré mas aun, me han despedido del trabajo, así que pasaré mas lunes al sol! (o bajo la lluvia, o trás un cristal).
Tu eres un gran gran observador, que la rutina no te impida seguir mirando lo importante! Que además, si dejas de observar tu, perdemos todos ;)
Bfletes riojanos (ya te diré por qué)que te extrañan por las ventanas!
Se non está moi perto do núcleo urbán paréceme un lugar ideal para deixar vagar a mente....As poucas veces que podo facelo, alá na nosa finca, fágoo e síntome moito mellor....
ResponderEliminarA esta rapaza, Cris, que non desespere e desanime....Seguro que cedo atopará outro traballo. Un bico para ela.
E, claro, outro para ti. Prometo grabar os cortos nun DVD para que os poidas ver con calma e agusto.
Imaxinemos un mundo mellor, no que se comparta, no que todos teñamos traballo, dereitos, satisfaccións, equilibrio coa natureza, consciencia social e de outras clases tamén...
ResponderEliminarImaxinemos que temos todo o tempo do mundo para mirar, mentres respiramos a fondo un aire limpo e fresco a carón do río (o Ulla, o Tea, O Miño, calquera me vale..)
E só con imaxinar xa seremos un pouco máis felices... ¿non sí?, sobre todo se nos paramos un momento a imaxinar como serían as cousas se nos faltase o máis importante. Eu podo respirar profundamente e sentir que estou viva, sana (boeno, un pequeno catarriño sen importancia..jejeje), nunca estiven tan ben...
Sempre positivos.
Un bico moi ben mirado.
Chousa, gracias!!!!
ResponderEliminarHadex, ola!! No, no desespero, aunque es fastidiado, me lo tomo como una oportunidad, un nuevo camino para andarlo y justo me acababa de comprar zapatos nuevos ;). Bicos para ti tamen.
MUAK
que fermoso!!!si e que Galicia é belisima!!!bicos.
ResponderEliminarAy Cris, Cris.....no te digo nada, porque estoy segura de que en menos de nada ya tienes una nueva aventura profesional que contarnos.......
ResponderEliminarEstou pensando eu que seguro que un bocata de pan e queixo de Antas sentada nese banquiño había sentar moi ben....ti que dis, Chousiña?
Joder Chousa cando te pos así tan trascendente pareces un politico. E tamen me gusta verche ese lado, so que me fas pensar moito. Esto que dis fai que me poña un pouco triste e non me preguntes o motivo.
ResponderEliminarPreguntome moitas veces de donde sacas ti esas fotos tan adecuadas para os textos que escribes. Xa o dixeron outros tamen pero e que e certo.
C
Hola a todos, Chousa a foto é unha preciosidade.Certo é que dan ganas de sentarse a relaxarse un pouco.
ResponderEliminarCris eu estou na mesma situación, fai tres semanas que quedei sen emprego...pero non hai mal que por ben non veña...empecei a estudiar unhas opos que nunca faría se tivera que seguir 10 horas diarias na oficina. Ánimo!!!!Todo pasa.
O meu punto sempre está ao carón do mar, aínda que sexa nunha terra interior, chá, rodeada de montes e outeiros, sempre busco as ondas.
ResponderEliminarE sempre as atopo.
Un bonito lugar pra que vaia descansar Touriño ahora que o xubilaron no seu cargo presidencial e que mire cara o rio e cara os montes. Polo que se ve na foto penso que cabe tamen con el o Quintana.
ResponderEliminarSabes que as tartarugas viven moitos mais anos que nos porque nos gastamos unha morea de enerxia en manter a nosa temperura corporal en 36 grados. Elas non gastan enerxias niso.
ResponderEliminarEn fin cousas da natureza. E cousa do azar é o que che da a posibilidade de degustar a carne ao caldeiro. Fuches o gañador do meu meme.
Asi que contactamos para quedar e comer ben.
Saudos.
Oleeee.
ResponderEliminarAdemáis do agasallo, froito da xenerosidade de Alexandra, co seu Vinho Verde da Quinta da Lage; xa tiven tamén o meu número premiado.
Xa contactarei con vostede, Sr. Barreira, para fixar data dese evento.
Unha aperta!
Parabens polo sorteo, parece que tanto queixarse ten a súa recompensa, jajaja
ResponderEliminarAmiga!!!, aquí o que non chora non mama.
ResponderEliminarAsí que vou seguir chorando, que ainda queda algún que outro sorteiño por facer...jajaja
Si señor, ti si que sabes aproveita-lo momento, Chousa!
ResponderEliminarNon me viña mal un pouco de optimismo hoxe, graciñas!!
Ao final vas gañando algo polos blogos adiante.
ResponderEliminarUn saúdo.
Non entendo nada. STOP
ResponderEliminarmañán repasoo outra vez STOP
E que volvin a beber outra vez viño do país... HIP
:-)
belo banco onde
ResponderEliminarse alnga a vista
sobre
parar, serenar, pas-sar,
( passamos a vida tão distraídos, de facto.
antas de ulla, fica o
reg-isto!! :)
beijo
~
Iso de perder o tempo en respirar eche un conto, abofé perdemos máis en afogar en vasos de auga.
ResponderEliminarEse banco ao sol é unha delicia.
Mirar ,observar, ver...
ResponderEliminarO entendemento sempre limita o horizonte da nosa ollada. Pero bueno, a min sempre me gustou ir un pouco máis alá dese límite, perderme un pouco, deixarme atrapar polas sensacións que superan en moitos casos ao entendemento. De aí que onte afogara as penas en viño, jaja
ResponderEliminarAi, chousa chousa ¿e para cando unha noite de viños e rosas?
Que casualidade, cando fun escribir a palabra antispan, atopeime con "rosess"
¡cousas do meu destiño!
Un texto dos que fan pensar, e unha fotografía fantástica.
ResponderEliminarbeijinhos imaxinativos e melancólicos.
Mirar e ver, menudo dilema.
ResponderEliminarOutra cousa Chousa, teño unha dúbida, como é o do transporte ese de MRV que vos escoiten o sábado falalo na radio? E que quería mandarlle o premio a Artabria e xa me enterei que ti llo mandas por esa empresa.
Este ladiño teu tan intimista e poético da para pensar,as veces pasan por diante de nós cousas que non miramos,so as vemos porque os ollos ven pero mirar so mira o espíritu...
ResponderEliminarbicos pensativos.
E na intimidade...
ResponderEliminarQue me dis deses ratiños pousados no colo dun amor eterno ou pasaxeiro...
Estupenda foto e texto.
Xa vedes que un tamén ten o seu lado "serio" e introspectivo. Pero non fagades moito caso que, en realidade, todo se debeu a unha cea excesivamente regada por un Rioja (carísimo; pero como non o pagaba eu...).
ResponderEliminarCarlos Sousa: Tés razón que no programa de Radio Cornellà falouse de trato preferencial na tarifa de MRW; acabo de enviarlle un correo a Xulio (Semprengalicia) para preguntarlle que hai do asunto. O certo é que eu mandeille o paquete a Artabria sin decatarme dese "detalliño"...
Vivimos demasiado deprisa, y nos perdemos tantas cosas...
ResponderEliminarUnha aperta, terminaré aprendiendo gallego.
Nese banco a pasmar colleunos a moitos o temporal do día 1. E...papamos unhas hostias de moito caralliño. A ver se a "gaivota" volve ao mar.
ResponderEliminarmira onde se inspira...
ResponderEliminare unha pregunta, bailou ou non bailou comigo, enmascarado?
Gústame especialmente o inicio deste texto, pois non hai mellor atalaia que a da imaxinación. Desde ela a perspectiva do mundo é tan variada e ampla como un pretenda.
ResponderEliminarApertas e bo proveito, dígoo polo do viño.
Está feito vostede todo un filósofo, ó mellor o Ribera del Duero tamén ten algo que ver neso.
ResponderEliminarOes, e que é eso de mandar os paquetes por MRV, mandainos por Correos mecagonatós!
ui...pois nom tou mui de acordo com que perdamos tempo em respirar... eu prefiro gastar o meu tempo nisso ;-D
ResponderEliminarbeijos
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarTéñoche eu un sitiño tamén moi xeitoso para descansar e mirar bebendo un mencía, tamén se permiten os riojas e xa non digo os riveras del duero, pareceme que estabas moi inspirado se cadra andabas a catar os viños ou?
ResponderEliminarBicos.
Esa boa adaptación a viños varios, de calidade, froito... heheh... da educación tolerante, quedouche moi ben. Fíxome rir un pouco.
ResponderEliminarOs do blogspot son uns chivatos! se unha suprime un comentario, pois non existe! raio de chisme que ten un apartado for your eyes only -infiro eu moi deductiva, polo coment no meu post do carpe diem-
ResponderEliminarJajaja, da gusto ter comentaristas (ainda que supriman) con esa capacidade deductiva que so teñen as grandes mentes pensantes, Zeltia.
ResponderEliminarA iso de for your eyes only nunca lle fagas moito caso. A min téñenmo dito e despois atoparme con outros ollos que seica tamén lles foi amosado ;-)
----
Graciñas a todas e a todos por botarlle un ollo a este banco tan magnífico, que está ubicado nun lugar do Concello de Antas de Ulla, que un día sacarei con máis profusión de comentarios. Non o fago ainda debido a que está en obras e polo tanto non está preparado para recibir visitas.
En todo caso, absolutamente encantador o sitio, como para deixar voar a imaxinación e...incluso máis cousas!