domingo, 16 de xuño de 2013

Camiño

Nótasenos ás leguas que andamos continuamente na procura dese til que sempre nos falta, dun acento minúsculo que lle dea sentido ao fonemiña que nos representa.
Somos átonos, por moi esdrúxulos que pretendamos; así que non queda outra alternativa semántica que ser camiñantes permanentes polo carreiro gramatical. Nada grave, xa que durante o camiño podemos ir acentuándonos con acenos; así que resultará ata ameno e -de paso- parecemos máis agudiños.

Foto: Aceno acentuado.

9 comentarios:

  1. Já vejo que andas ponhendo o acento na cordialidade.Gostei da image fermosa.Saudos

    ResponderEliminar
  2. Entre o aceno e o xeonllo desfeito, velaités como teñen que agardar por il.

    ResponderEliminar
  3. Alguem me dixo unha vez: oes, non todas as palabras son agudas e se acentúan!

    ResponderEliminar
  4. Isto é gramática e non o que nos aprenden nas escolas !.

    ResponderEliminar
  5. Que forma tan xeitosa, de dar una clase de gramática.

    ResponderEliminar
  6. Pois isto é para ser esdrúxulo.
    Cae tan ben...
    Ir recollendo acenos no camiño...
    biquiños chousa.

    ResponderEliminar
  7. é un texto moi agudo, como dí Zeltia, é que de calquera cousa fas algo literario e con moita retranca... és un fenómeno.

    biquiños,

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: