Malia que o electorado foi ben clariño expresando que non quería nin bastos nin espadas, en Madrid aínda non se sabe en que trunfa; de xeito que aquí andamos, esfollando as mazarocas dunha colleita política que semella moi afectada polo caruncho.
Pola contra, en Louro todo segue fluíndo coa harmónica cadencia das mareas. Desde San Francisco ata o Espadanal, a area déixase lamber, gostosa, polo cuspe salgado do deus dos oceanos. Unha praia abrigada polo monte que lle dá nome e regada polo mar que lle dá sentido.
Un lugar idílico no que leva anos trunfando nos ouros que -colleita tras colleita- apañan con esmero as louresas pescadoras.
Foto: Laura, a loira de Louro, posiblemente pescando luras.
Xa que este verán non puiden ir, alomenos é gostoso poder lembrar...
ResponderEliminarE si, posiblemente a moza da foto podíase chamar Laura. Incluso ser de Louro...; pero un non ten porque sabelo todo, para iso vos teño a vós!
ResponderEliminar
ResponderEliminarPolítica, poesía, lecer, lembranzas... só ti podes mesturar tan ben cousas tan distintas. Celebro o pracer de lerte
Bicosss
Laura en Loiro, pescando calamares o simplemente tomando el sol con los pies en el precioso mar del que hablas. Un sitio precioso que invita a la calma y la relajación, muy alejado del "debate", por decirlo de alguna manera, que sigue liado en Madrid.
ResponderEliminarConviene echar mano de los recuerdos ( y de las imágenes) para revivir los momentos placenteros.
Besos
Así que esta foto non é deste ano...Xa me semellaba un bikini pasado de moda, ha, ha.
ResponderEliminarEu tampouco tiven unhas grandes vacacións pero bueno.
En Louro todo fluirá harmonicamente, pero en política isto é unha merenda de negros, dito sexa sen ánimo racista e con todo o respeto.
ResponderEliminarQuen estivese en Louro!! En Madrid non saben xogar ao tute. Sinto
ResponderEliminaro meu espantoso galego , pero hoxe non queria falar castelán.
Todo tranquilo entre murallas: seguen poñendo tapas nos bares e os xabaríns campando ao seu antollo.
ResponderEliminarBicos post-estivais