Na escola ensináronnos a discernir entre unidades de volume e de superficie. Non sen esforzo por parte da mestra, fomos capaces de comprender que era un desperdicio botar o viño nunha hectárea; ou que non tiña xeito medir en hectolitros o nabal do agro.
Sentadas aquelas bases, axiña aprendemos a calcular áreas de leiras imposibles e volumes de caldeiros inexistentes.
Pero tantas horas lectivas riscando coa tiza no encerado, non nos axudaron a saber calcular cantos bicos caben nun cuartillo nin canta paixón se pode conter nun brazado...
Foto: Recreo. Mutacións volumétricas en superficie axardiñada.
Como galego deberías saber que depende, son variables. Hai que ter en conta outros datos, como quén da os bicos e pon a paixón, temperatura ambiental e interior, ganas acumuladas,... e algún máis.
ResponderEliminarNon todo se aprende na escola, e menos mal; senón, qué nos quedaría para despois?
Bicoss
Sempre fun mala coas medidas, pero... nunha presada poden caber ferrados de amor.
ResponderEliminarIso é porque non te aprenderon a medir en moreas.
ResponderEliminarCanta paixón se pode conter nun brazado....
ResponderEliminarA paixón non se pode medir,querido chousa.
Como decía a película de Toy Story:
"hasta el infinito y más allá"
bicos melosos.
Ese que abraza nom sei se sabe calcular areas e volumes, pero veselle moi aplicado na tafefa que ten entre mans, asim que voulhe dar uma boa nota.Se ti sabes quem é a abrazada havia que preguntarlhe a nota que ela lhe da, que seria a mais relevante.Saudos
ResponderEliminarNunca se me deu ben calcular. Canta auga hai no mar? Canta area no deserto? Canto sal nunha presada?
ResponderEliminarPor sorte a paixón non se pode medir nin calcular, así que non hai erro posible. E os bicos... os bicos nunca sobran nin pesan.
Unha aperta!
Haberá que modificar o Sistema Métrico Decimal?
ResponderEliminarPor outra parte, quen se encargaría de realizar a medición? Un perito observador? Os protagonistas estarían demasiado ocupados (ou apasionados, que é o que importa!)
Sempre tan auténtico, señor Chousa!
aaaaai, que foto tan linda.
ResponderEliminar"agardándoos está un territorio
de amor e trigo"
Iso vaise aprendendo co tempo,nesa outra escola que é a vida.
ResponderEliminarJajajajaja, es verdad.. si es que en la escuela no nos preparan para lo básico de la vida, lo más importante, ¿no crees?.
ResponderEliminarMe pareció un post muy tierno y bonito:)
Besos
As medidas teñen que estar en relación co corpo humano e está claro que o mozo está buscando o aparato de medir da moza.
ResponderEliminarMil apertas !.
É que iso éche moi difícil de calcular, meu!
ResponderEliminarHay cosas que es mejor que te las desaprenda la vida...
ResponderEliminarDe pequeña no me enseñaron ciencias aplicadas a la vida real y menos a los sentimientos y el amor.
ResponderEliminarun abrazo :)