Non lembro agora qué autor teatral dixo unha frase que, mais ou menos, anunciaba: “A vida debería ter duas esceas; unha para ensaiar e outra para actuar”. O certo é que como somente hai unha…entre ensaio e actuación imos indo. Así nos luce o pelo ás veces.
Con mais ou menos aplausos, todos imos tirando polo escenario da vida sin que apareza finalmente o desexado Director que nos ofreza o papel que agardabamos. No fondo penso que nunca nos percatamos que somos os directores, guionistas e actores da posta en escea complicada e intensa que supón a nosa propia existencia.
Ben sei que interactuan por libre outros actores que , mesmamente semellan dirixidos por outro Director e -ás veces- pertencentes a outra obra, pero ainda con esas … é o que hai; de xeito que procuramos quedar ben e seguir…”paripeando”
Ben sei que interactuan por libre outros actores que , mesmamente semellan dirixidos por outro Director e -ás veces- pertencentes a outra obra, pero ainda con esas … é o que hai; de xeito que procuramos quedar ben e seguir…”paripeando”
(Foto: Choiva tímida en decembro)
Volvemos o mesmo de sempre...
ResponderEliminarUnha cousa e o que queres ser ou como queres ser ou actuar, e outra ben distinta e o que acabas sendo, ou como acabas actuando, gracias (ou por culpa) de todo aquelo que te rodea.
Eu acepto (como xa dixen nalgun momento) que non vou a ser o mais popular da festa... xa que odio os paripes.
O malo da pelicula da vida da xente e cando os secundarios toman protagonismo, e arruinan escea tras escea.
Unha aperta.
Unha palabra que di moito miña nai. I é que na vida atopaste con moita xente que o unico que fai é o paripe. Na vida como nas peliculas hai moitos actores pero poucos bos.
ResponderEliminarEstou dacordo contigo.todos actuamos a diario
ResponderEliminarUnha preguntiña: fas ti todas as fotos?
gustanme ben
un bico
Home, no me conviña a min ler esto hoxe, que ando todo o día con un vou veño e no me deteño, dándolle voltas as cousas que pasan porque un as provoca, ás que pasan por casualidade, as que te levan arremuiñada nas accións dos demais... ás veces non me sinto artífice da miña vida, se non mais ben, suxeto pasivo... ainda que segundo o chiste "sujeto e o que conduce"
ResponderEliminar:9
Pouco podo engadir o dito por Zeltia. Quizáis só mirar hacia arriba para comprobar o que dis, non vaia ser que eu pense que teño director e efectivamente sexa eu a que dirixe.
ResponderEliminarPois si que estaria eso ben, primeiro ensaiar e logo actuar. A máis de un lle iria mellor aprendendo dos erros comentidos durante os ensaios....
ResponderEliminarO problema de todo son os "secundarios" que as veces quitánnos o protagonismo.
ResponderEliminarSaúdos.
A palabra clave é "protagonismo", sen dúbida. Algúns, por gañar protagonismo, non saben o que han de facer.. aisss. Non hai unha obra por individuo, todos estamos integrados na mesma obra, e hai que saber encaixar no papel que lle toca a cada quen no momento preciso, non se pode ser protagonista todo o tempo, non é sano, non é bó, e non é posible..
ResponderEliminarEu creo que só ensaiamos e non repetimos escenas por aforrar celuloide, que logo se gastamos moito bótannos a culpa do cambio climático. En todo caso, se somos protagonistas da nosa propia vida eu creo que me doblan en bastantes escenas. E ás veces tócame actuar de extra na miña propia película. Si, como cho conto, Saúdos.
ResponderEliminarHay que pinchar sobre la imagen para poder verla girar, es que no se porque no gira en el propio blog... Saludos y gracias por visitarme.
ResponderEliminareu quero ser coma woody allen, eu o guiso, eu o como, e aínda por riba faime ser un xenio...
ResponderEliminarcase nunca é posible ensair. O mellor e ter que resolver escena novas cada dia e ser o protagonista. Sen pasarse, hai actores secundarios que superas as estrelas e vailles moi ben.
ResponderEliminarComo sexa o espectaculo debe continuar
Comedia e drama tamén ao mismo tempo. Vida.
ResponderEliminarENCANTAME ESTE BLOG . moitos saudos
ResponderEliminarPenso que este paripé a veces alimentanos e outras moitas derrotanos, fai que nos síntamos actores sen público e que desexemos que baixe o telón
ResponderEliminar