Unha teima calada que ninguén ve e todo o mundo disimula, fainos mudar os marcos da serenidade e derrubar os valos que cinguen o comportamento.
Unha sorte de código xenético oculto, criado unicamente para conculcar leis, burlar decretos e vulnerar estatutos...
Unha porfía vehemente por brincar sucos propios para sementar en cales alleas; obviando as derregas, alterando os lindes; pacer herbas doutros predios, mallar mollos doutras medas...
Trátase dunha necesidade imperiosa que combina a intensidade voluptuosa dunha fervenza co sixilo sensual dunha pingueira.
Foto: Fervenza en miniatura.
Genuina esa "porfía vehemente" que nos volve do reves e provoca-nos uma ferveza interior que non cesa de pingar.Saudos
ResponderEliminarNo entiendo ni jota, pero aún asi me gusta. Y esa foto es muy guapa.
ResponderEliminarÁs veces tamén escribo para que non se me entenda. Mirade Fraga que lonxe chegou e non o entendía nin cristo...
ResponderEliminar;-)
Algo xenético dis? Será. Como excusa non está mal, pero moito vicio é o que hai.
ResponderEliminar;-)
Bicoss
Moi boa reflexión. Eu entendo que é misión imposible poñerlle portas ao mar e, sen embargo, aí están os holandeses compartillando con diques as enchentas orgullosas do Mar do Norte.
ResponderEliminarInstinto primixenio o de ir emborcarse en lameiros alleos se parecen máis verdes có noso. Pero de igual xeito, actitude aprendida a de controlar os impulsos.
A cuestión, Chousa, digo eu, é se gañamos con iso... ou perdemos.
Saúdos!
Todo o mundo sabe que ata o caldo sabe moito millor na casa do veciño. Pero ti dilo tan bonito que parece que a única maneira de comer caldo e indo comelo á casa do veciño.
ResponderEliminarA foto e unha pasada Chousa.
Entrei polo blog de Gradicela e vou sair polo blog de ...
ResponderEliminarFai moito tempo que non actualizo nen deixo comentarios, lisquei sen despedirme porque sabía que algún día voltaría, e mira ti por onde, esa pingueira...
Esa pingueira, unha imaxe sublime!
ResponderEliminarHoxe vouche deixar unha frase de Séneca:
ResponderEliminarAlleo é todo o que nos vén ao desexo
Tanto Séneca como Zeltia están moi atinados. Vai ser por iso que eu quería ter esa pingueira que xa se mesturou coa lama do camiño.
ResponderEliminarEn todo caso, seica volven novas borrascas polo oeste; así que, malo será, que non haxa máis pingueiras que desexar.
Comede pouco, que neste tempo de invernía faise pouco exercicio e despois...non vos vai quedar ben o triquini!
tengo ganas de perderme por alla! besitos añejos
ResponderEliminarGota a gota vamos descubriendo como somos, se va desgranando todo lo que llevamos dentro. Poco a poco nos encontramos e inventamos, casi todo a la vez.
ResponderEliminarun abrazo