Amodiño. Non é necesario o ruido para facer maxia. Para crear. Para construir.
Sen berrar, sen molestar. E moito menos obrigar. Pasiño a pasiño, respectando sempre as cadencias. Sen obxectivos, sen premuras. Todo no seu tempo, na súa hora, no seu momento.
Paciencia que canaliza o zume pola codia; retorcéndose para ser dereito e fiando rectilíneo para poderse retorcer.
Asi, e soamente así, pode alumar a cepa os embrións de hoxe que serán groliños de mañá. Para bebelos sen présa. Amodiño...
Foto: Acio. Parido pouco a pouco.
Que non lles chova máis !.
ResponderEliminarEsta semana comeza a vendima por terras arbensas.
Tamén as miñas uvas están en sazón. E , por aquí, maduraron antes que nunca por mor da seca.
ResponderEliminarTodo vai mellor amodiño, engorde, respectando ritmos, deixando facer. Esta magnífica foto o di, inda que algúns non o vexan. E cando nos convide na copa, moito mellor... amodiño. Non llo parece, Sr. Chousa?
ResponderEliminarBicos paseniños.
Y es que las prisas no son buenas para nada. De nuevo el ejemplo de la naturaleza que los humanos no sabemos ver, es más, hacemos todo lo contrario y así nos luce el pelo...
ResponderEliminarBesos
parece que te apuntaches ao slow movement...
ResponderEliminarse o aplicásemos a todos os campos da nosa vida, sería como vivir máis anos e de un modo máis auténtico.
que no por mucho correr amanece máis temprano :)
ou era que por mucho que dios le ayude no le gusta a uno madrugar?
Todo unha terapia anti-extrés estas verbas e imaxes túa; ben podías impartir unhas aulas de fotografía (tamén de moral e ética) que nos viría mui ben. Canto mellor nos iría a tod@s se respetásemos a natureza e os seus ritmos en tódo-los eidos e non este axir tan contra-natura que levamos. Por certo, ese parir do acio, coido ler hai uns anos que se denomina a 'esfarna'. Os que sodes da terra do viño saberedes algo disto. Un auténtico deleite (e deviño) que tamén é sedante. Unha aperta.
ResponderEliminarPasiño a pasiño, todas as cousas importantes fanse así, sen présas, madurando pouco a pouco.
ResponderEliminarBiquiños Chousa.
Magnífica imaxe como preludio do outono!
ResponderEliminarChousiña; darías acabado coa vendima ?.
ResponderEliminarTeremos que esperar a que veña o viño novo para lermos algo teu ?.
A vendima non acabou comigo; soamente estou descansando de tanto esmagar uvas...
ResponderEliminar