sábado, 22 de marzo de 2014

Idoneidade

Un individuo só está ben; aínda que axiña resulta triste, pobre, escaso, anódino. 
A parella empeza con bo pé, pero remata zugando a individualidade de cada un dos compoñentes para arrincarlles a esencia propia.
O grupo familiar acubilla, protexe, coida e dá calor; ata que se incorporan obrigas imposibles envoltas en fastos baleiros de contido que, por riba, tes que pagar.
Os amigos son un refuxio marabilloso mentres non cansas de levalos á casa borrachos coma calazas, carentes de esencia propia, tristes e anódinos; enfermos de soidade dende que romperon coa súa ex por non dar aturado fastos sen contido...
Cómpre un complexo proceso evolutivo para decatarse de que a idoneidade radica no trío.

Foto: Relación triangular no prado. Lambendo a perfección.

11 comentarios:

  1. Pode ser.
    Agora toca saber o número de machos e femias nese trío.

    ResponderEliminar
  2. Pois pode ser certo, pero quédavos moito que aprender que touros coma ese non soportan competencia.

    ResponderEliminar
  3. Discutir contigo non ha de ser doado. Estou segura de que eres capaz de atopar argumentos para defender calquera punto de vista, aínda que non fora o teu.
    Si tanta volta che sirve para que a parella che dea a razón, noraboa, pero non sei eu...
    Por certo, qué amigos tes ti?

    Grazas pola risa que me provocaches. Facíame falta.

    Bicoss

    ResponderEliminar
  4. Certamente tres é un número máxico,unha forza que move ó mundo. Exemplos hai dabondo: as tríadas chinas, o triángulo (unha das figuras xeométricas máis esotéricas), a Santísima Trinidade, os Reis Magos, os Tres Cerditos, Os Tres Mosqueteiros, El bueno, el feo y el malo, Os Tres Sudamericanos, Tres Tristes Tigres, e sen ir máis lonxe Mariano, Cospedal e Soraya.

    ResponderEliminar
  5. Ah.... caíches da burra!!! jajaja. Xa cho dixen eu, hai tempo!!! :P
    3 bicos!

    ResponderEliminar
  6. Eu téñolle xenreira ao tres desde a Trinidade aquela santa que non fixen por entender. E o mal que se reparte entre tres! Sempre hai un que queda sen comer (case sempre o mesmo).

    ResponderEliminar
  7. jaja
    Seguro que hasta los toros tendrán sus dudas acerca de la reunión de condiciones necesarias para desempeñar su función... un trío, no es agotador?

    :)

    ResponderEliminar
  8. Menuda retahila sacou o Raposo!
    Olvido aqueloutro que di "tres eran tres las hijas de Elena, tres eran tres y ninguna era buena"
    Bicos chou!

    ResponderEliminar
  9. Eu penso igual que paideleo. seguro que habria dificultades para decidir cantos machos ou femias terian que ser.

    ResponderEliminar
  10. boa reflexión. e tamén a escrita con ese final enlazando co comenzo... e o aforismo do remate.

    ResponderEliminar
  11. Non sei que ía dicir, pero o raposo estivo sublime tamén 00

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: