Resulta complicado pensar como poidemos vivir tantos anos sen elas. Non hai vila que se prece con menos de tres ou catro. Están de moda.
Este vicio polos círculos é unha expresión resumida do pensamento humano (multiplicado por seis na versión feminina). Mergullados en ideas, teimas, obsesións ou desexos; entramos nun bucle de iniciativas redondeadas que nos permite escoller entre varias saídas, seguir ensarillados no proceso ou incluso volver ao punto de partida sen embragar unha soa vez.
É por iso que eu estou convencido que as rotondas non as argallou ninguén con licenciatura en enxeñería. Foi unha psiquiatra.
Foto: Pre-rotonda da Ponte Mercé. 180º de viraxe.
Supoño que falarás de política: esas rotondas de varios carrís e varias saídas onde se rompen todas as normas do programa electoral.
ResponderEliminar"A perfección última dunha cousa é que se una co seu principio; por iso tamén se di que o círculo é unha figura perfecta, porque ten o mesmo principio e fin". Isto escribiuno Tomás de Aquino.
ResponderEliminar800 anos despois algúns dirixentes parecen que seguen coa teima de atopar nos redondeles a perfección, neste caso aplicada o tráfico e a seguridade vial
Veremos.
E hai algún político de turno
ResponderEliminarque nos agasalla cunha rotonda
onde sustituiron a natureza viva
por natureza morta (un barco coma un mundo)
no medio de Vigo.
Pero hay rotondas y rotondas. Aunque todas sirvan para lo mismo, cada una tiene su motivo decorativo en ese "centro de gravedad". Hemos visto de todo, desde motivos naturales como representa la imagen (de las más bonitas y sencillas que he visto, por cierto) a lo más surrealista en forma de escultura metálica representando qué se yo...
ResponderEliminarY sí, están de moda, desde luego...
Besos
Esa é ben bonita. Non ten esculturas artificiosas e absurdas, pavos reais de buxo ou cousas desas. É unha rotonda natural. (Inda que parece pouco transitada, polo tanto innecesaria. Pero quen son eu para enmedarlle a plana a xente sesuda.
ResponderEliminarAl final sacarán una "ordenanza" que nos obligará a tener nuestra propia rotonda en el pasillo de casa, tiempo al tiempo.
ResponderEliminarAbrazote utópico, Irma.-