Os cirurxiáns procuran perfeccionar intervencións cada vez menos invasivas coa finalidade de que a fochanca que provocan non necesite máis tempo de recuperación ca propia doenza que pretenden estirpar.
Na enxeñaría, antes ca obra que se vai abordar, estúdase con meticuloso agarimo o impacto que terá no medio, para mancar o mínino durante; e sobre todo non lesionar a ollada despois.
Todo circula por ese vieiro do mínimo dano para acadar a máxima eficacia. Todo menos os malabaristas da xestión de recursos humanos na chamada grande empresa. Niso afiáronse os bisturís para chegar máis ó fondo e tronzar as fibras a feixes.
Hoxe Kafka sería un cotizado xefe de persoal sen moita competencia posible. Bueno, talvez Ionescu...
Foto: Galvanizo no pasadoiro.Impacto impactante. Ridícula viabilidade
As personas somos o que menos lles importamos. Ahora protexen mais os animalesvque os humanos. E asi nos vaimlucindono pelo
ResponderEliminarToda cicatriz altera, aínda que sexa pouco.
ResponderEliminar