Somos tan sumamente semellantes que nas facultades de medicina estudan sobre un patrón que serve para todos e cada un de nos. Aquel músculo que se trenza por alí, aqueloutra arteria que se esconde por acolá, un óso que se engarza nestoutro...
Pero e cando falla a catalogación previa do individuo analizado?. Un estudo correctísimo pode concluir nun diagnóstico tremendamente errático de consecuencias prescriptivas tan fatais como desastrosas.
Porén hai materias nas que nin siquera vale aquelo de que "se non é boi é vaca"; senón que compre unha adicación analítica previa o suficientemente metódica como para que a catalogación resulte axeitada.
E non se trata de simples mutacións do mesmo ser, non. Simplemente se trata doutro ser absolutamente diferente aos seus semellantes na sua total igualdade para con eles...
Pero e cando falla a catalogación previa do individuo analizado?. Un estudo correctísimo pode concluir nun diagnóstico tremendamente errático de consecuencias prescriptivas tan fatais como desastrosas.
Porén hai materias nas que nin siquera vale aquelo de que "se non é boi é vaca"; senón que compre unha adicación analítica previa o suficientemente metódica como para que a catalogación resulte axeitada.
E non se trata de simples mutacións do mesmo ser, non. Simplemente se trata doutro ser absolutamente diferente aos seus semellantes na sua total igualdade para con eles...
Foto: Se me queres ligar como unha pera vas levar calabazas, porque son unha pataca!
¡Vaia froita! ;-)
ResponderEliminarUnha aperta.
Antón.
Faltoume por engadir que, como non podía ser doutro xeito, a pataca da foto criouse nunha leira de Antas!!!
ResponderEliminarEn Antas as patacas semellan peras, non quero imaxinar como son as cebolas ;-) jajajaja
ResponderEliminarUnha aperta.
Antón.
Ainda vou ser parente túa, porque andiven investigando a orixe dos meus apelidos e en Antas creo que hai a maior población de Galicia co mesmo.......
ResponderEliminarMira ti que o mundo é pequeno......
A min pareceme a unha señora potato con moi bo corpo :P
Buf....non me queda mais que quitar o "pucho" ante tal broma da natureza, e tamén ante a túa pericia a hora de atopala. ¡Fenomenal!
ResponderEliminarEn realidade... confesa, Chousiña, confesa... Estiveches mentalizando á pobre pataquiña dende que naceu que a pel lle ía sentar coma unha pera e así se quedou a miña probe.
ResponderEliminarE se o cadeliño Dave mereceu unha peli... non sei eu a pataca que se cría pera se merecerá algo máis longo cun post. Un conto para nenos, tal vez?
"Pero e cando falla a catalogación previa do individuo analizado?". Pues como dices, un diagnóstico tremendamente erróneo, las apariencias engañan, está claro... Y yo, ví un pera! me dejé llevar por la apariencia... y me quedo pues con la calabaza!! Ahora bien, para la próxima, le pego un buen bocado que el sentido del gusto no me falla tanto como el de la vista, ;)
ResponderEliminarAburiño!
Curioso que el interior -físico- es lo que nos iguala y lo externo lo que nos hace únicos.
ResponderEliminarY el interior -espiritual- lo que nos diferencia, aunque pertenezcamos a una misma especie -físicamente-.
Es una patata rebelde y sexy. Me gusta.
En primer lugar, ¡qué linda la patata-pera de Antas!
ResponderEliminarTod@s tenemos muchas cosas en común, pero no hay nadie exactamente igual, ni por fuera, ni por dentro. Tú tienes un poquito más de esto, yo de lo otro... y menos mal, de otro modo sería un aburrimiento.
Biquiños, "zarriña"?
Ou sexa: as aparenzas enganan...
ResponderEliminarClaro. E ás veces unha análise pormenorizada tamén pode errar... Non sei se os instintos son mellores nestes casos.. ou non. Eu qué sei. Somos limitados á hora de coñecer a auténtica verdade. Ninguén sabe nada con toda seguridade. Areas movedizas.
Bicos inseguros.
Conste que o primeiro que vin foi unha pataca con forma de pera. Será que sei que tí sempre ves con segundas... ou incluso terceiras (calabazas non vexo, e me gustan tanto as peras como as patacas, así qué non hai forma de sentirme defraudada... jajajaja. Son de boa boca. Aquí non se conforma o que non quere)
ResponderEliminarE agora un bico saboroso, e xa chega por hoxe....
pois eu vi uma pera, depois uma cabaza e logo uma pataca e agora já nom tou certa com qual quedar...
ResponderEliminarbeijos
ufff.. no me he enterao de casi ná... pero bueno...
ResponderEliminarUn beso. Angie.
¿E que haberá en Antas que non sexa unha periña ? ;-)) jajaja
ResponderEliminarTamén piquei, pero para o próxima, coma Cris, doulle unha dentada...
moi boa, hahahahaha!!!a miña avoa saílle unha que mási parecía un pepino que unha pataca, bicos!!!
ResponderEliminarAhhhh, e gárdame loteria de Folk Antas, que este ano vai tocar ;-))
ResponderEliminarPeras ou patacas....se son comestibles, para dentro.¿Ou non?.
ResponderEliminarAuqnue non seis, non sei, estes de Antas son algo peculiares, como estan ao outro lado do FArelo, non estan moi centrados....
¿Verdade MArisa?
Mira que inventades cousas rara por Antas !.
ResponderEliminarPero os chineses son máis esaxerados: o outro día merquei peras chinesas que semellaban mazás pero que sabían a melón !.
A pataca-pera, xa nin os froitos teñen seriedade. ¿A onde vamos ir a parar?
ResponderEliminarE seguro que a comeches!.Ainda has ser o único ullán que comeu unha tortilla de PERA!!!
ResponderEliminar(e fixeches ben que este ano apodrecen con facilidade)
Carlosm
(bueno, pero un pouco de trampiña tiña a pataca, porque o sombreiriño ese confunde.)
ResponderEliminarvou ter que ler outra vez (outra mais) a entrada esta, porque está ben revirado o asunto, ou eu pouco lúcida, ou as duas cousas, e non vaia ser que non entendín ben e diga aquí un par de parvadas (máis) e todos a rir de min. pero iso será mañán, que agora teño fame, e espérame un caldiño, hummm
Dito isto ata parece que a clonación tampouco vai arranxarnos cando nos escarallemos.
ResponderEliminarGracias que o corpo de cada un é o mellor doutor i é capaz de sair dos momentos mais apretados.
Saudos chousa
De pequeno cando íamos as patacas, sempre alucinábamos coas formas de algunhas, aínda que despois superan todas igual, pero o de forma de pera xa é retorcida.
ResponderEliminarSeñora, ese can que leva vc parece un jatu. Non, non é un can que é un jatu.
ResponderEliminar-Ah, pois entón parece un can.
Bueno, e dos experimentos nas facultades de medicina con jichos, ¡deus nos libre que collan un do PP! Daquela si que ímos aviados, meu.
Vémonos outro día.
É certamente curiosa e enganosa a foto. Parece unha nova especie, froito dun novo vexetal que poderiamos denominar Pyrus tuberosum ou ben Solanum piraster, segundo como se mire. E en román paladino acáelle o de PER-ACA ou PAT-ERA, nunha derivación mesturada. Nova especie, novo nome, non é así?
ResponderEliminarEnxeñosa coma sempre a entrada.
Moitos saúdos.
ANTÓN DE MUROS:
ResponderEliminarAs cebolas de Antas, cando as cortas fan que te rías!!!. Sómosche así de revirivolteados jajaja
VECA:
O mundo é un pano de man; pero por algunha das partes do pano fíxose a bordadura. Xusto nesa parte é Antas!.
E se cadra somos primos, vai ti saber; que desta terra saiuche moito emigrante e vai ti saber onde foi parar.
(Ainda non me afago á tua ausencia no blogomillo)
HADEX:
O certo é que non tiven moito mérito. So que me mandaron ir por patacas para a tortilla e cando a collín decateime da sua forma. Deberamos indultala; pero finou aquel mesmo día na tixola de aceite fervido. Nin tan siquera cos raros a vida ten un “detalle”…I eu que pensaba salvarme por ese lado…
MARKESA MERTEUIL:
Muller…algunha pera fixen jajajajaja; tampouco nos imos rachas vestiduras por unha pataca asada; pero asegúroche que esta fíxose ela a sí mesma (coma os americanos).
En relación coa materia para un conto, cédoche os dereitos (xa falaremos dos pormenores económicos. Teño máis fotos da perapataca; así que ti argalla que eu xa vou subindo os ladrairos da conta para os dereitos de autor.
CRIS:
Ahí le has dao!. Antes de catalogar, compre aplicar máis que un sentido. As apariencias engañan moitísimo. A patacapera veume que nin pintada para transmitir esa idea. Estiveches moi agudiña; polo tanto non che vou dar a calabaza. Van ser dous bicos(como tes dous mofletiños…)
SENSAI:
Quilicuá. Claro que hai algún físico (sin titulación eh) por ahí adiante que da gusto pensar que –polo menos- por dentro somos iguais. Jajajaja
(Alguien me envió al correo una patata mucho más sexy que la de mi foto. Pero esa ya tenía truco de cuchillo).
IRENE:
Vaia, vexo que andiveches indagando na lingua eh. O de “zarriña” estivo moi ben, sobre todo vindo de alguén que non usa o galego de xeito habitual.
E tes razón, se fósemos todos con cara de pataca…ufff, que mal ¿non?. Menos mal que algúns temos cara de “patacón”!
PITIMA:
Empezo a ser predecible para algunhas pícaras. Ummmm, terei que facer a fotosíntese polas noites á luz dunha lámpara halóxena jajaja.
E si, como viñamos dicindo, as apariencias engañan de moito carallo. Imaxínate que fago unha tortilla de peras. Se cadra destapábamos o tarro das esencias culinarias e desbancaba a Arguiñano como rei das cazolas.
LM:
Jjajaja , como sigas así vouche encher o fruteiro de xeito ben variado!.
ANGIE:
Hai que ver que xenerosidade a das mulleres. Non se enterou de ná (e non me estraña), e dame un bico. Pois para ti cinco, resalá!
Gracias por venir (Si bien con la ensalada de patatas-peras que hice, dudo mucho que vuelvas...).
CUSPEDEPITA:
E que aquí todos somos feitiños coma peras!. Tamén pola Fonsagrada se emprega esa expresión?.
No de probar dando dentelladas hai que ter tino eh. Non se debe facer con todo. Pare exemplo…sin ir máis lonxe: o post inmediantamente anterior ;-)
(Que malvado son!!!)
A lotería do folkAntas hai que pedila!!!!!!. Que se acaba!!!!! (boeeeno, vale, xa lles direi aos da orjanisasión que me reserven …¿un talonario? Para as de Fonsagrada.
LÚA:
A natureza produce cousas así. I eso que no caso da miña pataca ou na da tua avoa…ainda cos demos; pero se sae un humano con cara de pepino…jajajaja
AOPEDOFARELO:
Centradísimos Ángel; agora que –eso sí- xa o dicía o pai de Julio Iglesias: raro, raro raro raaaaro jajajaja
PAIDELEO:
Como lle dicía a Aopedofarelo, somos raros, si. Pero en cuestión de sabores somos moito máis predecibles que os chineses eh. Nos sabemos todos (e todas) moiiii ben!
O RAPOSO:
E que dende que Bush lle da a man a ZP con cara de risa xa todas as realidades mudan de sitio. Madia leva a pataca de Antas a semellarse a unha pera!
CARLOSM:
Comín abofé. E no medio das outras patacas, pimentos, ceboliña e demáis…non se notou sabor a pera
ZELTIA:
Asegúroche que o sobreiro era propiedade exclusiva da pataca. Eu nin que puxen nin lle quitei. Boeno…quiteille a foto, eso sí.
E tés razón que ultimamente póñome moi revirado nas escrituras, pero e que bebo en fontes que tampouco se pode dicir que escriban estarricadiño…jajajaja
BARREIRA:
Alédame ben a tua incursión e destape blogueril oh!!. Brindo con cinco patacas pola longa vida ao novo blog “Disfruta da Vida”. Neso andamos, ainda que non sempre o consejimos. Unha aperta jrande!
CARLOS SOUSA:
Cando era neno facíanme apañar as pequenas. Joder, que rabia me daba!. É como se os outros apañaran billetes i eu a calderilla.
PAQUITO PENAS:
Eu sabíao doutro xeito. “E lojo ti onde vas paseando ese porco oh. E non é un porco carallo, que é un can. Xa, pero é que eu falaba co can…”
Vémonos
BUSTO AGOLADA:
Cando eu lle andaba a facer fotos á boa da Patacapera, tratando de sacala juapa, esbelta e bonita para que a vísedes así de ben, houbo quen me dixo: “A verdade é que a pataca é rariña; pero mira que ti…un home feito e dereito e leva dez minutos retratando unha simple pataca!”.
Manda carallo!
E para concluir, benqueridos feligreses, teño que lembrarvos que no meu blog puxen, e non foi de coña nin por casualidade, un confesionario en forma de participacións de lotería de Nadal. Non digo máis, que todos sodes listiños e listiñas (e por iso tedes un blog). So vos lembro que se queredes optar ao primerio premio deste ano…faríades ben en mercar algun billetiño deses!!!
Esta pataca é das miñas!! disfrázase para pasalo ben e que non a coman fritida en aceite senon crudiña...
ResponderEliminarpor certo quero lotería non vaia ser que señas rico e eu teña que seguir currando.
Estiven ausente na blogosfera e escribeches un montón,xa leín todiño.bico.