domingo, 16 de novembro de 2014

Fa

Intérprete de todas as sinfonías, 
de todos os bicos pentagrama;
afinando dozuras de moita fama,
dona leda de sorrisos e ironías.
Es ti, nena de ollos doces,  
que temperas o vento axitando a calma.
Escouchas sons creando voces;
fiando notas de nobelos de la,
que rozan o corpo e aloumiñan a alma.
 Dixitando para o sol en clave de fa.

Foto: Concerto para mi(n) na cima do Fa(relo).

8 comentarios:

  1. Sensibilidade extrema, tenrura a feixes, amor a mares.As palabras nas súas mans son como ar que acariña.Arte, pura arte!
    A meniña dos seus ollos, Sr.Chousa!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas; pero penso que me mira/le vostede con moi bós ollos, Sr/Sra Anómino.

    ResponderEliminar
  3. Concordo co anónimo.
    Estas letras e foto son puro queixo que se derrete na boca.
    Quito o sombreiro, Chousa.

    ResponderEliminar
  4. Me gusta especialmente esta foto. Es raro que edites en blanco y negro, el resultado quedó genial. Buena composición y un texto a la altura de la imagen.
    Besos

    ResponderEliminar
  5. que linda foto! gústame moito.

    E o texto, sendo irmán dos outros teus posts, ten un recendo distinto, os encaixiños non son feitos coa máquina de coser, se non bordados a man.

    ResponderEliminar
  6. Con esas verbas que lle adicas estou seguro que che fixo polo menos un par de bises.

    ResponderEliminar
  7. Vas ser un romántico... :P
    A min tamén me mola a foto, é preciosa, pero boeno, a túa faceta de artista fotógrafo xa non me sorprende, para min levas tempo consagrado... :)

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: