xoves, 29 de xaneiro de 2009

Trasteo









Recollendo unha iniciativa que parte do bló de L&M (onde se pode ver en detalle o funcionamento deste meme do trasteo de productos galegos); e que me pasa Barreira dende a sua bitácora; no senso de que cada participante sorteará un produto propio da sua bisbarra, ou que simplemente queira promocionar.
Velaquí vai o meu:

Producto que eu sortearei o 28 de febreiro será: un pan de Antas , que se poderá degustar con un queixiño da Ulloa (dunha queixería de Antas, loxicamente), e que tamén irá incluido no lote.

E mándolle este meme a: Mencía , que se me ocurren cousiñas de Valdeorras que probar; a Paideleo, a ver que se coce por Vilaguindastre e á Doutora Seymour, que nos ten relatado certos gustos culinarios que poden aportar un toque diferenciador e descoñecido.

Nota 1: Eu, que fuxía dos memes coma alma en pena, e agora dous no mesmo mes.
Nota 2: Os números para o sorteo adxudicaranse nos comments a este post a quenes manifesten o desexo de participar (e fagan eles tamén o sorteo dun producto propio da sua bisbarra)
Nota3: No bló de LM hai unha lista con todos os productos que van participando neste meme trasteador.

64 comentarios:

  1. :O, co que me gusta a min o queixo, e cun bo pan... fáiseme a boca auga cal can de Pavlov!!
    O número un para min ;)

    ResponderEliminar
  2. pois mira como tenho o um em barreira e é uma comida vou pedir a sobremesa a antas. a ver se alguém sorteio um marmelo...
    levo o dous senhor chousa.
    beijos

    ResponderEliminar
  3. Mecaghonatosferina, eu apúntome.
    vonMises.

    ResponderEliminar
  4. ups, do Morrazo o propio sería un producto do mar! Dádeme un día para ver que é o máis apropiado para poder enviar.

    ResponderEliminar
  5. Nota 1: Se me ocurrió entrar en el blog justo antes de comer y a poco me da un no se qué que sé de yo de ver el pan y el queso!

    Nota 2: Se me ocurrió entrar en el blog después de comer pensando que ya no me daría un no se qué y me volvió a dar....

    Nota 3: Productos Gallegos...ains... me resisto a entrar a ver el listado de todos los productos... ummm y los vinos??? y el marisquito? un buen queso ahumado??? mejor no lo miro no??? O si? Ay....(suspiro) No se...

    Bicofletes glotones!!

    ResponderEliminar
  6. Pois a min dame número que eu tamen quero, que xa hai tempo que non probo o pan de Antas, raio!!!. Que ben iría a carne ao caldeiro con unha bola de pan dese.
    Saudos

    ResponderEliminar
  7. Que número me toca????

    Pero, ollo, deixade paso para a tortilla, que é o próximo (http://vera-artabria.blogspot.com/)

    ResponderEliminar
  8. "Com o Prémio Dardos reconhecem-se os valores que cada blogger, emprega ao transmitir os mesmos por culturais, éticos, literários, pessoais, etc., que, em suma, demonstram sua criatividade através do pensamento vivo que está e permanece intacto entre suas letras, entre suas palavras. Esses selos foram criados com a intenção de promover a confraternização entre os bloggers, uma forma de demonstrar carinho e reconhecimento por um trabalho que agregue valor à Web.

    Este Prémio obedece a algumas regras:

    1) Exibir a imagem do selo;
    2) Linkar o blog pelo qual se recebeu a indicação;
    3) Escolher outros blogs a quem entregar o Prémio Dardos.

    Assim sendo, repasso o Prémio Dardos para os bloggers abaixo, pelo valor que lhes reconheço":

    http://www.poemasdacova.blogspot.com/
    http://chousadaalcandra.blogspot.com/
    http://fiosinvisibles.blogspot.com/
    http://moendodoreves.blogspot.com/

    Para conhecer os outros blogues e recolher o selo do Prémio Dardos, visita o nosso espaço.

    ResponderEliminar
  9. Logo así tes que me explicar mellor como teño que facer,
    Entendo que fago un post no que dou a coñecer un producto de por aquí, e que mais non sei como é iso do sorteo teño que mandarvos o producto ou como vai a cousa.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  10. De todos os xeitos xa me podes dar número para o sorteo do pan de antas e o queixo que me gusta moito.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  11. Chousa, grazas por pensar en min para este meme. Unha iniciativa fermosa, fermosa.
    Explícolle na consulta...

    ResponderEliminar
  12. Axiña irei adxudicando números, pero permitídeme un inciso para aclararlle a Mencía o mecanismo do meme do trasteo, que efectivamente non o explicamos moi ben.

    A idea consiste en que ti elixas un producto da tua zona e posteas sobre él, para ser sorteado o día 28 de febreiro entre os que comenten nese post o desexo de participar neste trasteo. Despois -loxicamente- hai que enviarlle á/ó gañador/a o producto sorteado.

    Evidentemente quen exprese o seu desexo de participar nun dos sorteos terá que participar tamén aportando o seu producto. Os sorteos faranse todos o día 28 de febreiro.

    No bló de LM vanse colgando todos os productos que participan neste trasteo.

    Claro que están aparecendo algunhas propostas de sorteo un chisco complicadas (hai quen convida a comer no seu pobo a quen resulte gañador); pero iso xa é cousa de cada cal.

    ResponderEliminar
  13. Que carallo andades argallando xa? A vosa cabesiña, sempre a embulicar, je je. Peligro

    ResponderEliminar
  14. Pois eu quero o meu número (pódesmo fiar?, porque ainda teño á espera o meme trasteador que me pasou L&M, pero neste finde, vai)

    ResponderEliminar
  15. eu xa cumplín, no Morrazo sortéase un lotiño de volandeiras!!

    ResponderEliminar
  16. algo non está funcionando como debería con este meme... ninguén engade os productos anteriores nunha lista no seu post, polo tanto non hai maneira de seguir o rastro dos productos ofrecidos, salvo para os lectores do blog en cuestión; non hai cadea de producto, só cadea da idea.
    pareceme.

    ResponderEliminar
  17. Dame un número, logho.
    De Vilaguindastre é famoso o pan pero non é para tanto e ponse duro.
    Despóis hai os produtos Louriño pero son artificiais.
    Creo que vou sortear viño de Arbo a falta da lamprea.
    Dame un par de días para escribir un posteo.

    ResponderEliminar
  18. Bueno, aínda vou ter que repasar as condicións outra vez... pero tamén me gustaría participar desta lambetada. Eu como vivo en Canarias mirarei de sortear algo que colla nun barco ou nun avión :-)
    Por certo, estás seguro de que febreiro teña 28 días este ano?

    ResponderEliminar
  19. Vai ben a cousa, Zeltia. LM controla todo. E cando vaia medrando o espallamento, que cada quen controle aos que lles pasa o testigo ou piden número no seu blog...

    Agora mesmo fago a primeira adxudicación de Números para o meu sorteo (eu fareino na páxina http://random.org/lists/ ).

    ResponderEliminar
  20. PRIMEIRA ADXUDICACIÓN DE NÚMERO PARA O SORTEO DO PAN DE ANTAS CON UN QUEIXO DA ULLOA

    Número 1: Senda
    Número 2: L&M
    Número 3: Barreira
    Número 4: Artabria
    Número 5: Mencía
    Número 6: Zeltia (Número fiado, que ainda non fixo seu meme, pero promete facelo i eu sempre me fiei das funcionarias...)
    Número 7: Paideleo (Fiado tamén, pero xa propuxo o seu producto a sortear. Ademáis tamén sempre me fiei dos pais de Leo...)
    Número 8: Paco Penas (Outro do que me fio tamén, por compartir comigo unha extraordinaria paixón polas rosas...)

    (Os fiados quedan supeditados a que cumplan o seu compromiso)

    ----
    Os demáis que fixestes comentario alusivo, lembrade que cómpre que fagades tamén o voso propio sorteo dun producto galego para poder participar.
    vonMises; ti podes sortealo en Vieiros...

    A lista de participación segue aberta; polo que podedes seguir solicitando número todos aqueles que xa fixeran o seu meme.
    Ala, agora vou xantar.

    ResponderEliminar
  21. Sobre a pregunta que me deixou no meu blogue:

    - Se non estás dado de alta en http://groups.google.com/group/galizablog?pli=1 faino. É a lista de correo de blogaliza -artellada en Google Groups-. Adoita haber algo de información sobre problemas de todo tipo cos blogs.

    - En Blogaliza, no panel de administración en configuración/engadidos podes dar de alta complementos que axudan a controlar o spam.

    - Un primeiro filtro -non totalmente eficaz pero necesario- é o Peter's Custom Anti-Spam, qu einclúe un captcha (un código de letras) que calquera persoa que comente debe introducir para poder enviar o seu comentario.

    - O mellor é engadir o complemento SpamKarma2, que é definitivo. Ese activa un filtro estatístico que analiza todos os comentarios segundo o autor, número de ligazóns, ip e país de procedencia, extensión, antigüidade da anotación na que se comenta... e en base a unhas puntuacións para cada un destes criterios clasifica o comentario en bo, malo ou indeterminado, caso este no que se requirirá a túa intervención como administrador para clasificalo correctamente. Periodicamente debes revisar no panel de administración, xestionar/spamkarma2 que comentarios se levan recollidos e como foron clasificados, por se houbera algún erro. O método aprende de si mesmo pero ao comezo deberás indicarlle de que tipo é cada comentario.

    ResponderEliminar
  22. Obrigado pola exhaustiva información, Calidonia

    ResponderEliminar
  23. chousa, vou-me permitir roubar-te a eira para contestar-lhe a zeltia... já sabes... onde há confianza...
    a ideia era que se fizesse essa lista e se fossem engadindo links e nom ter de regressar ao blogue do inicio mas já sabes como somos os galegos... vis-te o apartado que tem a voz de galicia para as "chapuzas galegas"? pois isso... é mesmo mui nosso adaptar as coisas á nossa filosofia...
    tento seguir todos os links e ir engadindo os productos que saem mas é um trabalhinhooooo... diz que aproveito para apontar-me a canto sorteio há mas... enfim... que se tu engadisses o ponto um(explicado no post) com os productos que já sairam também me botavas uma mam nesta historia.
    beijos a chousa por prestar-me a chousa e outro grande para ti.

    ResponderEliminar
  24. Eu tamén quero o meu número fiado, que tamén vou facer o meme. Por certo ha casar ben co pan de Antas o producto da miña zona :-)así que xa sabes...

    Chuchiños

    ResponderEliminar
  25. LM A Chousa non ten cancelas. Entra cando queiras. E se ademáis me das bicos así...eu penso que deberías entrar con máis asiduidade!

    Cuspedepita: E como ía "casar" mal algo de Antas con algo da Fonsagrada?. Ça n'est pas possible, carallo!!!.
    Xa dixen que sempre me fiei das funcionarias (e de ti, ainda que non o foses); así que quédache asignado o número 9.
    E estarei atentiño ó teu producto para apuntarme hac hoc de xeito inmediato

    ResponderEliminar
  26. Me gustaría participar desta lambetada...¡Mamaaaa!

    ResponderEliminar
  27. Chousa, tes o número 2 para a botella de viño da Ulla.

    (e, anyway ¿porque che da envexa que chovan homes para nós, e queres que veña o tempo de chover mulleres se xa tés unha?, ¡deixanos esas cousas para os singles) :P tamén... queredes apuntarvos a todo.!
    :)

    ResponderEliminar
  28. Chousa, aínda non me decidín a facer o meme pero teño que recoñecer que o pan de Antas e o queixo chaman o seu.

    ResponderEliminar
  29. Eu quero o meu número máis non podo sortear algo da miña bisbarra porque lévoche moi a peito o do anonimato e non quero que se saiba de onde son... Qué

    ResponderEliminar
  30. Vaia lio que montou LM co meme...Eu xa xixen a miña oferta dun quixo...a ver
    PEro tamen apuntome o teu pan e o que veña...

    ResponderEliminar
  31. Anímense, señoras e señores, que estamos que o tiramos!!!.

    Kim E non che se ocurre algunha cousiña que poidas sortear da tua bisbarra?. Veña!!!

    Zeltia: O arte gústanos a todos. A cada cal de seu xeito. I eu...(pobriño de min) gustaríame moito máis ver chover mulleres. Tanto sendo single ou LP.
    Anoto o meu número; pero xa conto con que ti levas o control dos teus, como eu levo o meu dos meus para o pan con queixo.

    Raposo: Xa estás tardando. A ver que raio fas para artellar o teu producto "de entre Sober e Vigo"!. Ainda se me ocurren a min unhas cantas cousiñas que ofertar da tua terra, carallo.

    Susana Erotómana: E se che toca...a onde cho mando?. Podíamos probar a poñer no paquete: Para a Erotómana, rúa descoñecida, número infinito, localidade virtual. Código postarl cero mil cerocientos cero cero. E secadra...chégache; con esto dos carteiros nunca se sabe...
    E se queres conservar o anonimato, para sortear...elixe un producto galego internacional (que habelos hainos...

    Aopedofarelo: Tés o número 10 para o meu sorteo.
    E xa vou correndo agora mesmo ó teu blog polo número para participar no teu.

    ResponderEliminar
  32. Oes, xa fixen o meme ese. Asi que xa me estás dando número para o pan e o queixo; a navalla xa a poño eu.

    ResponderEliminar
  33. De xeito dilixente lle adxudico, neste namorado día, Sr Raposo o número 11 para o meu sorteo. Boa sorte!

    ResponderEliminar
  34. ...e onde se pide número aquí???
    Apúntome ao sorteo e convídovos a participardes no agasallo gastronómico da miña parte...

    Unha forte aperta.

    ResponderEliminar
  35. Xa fixen os requisitos todos, así que xa me podes ir dando número.
    Entre todos xa estamos xuntando unha pouca de comida e bebida, como para xuntarnos a celebralo.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  36. E que me comentou Paco Penas que sorteabas un lote de boas cousas, e quería participar, estou en paro e gústame o pan con queixo, e se é de Antas gústame máis.
    Diosvolopague.

    ResponderEliminar
  37. Manuel L. Rodrigues, ten vostede o número 12 para o meu sorteo. E alá vou a pola empanada noiesa!.

    Carlos Sousa, para Ponteareas vai o número 13; que non hai número feo, raio!

    Calvete: Dille da miña parte a Paco Penas que aflouxe o peto e que sortee algo él tamén ;-)
    De paso podes decirlle que as fotos son caralludas, coma sempre!

    ResponderEliminar
  38. No es parvo, non colou, jeje

    ResponderEliminar
  39. E como prometido, cá está a "traste" Minhota, para recolher o número que a habilita a este pãozinho e queijinho irresistíveis! Que aspecto excelente!
    Abraço da "trasteadora" do Vinho Verde (para o qual já tens número no meu blogue),
    Alexandra

    ResponderEliminar
  40. Cal é o meu número por pedilo que non quede....

    ResponderEliminar
  41. Ai Chousiña! Como se me puido escapar a min este rebumbio que tedes armado!!??
    Non ando moi actualizada cos deberes do blog e mira en que dá!
    O caso é que vin que teño un encargo de facer un meme de Mencía dende o ...puf! 29 de xaneiro!
    Aínda estou a tempo?
    Se é así dáme un numeriño a toda présa, que teño que ir escribir xa sobre os produtos típicos que Quinzán!

    ResponderEliminar
  42. Coido que é a primeira vez que me sinto ledo de poder dar rifas de balde para algo que eu mesmo vou sortear.
    Tamén é ben certo que elo permíteme participar nos vosos sorteos; o cal "mólame" moito tamén.

    E sen máis dilacións paso a adxudicar os novos números a os trasteadores recén chegados:

    alexandraonelight: Todo un pracer verte pola Chousa. Correspóndeche o número 14 este meu sorteo.

    Vermella: Como que "por pedir que non quede?". E que aquí o que non chora non mama; e mira ti por onde correspóndeche a "niña bonita". O 15 é o teu número para este panciño e queixo de Antas.

    Lareira de Santiso: Claaaaaaaro que estás a tempo Vanessa. Os sorteos faranse todos o día 28 (xusto na xornada de reflexión electoral, mira ti); así que xurde co teu produto quinzanés que eu tamén me quero apuntar. Para o meu sorteo correspóndeche o número 16.

    Sorte a todos; e reitero que segue aberto o prazo para pedir número -e facer o meme correspondente-

    Apertas de Antas!

    ResponderEliminar
  43. e este "trasteador" do algueirão também quer este queijinho e este pão!!!!

    parece delicioso!!!

    um grande abraço
    jorge vicente

    ResponderEliminar
  44. Ola, son o Moncho de Brión, amigo de Manuel L. Rodrigues e FraVernero. Eu quero ese queixiño e ese pan. Sabes unha cousa? Eu vivín dous anos na Ulloa, en Monterroso. Fun o óptico oficial da bisbarra (fronte ao Bar García... que bos petiscos!). Teño moitas lembranzas de Monterroso e de Antas! Que ben se come por aí e que boa xente, meu! Quedáronme pendentes de ver os petroglifos do Farelo... hei voltar!

    Unha aperta forte desde "Os mares de Irlanda"

    ResponderEliminar
  45. Ola:
    Acaban de informarme desa "idea xenial". Chámanme Xulio Couxil, fago un programa de radio en galego no 104.6 da FM "Sempre en Galicia", de Radio Cornellà (http://semprengalicia.blogspot.com/). Podiamos pornos dacordo e falar no meu programa da vosa "oferta". Eu tamén quero participar e ofrézovos "sortear" unha caixa de "VIANOS", bombóns de mel cru. ¿dádesme un teléfono para chamarvos e falar un bocadiño na nosa radio?

    ResponderEliminar
  46. Jorge Vicente: Correspóndeche o número 17 para este pan de Antas (que está no Centro Xeográfico da Galiza), con un queixo da Ulloa sabrosíiiiisimo.

    Moncho Pais: A ti tócache o número 18. E moi agradecido polos piropos que nos botas. Onde ti traballaches, como ben saberás, segue habendo unha óptica; e no Bar García que citas -rexentado, dito sexa de paso, por xente de Antas- tómanse bos cafés!

    Semprengalicia: Alédame que che guste o noso "trasteo". Se te animas a facer a tua proposta, con gusto che adxudicarei número para o meu sorteo.
    Con respecto a ese contacto que propós, estiven mirando no teu blog e non vin un enderezo de mail. Eu sí que o teño no meu, escríbeme e coméntoche quen iniciou esta "trastada"; vale?


    Unha aperta para todos. E lémbrovos que sigo coa adxudicación aberta!!!

    ResponderEliminar
  47. Ola de novo:
    O noso correo da radio é o mesmo:semprengalicia@gmail.com
    Claro que desexo un número.
    Eu participarei ofrecéndovos os bombóns de Viana do Bolo (VIANOS). Teño unha foto pero non seu como ou onde colgala pra que os vexades.
    A ver se podemos falarnos e "platicamos" sobre o asunto.

    ResponderEliminar
  48. Hola Chousa,

    Aquí veño a recoller o meu número para o sorteo.

    Xa podes recoller o teu no meu blogue, dende hoxe ata o día 28.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  49. Moito me aleda "verte" pola Chousa, Mer. E tamén me aleda o feito de que participes con esas tres marabillas de produtos que escolliches para o teu sorteo. Coido que xa pedín número; así que agora tócame asignarche o teu para o pan de Antas co queixo da Ulloa. E correspóndeche o número 19. Sorte!!!

    Aproveito para lembrarlle a Semprengalicia que ainda está a tempo de participar neste trasteo. Envieiche un correo ao enderezo que me indicas, pero -de momento- non tiven resposta tua...

    ResponderEliminar
  50. Pan de Antas, ten que estar boísimo, así que collo número para o sorteo.

    ResponderEliminar
  51. Ata cincuenta que xa van, eh? Este sí que vai a ser un megasorteo...

    xD

    Teña a ben incluírme a min tamén, que o espectro de pan e queixo goréntame infindamente...

    ResponderEliminar
  52. Ola:
    Coido que xa fixen os deberes. Agora veñen as miñas dúbidas. ¿Cómo é o asunto do sorteo? ¿Todos faremos un sorteo común e teremos coñecemento e relación dos premiados? ¿Teño que enviarlle o "mem" a outros tres blogueiros? Son un "faluzas" e un pouco "curtiño" no dominio da internete e fanme falla algunhas "axudas" para que as miñas dúbidas non sexan tales. Terás que orientarme un pouco e axudarme a "desconfundirme".
    Chausiño e graciñas por aturarme.

    ResponderEliminar
  53. vizinho, cá venho a correr, como me mandaste, mas já me tinhas dado um número no passado dia 18 (vê acima, apareço na tua lista como alexandraonelight). mas gosto tanto de pão e de queijo, que se me quiseres dar outro número, fico toda contente! ;0)
    (estou a chalacear, claro. um número chega. espero ansiosamente que saia o 14, que é o meu, no próximo dia 28!)
    um abraço da vizinha de cá,
    Alexandra

    ResponderEliminar
  54. Dezarutas: Xurde en facer o teu sorteo no teu blog para que poida darche número, e non me sexas perguiceiro, carallo!

    FraVernero: Con sumo pracer adxudícoche o número 20 neste meu sorteo de pan de Antas con queixo da Ulloa. Moita sorte ti no meu e moita sorte para min no teu...

    Couxil ou tamén Semprengalicia, que é a mesma persoa: Correspóndeche o número 21 no meu sorteo. Como ti tes moderados os comments no teu blog, espero que vaias facéndoos públicos para coñecer o que me tocou a min para os teus bombóns Vianos!!.


    alexandraonelight: Viciña, mil disculpas pelo lapso mental que tiven. Andaba onte tan emocionado, que te convidei novamente.
    Deséxoche moita sorte co 14. Beijos de Antas con disculpas da Ulloa

    ResponderEliminar
  55. Pois moitas gracias pola túa axuda "téxnica" neste asunto que para mín é moi novidosa. Anoto o númaro que me cocedes e correspondo dicíndoche que o teu é o 1, xa que es o primeiro e o que me introduxo nesta andaina. Agora farei o que me dis dos comentarios no meu "blo" e tamén tentarei meterme nalgún dos da relación que me enviaches e a ver se teño a sorte de me dean número para o día 28 e
    ¡SORTE PRA TODOS!

    ResponderEliminar
  56. Derradeiro aviso para os "trasteadores" que desexen apuntarse a este meu sorteo

    Dado que o sorteo celebrarase mañán sábado, día 28 de febreiro, seguirei adxudicando número para o sorteo a todas aquelas persoas que o soliciten antes das 00:00 horas de hoxe venres-26, mediante a sua solicitude neste post e que teñan exposto nos seus blogs o seu sorteo.

    ----

    ResponderEliminar
  57. Hei Chousa, conseguín conectarme noutro computador, no último día... Dame número!

    ResponderEliminar
  58. Esto é o que se chama entrar polos pelos Quenindiola. Case é precisa a "fotofinish". Pois ten vostede o número 22.

    E se nos próximos minutos non se apunta ninguén máis; mañán sábado, antes de que se poña o sol teremos gañador do Pan de Antas e do Queixo da Ulloa.

    ResponderEliminar
  59. Boas!
    Eu tamen quero deleitarme con delicias tan boas como o pan e o queixo galego, o sexa, que se pode ser, apúntome a iste apasionante (a la par que interesante) sorteo. Tendes que repetir a iniciativa pero con mais tempo, que a idea e moi boa!
    A ver quen gaña (e despois disfruta) con cada producto da terra!
    ;-)
    Saudiños

    ResponderEliminar
  60. Ignacio: Entraches dentro do tempo, pero non dou seguido o teu rastro para atopar o teu sorteo...

    ResponderEliminar
  61. Espero llegar a tiempo!!!!

    ResponderEliminar
  62. Vizinho, tens que voltar ao meu blogue e ler bem a notícia que lá está. Tens lá uma surpresa!!! :0)
    Um beijo (até logo, vou ver se consigo assistir ao teu sorteio em directo!)
    Alexandra

    ResponderEliminar
  63. Ben, pois unha vez que resultou gañador o número 4, asignado a Artabria; remata o post que bateu records de comentarios na Chousa.

    Unha experiencia ben bonita que, de seguro, habemos repetir; non si?

    Graciñas a todos e a todas por participar e unha aperta de Antas!!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: