As variacións de rexedores que os sistemas democráticos nos deparan traen consigo ledicias (ou xoldras) nas casas duns e bágoas (ou decepción) nas dos outros. Os cambios é o que teñen: imposible congratular a todos.
Pero uns e outros temos o mesmo denominador común: somos cidadáns. Persoas que, mediante a nosa contribución económica vía impostos, aportamos os medios precisos para que traballen por e para o noso benestar, e xestionen os bens comúns.
Sentadas esas premisas, a todo quisque lle debería quedar ben claro que tampouco hai que renumerar todas as casas cada vez que cambia o carteiro; senón á volta duns anos corremos o serio risco de ter moita numeración en troques dun portalón.
Pero uns e outros temos o mesmo denominador común: somos cidadáns. Persoas que, mediante a nosa contribución económica vía impostos, aportamos os medios precisos para que traballen por e para o noso benestar, e xestionen os bens comúns.
Sentadas esas premisas, a todo quisque lle debería quedar ben claro que tampouco hai que renumerar todas as casas cada vez que cambia o carteiro; senón á volta duns anos corremos o serio risco de ter moita numeración en troques dun portalón.
Foto: Casa re-numerada en Regadío (Antas de Ulla)
Unha entrada ben democrática, sí señor ;-)
ResponderEliminarSaúdos.
Antón.
Ben certo o que dis.
ResponderEliminarUn saúdo!
Entendo por onde vas(refírome á parte final), pero desta vez, e sen que sirva de precedente non concordo contigo.
ResponderEliminarDe todos os xeitos mándoche un bico todo o democrático que pode chegar a ser.
Carallo... eso é coma cando chegas a unha zoa en obras nunha estrada con 40 mil sinais e logo nada..jajaja.
ResponderEliminarE eu pregunto, ¿cal é o número da casa?.
O cambio polo cambio nunca foi bon. O cambio, coma case todo nesta vida, ha de ser con xeito.
Saudos.
Pois eu si que estou dacordo. :-)
ResponderEliminarAntón de Muros: Así somos en Antas, que tanto comemos un churrasquiño como unha merluza á cazola. Demócratas convencidos!!! ;-)
ResponderEliminarSoO*: E que cando teño razón...teño razón; á que si? jajaja
A Conxurada: E que cando non teño razón...hai que discrepar!.
A riqueza humana radica tamén nesa discrepancia que nos complementa i enriquece. (Seguramente que se profundizamos no da numeración...ata acabamos coincidindo).
Barreira: Xustiño!.
Pois o número da casa penso que agora é o 1 de Regadío e anteriormente era o 227 da rúa Chantada de Antas. E que a casa está entre medias dun e doutro e...xa se sabe; o centro é absorvido ou pola dereita ou pola esquerda!
Markesa Merteuil: Graciñas por concordar comigo, Markesa. E se atopamos outro máis que esteña con nos xa podemos montar unha asociación. Por suposto ti serás a presidenta. Conto contigo para a causa.
pois non lle pillo a retranca ó de renumerar as casas... ¿vai feijoo poñerlle un número novo a todas as casas?
ResponderEliminar:P
fdo.: zeltia, inocente.
O que antes era o 1 agora é o 227...
ResponderEliminarO mundo ponse patas arriba con cada cambio de goberno, uns compramnos un cochazo de campanillas, e os seguintes vendemos o cochiño novo, do trinque, blindado, por catro pesos e mercamos outro por outra millonada. Uns mercamos un despacho noviño ( aquel despacho de anticuario que mercou o anterior "¿quen sabe onde?" estará), pero os seguintes, cambiámolo outra vez, que temos que cumprir co que dixemos na campaña, e así, así, facemos todos "economías" a capricho, que xa pagarán os pardillos dos galegos !
O día que teñan que rendir contas... ¡mimadriña!
Vai ser algo máis ca un cambio de numeración.
Pues no entiendo a qué viene el cambio de numeración, no se, lo mismo tiene su justificación y una lógica que no pillo, pero así de primeras lo que me parece es como demostrar que aquí estoy y yo mando! Pero no se, ¿es que no había nada mas útil por lo que empezar a trabajar? Lo mismo es que no... y es que sólo somos números...
ResponderEliminar227 bicofletiños, que 1 me parece muy poco!
Pero se esa rúa ten case tantos números coma a Avenida da Coruña de Lugo!!!
ResponderEliminarOs cambios son necesarios, supoño, pero non a costa de certos prezos.....
Bicosssss
E eu que, cando vin o 227, dixen, mi madriña, como está a medrar Antas!!, para que leven nos fuciños os que pensan que o centro xeográfico non ten futuro!!! E vas ti e bótalo todo a perder dicindo que igual que digo 227 tamén podo dicir 1, que eses son os amaños importantes que se van facer dende o goberno.
ResponderEliminaro dos números iba por o do coche e tal?
ResponderEliminarpenseino, (alguén me ensinou toda unha colección de coches citroën, con tuneados do photoshop, para ver por cal se decantaría feijoo)pero despois, como estes días nin lera a prensa nin encendera a tele que andiven moi ocupada :-) pois dixen debese falar dalgunha historia nova que eu ainda non sei (¿viches?, o de inocente non iba con retranca, que ser, sono)
Zeltia: Mellor pénsase sen soniño, á que si?.
ResponderEliminarO estado ese de somnolencia convida a outras lerias nas que o cerebro tende a deixarse levar e non obligalo a facer contas...
Ah, e ten tino con Blogger, que me chiva todo o que fas...jajajaja.
Cuspedepita: Por ese lado van os tiros da miña escopeta!. Polos cambios de mobiliarios, de nomes das escolas, de coches, de...Fai falta tanto cambio de portas para fora?.
Cris: Así me gusta!, que derroches bicos a tutiplé (sobre todo se eu son o receptor claro).
Confiemos en que os cambios non queden tan so no dintel das portas e -xa que a maioría decide que hai que facelos- sexan sempre para ben de Galicia.
Hadex: Antas é a capital do mundo, recorcio!. Non me cansarei de repetilo.
E si, como dicía antes, esperemos que non se adiquen a maquillar somente a faciana (porque ellos lo valen), e saiban interpretar a sinfonía da Galicia toda; non so a do 40 e pico por cento...
Anto: (Da gusto o alcume que ghastas!). Sí señor!; somos poucos pero todos bós. Tentamos radiar dende este Centro Xeográfico as enerxías suficientes para que dende calquer punto do país sintades a ledicia e a sensación de que ...somos galegos, carallo! (iieeeeepa aiiiii).
Claro que sí. Eu non entendo a política. Haiche cousas que son como son, e politizalas nin ven a conto nin sirve para nada salvo para gastar os nosos diñeiriños, e iso doe. A min dóeme bastante.
ResponderEliminarAs veces me teño posicionado a favor dun governo (porque en galego é con v ¿non? jajaja)TECNOCRÁTICO. Os tintes ideolóxicos veñen a enturbiar o traballo ben feito. Ten que haber ética, por descontado, pero sobre todo ten que haber "saber facer", e facelo, sen atender as dereitas ou as esquerdas. Todo recto, polo centro ata a consecución do ben público e privado tamén. Todo o demáis é gasto estúpido e voltas infructuosas.
Hala. Pois iso.
Un bico sen número (é mellor non contar)
E o palabro de verificación é "Firidsmo", que debe ser o nome dunha nova corriente idiolóxica, seguramente a medio camiño entre o comunismo e o capitalismo...jes.
Ultimamente sigo os post con algo de retraso pero aqui me tes de asidua.
ResponderEliminarMoi democrático é efectivamente todo o que dis, de feito a cousa positiva foi a participación da xente nas eleccións, que un 70 por cento se mova para dar o voto en lugar de quedar na casa porque chove ou porque da pereza sair a rúa, está moi ben...pola miña parte sinto un pouco de decepción, un pouco de rabia, un pouco de medo e un pouco de desesperación co resultado, pero sobre todo sinto que cada vez entendo menos o que está pasando en Galiza.
Pitima: Que ben captas as mensaxes carallo!. Vese que xa levamos tempo sintonizando o mesmo dial e imos pillando as ondas incluso sin precisar antena (de TDT xa nin falar. Nin falta que fai).
ResponderEliminarEu xa non sei se confío no "savoir faire" dos políticos. Ti...tampouco, certo?
En todo caso lembremos sempre que, como decía aquela canción, hai que vivir. A pesares de todo hai que vivir...
Vintxuca: Ás veces non entendemos o que pasa nos nosos propios corpos; como para saber o que acontece en todo un país!. Eu tampouco o sei, Vintxuca; pero sí sei que somos un pobo caralludo e que levamos ostias ata no dni (incluso antes de telo); así que se agora trunfa en bastos...eu arrrrrrastro, caghonatós!!!
señor llosa de la alcandra... nom fale mui alto que comezam pelas galescolas, depois as ruas, as casas e chegam até o blogomijo...
ResponderEliminarkisses (vai neste idioma que ten pinta de chegar a ser universal...)
O problema das casas remuneradas é que detrás da porta renumerada, segue a mesma decoración aínda que se cambien algúns mobles.
ResponderEliminare assim se dá A grande indecisão :)
ResponderEliminarentre 227 e 1
não podem servir as mesmas chaves!! :)
( nem sequer os mesmos habitantes, me parece!
beijo
~
A mín o que me alucina é que aínda así as cartas chegan,plas plas por Correos e polos seús carteiros eles sempre afeitos a tanta troula...
ResponderEliminarbicos.
Todo cambio para que se consolide necesita ir amodiño. A mellor maneira de que nada cambie é querer cambialo todo de golpe. Para mudar as cousas precísase moito consenso. Ben ves como cambiou a lei antitabaco! Nos locais públicos creo que agora se fuma máis ca antes. Quixo cambiar dun xeito radical e non surtiu efecto porque non se deron as condicións sociais, nin é factible cargarlle todas as culpas ao propietario dun restaurante.
ResponderEliminarAgora o que me sorprende é o cambio de número tan dispar qur nos presentas na foto.
Apertas.
Pois eu vou facer números para ver se podo adquirir algún resto deses que se van "rifar" no rastro dos coches prexubilados.
ResponderEliminarXa case está todo dito, Unha pena que o número non fora 127. Querría iso dicir que o 009 ese ía mercar un Seat 127? Iso si que sería reducir gastos e ata non faría falla blindalo, que pasaría desapercibido.
ResponderEliminarEu sería daquelas que case teñen bágoas o 1, pero bueno, dentro de 4 anos, máis, e espero que mellor.
ResponderEliminarSobre a numeración das casas..........debido ao meu traballo, atópame moitas veces con este problema.........
Vai montando a asociación. saúdo
ResponderEliminarEu tamén son do desexo de amármosnos os uns aos outros, os das dúas Galizas. Xa que ao fin estamos apertadiños, haberá que foder de cando en vez, nonsí?
ResponderEliminarBicos.
Sempre rio contigo.
Persoas que, mediante a nosa contribución económica vía impostos, aportamos os medios precisos para que traballen por e para o noso benestar, e xestionen os bens comúns.
ResponderEliminarCreo humildemente que nesta afirmación que fas estás por desgraza equivocado, xa que nos aportamos os cartos para que sexan eles os que disfrutan do benestar, xa que todos estos estan a levarnos polo camiño de traballar xa por un miserable bocadillo
¡Cona! como se nota que gañaron os outros, jeje
ResponderEliminarÉ unha broma, que foses do partido da rosa non deixaría de ser unha coincidencia, anque sendo de Antas tampouco me extrañaría :-(
Tes razón amigo Chousa, estaba eu mesmo pensando se non lle servirían ao Feijoo os traxes de Touriño ou Quintana.
Bicos e apertas.
iso de "a todo quique" é xenial jaja. E por suposto, ten razón. Un bico.
ResponderEliminarQue claro temos nós iso que dis ti no post e que pouco o entenden (ou queren entender) os políticos... ;)
ResponderEliminarApertas!
totalmente dacordo, a ver si se enteran...por certo cambiei a url ahora é http://luinhalunatica.blogspot.com, bicos.
ResponderEliminar