Con canta sabiduría e aparente sinxela arquitectura acomete a natureza as solucións para as inclemencias da intemperie. Cal galiña de alas protectoras que acobilla á sua niñada, as follas da camelia fan de teito dos xoromeliños que un día han ser flor.
Todo está previsto e non hai lapso cando das plantas se trata.
Do outro lado estamos os humanos que imos brincando dende o lapsus calami ata o lapsus memoriae pasando polo lapsus linguae cometendo tropelías na fala (olliño, e non malinterpretar aquí).
E non vou citar o lapsus carnis; posto que nese caso poda que haxa máis intención premeditadamente alevosa...(olliño, e malinterpretar -para atinar- aquí).
Todo está previsto e non hai lapso cando das plantas se trata.
Do outro lado estamos os humanos que imos brincando dende o lapsus calami ata o lapsus memoriae pasando polo lapsus linguae cometendo tropelías na fala (olliño, e non malinterpretar aquí).
E non vou citar o lapsus carnis; posto que nese caso poda que haxa máis intención premeditadamente alevosa...(olliño, e malinterpretar -para atinar- aquí).
Foto: Os capullos seguen intactos despois da nevada en Antas
Se fosemos tan sabios como a natureza...que ben lle iría á humanidade.
ResponderEliminarMira ti eses capuliños que ben resisten. E os carballos e resto de árbores adultas que tiñamos nós forontodas para o carallo coa nevada. Oque son as cousas, as terras e os capullos!!
ResponderEliminarWow... qué impresión de ha dado la foto, qué buena!
ResponderEliminarPero es que claro, has ido a dar con la antigua Rosa del Japón con las hojas tan fuertes que tiene y lo bien que resiste el hielo...
Si es que parece que se está bebiendo ese agua y creciéndose. Mírala qué orgullosa está y qué brillo tiene... Una envidia que me da... ja ja
(Y no voy a hacer ningún juego de palabras por ejemplo con: humanos, capullos, hielo y sus consecuencias, aunque me lo has dejado preparadito, preparadito y me está tentando ;)
Cálidos y Brillantes Bicofletiños!
Algúns capullos sempre parecen fermosos, por qué será??
ResponderEliminarNon estou para mimos, pero bueno, agardarei a que estea mellor para pedir os atrasados :P
Detrás dunha boa foto atopamos unha boa reflexión.
ResponderEliminarAsí es ti ;-)
Unha aperta.
Antón.
Por desgracia os humanos carecemos desa sabiduría innata, a maioría facemos o que podemos para protexer aos nosos xoromeliños, outros... nin eso.
ResponderEliminarBiquiños
Todo sucede por algunha causa. O mundo natural (o mundo sen máis)está ordeado ata a última molécula, ata o derradeiro átomo. O desorden do manto otoñaltamén está estipulado e así debe ser.. O agua no xeo, a flor no capullo, a semente, o ciclo... Todo. Por iso eu, tan desordeada, atópome tan pouco natural. Seguro que é una percepción humana e errónea, porque non o entedemos todo, e porque así son as cousas. Ley de vida... ¿non é?
ResponderEliminarBicos sen orden.. ó tuntún.
La naturaleza es sabia, cada vez estoy más convencida.
ResponderEliminarY sí, nosotros cometemos muchos errores, somos humanos, y caben toda clase de interpretaciones, jajaja.
Siempre con tus ironías..., me encanta.
Sobre todo, Chousa, que no se me olvide dejarte moitos biquiños.
¡Ay!, me sale GALYZ en la verificación de la palabra, casi, casi...
Por cierto, que llevo por decirte ni se sabe de tiempo, que los números de la Lotería de Nadal no son feos... feos serán si no tocan, pero E se toca nun destes? En ese caso serán preciosisísímos, no?
ResponderEliminarDepende de la perspectiva como casi todo, esa que tanto te gusta a ti.
Bicofletiños festivos
A natureza sabe o que ten que facer e faino. Nos nin sabemos o que temos que facer nin facemos cousa con cousa.
ResponderEliminarSaudos Chousa
ay se freud levantara a cabeza, cantas cousas che diría con tanto lapsus!
ResponderEliminaré unha lástima que os capullos sigan enteiriños en Antas despois da nevada... sobran capullos no mundo, mesmo en Antas haberá algún,(con todo ser antas o qué é antas)
;-)
A nosa vida é moito máis complicada, non abonda con salvar os xoromeliños.
ResponderEliminarsem mal interpretar...
ResponderEliminarbeijos
Terriblemente ben explicado. Cada un que interprete ou mal interprete como queira.
ResponderEliminarUn saúdo dende Areas
Eu creo á especie humana capaz do mellor e do peor. A natureza sempre dicta os seus principios con regularidade e con contadas excepcións. Está aí para guiar aos humanos polos carreiros da exemplaridade.
ResponderEliminarDos lapsus e dos capullos, deses case que só quedan entre nós, como di Zeltia, en calquera parte.
Moitos saúdos e saúde que son palabras da mesma familia.
Neve tam lixeirinha bem a pica a minha galinha.
ResponderEliminarSaùde
Carlosm
Todo vai ben mentres os lapsus non sexan rotina.
ResponderEliminarO da lotería véxoo complicado porque estas dúas semanas traballo da mañá. A ver como safo.
Paideleo: con respecto á lotería acabo de enviarche un correo que soluciona o asunto.
ResponderEliminarE neste senso pregúntome se todos e todas teríades pedido xa a lotería do folkAntas; que vai tocarrrrrrr!!!
Anda que non estás pesado ti coa lotería nin nada. Canto che pagan ho?
ResponderEliminarVou ver de pedir eu tamen, non vaia ser que con tanta carallada vos vaiades face ricos todos...
Danme 11 euros por cada 10 que lles vendo. Un choiazo! jajaja
ResponderEliminare nom precissas uma ajudanta? por esse prezo a mim nom me importa fazer-lhe publicidade...
ResponderEliminarbeijos
Magister dixit e a eso eu non teño nada que engadir.
ResponderEliminarEncantoume o teu blogue. Pasareime por aquí máis veces.
ResponderEliminarTi se non falaras, estouparías por dentro...
ResponderEliminarNótase que sabes latín, jeje
a ver se mañán nos toca a lotería!!!
ResponderEliminar(xa tedes mercados os billetes de avión para escapar cos cartos?)