Gozamos de tantos privilexios e rodéannos tantos agasallos que ás veces esquécenos disfrutalos co vigor e coa entrega que sería aconsellable.
Ocupámonos en demasía na construcción da ponte e despois non temos tempo de cruzar por ela, de asomarnos ao peitoril para contemplar como a auga flue paseniña baixo os nosos pes secos.
Trabucamos con terca reiteración cales son as finalidades e cales os medios para acadalas. Valoramos en exceso a moeda de curso legal mentras simultaneamos a devaluación do realmente importante.
Deberíamos mergullarnos con máis asiduidade nas cuestións sinxelas que, curiosamente, adoitan ser de balde e cecais por elo non acadan o aprecio que se lles debe na nosa escala. Consideradas triviais; esas pequenas cousas son as que nos cargan de enerxía e reinventan cada día o noso motivo vital.
Ocupámonos en demasía na construcción da ponte e despois non temos tempo de cruzar por ela, de asomarnos ao peitoril para contemplar como a auga flue paseniña baixo os nosos pes secos.
Trabucamos con terca reiteración cales son as finalidades e cales os medios para acadalas. Valoramos en exceso a moeda de curso legal mentras simultaneamos a devaluación do realmente importante.
Deberíamos mergullarnos con máis asiduidade nas cuestións sinxelas que, curiosamente, adoitan ser de balde e cecais por elo non acadan o aprecio que se lles debe na nosa escala. Consideradas triviais; esas pequenas cousas son as que nos cargan de enerxía e reinventan cada día o noso motivo vital.
Foto: O son da auga. Sinfonía gratuita
A vida está chea de triviliades que a veces nos fan desconectar deste mundo de tolos no que vivimos.......aínda que non sempre é así.......
ResponderEliminarPassei. Deixo um abraço e um bom fim de semana
ResponderEliminarO problema sempre é o de buscar tempo para un mesmo. Para poder disfrutar e valorar de todo aquelo que nos rodea. As cousas pequenas adoitan ser na meirande parte dos casos as mais grandes.
ResponderEliminarSei que é moi dificil tomar un respiro no mundo no que nos movemos, pero é de xustiza facelo.
Polo tanto ¡NON AS 65 HORAS SEMANAIS!
Saudos
A sinxeleza é un valor...
ResponderEliminarUnha sinxela aperta.
;)
Si si todo o que ti queiras, pero sin a moneda de curso legal non hai maneira de alimentar o corpo para logo poder alimentar o espiritu.
ResponderEliminarA foto da sinfonia e moi chachi. De que fonte de Antas é?
Pikacho'n
Sim, as coisas que mais pequenas parecem, são as de maior valor, por vezes.
ResponderEliminarBoa semana.
Las pequeñas cosas son las más importantes.
ResponderEliminarIso é certo, pasamos demasiado tempo pendentes de trivialidades e esquecemos o realmente importante. Apertas
ResponderEliminarAMEN
ResponderEliminarCo o rica e intensa que sería unha vida sinxela, e como nola complicamos con trivialidades e cousas innecesarias, no?
bicos dos menos liviáns
que preciosa foto! e nun dia de calor, ver esa auga que parece que vai saír pola pantalla... ;-)
ResponderEliminarA reflexión que nos participas pareceme que debiamos tela presente a diario, esquécenos sentirnos agradecidos por todas as cousas boas que temos... nada mais ca se non poderamos ulir pensamos na maravilla que é ter olfato, ou só os xordos valoran de verdade o que é escoitar a música, o son do vento, o ruído da auga ó caer nunha fonte... e así todos, un por un, os sentidiños, os afectos, e todas esas cousas non custan cartos!
Unha imaxe moi refrescante para esta mañá de luns con media resaca (de cocacola e fanta) despois da que montamos onte no Carballiño :-)
ResponderEliminarOcúrreseme que seguimos todos aquela máxima, inventada polos comerciantes, seguro, que di "o que non o custa non o vale" e aplicámola a todas as esferas da vida. Ata me atrevo a dicir que a aplicamos no terreo dos sentimentos e preferimos pelexar por agarimos que se nos presentan difíciles de acadar, como retos, antes que os que nos ofrecen de valde, espontáneamente.
Non sei se haberá algún estudo sobre isto, pero se o hai gustaríame lelo.
a moeda de curso legal nom é incompativel com disfrutar do que temos... já se sabe que quem mais tem... só temos de aprender a ver e em cada recuncho há coisas que som realmente importantes. beijos
ResponderEliminarEstou totalmente dacordo contigo...a disfrutar máis dos pequenos praceres, a min polo menos son os que máis me enchen.
ResponderEliminarUn bico con sabor a hoxe empezo as vacacións.
mira que cousa mais fresquiña nos adica o chousiña. magoa que chova . asi e todo agradecese a intención.
ResponderEliminaresplosión de bicos coma gotas de auga
As coisas sutiles temos que lembralas nos e as vezes esquezennos. Das outras ja hai quen no las estenha relembrando a cotio
ResponderEliminarBoa reflexión. Bos saúdos
canta razón tes. ás veces esquecemos que esas cousas pequenas son as que nos permiten seguir adiante.
ResponderEliminarY son las que te arrancan una sonrisa.
ResponderEliminarDouche a razón plenamente. Eu teño un antídoto para estas situacións: a bicicleta. Devólveme á realidade e permíteme distinguir as rutinas e os privilexios.
ResponderEliminarAta mañá. Unha aperta.
O murmullo da auga faime durmir moi ben. Eu pagaría por poder mercar un muiño vello e poder durmir ó caron do rio
ResponderEliminarBoas fotos as que pos no teu blogue
Son Tonecho de novo. Pódoche roubar algunha foto para publicar en internet? Supoño que se cito a fonte non haberá problemas, non é?. Iso se son tuas, claro. Xa me dirás. Grazas
ResponderEliminarPoi sí que si,as cousas pequenas a mín fánme moi feliz...
ResponderEliminarpor exemplo:
chegar á casa e ser recibida con bicos,un almorzo arranxado polos meus fillos e sevido na cama,un paseo pola beira do mar cos pes dentro da auga,un banquiño nun parque e unha raiola de sol.....
bico.
Unha vez cubertas as necesidades elementais o resto pouco importa e pódese topar pracer en cousas sinxelas como unha parrafada, un paseo, ou a contemplación de algo.
ResponderEliminarCompletamente de acordo. As trivialidades son as cousas máis importantes da vida aínda que pareza contradictorio. o difícil é decatarse.
ResponderEliminarSe prescindísemos do trivial, trocarimos en autómatas do mundo "feliz" que pronosticaba H.H.
ResponderEliminarTon
Vin algunha foto tua no concurso de Vieiros. Non se pode votar por elas; pero a dos sete estalos está moi ben. Sorte!
ResponderEliminarCarlosm
As trivialidades son máis importantes do que parecen, pero é moi díficil decatarse. Un Saúdo
ResponderEliminarConsideradas triviais... pero non o son. Buscamos a felicidade donde é complicado atopala, e logo deixamos pasar esos intres de maxia que poderían facernos moito máis felices do que sospeitamos.. ¿non é?.
ResponderEliminarPero tí, e eu tamén, e algúns máis.... dámonos un pouco de conta do que está a pasar, paseniño, por diante nosa, inda que, ás veces, temos que deixalo pasar porque temos un pouco de présa, contaxiados destes tempos de apuros..
¿E qué clase de bico esperas hoxe?... jajajaja.
O meu neno acaba de tomar o seu primeiro chupa... jajajaja. ¡Qué trivialidad!... Está emocionado e quere compartilo comigo, todo chupeteado.. jajajajaja. ¡Mira mami! ¡é unha bola! jajajaja.
Un bico con sabor de laranxa.. jejeje.
É certo, perdémonos con grandilocuenzas, cando o máis importante e o que máis felicidade nos da, son esas cousiñas pequenas nas que apenas nos fixamos.
ResponderEliminarapertas.
Canto mais pequenas e mais sinxelas son as cosas,mais valor teñen!!
ResponderEliminarBicos
Xa estou de volta!