domingo, 5 de outubro de 2008

Lugo

Seguramente que nun día coma hoxe a imaxe de Lugo é un caldeiro de polbo cocéndose ao carón das casetas do parque de Rosalía. As festas do San Froilán teñen un marcado carácter gastronómico, parte lúdica na que pondera dun xeito relevante o cefalópodo servido ó denominado "estilo feira".

Pero non hai duda de que a imaxe característica de Lugo, en festas ou fora delas, é a muralla. Pondera de xeito importante, de entre as imaxes perimétricas do romano monumento, este cubo con fiestras perto da Porta de San Pedro, coñedido por "A Mosqueira".

Foto: Non todo vai ser Antas

27 comentarios:

  1. A muralla, o seu adarve (único en España das súas características que se pode percorrer enteiro e sen ter que pagar) e, agora, mesmo o centro de interpretación da muralla, que nos fala das súas características construtivas, da súa historia, da creación de novas portas de acceso, das antigas torres de vixilancia, da construción de casas para aforrar unha parede da vivenda en tempos de escasez... Ai, a muralla que outrora estivo, como moitas outras, a piques de ser derrubada e que hoxe luce orgullosa como Patrimonio da Humanidade, e cuxo percorrido intramuros tamén se está recuperando e revitalizando...

    ResponderEliminar
  2. a muralla é impresionante, dende logo. e, fíxate que non estiven nunca no san froilán, jejejeje

    ResponderEliminar
  3. Xa bou tengo gañas dun bo polvo.... a feira.

    Ahi tempo que non teño o pracer de desfrutar de tal manxar. Ultimamente deume polo polvo a brasa (xa sabes, portugal está preto).

    Apertas boscosas.

    ResponderEliminar
  4. Meus avós paternos son de Lugo e aínda a día de hoxe nunca fun a estas festas, e mira que teño ganas, pero por unha cousa ou outra nondoy disfrutados delas. Ainsss.... espero podelo facer o vindeiro ano.

    Biquiños¡¡.

    ResponderEliminar
  5. Aínda que nunca estiven en Lugo, teño xente que quero moito por alá :-)

    Noraboa que recoñeceras que Antas non é o embigo do mundo jajaja

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  6. De Lugo recuerdo especialmente su muralla, como no, y de la provincia Os Ancares, donde pasé una Navidad muy especial y nevada.

    O polvo a feira y toda la gastronomía gallega y sus fiestas, es lo que más echo de menos. Bueno, y el color del cielo. Y el ambiente. Y la gente. Y el mar. Y las gaitas. Y el licor café. Y el albariño de cualquier aldea. Y los serán.

    Ay qué morriña!

    ResponderEliminar
  7. Cántos polvos tes por aquí!! jajajaja, vouche pasar a vasoira, así en confianza, que se che vai emporcar moito isto.. jajajaja.
    Pois eu tamén teño ganas dun bo polbo.. e dun polvo dos outros tamén, que a miña nave espacial faime todo todo TODO, pero non me acaba de limpar a "mente sucia" jajajaja. Diría máis ben que ma emporca máis aínda.... jajajajaja.
    E eu tampouco fun o San Froilán.. Debería.. ¿verdade?
    Bicos sen polvo.. jejeje.

    ResponderEliminar
  8. Anda...
    No he estado nunca en Lugo, pero estos días en el pueblo de al lado estamos casi casi allí. El pueblo de al lado se llama Collado Villalba y está hermanado con otro Villalba de Lugo, y estos días, la sierra de Madrid ha sonado a gaitas y olido a feira... ains...

    nunca puedo resistirme a decir: ay el verde de Galicia es un verde mágico... me quedo embobada con la foto.

    Bicos mofletudos

    ResponderEliminar
  9. O San Froilán é unha festa con encanto, sen lugar a dúbidas. Desgrazadamente, a muralla estáse a converter nun lugar de botellón (!) sin que ninguén faga moito por evitalo....Onte parece ser que a policía nacional evitouno...pero será ata a próxima vez....

    P.D.: Eu estes días traballo co meu mozo no seu local polo que o San Froilán convírtese para min nunha semana de moito curro e pouco sono.

    Quen non coñeza esta festa.....que se anime!!! Aínda queda toda a semana!!!!

    ResponderEliminar
  10. que aproveche el pulpo á feira, y me sumo a cantar las maravillas de la muralla, orgullo de los lucenses y de todos! non fun ás festas (obvio que diría alguén de arxentina)
    (e gústame a etiqueta, chousa, ¡non todo iba ser Antas!)

    ResponderEliminar
  11. Sorpréndeme que haxa tanta xente sen ir o San Froilán, dende o meu pobo sempre hai unha especie de peregrinación escalonada, ano tras ano, que nin a Santiago (mentira, tamén a hai...). Vai ser que somos festeiros de máis.

    ResponderEliminar
  12. E a Torre de Hércules que?? :P (para presumir da murralla xa está Marquesa)

    ResponderEliminar
  13. Polo visto a Mosqueira era unha torre defensiva con dous pisos e catro ventanais en cada un.
    Ahhh, por certo, houbo varios intentos por parte de comerciantes de Lugo de tirar a muralla abaixo en tempos. Seica impedía que a cidade medrase (¡que vista comercial! )
    E ata o ano 1972 había moitos edificios de vivendas e garaxes adosados á muralla. Tantos que case non se vía desde a ronda.
    Eu lembro as casas que había xusto entre a Mosqueira e a porta de San Pedro (porque vivía enfronte) e as da porta da Estación.
    Naqueles anos, por certo, as casetas do San Froilán ocupaban o "campo da feira", onde agora está a Estación de Autobuses.

    Chuchos.

    ResponderEliminar
  14. Desde que a pisei por primeira vez, hai moitos anos, quedeime hinoptizado con ela. Belisima

    ResponderEliminar
  15. Dar un paseo polo adarve da muralla hinoptízame sempre Suso. Ver o interior e o exterior da cidade dende a cima resulta un expectáculo sempre novo. Quen non o fixera debería vir e darlle unha volta (despois pódense tomar uns viños para repoñer as enerxías gastadas.

    Que vellos imos Cuspe!!!. Eu tamén lembro todo iso que dis. Confío, en todo caso, que somos o suficientemente noviños como para ver -alomenos unha boa parte- da proxectada Ronda Interior da muralla.

    E que Lugo eche moito Lugo, Veca. E a muralla...é unha murallaza!. Ainda que Markesa e máis eu a ensalcemos en cada post, non seremos capaces de transmitir (e mira que ela exprésase ben de carallo) a grandeza que a nosa muralla evoca.

    E que non ter visitado Lugo en San Froilán case ten delicto Vakastolas. E sendo da provincia máis ainda. Quén de nos non lembra á familia Pelúdez cos seus traxíns pola festa?.

    Pois hai que vir a Lugo Antón. Apunta na axenda de cousas pendentes que na tua próxima visita a Galiza hai que dar unha volta pola muralla. Botar unhas moedas na porta de San Pedro e facerse unha foto na Mosqueira. (Ti estás seguro que Antas non é o embigo do país?. Eu non sei que che diga eh...jajaja)

    Tampouco vaiades pensar que esto vai ser a norma Zeltia!!. Que sería de Galiza sin Antas? Imaxinas un burato de 109 Km cadrados no centro do país?. Volverei a cantar/escribir/amosar sobre as marabillas deste Centro Xeográfico do que -cada día- namórome máis. Tedes unha sorte comigo...

    Para que a festa sexa festa alguén ten que traballar nela Hadex. Así que hai que deixar o pelexo (dunha semana) en elo, a fin de que os visitantes teñan ganas de voltar. E de paso recolles un fachuco de billetes para enxagoar a crisis...

    O son da gaita soa sempre con agarimo, e o sabor do polbo á feira enche o peito e tamén o espíritu Cris; pero compre escoitar e comer na terra que lles deu o ser. Dese xeito notarás que, así como o verde é máis verde, o son é moito máis son e o sabor...é moito máis saborrrrr.

    Xa era hora de que alguén barrese un chisco esta Chousa Pitima. Agradézocho ben. Algo de orde sempre resulta necesario.
    Tes que vir ó San Froilán. Aquí tes garantizado o polbo! (O polvo...non dudo de que o has ter garantizado tamén, que as festas xa se sabe que alporizan os ánimos e animan ó alporizamento...jajaja)

    Está clariño que tes que voltar Sensai. Cada cousiña que citaches segue totalmente actualizada e ofrecéndose para que veñas a disfrutala unha vez máis (boeno, a neve nos Ancares ainda non; pero seguro que non tardará tampouco).

    Pois marca no almanaque das tuas intencións a visita a Lugo Mohikana. En festas ofrécense moitas posibilidades; pero no resto do ano tamén hai muralla e tamén hai lugueses e luguesas dispostos a recibirte!!

    Eu descubrín o polbo á plancha fai pouco tempo Druid; e non foi en Portugal, que foi en Lalín. Tamén resulta xeitoso ó paladar, pero disfrutar dunhas boas talladas no seu punto de cocción en caldeiro de cobre, co seu picantiño coloreando...hmmm xa me sabe ben incluso despois de cear!!!

    Pois dende Vigo é un pasiño Ad Astra. Ademáis ata che cae tan ben que tes que pasar por Antas, onde podes repostar para facer a viaxe un chisquiño máis doada. Anímate!

    Se eu tivese o mesmo arte coa música que ti tes coa letra, benquerida Markesa, poderíamos facer unha Oda á Muralla blogueira.
    Atinados comentarios os teus,coma sempre.

    ---

    Queda ainda unha fin de semana para que veñades en Festas. E se non pode ser nesta, xa o dixen, Lugo segue agardándovos.

    Unha aperta dun lugués (de Antas)!

    ResponderEliminar
  16. e nom só a muralha senom toda a cidade...boas festas! beijos

    ResponderEliminar
  17. Afortunadamente temos a muralla e o San Froilán. Eu hai algúnsanos que non vou ás festas do San Froilán, pero puntualmente acudo varias veces ao ano para percorrer o adarve da muralla e as entrañables rúas de intramuros. Romana e milenaria, Lugo é unha cidade con moito encanto, na que vivín tres anos inesquecibles.
    Unha aperta, amigo Chousa.

    ResponderEliminar
  18. A ver se pasa esta nubosidade que eu tenho pensado ir o sabado a comer o pulpo

    Carlosm

    ResponderEliminar
  19. Muy bonita la muralla romana, por supuesto no todo "vai ser Antas", aunque sea también preciosa.
    La gastronomía gallega es riquísima, en cantidad y en calidad, creo que pronto podré disfrutarla "in situ".
    Bicos, Chousa.

    ResponderEliminar
  20. Esa é a famosa muralla que mide 6.400 kms, que se ve desde a lúa e que foi nomeada o ano pasado como a marabilla, máis marabillosa do mundo mundial?
    Recoñezo, con certa vergoña, que aínda non a visitei. Apuntarei na axenda.
    Saúdos Chousa, xa me atopei :-)

    ResponderEliminar
  21. Carallu, no sabia que el chousa fuese chino.

    Yo os envio saludos desde el Japón ovetense

    ResponderEliminar
  22. Dende logo si hai unha imaxe coa que se relaciona Lugo esa é a MURALLA, asi con maiúsculas porque o merece.

    ResponderEliminar
  23. Fai pouco, fumos dar unha volta CArmen e mais eu, polas termas, e por a ribeiro do miño. Fixeron un paseo moi agradable, e despois volvimos pola muralla, fotografiando como un tolo, rincones e recobecos, deste Lugo a cabnalo entre o pasado e o futuro incerto...
    PEro a verdade é que al San Froilan nunca fun... Eu son pouco amigos dos festexos, e aglomeracions de xentes..

    ResponderEliminar
  24. Passei. Deixo um abraço e votos de bom fim de semana

    ResponderEliminar
  25. Ai, que ganas me entrar de tomar pulpo á feira!!! Polo verán estiven no Carballiño na festa que fan alí, pero teño que recoñecer que aínda non estiven nunca en San Froilán... Ó mellor para o ano que vén.

    Biquiños!!

    ResponderEliminar
  26. Pero van desfacer o parque de Marcos Cela, acabadiño de amañar, en aras de non sei que progreso, de non sei que ponte e de non sei cales estrañas lerias. Cando veñas xa non estará como adoitaba, pero aínda baixo cada día ver os vestixios do meu parque.
    Acabarán por derrubar a muralla... ou non. Pero hai máis Lugo e está aí fóra (que dicía o tipo aquel na peli)

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: