Doce e intenso recendo da nosa fala,
fragrancia agarimosa dos meus acentos,
perfume inmenso de todos os momentos;
aroma sutil, que sinto incluso cando cala.
Fito e deslinde onde viran todos os ventos,
xeografía inédita onde o meu acougo recala;
porto de abrigo no que a voz fai escala
para erguerse en renovados argumentos.
Sentir que se todos nos collemos da man,
non hai forza nin razón en todo o firmamento
que poida torcer a grandeza do noso clan.
E vivir así esta ledicia cada momento
respirando este ar, pisando este chan,
coa lingua galega sempre no pensamento.
Foto: Recendo visual.
Letras Galegas 2019
------------------------
Con permiso de todos, as letras de hoxe quero adicar
a un novísimo futuro falante que nos veu namorar;
non é grande de tamaño, que aínda é moi pequeniño
tan só ten un mes e medio e chámase Martiño.
É unha honra e unha obriga transmitir o legado da lingua que recibimos. Nosos avós, a pesares dos durísimos atrancos e dificultades, foron quen de nola facer chegar; como poderiamos nós dicirlles aos nosos netos que a estragamos?
ResponderEliminarA lingua é o herdo máis prezado que podemos darlles. É a que nos fai únicos, emporiso debemos ter sempre ben claro que nesta sociedade global e avanzada, sen a lingua, nós... non seriamos nada.
Non vos existe ledicia meirande
que gozar deste agasallo intenso;
e transmitilo como herdo inmenso
facendo así o legado máis grande
Emocionas, emociónome.
ResponderEliminarIso penso eu e practícoo con pouco éxito, que non podo contra tantos. Pero algo sempre queda.
ResponderEliminarFermosas as túas palabras ( coma sempre e especialmente nesta data ) e que Martiño lle dea máis anos de vida á lingua galega.
Aí vai a miña man
ResponderEliminarApertas sempre
Carlos M.
perdín a miña conta de blogger e nom sabía desta posibilidade anónima de escribir comentarios. sempre se aprende algo
Concordo plenamente e unha benvida agarimosa a Martiño, ese futuro.
ResponderEliminarApertas
La lengua es un tesoro cultural, el instrumento de los pueblos para comunicarse y relacionarse, para generar cultura, así pues es necesario conservarla y transmitirla. Además, el galego es tan dulce y musical, un deleite para el oído.
ResponderEliminarBicos
ResponderEliminarBenvido Martiño!!!
Unha das moitas alegrías que me deu Alba, a maior das miñas fillas (13 anos), foi dicir que quería aprender galego. Hai algo da lingua, da cultura, que se transmite tamén xenéticamente, por sorte, que é o amor á nosa cultura.
Xa quixera eu ser capaz de corresponderlle a nosa lingua como ti o fas.
Bicosssss
Sodes vós os que me emocionades a min volvendo á Chousa cada vez. Non cansarei de vos agradecer a visita e as palabras tan agarimosas que me adicades.
ResponderEliminarGrazas unha e mil veces!
Sr.Chousa, como non imos volver?! Unha e mil veces.Un auténtico pracer sempre e especialmente neste día ( cun aquel de retraso desta volta). Cun valor engadido que se chama Martiño!! Parabéns por este agasallo da vida que de seguro continuará o noso legado.Bicos de ledicia.
ResponderEliminarSi, viva a nisa lingua, o que nos define. Non a esquezamos nunca porque é a nosa identidade!!!
ResponderEliminar