martes, 18 de novembro de 2008

Faladores

Na actualidade resulta totalmente normal ver á xente camiñando polas ruas das cidades co móbil pegado á orella. E falan pola mañán e badúan polas tardes, e interrumpen comidas e falan polos pasos de cebra e xesticulan diante dos semáforos e incluso rin diante dun escaparate de chucherías...
Tanto temos que dicir agora?. Tanto calabamos antes?
Millóns de conversas innecesarias sucédense cada día (e factúranse cada mes).
Imaxino que estes faladores paseantes, cando chegan ás suas casas coas propias baterías esgotadas, enchufaranse no cargador do silencio para poder continuar na conversa inacabable ao día seguinte. Acaso terá máis mérito falar cos non presentes que cos de perto?
Por algún estraño motivo, esto faime lembrar cando chegou a radio á casa de meu avó. Sempre que a "acendía" mandábame calar para oir o "parte". Co tempo aprendemos a ter o "arradio" encendido simplemente para que baduase...

Foto: Mobilfalante de antano (case volvo dicir Antas)

26 comentarios:

  1. Os costumes do século XXI son así...

    Moi boa a "Philips" ;-)

    Xa verás o modelo que teño eu ;-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. Meu irmán, ten unha boa colección de eles. Nos tamén nos eádíamos do mundo real, polo virtual da radio. Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Nalgunha ocasión pensei en chamar por teléfono a quen tiña diante para ver se así me prestaba máis atención. Ou alomenos deixaba de mirarme o escote e deste xeito lograba entender o que lle estaba dicindo.

    ResponderEliminar
  4. Creo que a cousa é así porque antes tiñamos tempo de falar cos outros, podiamos conversar en persoa, e agora andamos tan estresados e con tantas présas dun lado para outro, que xa non conversamos, non temos tertulias, nin apenas sobremesas, ou café compartidos con tempo de falar. Todos corremos, pero ao mesmo tempo seguimos tendo necesidade de comunicarnos cos outros, así que pegámonos ao teléfono como táboa de salvación, e, ás veces, case se nos quedan pegados á orella de tanto tempo que falamos;-)

    Ou recurrimos a outro aparato, o ordenador, onde escribimos blogs ;-) e conversamos por scrito e en diferido, pero conversamos, sobre mil e un temas...

    ¡Como me gusto iso de "enchufaranse no cargador do silencio para poder continuar na conversa inacabable ao día seguinte"!
    Iso fágoo todos os días, pero non é por causa do móvil, que non o uso tanto, é polo meu traballo :-)

    Moitos chuchiños e hoxe tamén unha boa aperta.
    Chámame ! ;-);-)

    ResponderEliminar
  5. Se teño que ser sinceira, eu fagolle poco caso a móvil. Non entendo esa necesidade de algúns de estar todo o día falando polo movil.

    Biquiños¡¡.

    ResponderEliminar
  6. Olvidaste dos que van oindo musica co MP4 ou o IPOD ("aipod" para os galegos e "aipoz" para os andaluces e canarios).
    E van todos serios coma se non lles gustara a musica que escoitan.
    E cando cruzan a rua non lles pites que non te escoitan, nin lles preguntes por onde se vai á rua "tal" que pasan de ti coma se foses un marciano de Marte.
    En fin, cousas das tecnoloxias mais novedosas que nos fan a vida tan sumamente sinxela.
    Saudos chousa

    ResponderEliminar
  7. eu non soporto coller o teléfono cando estou, por exemplo, nun bar cun amigo. as veces, cando alguén chama e collo e lle digo, déixote que estou con alguén, noto a extrañeza. pero e k, ¿e obrigado colller o móvil? por k á xente parécelle tan mal que non o fagas porque, sinxelamente, non te apetece falar nese intre?

    ResponderEliminar
  8. Aissss... teléfonos... Chousa, vaia tema me sacaches...
    Cando traballas tanto co teléfono acabas tendo con él unha relación amor-odio. Certo que non son as mesmas as conversas telefónicas que as outras, nin sequera laboralmente falando...
    Cando estas con alguen en silencio, e non estás incómodo, é porque os corpos falan noutro idioma e enténdense ben... non fai falla falar..
    Eu sempre me esquezo de cargar o móvil. Ninguén me chama porque saben que son un desastre con ese tema, así que son libre... e buscan outros medios para achegarse a min...
    E qué me dis das mensaxes.... Quen ía dicir fai uns anos que a xente ía crear unha nova linguaxe para falar por un aparello como ese, tan incómodo de teclear... Moitos prefires as mensaxes a unha chamadiña directa, parece que se busca a comunicación canto máis indirecta mellor.
    Éche moi interesante o temiña este.
    Un bico politono tinoní.

    ResponderEliminar
  9. Cando os móbiles comezaron estar de moda eu (que aínda tardei uns anos en ter un) pasaba o día dando a volta na rúa cando oía falar a alguén, por aquilo de se era un tolo falando só (xa sabes, en Lugo haiche moito tolo...)

    En serio, aínda é hoxe o día en que cando vexo a alguén pola rúa ou no coche falando supostamente só vénme á cabeza esa idea....

    En canto á radio eu estou enganchada, de toda a vida....e cando vou pola rúa vou escoitando a radio, e aí a tola son eu porque as veces río co que escoito ou me apeno, ou me escandalizo....(xa sabes en lugo somos moitos os tolos)

    Biquiños!!

    ResponderEliminar
  10. Eu teño que usar o móbil polo traballo, é da empresa, e o uso só para recados puntuais. Non entendo esta xente que o usa de seguido e se bota unhas charlas que lle queda a ourella a ferver. Que ben vivíamos cando non existían.

    Vaia reliquia de "arradio", miña avoa tiña unha parecida, non sei que foi feito dela.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  11. vaia temiña,eu son desas tolas que por traballo paso tempo coa orella pegada,a miña relación co móvil é estrictamente necesaria e debe ser por eso polo que despois tamén falo cos que teño cerca.As veces tamén falo con algún amigo que teño lonxe e cofesoche que un día estiven cincuenta minutos de tertulia e inda tíñamos máis que falar...
    Na miña casa tamén o meu avó berraba "calade que empeza o parte".
    bicos.

    ResponderEliminar
  12. Y además de hablar mas o menos que antes, está la calidad de esa comunicación, que no por hablar mas o mensajearse mas y estar mas en contacto, la comunicación es mejor y de mas calidad. No se si ahora tenemos mas o menos que decir que antes, quizá mas necesidad de estar comunicados, de sentirnos acompañados, que no es lo mismo que estarlo.
    Es como la radio... no por tenerla mucho tiempo encendida hablándonos es mejor, porque cuanto mas rato pasa, suele acabar como un lejano murmullo al que ni siquiera prestamos atención.

    bicos silenciosos

    ResponderEliminar
  13. No me gustan los teléfonos, ni móviles ni fijos, las conversaciones prefiero tenerlas viendo la cara de la persona con la que hablo, pero parece que ahora no se concibe la vida sin tener el móvil todo el día a cuestas, aunque parezca lo contrario, creo que estos "bichos" no facilitan la comunicación.
    La primera vez que vi a una persona hablando por la calle con un manos libre pensé, qué pena, hablando sólo, debe estar loco, luego me fui acostumbrando.
    La tele también la hemos tomado ya por una animal de compañía, siempre encendida aunque no la hagamos caso, es de locos. Prefiero escuchar música por la radio.
    O meterme un ratito en el blog para leer vuestros escritos.
    ¡Vaya rollo que he soltado!
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  14. Se me olvidó felicitar a tu blog por su primer cumpleaños.
    Brindemos, ¡chin, chin!
    Bicos.

    ResponderEliminar
  15. pois... eu son das que me enchufo ó cargador do silencio. é coma se necesitara recargar a batería. despois de varias chamadas seguidas, quedo esgotada (é que eu entrégome moito ó falar)
    polo conto dos horarios de traballo, ceas, etc. parece que todo o mundo se pon de acordo en chamar a misma hora. Certo que agradezo as chamadas, demostran que se acordan de min, e eu tamén chamo a persoas que lle teño aprecio e non viven na mismo sitio ca min...
    pero ten unha cousa mala: algunhas chamadas cumplen a función de "manter o contacto" sen necesidade de molestarse en recorrer o camiño que vai á casa do amigo que, como dí un proverbio (debe ser chino) onde nunca se debe deixar medrar a erba
    non teño nin idea de que terminei dicindo: é sono, é tarde, e se non vou para a cama, despois mañán non rendo ;-)

    ResponderEliminar
  16. hihihihi...pois a minha factura de telefone nunca costuma passar dos dez euros.
    beijos

    ResponderEliminar
  17. joder, poiss eu son ese tipo do post!!! porque, falo tanto que chego a casa desganado

    ResponderEliminar
  18. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  19. Hola.
    Pues la verdad que cada vez uso menos el teléfono por gusto, lo dejo sólo para casos concretos, dar aviso de algo, y los mensajes igual, para avisar de algo importante, no lo uso por usar. Si recuerdo a los 15 años las largas conversaciones con las compañeras de clase a la que acababas de ver hacía 5 minutos, los nervios esperando aquella llamada... Ains... eso sí era sacar partido al tlf.. ja ja.

    Ahora con el tema de los mails prefiero escribir a llamar a mucha gente, por no molestar o ser inoportuna. Aun así, yo lo que de verdad echo de menos es escribir largas cartas a mano... Eso si era comunicación... lenta pero segura.

    besos con ring ring
    (PD. Borré yo el anterior coment que fui tan bruta de poner echar de menos con H...)

    ResponderEliminar
  20. ANTÓN DE MUROS:
    Tremendos costumes.
    O certo é que meus pais trouxeron de Venezuela un aparato de radio moito máis pequeno pero moi chuliño. Destroceino de rapaz  e por iso non podo ofrecer a imaxe (Merecía unhas boas nadigadas!!!)

    SUSO LISTA:
    A radio foi sin duda algunha o primeiro aparello que “abriu” o camiño á tecnoloxía máis vangardista. A min de neno cando a apagaban decíanme que era “para que os músicos de dentro descansaran…”

    MARKESA MERTEUIL:
    Jajajaja boa estratexia!. A xente cando fala polo móbil adoita mirar cara o infinito…
    E ló; seica vas moi escotada pola vida ou?

    CUSPEDEPITA:
    Teño que ter tino co que digo, que ti atállasme ben e con argumentos; pero eu sigo teimando que se emprega o móbil en exceso e de xeito inadecuado (o do ordenador xa é outro cantar). Alédame brindarche o “cargador do silencio” como oasis para a recarga necesaria. Chuchos.

    MOHIKANA:
    Felicítote por elo. Quedámosche poucos na reserva!. E seguramente somos os que temos máis que contar jajajaja á que si?. Biquiños tamén para ti.

    BARREIRA:
    Joder cantos idiomas sabes!!!. Da gusto ter amistades así. Madia levo eu a ser tan listo ó rodearme de xente tan preparada, carallo!.

    AD ASTRA PER ÁSPERA:
    Eu cheguei a unha conclusión: o móbil é unha ferramenta caralluda cando a usamos nos, pero un tocapelotas (perdónnnn) cando a usan os outros para chamarnos. Concordo contigo en que ás veces algúns non entenden que non queiras falar nese intre. Teremos que ir reeducándonos todos. Cousas dos mundos novos.

    PITIMA:
    O da relación amor-odio gustoume (sobre todo a parte amorosa jajajaja). O das mensaxes xa é tela marinera. Din os especialistas que ás novas xeneracións lles vai medrar máis un dedo de tanto que tecleamos no aparelliño este. Fíxate ti despois que ben imos debuxar (…) con macrodedos en mamparas cheas de vaporrrrrr.

    HADEX:
    Eu tamén fun dos usuarios tardíos (antes puxen tardousuarios, pero soaba a xurásico e, joder, tan vello non son!!!!). As mozas que levades os auriculares espetados nas orellas pola rua non se vos nota nadiña, xa que vos tapan as guedellas. Eu penso que debíades levar unha anteniña na cabeza para que os que vos cruzamos pola rua saibamos que non sodes tolas de Lugo; senón escoitadoras de “arradio”!

    CARLOS SOUSA:
    Cando é por traballo, non somos nos os usuarios, senon os USADOS!. Cajonatós, que a tecnoloxía tiña que servir namais para diversión, e non para que nos toquen os testos con ela, carallo!

    VERMELLA:
    Cincoenta minutos!!!! Alabado sexa o manto de San Apapurcio!!!. Xa sería a conversa agradable polo menos, que se non…manda moito carallo. E dis que ainda vos quedaron cousas no tinteiro; pois agardo que teñades ocasión de sacalas, que seguramente quedou o mais importante!!! Bico maiúsculo

    SARAH:
    Ahílasdao! No por hablar mucho la comunicación es de más calidad!. Supoño que tes razón; que nos sentimos máis aillados e buscamos na tecnoloxía a ferramenta que nos una de novo. Boeno, se é por iso…imos darlle un point aos faladores de móbil. Biquiños sonoros!

    IRENE:
    Encántame que te enrolles. O tema da para enrollarse, pero lembra que este é unha Chousa (unha “zarriña”) amplia e da lugar a que haxa espazo para explaiarse. Eu tamén me quedei de pedra cando vin a un tio falando solo pola rua ata que me decatei de que levaba o aparelliño enganchado na orella. Que cousas!!!
    Chin-chin. Brindo contigo polo aniversario conxunto!

    ZELTIA:
    Se te entregas moito ó falar tamén te entregarás…vou mudar o tema, que sabe o diaño a onde me leva; e ademais non sei que tipo de cargador hai para esoutro esgotamento.
    E tés razón en que ás veces o telefoniño sirve para non ter que percorrer o camiño e simplemente para “manter o contacto”. Pero tamén é ben certo que temos na axenda números que nunca marcamos; á que si? (Hoxe podes leerme un pouquiño máis, que mañán non tes que render!!)

    LM:
    Ti eres pouco rendible para as operadoras de telefonía. Chegará o día no que poñerán mínimos de gasto para poder ter o chisme, xa o verás. E cobrarán polas “chamadas perdidas”.

    OCCAM:
    Xa mo parecías cando te vin pasar badúa que badúa sin xeito nin templanza. Ti foches o que me empurrou a escribir o post. E na outra man que levabas no peto ías agarrando a navalla ou?. Por certo, benvido á Chousa!

    CRIS:
    Pillina, ya nos contarás que tipo de conversaciones te ponían a ti nerviosiña antes de recibirlas y a las que luego “sacabas partido”
    No borres los comentarios con faltas ortográficas, me hencanta recivir herrores!. Eso sí, me gustan más los biquiños que envias jajaja

    ----

    Hoxe celebrouse o día de Santa Cecilia en Antas con un acto na Casa da Cultura que quedou moi chulo. Actuaron a Coral, o Grupo de Música Tradicional e maila Banda de Música. Finalmente todos xuntos, incluido o público posto en pe, cantamos o hino galego.
    Non ten nada que ver co post nin cos comentarios, pero e que veño emosionao, carallo!; e quería contalo tamén

    ResponderEliminar
  21. Semelhas ser o cronista oficial de Antas. Ta bem o acto que comentas. Non en todas as vilas se xuntan os colectivos asim como ti dis que o fixestes os de Antas. Felicita da minha parte a quen sexa correspondente.

    Gustoume o ARRADIO da Afoto. Véndelo?

    ResponderEliminar
  22. Por certo, eu tamem quero lotaría desa. Xa dirás que hai que facer

    ResponderEliminar
  23. A lotería hai que pedila clicando na imaxe, carallo!!.
    O chisme lévate ó blog da Asociación FolkAntas e alí hai instruccións de como pedila. Son de fiar. Avaloos eu
    (Esto éche coma o misterio da Santíma Trinidade, solo que en dual...)

    ResponderEliminar
  24. como me cobrem um mínimo de factura páso-te o recibo por andar soltando ideias assim na rede...
    beijos

    ResponderEliminar
  25. Tranqui LM, que este bló non o le ninguén jajaja

    ResponderEliminar
  26. este post me hizo recordar aquella vez que perdí mi celular.
    Descansé. Al menos estaba inlocalizable gran parte del día y siempre era más emocionante encontrarme a la gente que había estado llamando HORAS (según ellos)a mi celular perdido.

    Imagino que para llenar los vacíos a veces se usan las voces, porque no siempre son conversaciones las que tenemos cuando hablamos con alguien más.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: