domingo, 25 de xaneiro de 2015

Piropo

Andan os fornos tan quentes que, en troques de cocer ben o pan, acaban por queimalo. Todo se somete aos microscopios da crítica para atopar amebas maléficas onde unicamente hai xoldreiros e vitalistas protozoos que tentan animar ambientes e revitalizar sorrisos.
Convén non pasarse de cocedura nin deixar o miolo cru.
Xusto nese delicadísimo equilibrio móvese un xénero de microliteratura esencial que campa na oralidade e descansa nos andeis da imaxinación para brincar, solícito, ao paso dun estímulo visualmente agradable. Polos andares, vestires, ou simplementes seres... E non hai máis.
Manteñamos ese galano verbal, con laciños de picardía adornado, dentro do acervo cultural de algarabías e agrados; e non espetemos o piropo no código penal. Sería unha pena.

Foto: Piropo en fibra. Inocuidade flotante.

7 comentarios:

  1. Ai, que duro sería o traballo dun albanel sen un piropo que botar entre ladrillo e ladrillo!!
    Por certo, chamarlle cantamañanas a Rajoy pódese considerar un piropo??

    ResponderEliminar
  2. El equilibrio es una virtud, ya lo decía Aristóteles, pero no lo busques en el panorama político, ni económico, ni en la sociedad en general... No vivimos tiempos de equilibrio personal ni tiempos equilibrados en nada, así nos luce el pelo...
    Besos y bicos.
    p.d. ¿Puedes responder a la pregunta que te plantea Raposo?. ¡estoy en ascuas!

    ResponderEliminar
  3. Eu oín unha vez: " Quen morrería no ceo para que os ángeles vaian de luto ? ". Ía adicado a dúas mozas loxicamente vestidas de negro.
    Está ben o piropo do Raposo.

    ResponderEliminar
  4. O piropo non deixa de ser unha impertinencia, coma toda opinión non pedida. Por rebotarme contra quen mos soltaba sen vir a conto, corrín o risco mil veces de levar unhas hostias. Claro que me defendería, madía leva!, pero xa toca moito a moral que lle contestes ao túzaro de turno e aínda teña máis que dicir. Home, non!

    ResponderEliminar
  5. Pois ollo, que o piropo vai camiño de ser considerado un insulto, unha degradación para a muller e o piropeador quedará marcado socialmente coma un machista dexenerado.
    Eu tamén penso que nin tanto, nin tan calvo.

    ResponderEliminar
  6. Levas toda razón. 'Os sabios' da nova ética e moral estanse a contradicir estrepitosamente: por unha veira faise apoloxía dunha liberdade de expresión totalitaria e intocable (especialmente en relación ó ámbito relixioso) e pola outra veira agora disque os piropos seica poden devir xurídicamente en violencia de xénero (é verdade que hai graos e que algún pode faltqar ó respeto... máis entón xa sería un insulto; u-la liña roxa?.Máis estas son as grandes contradicións desta sociedade 'exemplar' da vangarda 'ética e moral' da Europa do 'primeiro mundo'.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: