Xa teño falado da osadía das comparanzas; pero despois de sentada esa premisa hai ocasións nas que o método comparativo permite establecer baremacións entre duas ou mais cuestións ás que se lles supón algo en común. Ainda que se diga que non se deben xuntar churras con merinas, semella lexítimo discernir as propiedades cualitativas da lá ou as cuantitativas de leite de cada unha delas...
Chegado a este punto pregúntome con teimuda vehemencia cal será o motivo polo cal o Diccionario da RAE comete un clarísimo vilipendio cando define o termo "gallego" , na sua acepción de idioma . Tal menosprezo percíbese axiña se o comparamos coa definición atribuida a "catalán".
Seica o galego non é unha "lingua romance vernácula"?. Acaso os galegos que falan en castelán están tamén falando en galego? (gallego: lengua de los gallegos)
Deberíamos axudar aos Académicos da lingua española a limpar, fixar e dar esplendor a unha lingua, sen menoscabo doutra.
Chegado a este punto pregúntome con teimuda vehemencia cal será o motivo polo cal o Diccionario da RAE comete un clarísimo vilipendio cando define o termo "gallego" , na sua acepción de idioma . Tal menosprezo percíbese axiña se o comparamos coa definición atribuida a "catalán".
Seica o galego non é unha "lingua romance vernácula"?. Acaso os galegos que falan en castelán están tamén falando en galego? (gallego: lengua de los gallegos)
Deberíamos axudar aos Académicos da lingua española a limpar, fixar e dar esplendor a unha lingua, sen menoscabo doutra.
Foto: Un capulliño marelo de Antas para os académicos españois
E que me dis da equiparazón "gallego/tonto"?
ResponderEliminarDe vergonha estes espanhois
Si, queixámonos (con moita razón, por suposto) dos chistes de galegos que circulan en Suramérica e temos aquí a RAE que nos fai o mesmo fraco favor, peor aínda, creo eu, xa que esta vez trátase dunha institución cultural do prestixio da Real Academia Española e non de particulares.
ResponderEliminarBiquiños, socio, e boa fin de semana.
Passei. Deixo um abraço e votos de bom Domingo.
ResponderEliminarO caso e que se trata dunha Institución que sempre foi elitista e sempre estivo de parte do poder. Aínda lle quedan restos, e arcaica e bastante intransixente.....Pero é necesaria, e debería reformarse. Apertas.
ResponderEliminarHAi todavía moito que traballar para quitarnos o san benito (ou san bieito)de que galego=pailán.
ResponderEliminarO de capulliño vai para algún membro da academia en especial??
Seguro que en Cataluña algo se moveu con forza para ter a definición de "catalán" que teñen, pois os membros da RAE non hai que os faga caer da burra (mira que ben soa esto na lengua dos tontos). Alguen deberia moverse aqui para explicar coa mesma forza ou mais que nuhas eleccións, por exemplo, a os "academicos" que é o galego. E non se está pedindo nada extraño, somentes que se defina correctamente e coa mesma claridade que se utiliza para o catalan que é o galego.
ResponderEliminarPareceme moi ben que tamen se incluan as acepcións de galego que se empregan polo mundo, pois para iso é un diccionario. Pero non me parece de recibo que todo ese tipo de expresións que nacen da sabeduria popular acaparen o 97% da definición dun termo, porque un diccionario tamén é para saber con claridade cal é a definición dun termo nun intento de achegar a os falantes a facelo correctamente.
É que despois de alguen que vexa esa definición pode facerse preguntas tan absurdas como as que expon Chousa e outras mais como: ¿a lengua dos galegos será distinta da do resto da humanidade?, ¿conformarase por papilas gustativas ou non?, ¿os sintomas da lengua azul teranos os galegos..... e que como hai tantas vacas ali? ... e a mais importante de todas ¿servirá para falar esa lengua, e en que lengua falarán?. Por non decir da xente retorcida que ainda hai que se preguntará ¿pero os tartamudos saben falar?, ¿e se ainda por enriba son tontos que carallo diran? ¿acaso lles fai falta algunha lengua?.
Hai, hai, hai.... que sería deste mundo sen academicos, funcionarios, etc. etc.
Saudos Chousa
Ese capullinho amarelo de Antas é ben feitinho, arrecende dende aquí...
ResponderEliminarUnha aperta.
:)
Pois se cando te cabreas mandas capullinhos coma ese, a saber que agasallas cando estas ledo...
ResponderEliminarSau2
Carlosm
estes espanhois sempre co seu imperio enriba de nós :-(
ResponderEliminarestes espanhois sempre co seu imperio enriba de nós :-(
ResponderEliminaray mira tí!, pois a min nunca se me ocurrira ir comparar!
ResponderEliminarDin que cada un ten o que se merece. Eu non penso que esa afirmación sea certa. -ainda que pode que teña un chisquiño de verdá(de)-
Pois eu creo que tes razón, e que é un agravio comparativo para o galego e para todos nós. Quizais habería que revisar algunhas acepcións, como ben explicas... o galego non é "a lingua que falan os galegos".
ResponderEliminarTes toda a razón en queixarte e en facer a comparación que nos discrimina e nos menosprecia. Pero aos agalegos tamén nos corresponde sacudirnos certos complexos que arrastramos. A min máis que a RAE, preocúpanme os galegos que non só optan por non falar galego senón que adoptan unha actitude belixerante contra quen o defende. Outros que foron galego-falantes optan por falar castelán por crer que melloran na escada zoolóxica sen se decatar do enorme complexo de inferioridade que senten.
ResponderEliminarUn saúdo amigo Chousa.
E que somos tan graciosos con este acentiño...
ResponderEliminarO primeiro sería quitarnos o complexo de inferioridade de enriba, e logo xa sería máis difícil que se riran de nós...
Espero que corrixan o delito cometido na academia española, porque xa vai sendo hora..
Bico desta galega que ¡non é tonta!
Capullito marelo? Bueno... eso disque son ciumes. É que do da RAE xa paso de falar, que leva moito tempo e non tou de humor. Prefiro falar da linguaxee das flores.
ResponderEliminarHola, el gallego es una lengua maravillosa, no entiendo de categorías, ni unas mas que otras... es simplemente unico diría eu. y si no defiende un galego mal empezamos...
ResponderEliminarbesos me gusto este blog, las fotos son tuyas? son geniales
Yara
A verdade é que o galego non consigue rematar de asentarse dunha vez como lingua respetada, pero con este tipo de xentuza non o fará nunca, que vergoña. Saúdo
ResponderEliminarNo se a que viene tanto alboroto. Por mas que os empeñeis el gallego es una lengua menor y es lógico que la Academia la trate como tal.
ResponderEliminarNo digo que seais tontos ni paletos, pero vuestro dialecto no tiene la misma relevancia que otras lenguas
Un español
Sempre deixo o teu rincón para levarme un sorriso ou unha reflexión pero hoxe vas e cabréome.
ResponderEliminarO galego foi un instrumento da grande e única poesía lírica española,e nel escribían os inxenios peninsulares,cando a lingua de Castela non tiña calidade literaria.O galego é un idioma extenso e útil,rexurdiu con poetas como rosalía,Curros,Pondal e tamém maravillou a Lorca.O galego so é rexeitado polos imbéciles que se autodenominan españois,antes que galegos. como ben decía Catelao non esquezamos que si aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma.
Mal que lle pese a -rae-.
Sinto ben ser portador (e soporte) de mal rollo, Vermella. Pero ti ben sabes que os imbéciles e escuros non nos entenden, non....
ResponderEliminarE se aos da rae lles abonda o capulliño, creeme que na raíz hai esterco abondo para adicar a tales anómimos.
¿Se lo mandamos ......?
ResponderEliminarDeberiamos pagarlles ca misma moneda....Facemos unha desas cadeas da rede....
En fin cousas veremos
Ao que se fixan e dan esplendor ´é aos seus sillóns.
ResponderEliminara palavras necias...
ResponderEliminarA lingua galega é a mellor... é marabillosa, nace da alma e transfórmase nun doce para os oidos. Iso pensa esta madrileña, a dos mofletes... je je je
ResponderEliminarQue tal un día un tulipan azul? encántanme...
tes toda a razón, machiño
ResponderEliminarDeixo aquí un agasallo para o español:
ResponderEliminarLa diferencia entre mayor y menor no te la voy a explicar( que barrio Sésamo,verías)así que en arte menor te regalo estos versos.
EL capullo ha venido
nadie sabe cómo ha sido.
Tanto na rae como na RAG, anónimo ben sendo o mesmo: o que non dá a cara e fire.E mira tí por onde eu tonta non son pero sí de pobo e a moita honra!
Sinto Chousa pero é que cando me alporizo saéme a vea xusticieira,deíxote que vou declinar capullus-i.
bico.
Poden dicir o que queiran, viven do que falamos os demáis e cada estupidez no seu marabilloso diccionario é un desprestixio para eles mesmos.
ResponderEliminarA verdade é que é indignante que nos teñan como parvos a nós e á nosa lingua.
ResponderEliminarQue pena que el que habla de la lengua menor, no nos diga quien es, para que nos explique cual es la mayor...¿el chino?
ResponderEliminar