mércores, 31 de outubro de 2018

Manivela

Vimos moi ben equipados os humanos. De serie incorporamos importantes capacidades cognoscitivas e sensoriais. A meirande parte dos modelos son capaces de adquirir competencias para desenvolver as tarefas máis inverosímiles.
Despois hai algúns/algunhas dotadas dun acabado que lle ronca o prexigueiro...
Pero por enriba das características e dos acabados, o que máis chama a atención é a considerable desproporción entre a cativeza volumétrica dos nosos miolos fronte á superlativa capacidade do noso maxín. Poderíase dicir sen temor a erro que, na realidade, somos todo manivela!

Foto: Manivela.

5 comentarios:


  1. Ríome!! Non sei cómo tes a manivela, pero o teu maxín non deixa de sorprenderme.

    Pensaba léndote que viremos Ben equipados, pero non todos saben qué facer co equipamento que traen.

    E mello non sigo, porque atopo dobre lectura a todo o que escribo e non é a miña pretensión

    Bicosss

    ResponderEliminar
  2. ...que lle ronca o prexigueiro...😂😂

    Que ben explicas a incrible potencialidade do ser humano para tan poca cousa que somos!

    ResponderEliminar
  3. Sr.Chousa,desde logo de imaxinación anda bárbaro!Podemos falar de desproporción ten razón , agora que se aprecia que vostede está ben equipado...e deixémolo aquí. Bicos;)

    ResponderEliminar
  4. Os fins dos meses traen dúas alegrías: recibir o salario e ler unha publicación túa, saída da túa manivela.

    ResponderEliminar
  5. Moi ocurrente,
    como sempre
    non nos deixas
    indiferentes.
    É unha ledicia leerte.

    Apertas

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: