Parécenos que precisamos dos cinco sentidos e cando os temos todos a pleno rendemento, sempre obviamos algún. A capacidade imaxinativa, xunto cos datos almacenados no disco duro que todos levamos enriba dos hombreiros, permítennos ver onde os ollos non chegan e intuir o que ignoramos.
E así nos vai. Que a realidade ás veces non ten nada que ver co imaxinado e outras veces... ainda é peor.
Con todo, ninguén de nós renunciaría a esa poderosísima ferramenta que nos permite ver máis aló dos buratos que a vida nos brinda para ollar dende a nosa quietude. Ainda sabendo que acumulamos erros, ninguén prescindiría da marabillosa capacidade humana de equivocarse.
E así nos vai. Que a realidade ás veces non ten nada que ver co imaxinado e outras veces... ainda é peor.
Con todo, ninguén de nós renunciaría a esa poderosísima ferramenta que nos permite ver máis aló dos buratos que a vida nos brinda para ollar dende a nosa quietude. Ainda sabendo que acumulamos erros, ninguén prescindiría da marabillosa capacidade humana de equivocarse.
Foto: Tragaluz, ventanuco ou buratiño?
Chousa: non podemos prescindir da imaxinación. É parte da nosa forma de vivir... os robots non a teñen...
ResponderEliminarQué cova para un rato!
Unha aperta.
Antón.
A imaxinación pode ser o mellor e o peor que temos.
ResponderEliminarDepende a qué a dediquemos.
Ás veces non podo dominar a miña e xógame moi malas pasadas.
Agora mesmo a túa tamén te está enganando ;-);-)
Chuchiños
Ten razón cuspe, moitas veces por pensar moito, fagome problemas de máis :-(
ResponderEliminarQuizáis por iso case non teño pelo na cabeza..... ;-)
Saú2.
Antón.
Porque equivocarse é condición impresdincible para medrar...reivindico a fermosura de equivocarse!!
ResponderEliminarQuen imaxina ten o inmenso poder, de pór vivir noutros mundos sin deixar este.
ResponderEliminarBicos.
Hay muchas cosas de las que no querría desprenderme, de mi imaginación, de mi curiosidad, de mis sueños, de la fantasía. Y por supuesto también de mis equivocaciones. Me equivoco, sí, unas veces sin querer, otras por elegir mal, otras por ver lo que no es, pero las equivocaciones significan que te has arriesgado, que hay movimiento, y eso, ya me llena de por sí.
ResponderEliminarSObre la foto... desde donde la veo me parece una ventana al mundo, pero si estuviera al otro lado, me parecería un agujero misterioso... No se... ja ja lo mismo me equivoco...
besos
E que o de trabucarse pode ter uns resultantes ata máxicos...
ResponderEliminarDe todos os sentidos o da vista é quizais o máis marabilloso: permite coñecer fisionomías, cores, tamaños, distancias, situacións, texturas...
ResponderEliminarMais o ollo tamén é capaz de nos enganar, velaí as ilusións ópticas. É aleccionador saber que nos podemos equivocar, sermos conscientes diso, para non crernos tan soberbios, dominadores da natureza.
Hai que ver o que se pode ver por un buratiño-tragaluz, sobre todo cando un se coloca do lado de dentro!
Apertas.
Penso que a maioría de nós móvese por intuición, por instinto. ás veces ainda que a razón nos diga o que parece a mellor decisión nunhas determinadas circunstancias, é moi dificil non deixarse levar por ese "sexto sentido", esa intuición que tantas veces falla, pero que cando non, parece que nos reafirma, e decimos (¿ves? ¡xa o sabía eu!)
ResponderEliminarZeltia deu no cravo. Cando lle facemos caso a esa especie de sexto sentido e acertamos, é todo unha gozada.
ResponderEliminarPor outro lado, porque somos tan curiosos e nos da sempre por axexar polos buraquiños? Que pensamos atopar? Somos moi curiosos.
buf... como odeiava quando minha mae me dizia " non che vou dicir que xa cho dixen"
ResponderEliminarbeijos
Nin tragaluz, nin ventanuco nin buratiño....para min é unha ventá, unha ventá a un mundo cheo de equivocacións. :P
ResponderEliminarGracias á capacidade que temos, uns mais desenrolada que outros, iso sí, ainda ninguen foi quen de sustituirnos por máquinas. De momento..... pero quen sabe mañá. Así que hoxe vamos aproveitando o que podamos ofrecer de diferente porque o dia que poidamos ser sustituidos ..... adeus.
ResponderEliminarSaudos Chousa
Moi ben se vive neses buratos da nosa imaxinación...
ResponderEliminarANTÓN DE MUROS:
ResponderEliminarO diaño nos libre de prescindir dela!!!. Din que o corpo humano está formado en máis dun 50% por auga; pois eu penso que a parte mental está formada en máis do 50% por imaxinación. Eu…son un prodixio imaxinando!!! (en algo hai que destacar, e como non teño avoas…)
CUSPEDEPITA:
A pesares de que motivo que me fixo parir este post non foi unha boa xogada da intuición; a balanza inclínase tremendamente a favor de seguir imaxinando. Tenme reportado moitos máis atinos (e infinitos praceressssss ;-)).
Vou ter que ser máis recatado nos meus post, que sempre me cachas!!!
GALEGUIÑA:
Fermosa frase a que dixeches. Se non a tes protexida cos dereitos de copirait…dáte por plaxiada!.
Graciñas por vir á Chousa e tamén por darme aposento no teu escondite de palabras. Resúltame un pracer imaxinar á sua constructora…
EVINCHI:
Quilicuá, Evinchi. O magnífico vehículo da imaxinación permítenos viaxar sin que sexa de xeito presencial, consumindo moi pouca enerxía e con cero contaminación. Eso sí, hai que abrir de cando en vez os ollos para non esnaquizarse! Jajaja.
Alédame tamén o teu regreso.
CRIS:
Fantasía e curiosidade!. Esas duas pistolas levo eu colgadas no meu cinto imaxinario. E sempre con balas. E sempre sin ánimo de matar; pero continuamente con ganas de usalas…
O da doble visión do burato que ti detectaches gustoume moito. De feito teño a foto dende o outro lado tamén!!!. E non te equivocas, non.
MARKESA MERTEUIL:
Á que si?. E que atinar sempre ten que ser aburridísimo. Seguir exclusivamente o guión resulta anodino. Hai que ser unha nota que se escapa do pentagrama ás veces. Un compás fora de tono. Un contratempo (musical) para un tempo (vital).
BUSTO.AGOLADA:
Aiii amigo Busto, e que me dis do tacto, que nos permite acariñar superficies tan sensibles que nos devolven a caricia como reacción. E do oido cando nos aloumiñan nos oidos con secretiños xa coñecidos exacerbados polas caricias. E do gusto cando se funden as sensacións daqueles secretiños. E do olfato que graba na nosa mente momentos que , cos ollos pechados, vivimos tan intensamente…
(Deu me libre de privar da vista, para ver todo canto os demáis sentidos nos agasallan…)
ZELTIA:
Din que as mulleres tedes ese sexto sentido mellor desenvolvido. Pois eu déboche ter un lado femenino moi desarrollado de dios logho!!.
Sí que nos guiamos pola intuión e sí que resulta sumamente pracenteiro atinar (os fallos son erros na libreta “de sucio” como tiñamos antes no cole).
CARLOS SOUSA:
O que pensamos atopar non o sabemos; por iso precisamente queremos axexar. Quen nunca quixo “mirar por un buratiño”?. Somos moi curiosos, si. Uns máis que outros (eu apúntome na lista de los más eh)
LM:
Pois a pensar e lembrar!
A miña decíame: mentras eres zafra levarás e cando sexas martelo xa petarás. Eu non o entendía un carallo, pero tampouco me chistaba nada oilo!
A CONXURADA:
Canto sabes, Conxurada. Ti debeches rematar o doutorado moito antes de empezar eu as primeiras raias. E ademáis, tés razón. Quen o vexa somente como un tragaluz é que se perdeu parte do telediario. Efectivamente, é un gran ventanal aberto para poder equivocarse.
BARREIRA:
Puf , xa nos andan cambiando por maquinillos para algunhas cousas e xa ves ti como vai a cousa. Eles non imaxinan; pero…rómpenlles os tornillos jajaja
CARAPUCHIÑA VERMELLA:
E tanto que si! Pregúntome por qué raio teremos que sair tanto ó exterior. Alí estase ás mil marabillas, á que si?.
Habería que idear un aparello que permitise interconectar imaxinacións. Podería ser explosivo en algúns casos eh jajaja
(Un pracer terte na Chousa. Que saibas que me sinto un fan das tuas puntadas, e que me gusta moito como coses!)
----
Por se non os dei en cada comentario, fágoo agora: un bico para cada una de las chicas e un caluroso apretón de mans para cada un dos cabaleiros
A imaginaçom é coma o fume dunha grande lareira. Elévase por enriba e escapa por calquera buratinho. Imaginaçom al poder!!!
ResponderEliminarChousa: anda com tino por eses sitios e nom vaias quedarem preso no medio das silvas ou sepultado nas ruinas.
Esquecin dizer que os buratinhos son moi importantes nas nosas vidas. Os homes andamos sempre na procura dun buratinho para nos meterem por el ... (chisco un olho)
ResponderEliminarde sabios é trabucarse; bicos!
ResponderEliminarHola, ojalá todas las armas tuvieran este tipo de balas, que no matarían pero sí impactarían y llenarían agujeros de otro tipo de heridas, no crees?
ResponderEliminarAhhh sacaste la foto desde el otro lado, qué bien, me alegra no estar equivocada en este caso.
Bicofletes desde ambos lados
Al final, muchas de las cosas que imaginamos y soñamos se resumen en el deseo de ser libres y cruzar de la luz a la oscuridad sin riesgo de quedarnos ciegos de miedo, atrapados en un estrecho agujero a medio camino de alguna de las dos realidades. Soñamos con poder entrar y salir, con decidir estar de un lado del otro y sólo, hacerlo...
ResponderEliminarAsi que en este caso... lo que yo veo, no es ni ventanuco ni buratiño, sino una puerta entre la luz, y la oscuridad, ambas igual de bellas.
E todos temos as nosas "non verdades" imaxinadas, as veces máis bonitas o outras máis feas que as ignotas verdades verdadeiras...
ResponderEliminarTampouco e tan importante saber a auténtica verdade. Eu prefiro a imaxinación sí, e certo.
Ese buratiño da foto ben parece a entrada dunha madrigueira. ¿Qué animal sacaría a foto? ;P jajajaja
Bicos por un tubo (que ben sendo un burato alargado)
Pois eu mira si cometo erros ou imaxino de máis que en vez de ver un buratiño vin a lúa,unha de dous ou necesito gafas ou son imaxinación soamente.....
ResponderEliminaraceptaches a foto??
bico.
adoro equivocarme, endexamais me arrepinto de elo, porque gracias aos meus erros son como son... rara, pero riquiña, non si? bicos chousaaaa
ResponderEliminarfermosisima imaxe. E si, si, hai imaxe das tres palmira, xa a podes ver! jeje. Tu so pide!
ResponderEliminarCARLOSM:
ResponderEliminarTi ben sabes que eu preso podo quedar, pero nas silvas, ainda que me rabuñen o meu delicado tecido epitelial, non me deixo quedar!!!.
E si, algo de buscadores de buratos temos, si. Uns máis ca outros...jajaja
LÚA:
De sabios e de sabias!. Ás veces ata da gusto equivocarse; á que si?.
CRIS:
Sempre que podo, tento ter varias perspectivas -fotográficas-. E noutros eidos...tamén! jajaja. Bicofletiños
PITIMA:
Dixeches unha frase lapidaria:
"Tampouco e tan importante saber a auténtica verdade". Claro que nonnn. De feito as verdade auténticas teñen que ser ata malas para o estómago jajaja.
E non me dirás que a foto non estaba case feita para ti; admiradora e buratiños!!!. Así que non me negarás que "calquera dos dous animaliños" podería tela feito!!!!! Bicos tubulares
VERMELLA:
Aiii, como me gusta esa interpretación do burato. Eu de neno (é dicir, onte) sempre consideraba á lua como un burato no cume do ceo. Quedábame tempo mirándoa e pensaba en lograr colarme por ela cara non se sabe onde...
Ufff, como ves eu tamén fago viaxes astrais. E non levo as gafas postas para elo!!!.
E claro que aceptei a foto do outono; comon non????
AD ASTRA PER ASPERA:
Así son eu tamén. Riquiña non; pero algo riquiño moitíiiiiisimo jajaja. E que non teño avoas e o meu departamento de márketing quedou asumido por min mesmo ;-)
BÁGOAS INSOMNES:
Alédame que che gustase a foto do tragaluz na parede ou lua no universo. Entre tantas fotos como fago...algunha ten que sair ben, carallo!
E da gusto pedir así eh. Ainda dudo que houbera moitas xuntanzas de tantas Palmiras en todo o mundo mundial.
Creo que ahí está la gracia, en la imaginación, cada uno vemos lo que vemos, o lo que queremos ver, yo veo unas hojas verdes de un precioso bosque que imagino, a través de un buratiño.
ResponderEliminar¡Ay! Chousa, qué tiempo me hizo por esas tierras, agua, viento, frío, granizo, niebla, ¿hay quién dé más?, aún así, estoy encantada, ahora tengo morriña.
Moitos biquiños.
Levo unha semana enferma e o único sentido que teño "ben" e o tacto, porque os demais os teño baixo mínimos............
ResponderEliminarIso de que equivocarse é marabilloso é unha utopía, non??
IRENE:
ResponderEliminarSiento que la climatología no acompañase tu visita a Galicia en esta ocasión, pero me alegran tus palabras de que -aún así- sientes ya morriña. Ocasiones habrá de que puedas volver con el mar en calma y los vientos replegados.
(Aunque parezca paradójico,para mantener este paraiso tal como es, se necesita la bravura de las inclemencias del tiempo en esta época del año). Biquiños huracanados
ARTABRIA:
Cóidateme moito, que para que poidas continuar equivocándote nos xogos da imaxinación, cómpre ter o corpo a pleno rendemento. Dalle mimiños todos cantos che pida e acepta todos os que che prodiguen. Son a mellor medicina!
(Di un amigo meu, que cand un está enfermiño non hai nada como o "calor de peito alleo" -Luismi: toma nota-
Biquiños larmeiros
O post é bon pero a fotografía é boísima...
ResponderEliminarXa ves que estou a poñerme ao día :-)
Vindo de ti, maestro, aprezo moito o comentario sobre a foto.
ResponderEliminar