Vellos romances de prisioneiros aluden ás calores que hoxe non se presentaron.
Nin se escoita a calandra, nin contesta o rousinol nesta mañá preñada de humidades e argumentos.
Con todo, as ansias voaban no entorno de incipiente fasto primaveral. Os arumes do chan traíanme lembranzas e o verdor que enmarcaba o cadro representaba á perfección os pensamentos...
Naquel escenario planteime na alfándega alegando nada que declarar, sabedor de que as miñas mans ilegais non se poden en público manifestar.
Agardando polo visado fico contemplativo, mentras cavilo avaliativo no alixo de bicos vestidos que pretendo importar...
Foto: Ponte Mercé. Alfándega de verdor cinguido
E eu que quedo cavilando no que queres dicir.
ResponderEliminarAndo valorando a posibilidade de delinquir. Pero non o podo dicir abertamente no post pq agora a policía tamén ten ordenador.
ResponderEliminar...?????
ResponderEliminarUffff!!!
Dáme a min que a túa explicación aínda confunde máis que aclara...
Aperta primaveral :-)