Axeonllado diante do confesonario, o feligrés tiña a cabeza baixa e xogaba coas mans diante da sua cintura con nervioso movemento despois de confesarlle ó cura que tivera que ver con Luciana de Xan pola noite da festa de San Ataúlfo.
- Pero onde te viches con ela? -preguntou inquisitivo o Páter-
- Sabe vostede xusto detrás do adral, onde as silvas cubren a arquivolta do presbiterio da Igrexa?
- Sei, dixo don Servando con rapidez e abrindo moito os ollos.
- Pois alí, apostillou o semiarrepentido Eusebio
O cura elevou os ollos cara o Altísimo e logo duns segundos de silencio, que a Eusebio lle pareceron horas, sentenciou:
- Fillo: o pecado é grande; pero o sitio hai que reconocer que é caralludo!
- Pero onde te viches con ela? -preguntou inquisitivo o Páter-
- Sabe vostede xusto detrás do adral, onde as silvas cubren a arquivolta do presbiterio da Igrexa?
- Sei, dixo don Servando con rapidez e abrindo moito os ollos.
- Pois alí, apostillou o semiarrepentido Eusebio
O cura elevou os ollos cara o Altísimo e logo duns segundos de silencio, que a Eusebio lle pareceron horas, sentenciou:
- Fillo: o pecado é grande; pero o sitio hai que reconocer que é caralludo!
Foto: Magnífica fiestra absidal da Igrexa románica de Santa María de Arcos (Antas de Ulla). É unha mágoa que non se poida ampliar o suficiente a foto; pero debedes ter fe, e creerme que na elegantísima arquivolta de medio punto había duas moscas fodendo.
Simpática historia e fermosa foto. Bicos
ResponderEliminarPor que sabe que é un sitio caralludo??? Por experiencia??
ResponderEliminarBueno, o pecado é grande pero o sitio debe ser caralludo (para as moscas,digo)
ResponderEliminarUUUUhhhhhhh, Artabria, experiencia tenche un rato largo, e de arquivoltas e presbiterios ainda mais.
Que Deus nos colla confesados porque si hai que ir a confesarse estamos apañados, ja.
Artabria: o cura sabíao por mor da completísima formación -filosófica, teolóxica, humanística e incluso topográfica- que reciben os candidatos a presbíteros nos seminarios...
ResponderEliminarGustoume a resposta a Artabria. E... gustoume o de fodendo. Mira que non me gustaba, que prefería outros para describir ese exercicio "espiritual", pero... ai... :-)
ResponderEliminar¿Qué pasa?, parece ser que don Servando conocía muy bien el sitio, jajaja.
ResponderEliminarYo, como soy buena y no tengo pecados, no tengo que confesarme con ningún don Servando, además, qué le importará a él lo que hago y dónde.
Muy bueno, Chousa, y preciosa foto.
Biquiños.
Saberia-o porque o home tería que velar muitas vezes a criada e á "sobrinha"
ResponderEliminare o nome do pater? por que o agochas?
ResponderEliminarbeijos desconfiados ( e nom me toca a palavra de verificazom matoco)
avaliaba o cura con admiración tomando nota. pareceme que xa me contaran ese chiste, pero como se me olvidan todos, volvínme a rir outra vez (ista vez cara adentro, que che é unha maneira moi boa de rir)
ResponderEliminarobservo nos comentaristas que me precederon unha certa socarronería, non sei a que será debida...
Son todos un fato de irreverentes, Zeltia; pero...son amigos e hai que aturalos.
ResponderEliminar(Un día xa me contarás que sonidos emites cando ris para dentro).
Bicos (cara fora)
Quén puidera ter semellante formación para coñecer os mellores lugares! ;-)
ResponderEliminarMira: creo que as moscas voaron...
Unha aperta.
Antón.
Se os muros das igrexas falasen...
ResponderEliminarmoitos curas calarían.
Por outra banda, o tema dos confesionarios, un non pode ir a confesar parvadas, se non hai que confesar, pois invéntase; sempre me preguntei cantas vocacións literarias comezaron alí.
O erotismo da profanación e do prohibido non se lles escapa nin aos bechos...
ResponderEliminarMira que jeito tan didactico de amosarnos o arte romanico de Antas. Seguro que se vas ao Colexio dar a clase aos raparigos e lles falas nestes termos, xamais esquecerian o do arco de medio punto, o das arquivoltas e mais de que a igrexa de Arcos e do románico.
ResponderEliminarEstá ben descubrir sitios novos..incluso o entorno rural e o aire libre paréceme do máis encantador ...perooooooooo....
ResponderEliminaro das silvas non me acaba de convencer!!!!!!
Se os muros das sacristías falasen... ai mi madriña..
ResponderEliminarBicos sen pecado concebidos.
Ja ja ja iba a decir lo mismo que Artabria pero como además he leido tu respuesta pues me sigo riendo y me lo ahorro. Ay que ricos saben ciertos pecados, el lugar a veces amplía el sabor, pero otras es que ni cuenta que se da uno si fue aquí o en la luna...
ResponderEliminarBicofletes sin perdón!
(verificacion de palabra: muller, ja ja)
Mui bo o conto !.
ResponderEliminar¡Canto saben estes curas!
ResponderEliminar¡Moito vos aprenden no Seminario! jajajaja
Moito me rin co conto (e cos comentarios)
Chuchos "pecadosos"
ahhhhhhhhhhh!!
ResponderEliminarmas não será mesmo imaginação tua!!!? :)
Se o cura sabía que era caralludo (o sitio), sería polas confesións que lle farían moitos "pecadores", non creo que fose por outra cousa, que va!, como ía saber el algo así.
ResponderEliminarhahahahahhahahahahahahha!!!!!!
ResponderEliminarClaro....a razón lévaa Sousa....incentes eles!!!
ResponderEliminarMoi boa, Chousiña.
Bicos puritanos.
Pois a min o pecado paréceme fabuloso, pero o sitio talvez algo incómodo. Un saúdo.
ResponderEliminarjj historieta divertida.
ResponderEliminarSaúdos!
Os curas foron Frailes antes...Apertas,e millor non te centres.
ResponderEliminarjajaja moi divertido o conto.
ResponderEliminarCase todo o mundo pensou o mesmo... este Páter sabe de máis.
ResponderEliminarComo me toque o libro...
Moi bo o post! Jajajaj. Eu polo que pagaría sería por saber que pensaba (ou rememoraba) o cura no momento da confesión. Como lle gusta pecar á xente!
ResponderEliminarUn bicoooo!
PD --> Eu toleo para borrar os comentarios de spam, a ti pásache igual? Non coñezo solución ningunha, en canto teña un pouco de tempo investigarei a ver que se pode facer
probaremos logo esta nova solución, moitas gracias!!
ResponderEliminarCreo que non dá problemas :)
Si o cura sabía que o sitio era caralludo, sería porque xa o tiña probado. Carallo, con estes curas!!!
ResponderEliminarSi se entera o Rouco Varela excomulgao; bo, o mellor tamén ven el a catar o sitio!!!
Vaiche boa!!!
menos mal que os curas levan sotana!!estar oindo os pecados alleos ten que ser unha penitecia pouco levadeira.
ResponderEliminarbicos que xa estou de volta.
qué número teño para o pan con queixo?
Á vista da foto e despois da simpática confesión voume permitir a licenza de lle chamar un pecado románico. O das moscas ímolo crer porque ver non se ve nada.
ResponderEliminarApertas.
xa hai que ter vista!
ResponderEliminarjajaja...e que unha cousa non quita a outra.
ResponderEliminarPoucos sitios atopei coma no cabo da horta.
ResponderEliminarMeu, estou impaciente por saber das túas condicións para sair conmigo :-)
Unha aperta.
Alédame moito que tod@s disfrutásedes co arte románico de Antas. O que non pretendo é que fixedes tanto a vista que vaiades a ter un problema oftalmolóxico.
ResponderEliminarContinuarei co percorrido por este e outros artes. Que en Antas temos moitos!.
Paco de Penas: Saimos -ou entramos- cando queiras (na taberna) :-). Ambos somos da Orde da Rosa
Hoxe ainda rio contigo!!
ResponderEliminarPodo enlazarte? Quixera preguntarcho or mail pero non o atopo...
Maravilla á de Arcos, Se a túa foto foto é recente quere dicir que limparon, polo menos, a fachada da igrexa dende a última vez que pasei por alí. Os capiteis da porta oeste son unha xoia, e como curiosidade: unha pedra do lateral ten restos dun petroglifo (baixado do Farelo, claro).
ResponderEliminarArcos é un recunchiño para gardar en segredo e non contarllo a ninguén.
A ver se o entendín ben e se estou a facer as cousas como é debido.
ResponderEliminarXa teño colgado o producto no blog de "semprengalicia". Agora terei que dar os númaros aos que desexen participar, pero tamén terei un número nalgún dos sorteos que se realicen ¿Non si?
Bueno, aínda temos tempo para "mellorar" se me engano en algo ata o día 28.
Saudiños cordiais.