mércores, 1 de maio de 2013

Agulla

Moito temos que ver os humanos cun simple compás; mecanismo que se antolla moi complexo, pero que todo o segredo radica nunha agulla imantada que apunta cara algo que lle provoca atracción.
Non vou delimitar agora cal é a nosa agulla nin os nortes curvilíneos cara os que apunta; pero sí que fago un apuntamento sobre esa marabillosa imantación que pon en órbita ao campo magnético ata facer tremer á agulla, ao norte e ao resto dos puntos cardinais.

Foto: Mirador do Farelo. Apuntando cara Antas.

5 comentarios:

  1. A agulla non paaaraaaa... anda tola... Xa non sabemos para onde tirar.
    Ficar parados??
    Demasiados parados... e poucas gañas de ficar así...
    Preciosa foto.

    Bicos imantados.

    ResponderEliminar
  2. Esa marabillosa imantacion non solo move a agulla: move o mundo inteiro.
    A foto e impresionante. E o lugar tamen.

    ResponderEliminar
  3. De cual agulha nos estas a falars, senhor Chousa?
    Image dende uma boa atataia.Saudos

    ResponderEliminar
  4. ummmmm eu necesitaba atopar o meu norte...

    Nunca estiven ahí, eu quero!!!

    Biquiños :)

    ResponderEliminar
  5. como non vas delimitar cal é a nosa agulla nin os nortes?
    oes, iso non é traballo completo, por moito que te marabille a imantación.

    que marabilla, si.

    Cómo me la maravillaría yo? -unha homenaxe á Lola de España-

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: