luns, 2 de marzo de 2020

Desbrozar

Son tempos de premuras antinatura e de absurdas pseudonecesidades que acaban por nos anubrar o ollo e asolagar a razón.
 Por iso, máis ca nunca, cómpre airear as sabas do entendemento e sacudir con firmeza as colchas do sentido, voltear o xergón das experiencias e retomar o vieiro da cadencia natural; esa autoestrada milenaria que se foi tapando coas silvas do abandono e coa broza do esquecemento.
 Desbrocemos e desterremos estas malas prácticas, e que volva ao seu cauce o entendemento. 
Amén.

Foto: Vista desbrozada.

4 comentarios:


  1. Desbrozar é necesario para evitar incendios maiores e para dar sensación de limpeza (que tanta falta fai).

    Xa se me estaba a facer tamén necesario lerte

    Bicosss

    ResponderEliminar
  2. Aínda a vir a neve e vaiche coller coas mudas a clareo...
    Xa haberá tempo de limpezas e de desbroce, desfrutemos da galbana invernal

    ResponderEliminar
  3. Precioso paisaje, la verdad. Unas vistas excelentes para, precisamente, recorrer sin prisas esos caminos verdaderos que vamos olvidando a merced de otros no necesarios, que nos nublan la vista con un "oropel vacuo", citando un fragmento de una famosa frase.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Si, hai que desbrozar que as malas herbas medran que mete medo.
    A vista da foto faiseme conocida.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: