domingo, 15 de setembro de 2013

Reconducir

Somos sempre alumnos, reiteradamente principiantes, sempiternos aprendices; de xeito ininterrupindo opositando. Continuos aspirantes.
Sempre alumnos, eternos pupilos dun saber que se nos resiste, perpetuos pescadores dun esvaradío coñecemento.
Alumnos na procura dun código que non segue pautas memorizables. Recurrentes buscadores dunha porfía que muta.
Discípulos sen mestre, que cando acadamos certo nivel no ritmo do tempo, xurde no pentagrama o contratempo; e o mesmo día que nos expiden o carné de conducir decatámonos que o realmente importante é saber reconducir.

Foto: Mestra de música tentando aprender.

10 comentarios:

  1. Por sorte e con sorte seguimos a ser alumnos. Malo do que cre que xa non lle queda nada por aprender.
    E tes razón, cando xa sabemos conducir é cando comprobamos que non basta, que xa toca reconducir (gustoume ese xogo de palabras). Ensaio e erro, non queda outra, para seguir avanzando.

    Bicoss aprendices

    ResponderEliminar
  2. La vida es, entre otras cosas, un aprendizaje continuo y quien piense que lo sabe todo, o no vive o no sabe nada en realidad.
    Me gustó mucho esta reflexión que comparto totalmente.

    ResponderEliminar
  3. Claro, empeza setembro e con el as clases, e un novo curso.
    E veremos si este o superamos. Matriculados estamos.

    ResponderEliminar
  4. Canta razón ten.
    O final, co saber pasa o mesmo que coa madurez: despois da madurez, ben a podremia. Despois do saber chega a morte.

    ResponderEliminar
  5. El conocimiento, el re-conocimiento, el re-encontrar las mismas lecciones y re-pasarlas, re-vivirlas, re-experimentarlas, a lo largo de la vida.
    ¿Sabes Chousa? Leerte me provoca una sensación muy parecida a estar sentada contemplando un prado verde mientras mis pies juguetean con un arroyo de agua fría. La sensación general es perfecta pero cuando menos me lo espero, me entran escalofríos :)

    ResponderEliminar
  6. Malo cando chegue o día que non aprendamos, e peor o día en que empecemos a esquecer o que aprendemos.

    ResponderEliminar
  7. Atopo algo enmarañado o texto para esta hora da mañá :(
    Pero en cambio, a foto... A foto non a publicaches hai tempo?

    ResponderEliminar
  8. Quanto mais aprendizes nos sentimos, mais maestros nos fazemos
    Saudos

    ResponderEliminar
  9. Agudeza visual a túa, Zeltia.
    Non é a mesma toma, pero o día foi o mesmo da imaxe que utilicei para o posteo do 12 de agosto de 2012.
    E que cando vou a un sitio é ben raro que faga unicamente unha foto...

    ResponderEliminar
  10. Alégracheme ben saber que aínda non perdín a cabesiña de todo...

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: