domingo, 28 de setembro de 2008

Osadía

Contan que a ignorancia é moi osada, seguramente por non ser quén de analizar as consecuencias nin o alcance dos actos que realiza.
Sin deixar de recomendar prudencia e mesura, tamén compre recoñecer que sin arroutes de osadía de cando en vez...deixaríamos de percibir unha boa parte do que nos rodea.

Andaba eu na procura dunha foto do insecto, agardando que se pousase nunha folla de mazaira e...voilà; mira ti onde se veu meter!

Foto: Algunha manicura na sala?

30 comentarios:

  1. Preguntome que dirán os que tiveron a osadía de prestar o que non tiñan, e agora os bancos doutro extremo de América foron ao abismo (e milleiros de empregados con eles)... :-(

    Moitas veces a osadía ten consecuencias imprevistas...¿non si?

    Unha aperta.

    Saúdos ao insecto jajajaja ;-)

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. Os animais sonche moi intelixentes.....quizáis coñecese as túas intencións, boas intencións, e decidise facilitarche o traballo...

    ResponderEliminar
  3. Eu prefiro a "osadía" xurdida a partires da prudencia... Creo que é contradictorio, pero... :P

    ResponderEliminar
  4. para que se pousase seguro que sentiu que era um lugar seguro...beijos

    ResponderEliminar
  5. Si pudiésemos vernos como al insecto, veríamos la de veces que nos hemos metido en la boca del lobo. Eso es osadía, ignorancia y riesgo, pero así es la vida!

    Saúdos!

    P.S.: Siento no escribir en gallego, aunque lo entiendo bien :)

    ResponderEliminar
  6. E grazas a sua ousadia e a tua rapidez dixital, o bicho anda percorrendo mundo agora.

    Saude e terra

    Carlosm

    ResponderEliminar
  7. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  8. Jajaja.. o bicho pensou, pois vale, tí me sacas a foto, pero voute comprometer!!! jajaja. Ves? Iso é que estás totalmente compenetrado co teu entorno. Mesmo lle da una folla da mazoira que o teu polgar.
    Está comprobado que é un bo psicólogo, pois soubo que as túas intencións non eran malas... al menos non del todo. Salvo pola súa intimidade (xa o van coñecer por ahí cando o vexan nas mazoiras), a súa integridade non sofreu percance ningún ¿non? jajajaja
    A partires de agora vas ter que poñer aquelo de "os animais que saen neste blogue non sofreron ningún dano" jajajaja.
    Hala, xa está ben de coment.
    Un bico osado.

    (lapsos que ten unha... aisss)

    ResponderEliminar
  9. Creo que como en casi todo en el equilibrio está la virtud, que hay que ser algo osado para descubrir, avanzar, lanzarse, pero con cierta cautela y precaución para evitar peligros innecesarios o demasiado evidentes e insalvables.
    No obstante creo que muchas veces mas que ser osado es ignorancia de saber donde nos metemos. Entiendo que el osado sabe donde se mete pero arriesga, el ingnorante se lanza sin saber. Creo que el bichín fue osado y quizá confiado... o le pudo la tentación de posarse sobre una piel calentita?
    No se, no se.

    Besos osados! (que no ignorantes)

    ResponderEliminar
  10. Eu sonche da idea de cris, pero da práctica da osadía....xa ves, non hai unha relación entre saber o que debes facer e facelo, jeje.

    Un beijinho, este ule a castañas....que teño moitas ganas delas.

    ResponderEliminar
  11. Si chega a ser unha abella.....seguro que non che quedria a foto.

    ResponderEliminar
  12. uy uy uy... voya empezar a pasar por aqui a leer gallego.

    Y hay que ser osado siempreeeee... aunque termines con un bicho ¿incrustado? en el dedo.

    bicos

    ResponderEliminar
  13. non penses tí que non me fixei eu que tiñas as unllas ben limpas e cortadiñas. maravíllame a cámara o capaz que é de captar ata os poros da pel... que milagre!.
    o pobre bicho, arriscado sí que é, pero foi dar onda o Irman Francisco... asi que nesta ocasión non corre peligro ningún!
    coma sempre, a foto inspirache unha reflexión axeitada :)
    (nunca sei se é primeiro o ovo ou a galiña)

    ResponderEliminar
  14. estou dacrodo contigo, e mira fixeches un amiguiño!!hehe

    ResponderEliminar
  15. Ousados somos nós que buscamos unha nena nesta época de crise !.
    Graciñas polos parabéns !.

    ResponderEliminar
  16. vaia vaia, mira que bichiño máis listiño, e o digo polo insecto jajaja

    ResponderEliminar
  17. Eu ata que saiba con seguridade o destino do becho prefiro non opinar sobre a ousadía. Dame no nariz que isto pode ser unha trampa e disque de valentes están os cemiterios cheos...

    ResponderEliminar
  18. Vakastolas: O bicho marchou voando, mentras eu lle soplaba ó meu dedo para quitar unha lezquiña de polen que lle caeu das suas patas. Ainda que tes razón no dos valentes, esta vez librou.

    Ad astra per aspera: En Antas o mais burro doutorouse a semana pasada, jajaja.

    Paideleo: Que sería do país se non houbese nenas e nenos?. Reitero os meus parabéns. Ademáis ti ben sabes que onde comen tres...tamén fan réxime catro!!!

    Lua: Fixen un amigo novo, si. E pousouse no meu dedo. Para que vexas que dou confianzas!

    Zeltia: Muller, limpiñas sí que teño as uñas, pero un traballiño de manicura tampouco lles viría mal.
    E por certo, fai hoxe un ano exacto que publiquei o primeiro post nesta blog, e ti foches a miña primeira comentarista. Supoño que tes mérito por aturar os meus devaneos semánticos de xeito tan estoico.

    Nikaperucita: Pois se ves por aquí serás benvida; pero xa sabes...hai que aturarme un ano polo menos!

    A Conxurada: Claro que hai que ser arroutados; se non ainda viviríamos nas cavernas. Eu tamén teño ganas de castañas asadas e este ano ten pinta de haber boa colleita; así que...

    Cris: É ben certo que ás veces poden confundirse a ignorancia coa osadía (ou viceversa); pero tamén é ben certo que se pode ser conscentemente osados. Biquiños tamén conscentes para ti.

    Pitima: Pensarei en poñerlle ese cartel de non agresión animal ao blog. Espero que os animaliños que fotografíe me traten ben a min tamén, que unha vez estiven a piques de ser atacado por unha colmena!.

    Carlosm: Terra e saúde, amigo; que tanto monta. A ver se te decides a publicar dunha vez, carallo!

    Sensai: Seguro que nos metemos (na boca do lobo) mais veces das que pensamos, tes razón. Benvida á Chousa!!

    LM: O certo é que o meu dedo foi seguro para o bicho, xa que na outra man tiña a cámara. Jajaja

    Markesa: En quen non é contradictorio?. Eu comparto contigo a apreciación que comentas.

    Hadex: Aiiiii, se souperas a de veces que teño eu boiñas intencións e nin por asomo se me facilita o traballo...jajaja. En todo caso tamén se pode disfrutar na procura das solucións!!

    Antón de Muros: Canta razón levas!. Pero prestar o que non teñen é o negocio dos bancos dende fai moitos anos. Curarán deste mal e volverán facer o mesmiño, xa o verás... ;-).


    Como lle dixen a Zeltia, hoxe cumple un ano a Chousa. Divertinme moito i esa é a razón deste aniversario. Graciñas por manifestar a vosa presencia e por ofrecer as vosas vivencias.
    Bicos para as damas e calurosos saúdos para os cabaleiros que me visitades ou que vos visito.
    Un verdadeiro pracer

    ResponderEliminar
  19. Feliz aniversario da Chousa.
    Vexo que fuches ousado e saíuche a imaxe máis orixinal ca se a fixeses na folla da maceira/mazaira.
    Non pensaches que ao publicar isto se podería producir o efecto chamada? A ver como aturarías logo de centos de insectos nese polgar?
    Unha aperta e longa vida ao blog.

    ResponderEliminar
  20. xa pasou un ano?
    recordo que pensei que eras unha muller.
    e lin todas todas as túas entradas, incluídas as de castañas e liliñas agora, no outono!

    apertiñas lojo, de aniversario

    ResponderEliminar
  21. Mil gracias por tu visita. Por ella es posible ahora la mia.

    Tienes toda la razón, sigue mirando el fuego, mejor eso que prestar atención a personas que no te comprenden.

    Respecto a tu entrada, soy firme defensora de arriesgarse, de lo contrario la vida sería de una monotonía insufrible.

    Un saludo desde Bilbo, seguiré visitando tu blog para practicar gallego. Allí tengo personas muy queridas.

    ResponderEliminar
  22. Parabéns polo primeiro ano do blog!

    Co teu humor e a cámara, hai Chousa para moooitos anos ;-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  23. Chousa!!
    Moitas felicidades polo primeiro ano e un día do teu blog. Foi un pracer compartir contigo parte dese tempo.
    Bicos cumpleañeros!!!!

    ResponderEliminar
  24. Parabéns por este primeiro ano. Agardo que celebremos moitos máis.

    366 Chuchos (que foi bisiesto ;-) )

    ResponderEliminar
  25. Deveu de ser moi difícil sacarlle unha foto. Un saudo. ( Por certo. Volvo a escribir)

    ResponderEliminar
  26. E que hai algúns que teñen un peito...!

    ResponderEliminar
  27. que fagas muitos mais(anos) e que nos o vejamos!!!!beijos.

    ResponderEliminar
  28. un ano que andas por estes lares... que ledicia saber que continuas o percorrido que comezaches...

    pois o téu é o único que sego a visitar cada semana, por algo será...

    por outro anos máis, polo menos

    apertas

    ResponderEliminar
  29. Non me ía quedar eu sen darche os meus parabéns polo aniversario,perdón polo retraso pero entre que non tiña ordena na casa e o resto ando moi "toliña",!mira que pousarse na túa mán ese bichiño así sen maís,que lle dirías????
    bico.

    ResponderEliminar
  30. A verdade é que xa non teñen medo de ninguén, jeje.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: