Gustábamos escoitar aqueles contos de paxaros que podían co zorro e de ranchiños que burlaban a astucia do lobo. Medramos no medio de ratiños de apelido patronímico que pagaba con agasallos a perda dos nosos dentes de leite.
Fomos admiradores dunha nena con carapuchiña vermella, quixemos ser príncipes azuis para bicar rapunzeis durmintes en xardíns fermosísimos e soñamos cun país de marabillas no que todo sempre remataba en felicidade, a non ser que foses perdiz...
Tivo que ser a política da democracia a que nos arrincase toda aquela candidez dicíndonos que, en realidade, Bambi non era máis que un castrón.
Foto: Castrón en Castrillón (Vilapoupre, Antas de Ulla)
Recoiro!! Bambi é un castrón? Aiiii Chousa, por queeeee, por que mo dixeches?????? Buaaaaaa buaaaa
ResponderEliminarAi! Foi comenzar a ler o teu relato e lembrar un conto de miña avoa: "rabos de zorros non cortan carballos, que os cortan brazos de homes e bocas de machados...", -sentenzaba unha garduña a un raposo. Moitas voltas lle daba eu con cinco ou seis anos a aquelas palabras, "bocas de emachados..."
ResponderEliminarEn fin, que sería de nós sen os nosos soños?
Moi guapo o castrón! :-))
En realidade, a el non lle importa a política. Afortunado o macho caprino!
Feliz despedida de 2013!
Pobre Bambi! Moito se chorou no cine cando quedou orfo!
ResponderEliminarA política da democracia? Nun texto con tanta nostalxia esa frase resultoume, canto menos, curiosa. Será polo día dos inocentes?
ResponderEliminarNon te imaxinaba querendo ser un príncipe azul... víate máis querendo ser lobo.
Bicoss
Nunca tal souben.
ResponderEliminarPD: Creo que son perdiz.
Contáronnos tantos contos que xa non confiamos en nada (con moita razón polo que imos descubrindo día a día).
ResponderEliminarPero non sei se era mellor ser cándidos ou ser tan excépticos.
Apertas.
Que o 2014 sexa mellor ca o 2013 para todos.
Ainda mais pior, que dicía o outro: tamén era un castrón o que lle puxo o nome, os dos arredores e os de enfrente.
ResponderEliminarE nós acabaremos aforcados con un cordón da luz...
Es xenial , Chousa. É un pracer lerte.
Si, medramos pensando que todo era de cor de rosa e que as cousas sempre remataban ben,(nas pelis pasaba iso).
ResponderEliminarTarde e mal decatámonos que todo era unha inocentada e que a realidade é moito máis gris, cando non negra de todo.
Así e todo, felices festas, castrón incluído!!
Fato de larpeiros estes pseudodemócratas, que no real son chupopteros e carrachas do noso travalho. Fermoso castrón, diran as cabras.Saudos
ResponderEliminarFeliz Navidad Chousa, e que no 2014 nos sigas deleitando coas tuas fotos e co teu verbo florido. É un pracer lerte.
ResponderEliminarUnha apreta desde Lalín. Xa sabes, o Km0
Sen comentarios...
ResponderEliminarSoamente, FELIZ ANINOVO, meu!
Bicos.
Pues tienes toda la razón Chousa, así es, tuvieron que ser los políticos los que nos pusieran "el punto sobre la i", ¡vaya tela!
ResponderEliminarFeliz Año.
Besos
Mira que se lle chamaron cousas a Rajoy pero o de Bambi nunca o oíra antes.
ResponderEliminarFeliz 2014 e os que van detrás !.
Passei para deixar um abraço e desejar que o novo ano seja de paz e tranquilidade para todos. Que a humanidade encontre o caminho para um mundo mais justo e fraterno. Feliz 2014
ResponderEliminarUn final contundente!
ResponderEliminar